Radio Burela
Grandes Vozes do Nosso Mundo
Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce de mãos dadas com os Cantos na Maré, a referência com a qual partilha o espírito universalista e integra...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ep. 264: Plácido Travieso - SONdeNós [Grandes Vozes] 05.03.2022 59:59
O sexteto vocal SondeNós celebra o décimo aniversário (2012-2022). Dirixido por Plácido Travieso, está formado pola soprano Julia Cea, a mezzosoprano Rocío Fernández, o tenor Txemi Jiménez, o barítono Lucas Iglesias e o baixo Javier Díaz.
Ep. 263: Amália Forever-Hermedia [Grandes Vozes] 27.02.2022 1:00:59
Umas semanas atrás, falávamos com o Herman Alves -o diretor da Hermídia-, conhecíamos o seu perfil humano, apresentávamos a empresa... e, através da súa voz, acabamos sabendo de diversos projetos, entre eles os vinculados com a Amália Rodrigues. Foi assim que chegamos ao Abraços: essa música em que dez Grandes Vozes do Nosso Mundo acompanham o Zé Perdigão, como Capitão da nave. Esses artistas são:...
Ep. 262: O "Caderno de bitácora" de Luís Aínda [Grandes Vozes] 19.02.2022 59:03
Un modesto audiovisual titulado Bierzo: lingua escrita, preparado por estudantes do Instituto Bergidum Flavium de Cacabelos, abriunos as portas ás músicas de Luís Aínda, cantautor berciano nacido na cidade de Ponferrada. De Luís Aínda dise con acerto que é viaxeiro, músico, cociñeiro, enfermeiro e poeta. Nós acabamos por saber como foi capaz de combinar todas estas facetas durante os 25 anos que l...
Ep. 261: DIEGO de BRAELLE [Grandes Vozes] 12.02.2022 59:14
A nosa máis recente descuberta chega desde Braelle, en Couzadoiro, na comarca do Ortegal. Do seu lugar de orixe toma o nome artístico -Diego de Braelle- este mozo que lanza agora o seu primeiro EP (ORTEGAL) e que confiou no Grandes Vozes para debutar nas ondas. Nesta primeira aventura, o cantor está acompañado por unha banda formada por Brais Fustes (batería); Joel Crespo (piano, órgano e baixo);...
Ep. 260: MADALENA GAMALHO [Grandes Vozes] 05.02.2022 1:00:17
A equipa do Grandes Vozes tinha notícia de Madalena Gamalho -artista e compositora galega- a través d'Os Meninos, uma banda formada na cidade de Vigo. O tempo passou, a Madalena iniciou a carreira a solo e agora coloca-se de novo no primeiro plano, porque nestes dias está em pleno lançamento do seu primeiro trabalho discográfico: INVENTO. São dez faixas divididas em três grupos: seis composições...
Ep. 259: FRAN ALLO: o artista da Alma galega [Grandes Vozes] 29.01.2022 59:37
Fran Allo, da cidade de Compostela, un cantor con Alma galega, é o protagonista do Deixe falar desta semana. No panorama musical desde o início do século XXI, gañou a mención especial á mellor voz nun certame organizado por Teresa Rabal. Despois participou no Son de Estrelas, na TVG, que lle abriu as portas á profesionalidade. Falamos de Chema Purón, de Guadi, de Lucía Pérez, da Alma Galega, do di...
Ep. 258: HERMAN ALVES [Grandes Vozes] 23.01.2022 1:02:40
O protagonista deste programa é o Herman Alves, diretor da Hermedia Publishing, empresa que dá voz à nossa música desde o Quebec. Do Herman Alves diz-se que viveu muitas vidas em apenas 60 anos, que conseguiu fortunas e que também as perdeu, mas que nunca desistiu. Na conversa com Bernardo Penabade fala-nos das suas raízes numa região montanhosa de Portugal, da vida durante um ano na Alemanha e d...
Ep. 257: AO SON DA NOSA MÚSICA [Grandes Vozes] 16.01.2022 1:00:33
Este é un programa especial en que ofrecemos ao público unha panorámica das formacións musicais participantes no programa "Ao son da nosa música". Con esta selección preparada por Marco Pereira, quixemos recoller a pluralidade de estilos e de xeracións que tamén aparecen nos vídeos feitos públicos nesta primeira parte do proxecto.
Ep. 256: MANOLO MASEDA - AO SON DA NOSA MÚSICA [Grandes Vozes] 01.01.2022 1:02:34
O profesor Manolo Maseda apresentounos o proxecto educativo Ao Son da Nosa Música, que xa está en andamento. A primeira das metas é a súa implementación en 16 centros educativos e a gravación dun disco con outros tantos temas musicais interpretados por estudantes, sempre coa orientación dos profesionais da música.
Ep. 255: FILIPE MIRANDA [Grandes Vozes] 23.12.2021 1:01:02
"Um português de Barcelos, a morar em Esposende": assim se apresenta e com isso já sabemos muito, mas não o suficiente. O seu nome é Filipe Miranda: escritor, músico e artista plástico. Através do seu portal profissional, aprofundamos mais e descobrimos que é multi-instrumentista, produtor e curador. Desde a escrita de canções ou composição de bandas-sonoras até ao som mais experimental, grava, ex...
Ep. 254: NOEMÍ FIGUEROLA MERA - IRMANDADE GALEGA NA SUÍZA [Grandes Vozes] 18.12.2021 1:00:16
A Irmandade Galega na Suíza éunha asociación cultural, recreativa e deportiva, con sede social na cidade de Xenebra, está a só un pasiño de cumprir os seus primeiros cincuenta anos de vida. Na sede social existen os servizos de bar, restaurante, salón de actos e biblioteca. Alí organizan exposicións, tertulias e conferencias e tamén festas tradicionais como o Entroido ou San Xoán. Da música ocúpan...
Ep. 253: MARCO LIMA - HERTZCONTROL STUDIO [Grandes Vozes] 09.12.2021 1:00:00
No lugar de Seixas -em Caminha, onde o Minho une Galiza e Portugal- tem a sede o estúdio HERZTCONTROL, onde gravam as suas músicas solistas e bandas do Norte e do Sul do rio e ainda de muitos outros lugares. Marco Lima, produtor musical, técnico de som e -segundo as súas próprias palavras- rockeiro a tempo completo, atendeu a nossa chamada e falou-nos dos seus trabalhos no Teatro Nacional de S. Jo...
Ep. 252: BAR BAN SÓNICOS [Grandes Vozes] 04.12.2021 1:02:32
Desde a comarca da BARBANZA chegou a banda convidada nesta semana: os BAR BAN SÓNICOS. A ritmo de PUNK ROCK coñecemos os seus tres pés (Manel, Amroth e Abel Cores), viaxamos con eles a SEIXAS (município de Caminha e distrito de Viana do Castelo) e retornamos ao Caramiñal para coñecermos o adianto do seu primeiro traballo: Alimentando o nervio. Tamén falamos do Centro Social A Trastenda.
Ep. 251: NOVO TRIBUTO GALEGO AO ZECA AFONSO [Grandes Vozes] 28.11.2021 1:00:42
O livro intitulado José Afonso, Todas as Canções. Partituras, Letras, Cifras reúne estes materiais relativos a 159 canções da autoria do Zeca Afonso, compiladas e transcritas por Guilhermino Monteiro, José Mário Branco, João Lóio e Octávio Fonseca. Nestes dias, o novo tributo ao cantor da revolução foi celebrado com diversos eventos culturais celebrados nas cidades galegas de Vigo, Vila Garcia, Co...
Ep. 250: REBELIOM DO INFRAMUNDO [Grandes Vozes] 20.11.2021 1:00:56
No Deixe falar desta semana adentrámonos novamente no universo rapeiro. Un universo en que destacan os Rebeliom do Inframundo, banda que acaba de celebrar o seu décimo quinto aniversario. En 2005 eran tres integrantes que se reunían en Ponte Areas. Máis tarde gravaron en Vigo (primeiro unha maqueta e depois un disco) e alcanzaron un grande éxito.
Ep. 249: BROA: DO PAN DE MILLO AO ROCK GALEGO[Grandes Vozes] 12.11.2021 1:01:00
Superadas as etapas duras do confinamento, o ambiente da música galega é de novo dun auténtico fervedoiro. Hai concertos en bares e tabernas e en auditorios e casas da cultura. Para celebrar este rexurdimento, puxémonos en conversa con Gonzalo, o vocalista dos Broa, que retoman os directos (mentres preparan novos traballos). A través da conversa, coñecemos mellor a banda que obtivera en 2019 o pre...
Ep. 248: CLARA PINO e PABLO VIDAL POÑEN MÚSICA Á POESÍA DE XELA ARIAS [Grandes Vozes] 06.11.2021 1:01:05
Temos novo traballo discográfico de Clara Pino e Pablo Vidal. Leva por título un nome propio, Xela, en homenaxe á escritora Xela Arias, a quen dedicamos a celebración das Letras Galegas do ano 2021. O Grandes Vozes non deixou pasar a oportunidade para conversar novamente coa artista galega.
Ep. 247: Cláudia Pascoal na Galiza [Grandes Vozes] 30.10.2021 1:00:46
A cidade de Santiago de Compostela acolheu a gala de entrega de prémios do Certame Arri(t)mar. O auditório, com a capacidade máxima permitida, assistiu a um evento em que participaram as cantoras Guadi e Cláudia Pascoal; as poetas Rosalia Fernández Rial e Márcia; e o escritor José Viale Moutinho. Foi o ponto culminante de um processo em que participaram ativamente desde as suas próprias moradas ma...
Ep. 246: ESPECIAL MARTIN CODAX e ARRITMAR [Grandes Vozes] 24.10.2021 1:01:22
Aproxímase o momento dos máis importantes premios da música convocados na terra galega: os Martin Codax e os do certame Arritmar. O Grandes Vozes colabora na tarefa de aquecer o ambiente divulgando a través das ondas as músicas gañadoras e as finalistas. Esta é a nosa escolla.
Ep. 245: LAURA LAMONTAGNE e PICO AMPERIO [Grandes Vozes] 16.10.2021 1:01:23
Xusto antes da sintonía do Deixe Falar, ouvíamos a canción das Avelaneiras Floridas, en interpretación actualizada. Unha auténtica delicia que nos brindan Laura Lamontagne e Pico Amperio. Hai cen anos apareceu o neotrobadorismo literario. Isto é: a escrita no século XX ao estilo do século XIII. Ese neotrobadorismo que xa estaba na música a través de diversas voces clásicas, como por exemplo Amanci...
Ep. 244: VITUCO NEIRA - 25 ANOS DOS RUXE-RUXE [Grandes Vozes] 09.10.2021 59:38
Vinte e cinco anos despois de ser fundada, pode unha banda de música metálica continuar na vangarda, se xa está -con toda xustiza- nese reducido grupo de formacións consideradas clásicas? Xa lles adiantamos que sí, que é posíbel (aínda que non sexa frecuente). Nesta semana constatámolo no Deixe falar, cunha entrevista a Vituco Neira, dos Ruxe-Ruxe. Conversamos sobre o disco 25 ANOS RUXINDO: TRIBUT...
Ep. 243: FERNANDO CASAL NEIRA - PUB GATOS (MELIDE) [Grandes Vozes] 01.10.2021 1:01:02
O Gatos, de Melide, é un local de música ao vivo con máis de trinta anos de traxectoria. Definido como "Algo Bo", a xente entendida afirma que "unha velada no Gatos é difícil de esquecer". O que non se esquecerá é o ciclo de concertos que está celebrando neste momento e que abriu no mes pasado coa Cuarta Xusta. No mesmo cartaz aparecen as convocatorias para outras festas en que participan ITH, Iri...
Ep. 242: JOSÉ MANUEL ALDEA - CULTURGAL [Grandes Vozes] 25.09.2021 1:01:10
Culturgal é síntese de dúas palabras: Cultura Galega. Esa é a temática da Feira que se celebra na cidade de Ponte Vedra, nesta ocasión entre os días 26 e 28 de novembro. Para coñecermos en panorámica a história desta magna exposición interactiva e a súa variada oferta, no Deixe falar mantivemos conversa con José Manuel Aldea Moscoso, motor da iniciativa. A primeira cuestión foi a do xénero: o Cult...
Ep. 241: SONIA VIDAL - SON LABREGO [Grandes Vozes] 18.09.2021 1:00:20
A celebración do IVº Festival Son Labrego en Vilar de Santos -na Galiza máis próxima a Portugal- é o tema central do Deixe Falar desta semana. Para coñecermos os seus obxectivos e o completo programa recollido no cartaz, conversamos con Sonia Vidal, do Sindicato Labrego Galego, unha das entidades organizadoras. No Espazo Carabuñas está prevista a celebración de tres palestras -"O verde é sustentáb...
Ep. 240: ULA - MONOULIOUS DOP [Grandes Vozes] 11.09.2021 1:00:37
Chámanse Monoulious DOP. Comezaron xuntos con rock virtual e, por iniciativa popular, saíron da borbulla e chegaron "ao vivo". Dentro de moi pouco celebran o décimo aniversário e nós quixemos lembrar a efeméride e comezamos o programa recitando aquilo de "Parabéns para vós, nesta data querida// Muita felicidade, muitos anos de vida". Durante o proceso de documentación, coñecémolos como: 1) "Dueto...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.