Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3643 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Noticias 13.30 - Venres, 6 de outubro de 2017 06.10.2017

A actualidade do día en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui

O Colectivo Contra a Moción de Censura convoca unha mobilización o martes 16 06.10.2017

O Colectivo Contra a Moción de Censura en Tui fixo público onte un novo manifesto titulado "Unha gran mentira” . Ao tempo convocan á cidadanía a unha reunión o luns ás 20h na Sala Félix Rodríguez, á unha mobilización o martes 16 ás 20h na praza do concello, e o mércores 17 ás 12h a asistir ao pleno onde se debaterá a moción de censura.

O mércores 11 celebrarase o Festival de Outono de Corais de Tui 06.10.2017

As tres corais tudenses San Telmo, Ponte das Febres e Centro Sociocomunitario serán as protagonistas do Festival de Outono de Corais de Tui que se celebrará o próximo mércores, 11 de outubro, ás 20h no Teatro Municipal. Foi presentado esta mañá na casa do concello.

Noticias 13.30 - Xoves, 5 de outubro de 2017 05.10.2017

A actualidade deste xoves, 5 de outubro de 2017, en Noticias 13.30h.

A Guarda celebra o ciclo Diálogos en Educación 04.10.2017

A Guarda presentou onte as súas xornadas Diálogos en Educación, que este ano se celebran en outono, e non en verán como se viña facendo nas anteriores edicións. Serán durante catro venres e a primeira cita terá lugar o 27 de outubro da man de Juan José Bueno Aguilar, profesor na Universidade da Coruña no departamento de pedagoxía e didácticas. Nesta ocasión o tema a tratar será “O multiculturalism...

Noticias 13.30h - Mércores, 4 de outubro de 2017 04.10.2017

A actualidade deste mércores, 4 de outubro de 2017, en Noticias 13.30h.

I Feira de Emprego e Formación “Imaxinactívate” na Guarda 04.10.2017

A Guarda acollerá dende mañá ata o sábado a primeira Feira de Emprego e Formación “Imaxinactívate” cun amplo programa de obradoiros, no que as prazas están completas, charlas e mostras orientados ao emprendemento e á mellor empregabilidade das persoas con ideas de novos negocios ou en busca dunha nova filosofía de traballo. O concelleiro de Formación e Emprego, Javier Crespo, explicaba cales son o...

A exposición “Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país” é unha das propostas das xornadas sobre o docente 04.10.2017

O IES Antón Alonso Ríos acolle estes días unhas xornadas para poñer de relevo a vida do persoeiro do que toma o seu nome e que inclúe conferencias, a proxección dun documentario e unha exposición. Natalia Jorge é a comisaria desta última e contounos o que alí se pode atopar sobre a figura de Alonso Ríos.

Noticias 13.30 - Martes, 3 de outubro de 2017 03.10.2017

A actualidade deste martes, 3 de outubro de 2017, en Noticias 13.30h

Noticias 13.30h - Luns, 2 de outubro de 2017 02.10.2017

A actualidade deste luns, 2 de outubro, marcada pola presentación dunha moción de censura en Tui en Noticias 13.30h

Resumo do pleno ordinario do 28 de setembro de 2017 29.09.2017

A toma de posesión de Mª Jesús Silva de APTUI no día de onte foi un dos momentos destacados do pleno, xa que a corporación municipal volve estar ao completo cos 17 membros que a forman. A aprobación dos festivos locais para 2018 - os luns de Entroido e San Telmo - e da Conta Xeral de 2016 foron outros dos asuntos que foron tratados. Este é o resumo da sesión que recollemos nos informativos da RMT.

Noticias 13.30h - Venres, 29 de setembro de 2017 29.09.2017

A actualidade deste derradeiro venres de setembro en Noticias 13.30h

Noticias 13.30h - Xoves, 28 de setembro de 2017 28.09.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h

Noticias 13.30 - Mércores, 27 de setembro de 2017 27.09.2017

A actualidade deste mércores, 27 de setembro, en Noticias 13.30h

Este domingo celébrase a 15K do Atlántico Banco Mediolanum 26.09.2017

Este domingo celébrase a 15K do Atlántico Banco Mediolanum que volverá unir os concellos de Oia, O Rosal e A Guarda. A inscrición está aberta ata mañá mércores e dende a organización agardan máis de 800 deportistas segundo explicou Serafín Martínez.

O I Forum Peregrino celébrase este sábado en Tui 26.09.2017

Os Camiños de Santiago en Galicia serán o tema do I Forum Peregrinos que se vai celebrar este sábado en Tui organizado por Iacobus Tui, o Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra. Será ao longo de toda a xornada no centro de Interpretación do Camiño no antigo convento de San Domingos. Amais de ponencias sobre os distintos camiños tamén haberá visitas guiadas e actuacións musicais.

Noticias 13.30 - Martes, 26 de setembro de 2017 26.09.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño en Noticias 13.30h

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Pleno ordinario de setembro 26.09.2017

A corporación municipal de Tui celebra este xoves ás 20h pleno de carácter ordinario con 16 puntos na orde do día dos que boa parte son de trámite. Nesta sesión tomará amais posesión coma concelleira Mª Jesús Silva. A designación dos festivos locais para 2018 coa propostas dos luns de Entroido e San Telmo, a aprobación da Conta Xeral de 206 xunto a designación dun membro da oposición na mesa de co...

Noticias 13.30h - Luns, 25 de setembro de 2017 25.09.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste derradeiro luns de setembro en Noticias 13.30h

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Valoración anuncio da Xunta de licitación inmediata obras novo xulgado 22.09.2017

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou en Noticias 13.30h o anuncio feito esta mañá polo director xeral de Xustiza, Juan José Martín, no Parlamento da licitación inmediata das obras do novo edificio xudicial en Tui. Agarda o rexedor tudense que esa licitación sexa precisamente inmediata.

Noticias 13.30h - Venres, 22 de setembro de 2017 22.09.2017

A actualidade deste venres, 22 de setembro de 2017, en Noticias 13.30h, coas cita da fin de semana e a información deportiva.

Ent. Laureano Alonso, concelleiro de Servizos Sociais - Día Mundial do Alzheimer 21.09.2017

A antiga Escola de Chans en Randufe acolle o Centro Comarcal de Alzheimer grazas ao convenio entre AFAGA e o Concello de Tui. Ao longo de todo o ano nel, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, trabállase coas persoas que sofren esta doenza. Amais iluminouse a Área Panorámica de morado co gallo deste día mundial, e mañá chega a Tui Reta3 Movámonos polo Alzheimer.

Noticias 13.30 - Xoves, 21 de setembro de 2017 21.09.2017

A actualidade deste xoves, 21 de setembro de 2017, en Noticias 13.30h

A Oficina de Rehabilitación informa sobre as axudas para a rehabilitación ou mellora de vivendas 20.09.2017

Son varias as liñas nas que está a traballar a Oficina de Rehabilitación que o pasado mes de xullo abriu as súas portas no Concello de Tui. Lembramos que atende ao público os xoves de 9 a 14h no departamento de Urbanismo. Unha das liñas na que traballa é a información as axudas ou subvencións existentes en cada momento, segundo informa a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez. Arestora está abert...

Noticias 13.30h - Mércores, 20 de setembro de 2017 20.09.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste mércores, 20 de setembro de 2017, en Noticias 13.30h.

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.