Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3644 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30h - Martes, 14 de marzo de 2017 14.03.2017

A actualidade deste martes, 14 de marzo de 2017, en Noticias 1330h na RMT

Noticias 13.30h - Luns, 13 de marzo de 2017 13.03.2017

A actualidade deste luns, e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h

O proxecto do acceso ao parque Empresarial de Areas poderá estar redactado en xuño 10.03.2017

Entre maio e xuño estará rematado a redacción do proxecto do enlace ao parque empresarial de AREAS dende a VAP e a A55. Así llo informou hoxe ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e aos empresarios de Areas, o xefe de infraestruturas da Xunta, con que se reuniron este mediodía. O proxecto está valorado en 18 millóns e dende o concello solicitarán á Xunta que sexa incluído xa nos orzamentos de 2018...

Noticias 13.30h - Venres, 10 de marzo de 2017 10.03.2017

A actualidade deste venres en #Noticias1330h coas citas da fin de semana e os encontros deportivos.

Noticias 13.30h - Xoves, 9 de marzo de 2017 09.03.2017

A actualidade deste soleado xoves en Noticias 13.30h

Cinco películas competirán na sección oficial de Play-Doc 08.03.2017

A catorce días para o comezo de Play Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, hoxe coñecemos os cinco documentais que competirán na sección oficial. Catro deles están dirixido por mulleres, hai tres óperas primas e unha estrea mundial. Dende Portugal chega en estrea en España Ama-San, de Cláudia Varejãou; dende Sicilia Libera Nos (Liberami), de Federica di Giacomo; dende Alemaña en est...

Noticias 13.30h - Mércores, 8 de marzo de 2017 08.03.2017

A actualidade deste #8M na Radio Municipal de Tui.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Servizos Sociais - Día Internacional da Muller 08.03.2017

Hoxe 8 de marzo o Concello de Tui e a Radio Municipal iniciamos unha campaña baixo o lema "Pola igualdade real" co gallo do Día Internacional da Muller. O concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, explicou esta campaña en Noticias 9.30h.

O Survival Zombie duplica a súa presenza na comarca este ano 07.03.2017

Os zombies chegarán a Salceda de Caselas o sábado 20 de maio e a Tui o 15 de xullo. O evento, ao contrario que en Tui, non será medieval senón de temática zombie aínda por dar a coñecer.

O Concello de Tui remitiu o pasado venres o PEPCHA á Patrimonio para que emita o seu informe, paso previo a aprobación 07.03.2017

O documento do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico foi remitido o pasado venres, 3 de marzo, á Xunta de Galicia para que a Dirección Xeral de Patrimonio e a Consellería de Medio Ambiente emitan os seus informes. Logo de múltiples reunións mantidas no último ano e medio con Patrimonio o equipo redactor entregou a final do pasado ano o texto do PEPCHA no Concello, onde tras emitir os s...

Noticias 13.30h - Martes, 7 de marzo de 2017 07.03.2017

A actualidade deste martes, 7 de marzo, en #noticias1330h na RMT

A Asociación Cultural San Fins de Rebordáns inicia unha campaña de captación de alumnado 07.03.2017

A Asociación Cultural San Fins de Rebordáns inicia unha campaña de captación de alumnado para cursos musicais baixo o título de “nanoplayback, o tío Samuel e muiñeirawoman precisan de ti”. Trátase de gaita e percusión, pandeireta, baile tradicional e playbacks.

Noticias 13.30h - Luns, 6 de marzo de 2017 06.03.2017

A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui.

Noticias 13.30h - Venres, 3 de marzode 2017 03.03.2017

A actualidade do día, as citas da fin de semana e o deportes en Noticias 13.30h

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Servizos Ferroviarios 03.03.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, liderará un movemento de alcaldes do Baixo Miño e do Alto Minho en defensa dos servizos ferroviarios na zona demandando do Ministerio de Fomento maior investimento nunha vía de comunicación que consideran fundamental. A próxima semana buscará reunirse xa cos rexedores da zona para establecer unha posición conxunta. Así o adiantaba en declaracións á Radio Munici...

Noticias 13.30h - Xoves, 2 de febreiro de 2017 02.03.2017

En #Noticias1330h recollemos a actualidade deste xoves, 2 de marzo

O Espazo Xove Tui acolle o 10 de marzo unha xornada sobre o programa Iniciativa Xuvenil 02.03.2017

Nunha semana, o próximo venres 10 de marzo, o Espazo Xove de Tui acolle a terceira xornada do programa Enredos da Dirección Xeral de Xuventude. Neste caso centrarase no programa de axudas Iniciativa Xove, en concreto na práctica de coma preparar a documentación a presentar. Ampliaba esta información Mónica Bugarín. Por outra parte daba conta Mónica Bugarín, da convocatoria de 630 bolsa de mobilida...

O tecido social baixomiñoto contará desde este venres cunha nova asociación 02.03.2017

Unha nova organización súmase ao tecido de asociacións baixomiñotas. Este venres 3 de marzo preséntase no Rosal ADIAF, a Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar do Baixo Miño. Conformada polo piscólogo José Cardama, a pedagoga Elisabet Estévez e a estimuladora e técnica especialista en educación infantil Raquel Rodríguez, busca potenciar esta atención especializada nas dificulta...

A directora xeral de Turismo coñeceu in situ a nova sinalización do conxunto histórico de Tui 01.03.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, aproveitou hoxe a visita a Tui da directora xeral de Turismo, Nava Castro, e do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, para demandar atención sobre o camiño de Santiago ao seu paso pola cidade e por Valença. Ao tempo que planxeou á administración autonómica estudar a fórmula para implicarse na restauración ou cando menos medidas mínimas de conservación pa...

Noticias 13.30h - Mércores, 1 de marzo de 2017 01.03.2017

A actualidade do día en Noticias 13.30h con Ángel Vila e Beti Rey

Esta tarde decidirase a data para o Certame de Carrozas de Tui 28.02.2017

Esta tarde reunirase a comisión encargada de decidir a data na que se celebrará o desfile, aínda que dende o Concello a proposición será o domingo 12 de marzo, aínda que a decisión aínda non está tomada.

Cancelados os desfiles de Castro Barreiro e A Feira (Salceda), da Guarda e do Porriño 28.02.2017

Os desfiles de entroido da Guarda e do Porriño foron hoxe cancelados por mor do tempo. Ademais, cancelouse tamén o enfrontamento entre A Feira e Castro Barreiro en Salceda.

Un mozo perde a vida nun accidente de tráfico no Rosal 28.02.2017

Tráxico suceso esta mañá no concello do Rosal. Un mozo perdeu hoxe a vida, outro atópase en estado moi grave e 2 resultaron feridas de distinto grao nun accidente de tráfico á altura do acceso cara Portocelo na estrada da Guarda a Baiona.

Noticias 13.30h - Martes, 28 de xaneiro de 2017 28.02.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño no Noticias 13:30 da RMT.

O SUP denuncia que Interior non permite a inspección do Centro Aduaneiro de Tui 28.02.2017

Aínda que o pasado venres estaba prevista a inspección técnica do Centro de Cooperación Policial e Aduaneira de Tui, o Ministerio do Interior non permitiu que se levar a cabo. O SUP considera que esta falta de colaboración conformia que o "edificio non cumpre co establecido na ordenanza municipal" e se atopa con "graves deficiencias"

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.