Radio Burela

Grandes Vozes do Nosso Mundo

Music GL ↓ 439 episodes

Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce de mãos dadas com os Cantos na Maré, a referência com a qual partilha o espírito universalista e integra...

Author

Radio Burela

Category

Music

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Ep. 289: Só Música [Grandes Vozes] 18.09.2022

Neste programa 289 temos músicas de diferentes artistas dos países de raiz galega. Abrimos con Salvador Sobral e continuamos con Mileth -os convidados da semana pasada-. Inmediatamente a seguir ofrecemos as mellores músicas da Filomena Maricoa, Guadi Galego, Barro, Tanxugueiras, Ana Moura, Calema, Vai de Rosa, Soraia Tavares, Gabi Buarque, Nao, Mariana Bragada e Sete Saias.

Ep. 288: MILETH [Grandes Vozes] 28.08.2022

Mileth fai música de fusión entre o black metal e o folk. En 2012 publicaron a maqueta titulada Cancioneiro da Enxebre Escuridade e en 2014 o sinxelo ...e na Novena Onda caeron os Deuses, coa colaboración do gaiteiro Xurxo Fernández e da banda romanesa Negură Bunget. Outros dous anos máis tarde, en 2016, apareceu Recolleita dos Demos que han de ser esquecidos, un EP coas catro cancións. O seu prim...

Ep. 287: THE RAPANTS [Grandes Vozes] 23.08.2022

Soubemos deles a través da súa participacion do Festival da Trastenda na Póvoa do Caramiñal e non perdemos o tempo na súa procura. Son The Rapants, de Muros, e forman unha banda de música de música indie e garage. Desde 2018 están no panorama musical galego e agora mesmo chegan ao momento de máximo esplendor. Xanma, un dos seus integrantes, presentouse e presentounos os seus colegas Matías e Xaquí...

Ep. 286: LETICIA REY [Grandes Vozes] 06.08.2022

A protagonista do Deixe falar, Leticia Rei, recuperaba nestes días un texto publicado nas redes sociais hai agora un ano. Falábanos dunha illa máxica, con ambiente maravilloso. Naquela illa, cantou o seu Campus Stellae, nun escenario situado nun paseo entre os buxos. Era o privilexiado marco do Sinsal. Con Leticia Rei falamos do concurso de Estudios Mans para talentos emerxentes (2020), da súa rel...

Ep. 285: FESTIVAL DE PARDIÑAS [Grandes Vozes] 30.07.2022

En conversa con Roberto Santamarina, que nos falou en representación da organización do Festival de Pardiñas, fixemos un repaso do programa desta cuadraxésimo terceira edición, que xa está ás portas. Por iniciativa da Asociación Cultural Xermolos das Terras de Guitiriz, a Feira Festa da Música e das Artes é un auténtico modelo de actividade ao servizo da cultura e do desenvolvimento económico loca...

Ep. 284: FESTIVAL DA TRASTENDA [Grandes Vozes] 23.07.2022

Chega a cuarta edición do Festival da Trastenda. A cita está axendada para o dia 29 de xullo, a partir das 9 da tarde-noite. O punto de encontro será na Póvoa do Caramiñal, á beira do Atlántico Galego. Estes son os catro Concertos programados: o primeiro, da banda Noxo (da Estrada); o segundo, o da banda local (Barbansónicos); o terceiro, o de Los Reveleitors (de Lugo); e o cuarto, o The Rapants (...

Ep. 283: FESTIVAL ECO-FAMILIAR DE REQUE [Grandes Vozes] 16.07.2022

Alexandre Grande Babarro apreséntanos o Festival Eco-Familiar de Reque, un lugar situado á beira do Río Rato, na cidade de Lugo: "Unha xornada cultural, festiva e ecolóxica no entorno con propostas para todas as idades, baseadas no lecer, a arte-creación e a aprendizaxe vivencial baixo un espírito de sustentabilidade, alegría e paz".

Ep. 282: Castro Galaico - Festival de Nogueiró [Grandes Vozes] 09.07.2022

Uma das grandes citas musicais a celebrar no ámbito territorial da Gallaecia é O CASTRO GALAICO. Festival de Nogueiró. Já às portas, o programa festivo começará no próximo dia 14 e prolongar-se-á durante três dias, até 16 de julho. Abrem esta décimo segunda edição, os anfitriões do Canto D`Aqui, Sérgio Mirra e o Augusto Canário. Isso no dia 14, quinta-feira. Na segunda jornada, a da sexta-feira, v...

Ep. 281: A "Água Doce" na voz de Jorge Mendes [Grandes Vozes] 03.07.2022

Informático e Economista, Jorge Mendes nasceu numa freguesia de Guimarães, estudou na Escola Superior de Tecnologia e Gestão de Viana do Castelo e agora trabalha no ámbito da banca. Por um feliz acaso, na Feira do Livro da Corunha reparou num livro especial do Marco Neves publicado pela Através: O galego e o português são a mesma língua? Essa obra tornou-se a chave de entrada para o catálogo da ed...

Ep. 280: Só Música-2 [Grandes Vozes] 26.06.2022

Neste novo programa Só Música abrimos com a Bárbara Tinoco e continuamos com o Fran Amil. Depois chegam as melhores estrelas de todos os países em que se fala o nosso idioma. Do Brasil temos a Academia da Berlinda. De Cabo Verde, a Élida Almeida. Da comarca berciana temos novamente o Luís Ainda... Não nos esquecemos da emigração, em cuja representação está o Joey Medeiros.

Ep. 279: A POPSÍA de FRAN AMIL [Grandes Vozes] 19.06.2022

Aproximar os clásicos da lírica galega de todos os tempos á sensibilidade do século XXI: esa é a meta. En palabras do artista, Popsía son "rimas de sempre a ritmos actuais (rock, pop, soul, etc.); poemas convertidos en cancións bailábeis. Unha descarga de mestizaxe que afonda na realidade de que a música non coñece fronteiras, nin temporais nin espaciais". Aquí está o cuarto disco dun Fran Amil qu...

Ep. 278: SÓ MÚSICA [Grandes Vozes] 13.06.2022

Esta é unha edición que contén só música. Neste caso non incluímos a sección Deixe falar. Poñemos ao dispor da audiencia un programa para momentos en que nos deixamos levar só polo ritmo da música, sen a obriga de atender á conversa. Como sempre, a selección contempla músicas cantadas no nosso idioma, por artistas da Galiza e Portugal e de todos os países do nosso ámbito cultural.

Ep. 277: FESTIVAL ATURUXO - BRAVOS - [Grandes Vozes] 05.06.2022

A presente edición do Festival Aturuxo, de Bravos (Ourol), está na axenda: será os días 29 e 30 de xullo. Na primeira xornada estarán No Cómbaro e os Festicultores. Na segunda, pola mañá, Peter Punk; a sesión vermú amenizada polo Pulpiño Viascón; e á noite A Banda da Loba, Pesdelán, Machina e Rebeliom do Inframundo. En representación da organización, falounos Mari Rivera Vidal, que tamén nos comen...

Ep. 276: ALBERTE LEIS: A novas histórias da Ukestra - [Grandes Vozes] 29.05.2022

A Ukestra do Medio apresentou o seu terceiro disco. O ‘Histórias cativas’ está desde agora mesmo em todas as plataformas digitais e também em pre-venda no formato CD. Alberte Leis é o protagonista desta nova entrega do Grandes Vozes. Com ele falamos das oito faixas -seis delas com temas originais- e dos sinais de identidade da banda: a heterogeneidade de estilos musicais e o peculiar som dos ukele...

Ep. 275: CAROLINA RUBIROSA: a voz galega no LIET - [Grandes Vozes] 21.05.2022

Dicíamos na cabeceira do programa que somos terra de contrastes, porque por un lado temos umha lingua mundial; e por outro permitimos que no seu propio lugar de orixe viva unha situación de minorización. Diso falamos na nosa conversa con Carolina Rubirosa, a artista que representou a Galiza con moito éxito na presente edición do LIET, o festival da música cantada en linguas minorizadas celebrado e...

Ep. 274: ESPECIAL LETRAS GALEGAS [Grandes Vozes] 15.05.2022

Programa especial que reúne as mellores voces da música dos países de raíz galega. Comezamos coas Tanxugueiras e continuamos con Filipa Pais, Guadi Galego, Sés, Mariza, Uxía Senlle e Calema. Non perdemos a oportunidade de recuperar unha peza de Bea, a de Estrella, con quen conversamos na semana pasada no Deixe Falar.

Ep. 273: BEA, a de ESTRELLA - MAREIRA [Grandes Vozes] 09.05.2022

Bea -a de Estrella- di que se dedica á música desde a infancia, que desde pequena toca a guitarra e que colaborou facendo coros en gravacións de discos e tamén ao vivo en concertos. Tamén di que os sentimentos, as emocións, as letras e as músicas decidiron saír e que por iso se meteu nun estudio de gravación para que Mareira acabase saíndo ao exterior. No Deixe Falar entramos en contacto con Bea e...

Ep. 272: ALBERTO BUSTO - ARRHYTHMIA [Grandes Vozes] 01.05.2022

Non teñen problemas de corazón. Podemos estar tranquilos. Os problemas co ritmo musical tíñanos en 2006 cando eran estudantes no Instituto lugués da Piringalla. Polo que se ve, corrixíronos rapidamente: os éxitos non tardaron en chegarlles. En 2011 a banda tivo unha metamorfose e nestes once anos mantívose con estabilidade. Con Alberto Busto -que fixo de portavoz da banda- falamos do Clavicémbalo,...

Ep. 271: ALBERTO DUBRA - MR. KAMÁNDULA [Grandes Vozes] 23.04.2022

Desde Cerceda, chega Mr. Kamándula. Alberto Dubra preséntanos a banda.

Ep. 270: SESO DURÁN - ASCENSIÓN [Grandes Vozes] 16.04.2022

Seso Durán, o protagonista desta semana, é orixinario de Marín. No século pasado debutou na música folk, através do grupo Liorna, mais coa mudanza para o XXI experimentou o tránsito ao pop-rock, editou un primeiro disco -Son da memoria- e agora mesmo ten xa editado o segundo, que leva por título Ascensión.

Ep. 269: ICIA VARELA - ARREDORES [Grandes Vozes] 09.04.2022

Agora que nos xuntamos os de abaixo e os de arriba. Agora que nos xuntamos, viva a nosa romaría. Así comeza a letra dunha canción que leva por título Ortigueira, interpetada por Icía Varela, acompañada por Andrés Rodríguez Boutureira, Brian Rodríguez Pardiñas e Lucas Rama, que en conxunto forman Arredores. Nesta nova edición do Grandes Vozes, Icía Varela deunos a coñecer a banda, o estilo musical...

Ep. 268: Hélder Bruno Martins [Grandes Vozes] 02.04.2022

Este é o programa dos Mondego. O entrevistador fala desde pertinho do Mondigo próximo ao Mar Cantábrico e o entrevistado está a pouca distância do Mondego de Coimbra. O artista convidado, Hélder Bruno Martins é etnomusicólogo, historiador do do Jazz e investigador a respeito da importáncia da música para a saúde. Nós falamos com ele porque o dia seis de maio, pelas nove e meia da noite estará no T...

Ep. 267: BANDA do POETA [Grandes Vozes] 27.03.2022

Foi através do Portal Galego da Língua que conhecemos um novo projeto musical com base em Coimbra: A BANDA DO POETA. Desde a cidade do Mondego entrelaçam linguística e culturalmente Portugal e Galiza. O Grandes Vozes localizou o POETA e falou demoradamente com ele a respeito da sua própria identidade, mas também das identidades do António, o Luís e a Sílvia. Depois chegou o momento de dar nova vid...

Ep. 266: FILIPE de SOUSA - ESPECIAL ELIS REGINA [Grandes Vozes] 24.03.2022

Filipe de Sousa, diretor da Rádio Internacional Lusófona, colabora nesta entrega do Grandes Vozes dedicada à Elis Regina. Elis Regina Carvalho Costa, cantora brasileira, tem identidade autenticamente galega pelo Carvalho e pelo Costa. Nasceu na cidade de Porto Alegre, em 1945, e faleceu com trinta e sete anos, em 1982. Com Filipe de Sousa lembramos o perfil biográfico da artista e conhecemos o pro...

Ep. 265: GABRIEL REIGOSA - DAKIdaRRIA [Grandes Vozes] 12.03.2022

O Deixe falar muda de estilo neste programa. Se na semana pasada facíamos a descuberta do SEXTETO VOCAL SONdeNós, agora limítamonos a dar a coñecer un novo traballo discográfico. A banda, DAKiDARRIA xa ten soado en moitos dos case tres centenares de programas que levamos emitido. Gabriel Reigosa Centelles, "Gabri", concedeunos a entrevista por dous motivos: porque Dakidarría cumpre 18 anos e porqu...

Listen to the Grandes Vozes do Nosso Mundo podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.