Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3643 episodes

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Montaxe de Redes Eléctricas, fontaneiría e calefacción de montaxe de mobles cursos de F.O. a impartir en Tui 29.08.2017

A Consellería de Economía concedeu tres cursos de Formación Ocupacional ao Concello de Tui. Para acceder a unha das quince prazas que se ofertan en cada curso é preciso estar en situación de desemprego e inscribirse na Oficina de Emprego de Tui. Serán de Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas, con 298 horas lectivas, Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica, con...

Cancelada a edición de 2017 do Rallie Eurocidade 29.08.2017

A Escudería Dona Urraca vén de cancelar a terceira edición do Rallie Eurocidade. Pese a que levan un ano traballando para poder levar a cabo esta edición de 2017 e consolidar a proba non puído ser tal e coma confirmou o presidente da escudería Marcos González. Explicaba cales foron os motivos que os levaron a tomar esta deficil decisión.

Noticias 13.30 - Martes, 29 de agosto de 2017 29.08.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste martes, 29 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h.

Convocatoria para a contratación temporal de catro profesores para o Conservatorio de Música de Tui 28.08.2017

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicaba o pasasdo venres a convocatoria e as bases de catro procesos de selección de profesores para a Escola-Conservatorio de Música de Tui. Trátase dunha convocatoria para a contratación temporal dun profesor de óboe, un profesor de violín e un profesor de composición e piano, así como unha cuarta convocatoria para a elaboración dunha lista de subst...

Noticias 13.30 - Luns, 28 de agosto de 2017 28.08.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste luns, 28 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h.

Noticias 13.30 - Venres, 25 de agosto de 2017 25.08.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste venres, 25 de agosto, en noticias 13.30h

Noticias 13.30 - Xoves, 24 de agosto de 2017 24.08.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste xoves, 24 de agosto, en Noticias 13.30h.

O Concello de Tui leva recollidos preto de 60 niños de vespa velutina 23.08.2017

Dende que recibiu a pértiga para tratar os niños de vespa velutina a inicios do verán, os técnicos do Concello de Tui levan recollidos preto de 60 niños. A cifra é bastante alta para o pouco tempo que levan traballando, e teñen aínda sobre 30 avisos sen atender e aos que se prevé dar resposta nas próximas semanas. Así nolo contaba o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato.

Noticias 13.30 - Mércores, 23 de agosto de 2017 23.08.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste mércores, 23 de agosto, en Noticias 13.30h.

Noticias 13.30 - Martes, 22 de agosto de 2017 22.08.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste martes, 22 de agosto, en Noticias 13.30h.

Noticias 13.30 - Luns, 21 de agosto de 2017 21.08.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste luns, 21 de agosto, en Noticias 13.30h.

Noticias 13.30 - Venres, 18 de agosto de 2017 18.08.2017

A actualidade deste venres, 18 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h

Convocado un minuto de silencio ás 12h diante da casa do concello 18.08.2017

ÁS 12h deste mediodía gardarase un minuto de silencio diante da casa do concello en sinal de do e repulsa polo atentado rexistrado onte en Barcelona. O alcalde, Enrique Cabaleiro, convocou ao veciños a participar neste acto.

Este domingo celébrase o Certame de Pintura Ao Aire Libre 18.08.2017

A posta en valor de Goián, a terra do pintor Antonio Fernández, é o obxectivo do Certame de Pintura Ao Aire Libre que se celebra este domingo organizado polo Concello de Tomiño. A concelleira de Patrimonio, Fátima Rodríguez, así o explicaba. Agardan a participación de máis de 30 pintores, estando aberta a inscrición ata o propio domingo ás 11.30h. A partir desa hora os artistas terán ata ás 19h pa...

Este sábado celébrase a VII Festa do Miño 17.08.2017

O río Miño ten a súa festa este sábado, 19 de agosto, en Tui. Deporte, gastronomía, música... nunha xornada festiva da que disfrutar. Hoxe na casa do concello presentouse a VII Festa Gastronómica e o concerto Mitic, o espectáculo, que dende ás 20h se celebrará na rúa Lugo. Dende o medio a ribeira de Caldelas acollerá a romaría popular, e tamén se celebrará o Descenso Popular (16h) e o Internaciona...

Noticias 13.30h - Xoves, 17 de agosto de 2017 17.08.2017

A actualidade de Tui e do Baixo Miño deste xoves, 17 de agosto, en Noticias 13.30h.

A exposición “Salcidos en Blanco y Negro” recolle a historia da parroquia guardesa 17.08.2017

A historia de Salcidos recóllese por cuarto ano na exposición “Salcidos en Blanco y Negro”, que conta con máis de 500 fotografías das xentes desta parroquia guardesa. Falamos cun dos responsables desta mostra, Antonio Fontenla, que nos deu máis detalles do que alí se pode ver e do traballo de recopilación e identificación que fan os veciños.

Noticias 13.30h - Mércores, 16 de agosto de 2017 16.08.2017

A actualidade deste mércores, 16 de agosto de 2017, en Noticias 13.30h

Arraianos incluirá nesta segunda edición unha actividade en Kaiak polo río Miño 16.08.2017

Arraianos chega por segundo ano, nesta ocasión vaise celebrar do 8 ao 10 de setembro, con mercado medieval, gastronomía, xogos e distintas actividades. Unha delas será “Á conquista do Miño”, unha proba polo río en kaiak que terá lugar o sábado 9, con saída e chegada á praia da Marina. Falamos con Víctor Pérez Bugarín, colaborador do festival e membro da asociación que nos deu os detalles desta pro...

Máis de 1300 persoas participan este sábado no Descenso Popular e no Internacional 16.08.2017

Máis de 1300 persoas sucarán as augas do Miño no Descenso Popular e no Descenso Internacional do Miño que organizan o Club Kaiak Tudense e o Concello de Tui. Estas probas foron presentadas esta mañá na rúa Olímpicos Tudense a carón do río Miño. A primeira cita será ás 16h na ribeira de Caldelas coa saída do Descenso Popular no que van participar 780 persoas, do que 105 farano con piragua propia. D...

Noticias 13.30 - Venres, 11 de agosto de 2017 11.08.2017

A actualidade deste venres, 11 de agosto, coas citas da fin de semana e a información deportiva en Noticias 13.30h

Tomiño e Cerveira presentaron hoxe o parque do Castelinho e do concurso de ideas da ponte peonil sobre o Miño 10.08.2017

Esta mañá presentouse publicamente o Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza e o concurso de ideas para a ponte peonil sobre o río Miño, dentro do proxecto Visti Río Miño financiado polo Interreg. Trátase da primeira pedra do camiño a percorrer para facer realidade este proxecto. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou que tras a presentación de hoxe ábrese o proceso que engloba tres...

Máis de 11 mil persoas pasaron en xullo pola Oficina e Punto de Información Turística de Tui 10.08.2017

Bos datos do turismo en xullo en Tui coma indican as máis de 11 mil persoas que pasaron pola Oficina Municipal e polo Punto de Información Turística. En agosto agárdanse que estas cifras sexan superiores dada a media de 400 consultas diarias que se están a rexistrar coma avanzou o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.

Os nenos saharuís que pasan o verán en Tui no programa Vacacións en Paz foron recibidos hoxe no Concello 10.08.2017

Hoxe tivo lugar no Concello de Tui a recepción aos nenos saharauis que pasan o verán no municipio. Xunto aos nenos e nenas e as súas familias de acollida estiveron presentes Alba Costas e Henrique Porto, de Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, que quixeron dar as gracias ao Concello e ás familias pola acollida, así como o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que tivo unhas palabras de benvida para...

Noticias 13.30h - Xoves, 10 de agosto, de 2017 10.08.2017

A actualidade deste xoves, 10 de agosto, en Noticias 13.30h

Listen to the Informativos podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.