Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, visita as instalacións de Utingal en Tui 13.06.2016

este mediodía o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, atópase visitando as instalacións de Utingal, en Tui, xunto co xerente Jesús González. Esta empresa, dedicada ao sector da aeronáutica e a automoción, recibiu a semana pasada o premio Idea Empresa 4.0. Escoitamos primeiro a Jesús González, xerente de utingal, quen agradeceu a visita do conselleiro e despois a Francisco...

#OPeche | Fin de semana gastronómico no Baixo Miño 10.06.2016

A Guarda, Tui, Oia, Tomiño, Salceda e Valença celebran diferentes festas gastronómicas e xantares este fin de semana.

Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal estrea nova sede 10.06.2016

Ás 12:00 deste mediodía inaugurouse no Rosal o novo edificio da Asociación de Comerciantes e Industriais do Rosal situada no edificio da Cámara Agraria. No acto, estiveron presentes o presidente de ACOR, Pablo Álvarez, o alcalde, Jesús María Fernández Portela, o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, e diferentes representantes do Concello e do ámbito empresarial.

Hoxe presentouse a programación cultural de verán da Guarda 10.06.2016

Esta mañá presentouse a Axenda de Verán da Guarda co programación de actividades dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Á presentación estiveron convidadas as comisións de festas e os diferentes colectivos culturais do Concello. No tocante á programación do Concello, destaca a exposición “Camiños da Imaxe”, con fotografías dos anos 20 da Guarda, repiten as noites no Castelo e os Diálogos en...

REPORTAXE | Solidariedade da man dos libros en Tui 09.06.2016

Trocar un quilo de alimentos por un libro. Esa foi a proposta solidaria que dende o CRA Mestra Clara Torres trasladaron aos tudenses. Esta mañá, na praza da Inmaculada, decenas de libros amoreábanse á espera dun novo dono que consumira as súas verbas. A directora do CRA, Teresa Domínguez, explicábanos a media mañá que xa conseguirán 60 quilos de comida á vez que outros tantos libros tiñan un novo...

Tui está presente en Festur 09.06.2016

Dende hoxe e até o domingo Tui está presente en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico, que celebra a súa terceira edición en Silleda coincidindo coa 39ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, daba conta da oportunidade que supón esta feira para promocionar turítsicamente a cidade.

Esta fin de semana celébrase o Festival Gastronómico Sabores Serranos de Valença 08.06.2016

As tasquinhas, con tapas tradicionais relacionadas cos produtos do porco, serán o epicentro gastronómico de Valença este venres e sábado. Aqueles que se acheguen ao Parque de São Sebastião, en São Julião, poderán saborear a partir das 12:00 do mediodía dun bo xamón serrano, chourizo. ourella ou do caldo verde de Valença, unha das 7 maravillas gastronómicas de Portugal.

Declaracións Santiago Rodríguez, voceiro PP Salceda - Pleno orzamentos e expediente recoñecemento de créditos 08.06.2016

Santiago Rodríguez, do PP, explicou que a situación non é nova con respecto ao expediente de créditos, pero neste caso o importe é moi elevado xa que ascende a 640 mil euro, e vén por inflar as partidas de ingresos, e pola modificación realizada no orzamento municipal. Sobre este asunto avanzaba que realizarán unha convocatoria pública para explicar ao seu posicionamento. Sobre os orzamentos aínda...

Declaracións Verónica Tourón, voceira socialista de Salceda - Pleno orzamentos e recoñecemente do créditos 08.06.2016

A voceira do Partido Socialista de Salceda, Verónica Tourón, explicou a súa postura no pleno de onte. Non aprobaron o expediente de recoñecemente de créditos porque demandan unha reunión das tres forzas políticas para marcar unhas liñas de futuro. Piden o cumprimento da lei de contratos, o pago das facturas por orde e consultar coa oposición os gatos extras importantes que habería que levar a expe...

Ent. Manuel Arca, oficial da Policía Local de Tui - Malestar co 112 07.06.2016

Malestar na policía local de Tui polo funcionamento do 112 logo de que o pasado venres non recibiran aviso de que fora atopado no Miño en Tui o corpo sen vida o veciño de Salceda. Os axentes trasladáronse igualmente ata o Paseo Fluvial para regular o tráfico na zona. Manuel Arca, oficial da Policía Local explicaba os feitos. Esta non é a primeira ocasión en que non son avisados polo 112 dun suceso...

REPORTAXE | Os estudantes tudenses, mostra de solidariedade e inclusión 06.06.2016

Coma a mellor mostra da educación inclusiva na diversidade e na tolerancia, o libro de poesías editado por estes rapaces e rapazas, estudantes do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui, está destinado a recadar a maior cantidade posible de cartos para a asociación de Autismo Baixo Miño 1 Máis, a quén se doará o 100% do beneficio das vendas. E dicimos que é unha gran mostra da educación na tolerancia posto qu...

Dous países, dúas cidades, unha ponte... na Eurocidade 10 06.06.2016

Este domingo, 12 de xuño, celébrase a V Eurocidade 10, un evento único que percorre dous páises, dúas cidades, unha ponte internacional... para completar 10 quilómetros. Está organizada polo Club Atletistmo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença. A presentación realizárona hoxe o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, vareador de Desporto de V...

Amplíase o operativo de busca de David Fernández, 'Michi' 03.06.2016

O Comandante Naval do Miño, Enrique García, deu conta do avance dos traballos no sexto día de busca do músico salcedense David Fernández, Michi, que desapareceu a pasada noite do venres en Lapela (Monçao). O operativo dirixido polas autoridades lusas e españolas, e no que participan 24 mergulladores, buques portugueses e españois e drons da AXEGA, ampliou hoxe a zona de búsqueda na canle do río. E...

Este sábado celébrase a I Festa do Pan de Porriño 03.06.2016

Os españois consumiron no ano 2015 máis de mil cincocentos millóns de kilos de pan e, non en van, Galicia é unha das comunidades con maior consumo. Achegámonos hoxe a O Porriño, onde gozan dunha experiencia histórica no amasado deste produto e aínda que pareza estraño estamos de estrea porque non festexaban o seu produto máis importante. Até agora. Este sábado celebran a I Festa do Pan do Porriño,...

Portos de Galicia habilitará unha zona administrativa na lonxa da Guarda 02.06.2016

Cun investimento de 40 mil euros Portos de Galicia vai habilitar unha zona administrativa na lonxa do peirao da Guarda. As obras poderían comezar en agosto segundo explicou o presidente de Portos, José Juan Duran, quen este mediodía presentou o proxecto na Guarda.

REPORTAXE |Tui, quinto destino favorito para comezar o Camiño de Santiago 02.06.2016

Tui mantense en maio como o quinto punto de saída favorito para os peregrinos que fan o Camiño de Santiago. En particular, 1.122 peregrinos saíron dende Tui con destino a Santiago de Compostela. Namentres Sarria foi a escolla máis popular, por diante de Saint Jean Pied de Port e Porto, que ocupa o terceiro lugar, segundo os datos facilitados pola Oficina do Peregrino. No conxunto, a Oficina do Per...

Sete festivais de música en Pontevedra que non podes perder! 01.06.2016

Comeza o mes de xuño, o sol e a calor… e tamén a música, que será a protagonista do verán nas Rías Baixas. Son sete os festivais que a Deputación de Pontevedra vén de presentar dentro do programa RiasBaixasFEsts e que contará cunha intensa promoción na que participarán os tudenses Best Boy.

Reportaxe |Día Mundial sen Tabaco 31.05.2016

Hoxe, 31 de maio celébrase o Día Mundial sen Tabaco. Para coñecer se os tudenses son quen ou non de deixar este hábito saímos á rúa, e foi ben complicado atopar a xente fumando. En plena corredoira, rodeados de xente, foi case que imposible dar con fumadores.

O equipo redactor do PEPCHA visitará a próxima semana as vivendas do conxunto hº 27.05.2016

Co obxectivo de completar a documentación sobre patios, escaleiras e outros elementos singulares a próxima semana o equipo redactor do PEPCHA, visitará as vivendas do conxunto histórico de Tui. Por este motivo a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, sinala que sería moi interesante que o equipo redactor puidese acceder ás vivendas para así poder completar a documentación e seguir avanzando na t...

Reportaxe | Tui busca recuperar a tradición das alfombras florais 27.05.2016

No claustro da Catedral de Tui lévanse varias semanas facendo un traballo no que a paciencia é o alicerce fundamental. Hoxe visitamos as voluntarias, e tamén algún voluntario, que traballan por recuperar a tradición das alfombras do Corpus en Tui.

O IES Indalecio Pérez Tizón acolle as Xornadas Tecnolóxicas organizadas por APETEGA 26.05.2016

Hoxe venres e mañá sábado celebranse no IES Indalecio Pérez Tizón as Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA. Victoria Alonso, unha das coordinadoras da actividade, explicou que se trata da edición número quince cuxo obxectivo é ofrecer ao profesorado de secundaria con obradoiros e prácticas relacionados coas novas tecnoloxías, a robótica...

Este domingo celébrase a VIII Carreira de Amorín - Carreira pola integración. Gotas para Níxer. 26.05.2016

Este domingo ás 11h diante da igrexa parroquial de Amorín terá lugar a saída a VIII Carreira Popular de Amorín - Carreira pola integración - Gotas para Níxer. Xosé María Regueiro, presidente da AAVV Amorín, daba conta da componente solidaira da carreira. Explicaba asemade coma vai ser a carreira, na que agardan entorno a 350 participantes. No desenvolvemento da carreira estarán o domingo máis de 7...

Visita ás instalacións de Utingal 26.05.2016

A empresa Utingal, emprazada no Parque Empresarial de Areas, conta dende o pasado mes de setembro con novas instalacións nunha nave de 4 mil metros cadrados nas que traballan 60 persoas. Esta industria comezou en 1998 con tres persoas centrada no sector da automoción, e en 2012 deu o salto a aeronáutica. Na actualidade fabrica pezas para Airbus, Boing e Embraer. Hoxe o alcalde de Tui, Enrique Caba...

A Cámara de Comercio de Tui en colaboración con Abanca inician unha campaña de recollida de alimentos 25.05.2016

A Cámara de Comercio de Tui en colaboración con Abanca inician unha campaña de recollida de alimentos e fondos a favor do Banco de Alimentos de Vigo que tamén se repartirán no Baixo Miño. En total, 20 empresas da demarcación de Tui participan nesta campaña na que se instalarán caixas nos negocios nos que os traballadores e os clientes poidan colaborar entregando alimentos non perecedoiros. Abanca...

Técnicos e directores de oficinas de Emprego de Galicia e Portugal reúnense hoxe en Tui 24.05.2016

Tui acolle hoxe V Encontro de Oficinas de Emprego fronteirizas de Galicia e do Norte de Portugal promovido polo Eures Tranfronteirizo. Están a participar case 60 directores e técnicos de emprego das oficinas a ambos lado do Miño para levar a cabo un intercambio de información sobre a rede Eures, o mercado de emprego na zona, procurando unha relación fluída entre elas e buscando tamén por en común...

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.