Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ent. Jesús Mª Fernández Portela, alcalde do Rosal - XXIV Feira do Viño 08.07.2016 3:55
A Feira do Viño do Rosal cumpre 24 anos e faino coa declaración de Interese Turístico Galego. Foi presentada esta mañá no Lagar de Eiras onde se avanzou a programación a celebrar para todas as idades. Coma novidade instalarase unha carpa na Praza do Calvario. O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, explicou os pormenores do evento para o que convidaron ao presidente da Xunta á inauguración...
Asinado o protocolo Deputación-Tomiño-Cerveira 08.07.2016 1:37
Asinado o protocolo entre o Concello de Tomiño, a Cámara de Vila Nova de Cerveira e a Deputación de Pontevedra para convocar un concurso internacional de ideas para construír unha ponte peonil entre Cerveira e Goián sobre o Miño. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, valorou este convenio e deu conta dos próximos pasos a seguir.
Noticias 13.30h - Venres, 8 de xullo de 2016 08.07.2016 31:24
A actualidade do venres 8 de xullo en Tui e na comarca do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui
Apertura do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz 08.07.2016 1:27
Dende este domingo abre ao público o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz na Guarda que brindará información non só sobre este espazo senón tamén sobre o sistema defensivo de fortalezas do Miño tal e coma explicaba o concelleiro de Patrimonio da Guarda, Javier Crespo. Detallaba o edil como son as instalación do novo centro. O horario de apertura será, as fins de semana e os días festi...
Presentación do Campus de Baloncesto Joe Arlauckas 07.07.2016 3:28
Un campus de baloncesto singular e diferente é o que dende hai catro anos se celebra en Tui co nome de Joe Arlauckas, así o destacou hoxe na presentación do mesmo o exxogador, acompañado por Salva Arco que visita hoxe aos participantes no Campus, Sindo Bargiela da organización, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. Estivo tamén presente no salón de sesións do concello Lucila Pascua, que tamén se...
Noticias 13.30h - Xoves, 7 de xullo de 2016 07.07.2016 24:30
A actualidade do xoves 7 de xullo en Tui e na comarca do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui
Ent. Quintín Álvarez, profesor da USC - Charla en Diálogos en Educación 07.07.2016 4:43
Ás 20h no colexio dos Xesuítas na Pasaxe na Guarda o profesor Quintín Álvarez Núñez da USC falará de “Unha educación para o século XXI: A Pedagoxía sistémica” dentro dos "Diálogos en Educación" organizado polo Concello da Guarda. O profesor Quintín Álvarez fíxenos un avance da súa charla desta tarde aberta tamén ás intervencións do público.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Reunión coa conselleira de Infraestruturas 07.07.2016 4:43
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro entrevistouse onte á tarde coa conselleira de Infraestruturas , Ethel Vázquez. Sobre a mesa estiveron o acceso ao Parque Empresarial de Areas e as rotondas de Guillarei e Areas. Aínda que a conselleira manifestou o seu compromiso coa execución das rotondas o rexedor botou en falla prazos concretos. Tampouco hai datas para a construcción do enlace de Areas do que...
Noticias 13.30h - Mércores, 6 de xullo de 2016 06.07.2016 22:06
Cada día a actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui.
Ent.Uxío Benítez, deputado - Concurso Internacional de Ideas Ponte Peonil Tomiño-Cerveira 06.07.2016 4:37
Este venres ás 12.30h no Espazo Fortaleza de Goián asinarase un protocolo entre a presidenta da Deputación, Carmela Silva; o presidente da Câmara de Vila Nova de Cerveira, João Fernando Brito; e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, para realizar o concurso de ideas que definirá a imaxe da nova ponte peonil sobre o río Miño entre Tomiño e Cerveira. O deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxí...
Noticias 13.30h - Martes, 5 de xullo de 2016 05.07.2016 22:07
A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño cada mañá nos informativos da Radio Municipal de Tui.
Convenio Concello de Tui - Xefatura de Tráfico 05.07.2016 2:15
Realizar o cambio de domicilio no carné de conducir ou no permiso de circulación dun vehículo son dous trámite que os cidadáns de Tui poden realizar xa nas oficinas da Casa do Concello. Isto é así grazas ao convenio asinado entre o alcalde de Tui e a xefa de Tráfico, tras aprobarse en febreiro en pleno a adhesión ao convenio marco coa FEMP. Así o explicaba o concelleiro de Seguridade, José Ramón M...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Premio Couto Mixto e outros 04.07.2016 7:27
A Eurocidade Tui-Valença foi recoñecida o sábado coma xuíz honorario do Couto Mixto. Recolleron o galardón o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Méndes. Deste premio e doutros temas municipais coma as novas dependencias para os Servizos Sociais ou a solicitude de colaboración á cidadanía para a limpeza de muros e fincas lindeiras coa vía pública deu conta...
70 xogadores participan dende hoxe no Campus Joe Arlauckas en Tui 04.07.2016 2:00
A primeira hora desta mañá comezou na cidade o Campus Joe Arlauckas no que participan este ano 70 xogadores. Sindo Bargiela membro da organización deu conta do traballo a desenvolver ao longo da semana con novidades con respecto a anteriores edicións. Fixo amais balance positivo do I Clinic para adestradores celebrado o sábado no que participou Obradovic.
Noticias 13.30h - Luns, 4 de xullo de 2016 04.07.2016 24:41
A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui.
Noticias 13.30h - Venres, 1 de xullo de 2016 01.07.2016 30:58
A actualidade de Tui e do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui.
Ent. Nieves Veiga, arqueóloga - Rematan escavacións na Igrexa de San Bartolomeu 01.07.2016 3:00
Este mediodía remataron as escavacións na contorna da igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, e foi retirado o último individuo da necrópole. Esta tarde terán lugar as últimas visitas guiadas que contaron cunha boa acollida. Nieves Veiga, arqueóloga, e codirectora das I Xornadas de Arqueoloxía e Patrimonio do Concello de Tui deu conta dos últimos traballos e dos achádegos na segunda cata realizada...
Ent. Patxi Pérez, arqueólogo - Escavacións Igrexa de San Bartolomeu 30.06.2016 3:53
As escavacións na contorna da Igrexa de San Bartolomeu están centradas hoxe nunha segunda cata na que se atoparon dúas estruturas segundo nos explicou Patxi Pérez Ramallo, arqueólogo. Destacou amais a importancia do achádego de restos dentais nun dos individuos da necrópole polos datos que poden aportar tras o seu estudo.
Noticias 13.30h - Xoves, 30 de xuño de 2016 30.06.2016 28:40
A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui
Ent. Patxi Pérez, arqueólogo - Escavacións na necrópole e igrexa de San Bartolomeu 29.06.2016 3:33
Hoxe mércores é o terceiro día de escavacións na necrópole e contorna da igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns. Da necrópole foron retirados todos os individuos salvo un pola dificultade na súa situación. Así nolo contou hoxe o arqueólogo Patxi Pérez quen deu conta dos achádegos que están a atopar e da gran acollida das visitas guiadas onde están todas as prazas completas.
Noticias 13.30h - Mércores, 29 de xuño de 2016 29.06.2016 28:26
A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui
Presentación do Club de Fúbtol Guillarei 29.06.2016 2:09
A próxima temporada 2016/17 o Concello de Tui contará con 4 equipos de fútbol tras o regreso á competición do Club de Fubtol Guillarei tras tres anos de ausencia. Miitarán na 3ª rexional e terán como adestrador ao salcedense Pedro Pirelo. O obxectivo é que a maior parte da plantilla sexa da parroquia. Cara a próximas temporadas traballarán tamén nas categorías inferiores e en contar cun equipo fem...
Ent. Nieves Veiga, arqueóloga - Sondaxes na Igrexa de San Bartolomeu 28.06.2016 3:36
O achádego de restos dunha estrutura da antiga igrexa románica é o primeiro balance da primeira cata realizada no entorno da Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns dentro das I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio. Así nolo contou a arqueóloga e codirectora das xornadas Nieves Veiga.
Noticias 13.30h - Martes 28 de xuño de 2016 28.06.2016 25:01
A información de Tui e do Baixo Miño en Noticias ás 13.30h na Radio Municipal de Tui.
Ent. Patxi Pérez, codirector I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio do Concello de Tui 27.06.2016 4:04
Hoxe comezaron as escavacións na necrópole de San Bartolomeu de Rebordáns dentro das I Xornadas Arqueolóxicas e do Patrimonio. Patix Pérez codirector desta actividade daba conta do excepcional desta necrópole e da igrexa. Están a realizar as primeiras catas. Valoraba amais de exitoso o ciclo de conferencias realizado o pasado sábado cunha media de 50 persoas nas distintas ponencias.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.