Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3552 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30h - Luns, 27 de xuño de 2016 27.06.2016

A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño en Noticas ás 13.30h

Noticias 13.30h - Xoves 23 de xuño de 2016 23.06.2016

Noticias 13.30h - Xoves 23 de xuño de 2016 na Radio Municipal de Tui

Celebración da noite de San Xoán en Tui 23.06.2016

Hoxe é a noite máis máxica e máis curta do ano, é a noite de San Xoán. Diversas son as celebracións previstas tanto en Tui coma na contorna. As fogueiras son as grandes protagonista para purificar co seu lume a partir das doce da noite. Pero antes non faltarán as sardiñas e de seguro que moitos recollerán hoxe as herbas de San Xoán para deixar en remollo e lavar a cara mañá ao mencer. Repasamos os...

A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, 23.06.2016

A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, salientou como a divulgación do patrimonio tudense é un dos eixos das I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio que comezan este sábado dirixidas á poboación o en xeral. Nacen con vocación de continuidade.

O Peche - Este domingo celébranse eleccións xerais 23.06.2016

Este domingo, 26 de xuño, celébranse eleccións xerais en España. Están chamados a votar 36,5 millóns de españois, 200 mil máis que no mes de decembro. En Galicia hai 2,7 millóns de electores e en Tui teñen dereito a voto algo máis de 16.500 persoas. Coñecemos máis datos na reportaxe do noso compañeiro Ángel Vila.

#Peche - Homenaxe ao gaiteiro Joaquín González Martínez de 84 anos natural de Pexegueiro. 22.06.2016

Cando a música se leva dentro un crea os seus propios instrumentos. toca de oído, e é teimudo ata conseguir o seu propósito, ter a primeira gaita. A asociación San Telmo, no seu afán de recoñecer aos que teñen aportado o seu importante gran de area a nosa música tradicional, homenaxeou o pasado sábado a Joaquín González Martínez de 84 anos natural de Pexegueiro. De oído nunca mellor dito construía...

Mércores, 22 de xuño de 2016 - Noticias 13.30h 22.06.2016

A actualidade do día en Tui e na comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui. Agora podes escoitar de novo Noticias ás 13.30h con Javier Martínez e Beti Rey.

A Emoción dos Viños celebrarase o 2 e 3 de xullo na Quinta de Santa Luzia en Valença 22.06.2016

Dende 2011 celébrase a Emoción dos Viños un evento singular entorno aos viños galegos e portugueses principalmente que ata o de agora tiña lugar no claustro da Catedral de Tui e que este ano cambiar de emprazamento cara a Quinta de Santa Lúzia en Valença. A cita será o sábado 2 e o domingo 3 de xullo coa participación de máis de 80 adegas e 300 viños. Así o explicaron Marina Cruces e Antonio Porte...

Do 25 ao 30 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá unha nova edición do IKFEM 22.06.2016

Do 25 ao 30 de xullo a Eurocidade Tui-Valença acollerá unha nova edición do IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla. No mesmo destacados profesores nacionais e internacionais do panorama musical impartirán clases maxistrais de instrumentos de teclado. Tamén haberá novidades das que daba conta a directora do festival Andrea González. A matrícula está aberta ata o 10 de xullo. Máis...

Martes, 21 de xuño - Noticias ás 13.30h 21.06.2016

Informativo das 13.30 do martes, 21 de xuño, da Radio Municipal de Tui

O Peche | ...E o verán chegou con lúa chea por primeira vez en 68 anos 21.06.2016

Dende as 00:34 estamos xa, oficialmente no verán. Hoxe celebramos a xornada na que o sol brilla durante máis tempo no ceo e de aí, o San Xoán do próximo xoves cando xa as antigas tribos pagás tentaban darlle forza ao sol que, a partir de hoxe, irá perdendo a súa loita e reducindo o seu tempo de presenza. Amais, por primeira vez en 68 anos, o solsticio de verán coincide con lúa chea e, en Tui, con...

José Luís Bouza deixa a competición ao máximo nivel 21.06.2016

O padeeiro do Kaiak Tudense José Luís Bouza retírase da competición ao máximo nivel, pero non deixa o piragüismo, deporte ao que seguirá ligado agora coma adestrador logo de que as lesións non o respectaran. Dos 14 anos competindo a nivel nacional e internacional quédase sobre todo coas amizades. E amais salientaba a temporada de 2011 cos éxitos logrados tras operarse do hombreiro.

Luns, 20 de xuño de 2016 - Noticias 13.30h 20.06.2016

Informativo das 13.30 do luns 20 de xuño da Radio Municpal de Tui

O Peche | Hoxe rexístranse 24 refuxiados por minuto que foxen da guerra 20.06.2016

Hoxe celébrase o día do refuxiado, pero pouco ou nada hai que celebrar. Europa vive a peor crise migratoria por mor dun conflito bélico dende a Segunda Guerra Mundial cun drama que afecta a milleiros de persoas, particularmente procedentes de Siria, que foxen da guerra do seu país. cos refuxiados sirios foi con quen compartiu o seu camiño o fotógrafo vigués Adrian Irago quen durante os meses de se...

LOMCE | Oferta educativa no IES de Tomiño e IES A Sangriña da Guarda 20.06.2016

Continuamos o noso repaso polos institutos da comarca no que comprobamos cómo están a aplicar os cambios de oferta educativa coa aplicación da LOMCE en Bacharelato. Se no IES San Paio e no Indalecio Pérez Tizón restrinxiuse a oferta educativa, nomeadamente a materia de robótica, para evitar que o alumando virase na obriga de escoller obrigatoriamente relixión. Nos centros de Tomiño e A Sangriña da...

Mañá celebrarase en Tui o I Campionato Galego Integrador de Slalom no que 17.06.2016

Mañá celebrarase en Tui o I Campionato Galego Integrador de Slalom no que participan de forma conxunta persoas con e sen discapacidade. A proba, organizado polo Club Sen Amarras, en colaboración coa Federación de Motonáutica e o Concello de Tui, foi presentada esta mañá na casa do concello da man da presidenta da asociación, Susana María Costa, os vogais Marcos Casaleiro e Pedro Nunes, o president...

O Peche | O zunir, o zuar, o zumbar… e o bruar da man de Tino Baz 16.06.2016

O zunir, o zuar, o zumbar… e o bruar. Na Guarda coñecen ben o significado de cada unha destas verbas pois soamente os que viven no e do mar coñéceno en toda a sua xenerosidade e tamén na súa severidade. Inspirándose precisamente no son do mar cando zorrega coas rochas da costa, o cantautor guardés Tino Baz presentará na noite de mañá venres o concerto “Cantares do Brueiro”.

III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade 15.06.2016

O novo pavillón de deportes de Tui acolle este domingo dende ás 10.30 h o III Campionato Ibérico de Kung-Fu Eurocidade. Será moi dinámico e espectacular nas modalidades de KugFu Tradicional e Moderno e cunha exhibición de Tai-Chi. Escoitamos a Carlos Alonso, presidente da Federación Galega de Kung-Fu, Aaron Blanco, responsable de Kung-Fu Moderno; Jose Antonio Parada, director do departamento de Ta...

II Campionato de Judo Eurocidade 15.06.2016

Este sábado dende ás 12.30h hora española celébrase o II Campionato de Judo Eurocidade no pavillón de deportes de Valença a presidenta do Judo Club Valença, Argentina Sousa, explicou que van participar 200 deportistas das categorías xuvenil e cadete. O adestrador do Judo Club Valença, Rui Ferreira, destacou a implantación que o judo está a ter.

Ent. Marco García - Presentación das Liñas de actuación e o Plan de acción do GDR14 - 15.06.2016

Esta mañá presentouse no Rosal o documento resultado da segunda fase do proceso participativo de elaboración da estratexia de desenvolvemento local: as Liñas de actuación e o Plan de acción. Éste é o paso previo a ter o documento para a candidatura final, que recollerá a estratexia local que rexirá o proceso de financiación de proxectos nas convocatorias de fondos LEADER do programa 2014-2020. Así...

ORPAGU e a Universidade de Vigo presentan un libro sobre as características do peixe espada 15.06.2016

Esta mañá a Organización de Palangreiros Guardeses, ORPAGU, presentou en Ourense o libro “Peixe espada: pesca, composición química e valor nutricional” que trata polo miúdo as características técnicas do peixe espada. Con este manual, froito da colaboración coa Universidade de Vigo, ORPAGU busca crear sinerxias entre o mundo da pesca e o da universidade e a investigación.

#OPeche |Nunca choveu que non escampara 15.06.2016

Quedan soamente 5 días para que o 21 de xuño chegue o verán e porén hoxe aínda saímos da casa co paraugas preparados para a choiva. Acumulamos varios días de inestabilidade que nos fan temer o peor, pero atención porque as previsións son positivas. O fin de semana al altas presións chegarán a Galicia e segundo Meteogalicia, se todo vai como debería, a partir da tarde do sábado gozaremos de altas t...

#OPeche |O que aprendemos cos máis cativos 14.06.2016

Hoxe visitounos un grupo de nenos e nenas da Galiña Azul de Tui cos que falamos... de todo un pouco. E con actuación musical incluída! O primeiro que aprendimos foi que teñen allos porros e o segundo, moi importante: non esquecerse de saudar a mamá e a papá.

Presentación da Aloiada 2016 14.06.2016

Máis de 120 alumnos dos CEIP’s nº1, nº2 e de Pazos de Reis van participar na Aloiada 2016 que propiciará xornadas de convivencia entre os escolares con práctica deportiva en plena natureza. Aínda que inicialmente estaba prevista para este xoves e venres, ante a previsión de choiva, foi adiada para o próximo luns 20 e martes 21. A novena edición da Aloiada foi presentada esta mañá na casa do concel...

#OPeche | Eres bo fotógrafo? Temos dous certames para ti 13.06.2016

A fotografía ten á capacidade de recoller un instante, un fragmento da vida, que queda inmortalizado para sempre e que nos permite non esquecer cando o tempo, que transcorre devagar pero sen pausa, aneboa a nosa memoria. Reunións familiares, encontros con amigos e viaxes son algunhas das circunstancias que requiren de nos para premer o botón da cámara fotográfica. Pos ben, aqueles que gocen dun bo...

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.