Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 14, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Noticias 13.30h - Martes, 28 de xaneiro de 2017 28.02.2017 24:46
A actualidade de Tui e do Baixo Miño no Noticias 13:30 da RMT.
O SUP denuncia que Interior non permite a inspección do Centro Aduaneiro de Tui 28.02.2017 2:42
Aínda que o pasado venres estaba prevista a inspección técnica do Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui, o Ministerio do Interior non permitiu que se levar a cabo. O SUP considera que esta falta de colaboración conformia que o "edificio non cumpre co establecido na ordenanza municipal" e se atopa con "graves deficiencias"
A VI BTT da Eurocidade celebrase o 12 de marzo con novidades no trazado 24.02.2017 5:08
Como en anos anteriores, a proba, que discorrerá por Tui e Valença, contará cun percorrido de 46 quilómetros e outro máis longo de 73. Como novidade, este ano a Corredoira contará cun percorrido de obstáculos e en zig-zag para facela máis atractiva para os espectadores que se acheguen en torno ás 10:00 horas da mañá.
#OPeche | 180 aniversario de Rosalía de Castro 24.02.2017 3:11
#OPeche | 180 aniversario de Rosalía de Castro, unha poetisa universal.
Resumo do pleno de febreiro en Tui 24.02.2017 5:44
Resumo do pleno de febreiro en Tui: moción sobre a ordenanza de contaminación acústica quedou sobre a mesa. Aprobáronse as mocións de instar a Xunta a por en marcha servizos sociosanitarios no Rebullón, instar ao Goberno a axilizar o traslado de persoas refuxiadas da guerra, promover o coñecemento de Rosalía de Castro e da súa obra, manifestar á Xunta, Fomento, Adif e Renfe a protesta polo peche d...
Noticias 13.30h - Venres, 24 de febreiro de 2017 24.02.2017 35:35
- O pleno de Tui non aproba a nova ordenanza de ruído, si se aprobou o requirimento á Xunta, Fomento, Adif e Renfe para que a estación de Guillarei - A Máis de 1.500 persoas participarán no entroido de Tui - A Asociación Cultural Randufe celebra dende hoxe o seu Entroido - O Liceo Casino acolle unha festa de entroido o sábado - Boa música e carnaval no Betún hoxe e mañá - O Venres de Foliada arran...
A candidatura Visit Río Miño será aceptada para ser avaliada corrixindo o erro formal que houbo na presentación 23.02.2017 2:53
A candidatura Visit Río Miño con proxectos transfronteirizo para 16 concellos galegos e de portugal por importe de 7,5 millóns de euros será admitida aos fondos POCTEP. Así llo confirmaron este mediodía en Madrid, no Ministerio ao Deputado Uxío Benítez. Lembramos que a semana pasada os rexedores destes 16 municipios, xunto ao deputado provincial e o presidente do CIM Alto Minho compareceran en rol...
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración reunión con dtor. xeral de Infraestruturas 23.02.2017 3:45
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, entrevistouse este mediodía co director xeral de Infraestruturas da Xunta para facer un seguimento dos proxectos que a xunta ten comprometidos no municipio. O alcalde tudense valorando esta reunión indicaba que agardaba maior concreción de cara a execución dos proxectos, xa que hoxe lle confirmaron que está a redactarse o proxecto do parque empresarial de Areas...
Noticias 13.30h - Xoves, 23 de febreiro de 2017 23.02.2017 20:55
A actualidade do día en #Noticias1330h con Ángel Vila e Beti Rey.
A Sala Metrograph de Manhattan achega un ciclo de cinco documentais a Play-Doc 22.02.2017 3:03
Nun mes comeza o XIII Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc. Do 22 ao 26 de marzo volverá abrirse en Tui unha ventana ao mundo a través dos documentais. Na programación deste ano haberá un ciclo titulado "The Wrong Revolution" programado por Jake Perlin, director artístico da Sala Metrograph de Manhattan
Noticias 13.30h - Mércores, 22 de febreiro de 2017 22.02.2017 26:08
A actualidade deste luminoso mércores en Noticias 13.30h
Noticias 13.30h - Martes, 21 de febreiro de 2017 21.02.2017 26:48
A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui
Con seis puntos na orde do día a corporación municipal de Tui celebra este xoves, ás 20h, pleno de carácter ordinario. 21.02.2017 3:34
A aprobación inicial da Ordenanza Municipal de Protección conta a contaminación acústica no Concello e manifestar ante a Xunta, Deputación, Ministerio de Fomento, RENFE e ADIF a protesta polo peche dos servizos ferroviarios na Estación de Guillarei son dous dos temas que tratará a corporación municipal de Tui este xoves en pleno. A sesión será retransmitida en directo pola nosa sintonía.
Noticias 13.30h - Luns, 20 de febreiro de 2017 20.02.2017 28:47
A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui
Noticias 13.30h - Venres, 17 de febreiro de 2017 17.02.2017 31:36
A actualidade do día, as citas da fin de semana e os encontros deportivos nos informativos da RMT
Dous accidentes nas últimas horas na VAP Goián- Guarda pola presenza de cabalos na vía 17.02.2017 4:10
O alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, está a estudar qué medidas tomar para evitar que os cabalos salvaxes volvan acceder á VAP Tui- A Guarda, coma aconteceu nas últimas horas en dúas ocasións, e xa se ten producido anteriormente. O rexedor rosaleiro está en contacto con Xunta e Deputación para estudar o valado dun tramo de 200 metros e impedir que estes cabalos baixen de novo ata o v...
Play Doc dedicará este ano a súa retrospectiva ao realizador franco-canadense Dominic Gagnon. 17.02.2017 2:05
Do 22 ao 26 de marzo celebrarase en Tui Play-Doc. O festival dedicará este ano a súa retrospectiva ao realizador franco-canadense Dominic Gagnon. Os títulos que conforman esta retrospectiva céntranse exclusivamente no seu traballo de montaxe a partir de material atopado en internet.
Noticias 13.30h - Xoves, 16 de febreiro de 2017 16.02.2017 29:04
En Noticias 1330h recollemos a actualidade do día en Tui e no Baixo Miño.
Indignación en 26 concellos galegos e portugueses ao non ser aceptada a candidatura a fondos POCTEP 16.02.2017 3:14
O deputado de Mobilidade e Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, xunto cos alcaldes dos 16 concellos transfronteirizos do Sur da provincia, o presidente da CIM Alto Minho e os presidentes das cámaras do Norte de Portugal, compareceron en rolda de prensa para amosar a súa indignación despois de que a candidatura galego-portuguesa aos fondos POCTEP non fora aceptada por unha cuestión "formal".
Ent. José Ramón Magán, concelleiro, e Nieves Valverde e Luís Pereira - Zona Azul 16.02.2017 8:34
A Zona Azul de Tui, que abrangue un centenar de prazas de aparcamento en cinco rúas tudense, conta cunha nova sinalización acorde coa ordenanza reguladora deste espazo, aprobada en 2008, e recollendo os días e horario no que o aparcamento está limitado no tempo. Lembramos que é de luns a sábado de 9 a 14h e de 16 a 21h. Desta nova sinalización falamos co concelleiro de Seguridade José Ramón Magán....
A totalidade dos traballadores do Concello de Tui cubertos por unha póliza de accidentes 15.02.2017 3:33
A totalidade do persoal municipal, 118 traballadores, están cubertos dende o pasado 1 de febreiro por unha póliza de accidentes contratada polo Concello. A existente até o momento só daba cobertura aos 40 funcionarios da plantilla, e a nova abrangue tanto a funcionarios coma a traballadores laborais tanto fixos coma temporais. Así o explicaba o concelleiro de Persoal, José Ramón Magán. En materia...
A humanización das tres estradas provinciais en Tui tratadas na reunión Concello/Deputación 15.02.2017 2:21
A humanización das tres estradas provinciais ao seu paso por Tui en Caldelas, Ribadelouro e Rebordáns, foi abordada onte ao mediodía no encontro entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez. No caso da estrada de Caldelas realizarase unha beiravía peonil ata o límite con Caldelas, coa colaboración de pasos elevados reductores de velocidade... nun p...
Noticias 13.30h - Mércores, 15 de febreiro de 2017 15.02.2017 24:55
En Noticias 1330h recollemos a actualidade do día en Tui e no Baixo Miño
Novas actividades na aula da UNED de Tui 15.02.2017 1:42
Son varias as propostas formativas que oferta a Aula da Uned de Tui para as próximas semanas. Do 6 ao 8 de abril a Aula da UNED de Tui acollerá o curso “Historia da Arte a través do patrimonio da Eurocidade”. Por outra parte a oferta diferentes curso de idiomas de inglés, francés e portugués. Amais 2 de marzo iniciarase o curso Aprender a falar e defender unha idea en público., e por último o 24 d...
Adif paraliza a decisión de cesar a venda presencial de billetes en Guillarei 14.02.2017 1:40
Segundo puido saber a Radio Municipal de Tui, Adif e Renfe, paralizaron de xeito temporal a decisión de por fin á venda presencial de billetes na estación de Guillarei. A operadora ferroviaria había comunicado ao comité de empresa a decisión de deixar de prestar este servizo. Despois das críticas e protestas das últimas semanas, agora Adif e Renfe paralizan esta decisión á espera das negociacións...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.