Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3647 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 14, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Adif paraliza a decisión de cesar a venda presencial de billetes en Guillarei 14.02.2017

Segundo puido saber a Radio Municipal de Tui, Adif e Renfe, paralizaron de xeito temporal a decisión de por fin á venda presencial de billetes na estación de Guillarei. A operadora ferroviaria había comunicado ao comité de empresa a decisión de deixar de prestar este servizo. Despois das críticas e protestas das últimas semanas, agora Adif e Renfe paralizan esta decisión á espera das negociacións...

Noticias 13.30h - Martes, 14 de febreiro de 2017 14.02.2017

A actualidade do día en Tui e no Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui

Rival sueco para as do Mecalia Atlético Guardés nos cuartos de final da Challenge Cup 14.02.2017

O Mecalia Atlético Guardés ten xa rival para os cuartos de final da Challenge Cup de balonmán. As da Guarda enfrontaranse ao sueco H 65 Höörs HK. Trátase dun equipo moi forte, case que dos máis duros dos posibles rivais. De feito, as suecas foron as gañadoras da competición no 2014. Así todo, recoñecendo a dureza, o presidente do Mecalia, José Manuel Silva, non da nada por perdido. O partido de id...

O Concello desbrozará e marcará a senda dende a vella ponte internacional para avaliar o grao de afección aos terreos 14.02.2017

O Concello de Tui vai realizar o desbroce do tramo afectado pola senda peonil do Miño dende a vella Ponte Internacional e o termo municipal de Tomiño, e marcará a extensión da mesma. Así o expuxeron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Martinez Tato, aos veciños que o domingo asistiron ao encontro convocado no Centro Cultural de Areas. Unha vez realizadas es...

Tui e Valença abordaron co director de Relacións Institucionais da Xunta dotar á Eurocidade de personalidade xurídica 14.02.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, reuníronse onte en Santiago co director xeral de Relacións Institucionais e coa Unión Europea, Xesús Gamallo, para abordar distintos temas relacionados coa Eurocidade. O alcalde de Tui valorou positivamente o encontro sobre todo pola boa disposición que atoparon no director xeral. O principal tema que estivo sobre a mesa foi d...

Noticias 13.30h - Luns, 13 de febreiro de 2017 13.02.2017

A actualidade do día recollémola en #noticias1330h con Ángel Vila e Beti Rey

O Concello de Tui plantexa a reforma integral do Mercado de Abastos e do Centro Municipal de Piragüismo 10.02.2017

O Concello de Tui está a traballar na reforma integral de dous edificios municipais, trátase do Mercado de Abastos e do Centro Municipal de Piragüismo. Así o adiantou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, á Radio Municipal de Tui, quen explicou que se trata dunha actuación ambiciosa que se realizará por fases. Por outra parte o Concello de Tui encargou tamén a outro estudo de arquitectura tudense a...

Noticias 13.30h - Venres, 10 de febreiro de 2017 10.02.2017

A actualidade do día, as citas da fin de semana e os encontros da fin de semana.

O Retrato Filmado toma nova vida a través dun webdoc no Play-Doc deste ano 10.02.2017

O Retrato Filmado, proxecto que Play-Doc o festival internacional de Documentais de Tui volve ao festival este ano. As películas realizadas entre 2009 e 2013 collen agora nova vida nun webdoc, unha experiencia online en a que o espectador é tamén protagonista. Ángel Sánchez, director do festival xunto a Sara García, explicaba que explicaron por este formato novidoso. Dende un neno ata unha muller...

Tui reciclou en 2016 o 19% do lixo xerado, o obxectivo é seguir incrementando esta cifra 10.02.2017

O ano pasado xeráronse en Tui 6500 toneladas de lixo das que o 20% pertencen á recollida selectiva para a súa posterior reciclaxe. Deste xeito 5.300 tonelada foron enviadas a SOGAMA e 1.200 tratadas a través de distintas empresas de recollida selectiva. O obxectivo é seguir traballando para que reciclemos unha maior parte do lixo e achegarnos ao obxectivo fixado pola Unión Europea de en 2020 recic...

Reunión informativa para o centenar de propietarios afectados pola senda Tui-Tomiño 10.02.2017

O Centro Cultural Seixos Albos de Areas acolle este domingo ás 12.30h unha xuntanza informativa dirixida aos propietarios de terreos lindeiros co río Miño no Concello de Tui, no tramo comprendido entre a vella Ponte Internacional e o limite co municipio de Tomiño. O obxectivo é presentar a estes propietarios das parroquias de Areas e Randufe o proxecto de senda peonil pola beira do Miño dende Tui...

Noticias 13.30h - Xoves, 9 de febreiro de 2017 09.02.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h

Noticias 13.30h - Mércores, 8 de febreiro de 2017 08.02.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui.

Noticias 13.30h - Martes, 7 de febreiro de 2017 07.02.2017

A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui

Noticias 13.30h - Luns, 6 de febreiro de 2017 06.02.2017

O balance dos danos do temporal na comarca e outras novas xunto aos resultados deportivos en Noticias 1330h

Balance dos danos do temporal na comarca do Baixo Miño 06.02.2017

Pasado o temporal do pasado venres e sábado toca avaliar os danos na comarca. En Tui prinicipalmente foron caídas de árbores, na Guarda a forza do mar rompeu parte do dique no porto da Guarda e da senda litoral, O Rosal viuse afectado pola caída dunha liña de media tensión, en Tomiño caída de árbores centraron as incidencias, e por último en Oia postes caídos, problemas eléctricos e danos no parqu...

Noticias 13.30h - Venres, 3 de febreiro de 2017 03.02.2017

As incidencias deixadas polo temporal, as citas para a fin de semana e os encontros deportivos en Noticias 13.30h

O goberno municipal propón aos veciños o sentido dobre de circulación so para residentes en Riomuíños 03.02.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, presentou onte aos veciños de Riomuíños a proposta que fan dende o goberno municipal de que a rúa Bispo Salvado sexa de sentido dobre só para residentes, coma alternativa ao sentido único posto en marcha hai meses e que non é compartido pola meirande parte dos veciños. Aplicarase segundo Enrique Cabaleiro un sistema de tarxetas para residentes similar ao previs...

Numerosas incidencias polo temporal no Baixo Miño 03.02.2017

Caídas de árbores, cortes no subministro eléctrico, estradas cortadas, e a rotura do dique do porto da Guarda é parte do balance de incidencias do temporal da pasada noite.

Noticias 13.30h - Martes, 2 de febreiro de 2017 02.02.2017

A actualidade deste día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui

Noticias 13.30h - Martes, 1 de febreiro de 2017 01.02.2017

A actualidade desta xornada de martes, 1 de febreiro, en Noticias 13.30h

Tui e Tomiño abordaron con Telefónica a implantación da fibra óptica 01.02.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reunironse onte na casa do Concello de Tui con representantes da empresa Telefónica para tratar a progresiva instalación de fibra óptica e mellora da rede de telecomunicacións en ámbolos dous municipios. En concreto, o concello de Tui busca extender a fibra óptica as parroquias e tamén ao conxunto histórico, que arestor...

Noticias 13.30h - Martes, 31 de xaneiro de 2017 31.01.2017

Nos informativos da Radio Municipal de Tui recollemos a actualidade de Tui e do Baixo Miño

Seis composteiros comunitarios comezarán a funcionar esta semana 31.01.2017

A finais de semana poderán comezar a utilizarse os seis novos composteiros comunitarios situados no cruzamento entre a Avenida de Portugal e o camiño do Parador e instalados dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. O Concello de Tui preparou os terreos e os elementos necesarios para a súa instalación. O concelleiro de Medio Ambiente, Limpeza e Recollida do Lixo, José Martínez Tato, l...

Noticias 13.30h - Luns, 30 de xaneiro de 2017 30.01.2017

A actualidade do día e o resumo deportivo da fin de semana en Noticias 13.30h

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.