Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Jul 10, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noticias 13.30h - Martes 19 de xullo de 2016 19.07.2016 28:18
A actualidade de Tui e do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui
A bandeira e o escudo de Tui recollidos nun selo 19.07.2016 1:44
A bandeira de Tui co escudo viaxa xa en forma de selo pola xeografía nacional e internacional. Trátase dun selo privado cun custe de 1,20€ que foi solicitado á Dirección Xeral de Correos polo Grupo Filatélico e Numismático Tudense. Así o explicaba o Carlos Pérez Fonterosa quen indicaba que ante gran demanda rexistrada teñen que solicitar xa unha nova emisión do mesmo. O grupo Filatélico Tudense tr...
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse coa conselleira para falar da VAC Tui-A Guarda 19.07.2016 2:31
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reuníronse o pasado martes12 de xullo para abordar as demandas do rexedor guardés con respecto a Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda. Tralo encontro, Antonio Lomba móstrase satisfeito por poder trasladarlle a conselleira a demanda de construción dunha vía que define como “urxente”. O rexedor está esp...
A AECT Río Miño poderá ser unha realidade en 2017 19.07.2016 2:30
A AECT Río Miño será unha realidade en 2017. A pasada semana no encontro mantido entre o deputado Uxío Benítez, e o presidente da Cámara de Viana do Castelo e do CIM Alto Minho, José María Costa, pechouse a negociación dos estatutos desta agrupación europea de cooperación territorial que agora serán levados para a súa aprobación aos plenos do CIM Alto Miño o día 28 e da Deputación o 29. Así o expl...
#OPeche | 14 anos e reporteiro do Tour de Francia 18.07.2016 4:57
Con 14 anos é o reporteiro sensación do Tour de Francia. David Fletcher rompe tódolos récords e crea tal expectación que até protagoniza as páxinas de diarios deportivo como o francés L’equipe.
Noticias 13.30h - Luns, 18 de xullo de 2016 18.07.2016 32:40
A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h
O filme "Os fillos do Sol" grávase parcialmente en Tui 18.07.2016 1:18
Dende primeira hora de esta mañá a antiga ponte internacional de Tui-Valença está cortada pola gravación dunha película producida pola TVG e Televisió de Catalunya. O filme está baseado nos acertos e tropezos de Ramón Obella, o primeiro catedrático de Química Orgánica da USC que tivo que fuxir tras o estalido da Guerra Civil e os irmáns empresarios José e Antonio Fernández para montar o alicerce d...
Noticias 13.30h - Venres, 15 de xullo de 2016 15.07.2016 32:56
A actualidade de Tui e do Baixo Miño cada xornada na Radio Municipal de Tui
#OPeche |É tempo de festivais, é tempo de PortAmérica 15.07.2016 5:10
Molotov, Amaral, Bumbury ou Love of Lesbian son algúns dos artistas que esta fin de semana se subirán a un dos dous escenario de PortAmérica. Por quinto ano consecutivo, Porto do Molle, en Nigrán, sitúase como punto central da música indie e alternativa, nun festival que conta cun orzamento de en torno a 1 millón de euros. Joaquín Martínez, director do festival e coñecido como Quin, da conta do ca...
Intercambio entre remeiros holandeses e tudenses 15.07.2016 2:50
Intercambio entre remeiros holandeses e tudenses que comparten deporte en augas do río Miño ata o próximo martes. En agosto serán os do Remo Tui os que se acheguen a Vada para adestrar xunto aos seus novos amigos. Hoxe foron recibidos na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso.
Comezaron as obras de abastecemento ao barrio do Monte en Caldelas 14.07.2016 1:06
Cun investimento de 60 mil euros o Consorcio de Augas do Louro iniciou estes días a obra de abastecemento ao barrio do Monte en Caldelas que dará servizo a un centenar de veciños. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou que se trata dunha obra longamente demandada polos veciños que agardan estea culminada no mes de agosto.
Noticias 13.30h - Xoves, 14 de xullo de 2016 14.07.2016 25:50
A actualidade de Tui e do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui
#OPeche |15 anos de Rock Guardés 14.07.2016 3:31
O Festival de Rock Guardés está este ano de noraboa ao celebrar o seu 15 aniversario. O Rock Guardés naceu co obxectivo de visibilizar e promocionar as bandas locais de rock. Unha visión que mantén nesta edición, marcada por numerosas novidades, que esperan sexan do agrado do público. Explícao un dos organizadores, Alberto Álvarez.
Noticias 13.30h - Mércores, 13 de xullo de 2016 13.07.2016 27:04
A actualidadea de Tui e do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Valoración carril bici A Guarda - Baiona 13.07.2016 1:16
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, estima que se podería ampliar a calzada a baixo custe en zonas de monte. Lomba considera que a reforma é positiva ao mellorar a seguridade, aínda que pouco ambiciosa a longo prazo.
Ent. Jesús Mª Fernández Portela, alcalde do Rosal - Valoración reforma carril bici A Guarda - Baiona 13.07.2016 1:28
Na opinión do alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, a actuación é positiva ao mellorar a seguridade dos usuarios sen necesidade dunha reforma integral que considera difícil de asumir economicamente. Actuación que, tamén destacou, contou cun amplo consenso.
Ethel Vázquez, conselleira de infraestruturas, anuncia o comezo a finais de verán das obras de reforma do carril bici 12.07.2016 0:46
A finais de verán comezarán as obras de reforzo da seguridade viaria e de reforma do carril bici da estrada PO-552 entre A Guarda e Baiona cun investimento de 800 mil euros. Así o anunciou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez destacando que se trata dunha actuación “de consenso” que pretende compatibilizar as necesidades dos peóns, dos ciclistas e dos condutores.
Ent. Cristina Correa, alcaldesa de Oia - Valoración reforma carril bici na estrada A Guarda- Baiona 12.07.2016 2:23
A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, destacou que o proxecto de reforma do carril bici na estrada A Guarda-Baiona presentado pola conselleira de Infraestruturas foi consensuado cos colectivos de ciclistas, a DXT, ...co que fai un plantexamento que combina a senda peonil e a ampliación para ciclistas e cicloturistas.
Noticias 13.30h - Martes 12 de xullo de 2016 12.07.2016 26:28
A actualidade de Tui e da comarca do Baixo Miño en #Noticias1330h
O concello da Guarda lanza “viveaguarda” con información cultural do concello a través de mensaxes a móbiles 12.07.2016 1:28
O concello da Guarda pon en marcha un novo servizo de alertas culturais a través de email, sms e WhatsApp co obxectivo de chegar ao maior número de veciños. A concelleira de cultura, Elena Baz, explica que a campaña "ViveAGuarda" busca achegarse á poboación abrindo novos xeitos de contacto.
#OPeche |Se vas de vacacións, ollo, non esquezas estes consellos 12.07.2016 3:06
Achegámonos a segunda fase da operación saída do verán e a Policía Nacional publica unha serie de medidas de prevención para os que deixen a súa casa durante uns merecidos días de descanso e non desexen volver cunha desagradable sorpresa ao fogar.
O delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís, visitou á comunidade de montes de Burgueira en Oia 11.07.2016 2:40
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou á comunidade de montes de Burgueira en Oia coma un referente no distrito forestal polo traballo de reforestación e pola prevención de incendios. Así o fixo na visita que realizou este mediodía a esta comunidade xunto coa alcaldesa de Oia, Cristina Correa, o xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, e do xefe d...
O Kaiak Tudense proclamouse subcampión de España de Verán 11.07.2016 0:50
O Club Kaiak Tudense proclamouse esta fin de semana subcampeón de España de verán con 1.525 puntos, por detrás do Náutico de Sevilla con 1.612 e seguido do Breogán do Grove no terceiro posto. Amais os de Tui foron segundos na clasificación xeral da Liga Nacional de Pista Hernando Calleja, venceu na Copa do Rei e foi terceiro na Copa da Raíña. Gabriel Campo Pavón foi un dos padeeiros destacados ao...
Noticias 13.30h - Luns, 11 de xullo de 2016 11.07.2016 30:50
A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h
#OPeche |Que significa vivir como galegos? 11.07.2016 5:05
Os supermercados galegos Gadis puxeron de moda fai uns anos a fachenda galega. Ese carácter propio, esa forma de vela vida resumida nunha única palabra: maloserá! Con modestia, pero tamén con afouteza viven os galegos e galegas o día a día. Saímos a rúa e nos preguntamos Qué é vivir como galegos?
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.