Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Oct 9, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Novas pintadas na fin de semana no conxunto histórico de Tui 20.09.2017 2:30
Esta fin de semana rexistráronse novas pintadas no conxunto histórico de Tui no entorno da igrexa de San Telmo. Desgraciadamente non son actos illados senón que se repiten con demasiada frecuencia. A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, apuntou hoxe que é desalentador o vandalismo que se rexistra de xeito reiterado na cidade histórica e tamén noutros puntos da cidade, que xeran amais un gasto...
As autoridades de inspección ambiental de Galicia e Portugal están a levar a cabo unha xornada conxunta de formación 19.09.2017 2:14
As autoridades de inspección ambiental de Galicia e Portugal están a levar a cabo unha xornada de formación na sala Félix Rodríguez no edificio da Área Panóramica en Tui. Trátase dunha acción dirixida aos axentes de ambos países que colaboran no control do traslado de residuos transfronteirizos co obxectivo de informar dos principais cambios normativos e dos protocolos de actuación.
Balance positivo do turismo este verán en Tui 19.09.2017 5:13
Datos positivos do turismo este verán en Tui. Así se desprende dos datos de consultas recibidas na Oficina Municipal de Turismo. Máis de 34 mil persoas se achegaron ata este punto de información nos meses de xuño, xullo e agosto. Son 2 mil máis que no mesmo período de 2016.
Noticias 13.30h - Martes, 19 de setembro de 2017 19.09.2017 25:45
A actualidade de Tui e do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui
Noticias 13.30 - Luns, 18 de setembro de 2017 18.09.2017 29:45
A actualidade deste luns e os resultados deportivos da fin de semana en Noticias 13.30h.
Noticias 13.30h - Venres, 15 de setembro de 2017 15.09.2017 28:39
A actualidade deste venres, 15 de setembro, as citas da fin de semana e a información deportiva en Noticias 13.30h
200 inscritos no IV Torneo de Tenis da Eurocidade 14.09.2017 3:55
As pistas de tenis de Areas en Tui e de Valença acollen dende mañá ás 17h e ata o 1 de outubro o IV Torneo de Tenis da Eurocidade organizado polo club Tenis Tui. Hoxe na presentación avanzaron que teñen 200 inscritos tanto de Galicia coma de Portugal.
Música e gastronomía para despedir o verán este sábado en Tui 14.09.2017 4:51
A praza de Frómista, no corazón do conxunto histórico, acolle este sábado a partir das 20.30h a festa despedida do verán en Tui organizada polo Betún coa colaboración do Concello. A música de Best Boy e dj Funkente, a gastronomía de Cociñarte e o viños Bimbio maridaranse nunha noite especial que foi presentada esta mañá.
Noticias 13.30 - Xoves, 14 de setembro de 2017 14.09.2017 25:19
A actualidade deste xoves, 14 de setembro, en Noticias 13.30h na RMT
Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - IV Congreso Internacional de Cidades Amigas da Infancia 14.09.2017 4:19
Durante a xornadas de onte e a de hoxe o Concello de Tomiño participa no IV Congreso Internacional de Cidades Amigas da Infancia, que se está a celebrar en Madrid baixo o título “Acción Local para la Agenda 2030”. Esta mañá puidemos falar con Sandra González, alcaldesa de Tomiño, que está a asistir a este congreso acompañada do persoal técnico de educación do Concello, e que nos comentou a súa exp...
Este sábado celébrase a andaina polo Camiño Portugués pola Costa de Caminha a Tui 13.09.2017 4:45
Este sábado celébrase a andaina polo Camiño Portugués pola Costa dende Caminha ata Tui organizada por Iacobus Tui. Oferta dous percorridos, o máis longo de 34 quilómetros de Caminha a Tui, e outro máis curto de 17 quilómetros de Vila Nova de Cerveira a Valença. A inscrición, gratuíta, está aberta ata mañá xoves ás 23.59h. A presentación tivo lugar esta mañá.
Noticias 13.30 - Mércores, 13 de setembro de 2017 13.09.2017 25:32
A actualidade deste mércores, 13 de setembro, en Noticias 13.30h na RMT
Esta mañá foi presentado o roteiro literario que terá lugar este sábado no monte Aloia 12.09.2017 3:52
Os Roteiros Literarios son unha iniciativa do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega que chega esta fin de semana a Tui coa proposta “Roteiro Aloia Máxico, Mítico e Lendario”. O Monte Aloia será o protagonista do paseo literario que se vai celebrar o sábado e que foi presentado esta mañá coa presenza do alcalde de Tui, En...
Noticias 13.30h - Martes, 12 de setembro de 2017 12.09.2017 25:47
A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste martes, 12 de setembro de 2017, en Noticias 13.30h
Noticias 13.30 - Luns, 11 de setembro de 2017 11.09.2017 28:24
A actualidade deste luns, marcada polo inicio do novo curso escolar, en Noticias 13.30h
Máis de 1600 alumnos iniciaron hoxe con normalidade o curso escolar en Tui 11.09.2017 8:37
A normalidade foi a tónica dominante neste primeiro día do curso escolar en Tui no que máis de 1600 escolares de Infantil e Primaria se incorporaron hoxe ás aulas dos oitos colexios públicos e dos dous concertados que hai na cidade. Falamos cos directores dos centros públicos ao longo desta mañá.
Ent. María José González, concelleira de Ensino e Cultura - Inicio do curso 2017/18 11.09.2017 2:58
A concelleira de Ensino e Cultura de Tui, Mª José González, deu conta hoxe da normalidade no inicio do novo curso escolar no municipio, e repasou as principais obras acometidas no verán. Queda pendente de rematar o comedor do CEIP nº2.
Noticias 13.30h - Venres, 8 de 2017 08.09.2017 27:07
A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste venres, 8 de setembro de 2017, en Noticias 13.30h
Tui volve á época medieval co Festival Arraianos 08.09.2017 8:00
Ás nove desta noite comeza a segunda edición do Festival da Cultura Arraiana, Arraianos. Por segundo ano consecutivo a máquina do tempo ideada por unha científica tola abre unha brecha temporal que durante tres días nos permitirá viaxar ata a época medieval, pero amais este ano tamén haberá incursións de feitos acontecidos no século XVII.
Noticias 13.30 - Xoves, 7 de agosto de 2017 07.09.2017 24:33
A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste xoves, 7 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h
Noticias 13.30h - Martes, 5 de setembro de 2017 05.09.2017 25:17
A actualidade deste martes, 5 de setembro de 2017, en noticias 13.30h
Noticias 13.30 - Luns, 4 de setembro de 2017 04.09.2017 26:29
A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste primeiro luns de setembro en Noticias 13.30h
Noticias 13.30h - Venres, 1 de setembro de 2017 01.09.2017 28:48
A actualidade deste primeiro día de setembro en Noticias 13.30h
Noticias 13.30 - Xoves, 31 de agosto de 2017 31.08.2017 27:42
As noticias deste derradeiro día de agosto en Noticias 13.30h
Noticias 13.30 - Mércores, 30 de agosto de 2017 30.08.2017 28:44
A actualidade informativa deste mércores, 30 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h na RMT
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.