Radio Burela
Grandes Vozes do Nosso Mundo
Programa musical de Rádio Burela, dirigido por Marco Pereira. Um espaço de uma hora semanal, emitido todas as sextas-feiras entre as sete e as oito da tarde. Uma iniciativa feita desde a Marinha do Cantábrico para favorecer o diálogo musical entre todas as grandes vozes do nosso mundo. As da música galega e as dos países que acolheram e deram vida ao nosso idioma: as grandes vozes de Portugal e do Brasil, de Cabo Verde, Angola e Moçambique... e ainda mais. Grandes Vozes do Nosso Mundo nasce de mãos dadas com os Cantos na Maré, a referência com a qual partilha o espírito universalista e integra...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Ep. 314- VISIÓN PANORÁMICA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 01.05.2023 1:03:08
Programa de visión panorámica das músicas dos países de raíz galega. Neste ocasión temos as Tanxugueiras, da Galiza, e Ildo Lobo, de Cabo Verde. Xunto con clásicos Luar na Lubre, facemos descubertas como a do Vic López, a quen dedicamos o programa da semana pasada. Todo nunha hora de música e palabra. Todo no programa emitido simultaneamente na Galiza, en Portugal e no Brasil.
Ep. 313- ViC LÓPEZ - TIGRE DE CIDADE [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 23.04.2023 59:44
Vic López é un galego-asturiano ou un astur-galego que comezou na música con cinco anos de idade na escola de música de Xove. Con dez, comezou a versionar música de bandas e solistas internacionais. Após a experiencia musical en DesiguaLex Rock e en SphínteR, durante o confinamento comezou a escribir as cancións. Desde hai uns meses, componlles a música. Coñecedora dos tres temas de produción prop...
Ep. 312- Silvia Penas - CINTA ADHESIVA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 16.04.2023 1:00:14
Cinta Adhesiva é o grupo poético-musical de Vigo que une poesía, música, teatro e vídeo. Todo nun espectáculo global. Unha das súas metas inminentes é a participación no próximo Super Bock Rock de 2023 en Lisboa. Para iso debe ter o apoio do público, un apoio que nós solicitamos. Con Silvia Penas, falamos da banda e desta nova aventura.
Ep. 311- A POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 09.04.2023 1:00:42
Todo un universo en só seis palabras: A Pousada da Galiza Imaxinaria. É un lugar real. Un espazo para cumprir felices soños mantendo os pés na terra. Esta sala de espectáculos está en Boiro e agora chega ao trixésimo aniversario, que celebramos coa súa voz: Suso Santamaría.
Ep. 310- EXERIA: Un novo nome [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 02.04.2023 1:00:54
Formada por músicos xa rodados e maiormente influenciados polo grunge e o rock dos 90 -a música da súa infancia-, Exeria nace pouco despois da pandemia que obrigou a deter calquera iniciativa musical. As raíces son importantes para calquera proxecto. Neste sentido, a sensación de pertenza a un lugar e a un tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións, formando así o c...
Ep. 309- TOMÁS PORTEIRO - SINESTESIA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 25.03.2023 1:02:23
Por que non retorna Sinestesia ao panorama da música galega? Obviamente, non retorna porque nunca tiña marchado. Certo é que agora están con moita máis intensidade. As palabras de Tomás Porteiro así o transmiten. Abrimos a entrevista cunha música de Antía Muíño, feliz colaboradora de Sinestesia. Despois, a conversa está centrada no novo disco de Sinestesia.
Ep. 308- PATTY CASTRO [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 08.03.2023 1:01:49
O Deixe falar desta semana está dedicado a PATTY CASTRO. Locutora de radio, promotora artística, integrante da equipa directiva da Asociación Músicas Ao Vivo; actriz da narración oral; coordenadadora de Mulleres Galegas Kañeras. O Grandes Vozes falou con ela sobre varios temas: os irmáns de armas na LOITA AMADA; a dinamización social coa asociación Arousa Moza; o Acouga sosego; Galiza Metálica; o...
Ep. 307 - NOELIA PERPETUO - QUERO CANTAR [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 27.02.2023 1:00:27
"Quero Cantar" é o certame de música infantil e xuvenil organizado pola Deputación da Coruña. Até as 14 horas do próximo día 15 de marzo está aberto o prazo para participar en dúas categorías: a categoría A, para crianzas de menos de 12 anos; e a categoria B para adolescentes, de 13 a 16 anos. Os premios son ben atractivos: a participación nun programa formativo con moita prática, porque contempla...
Ep. 306 - UBALDO CERQUEIRO - Día dos Medios en Galego [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 07.02.2023 59:15
Celebramos o Día dos Medios en Galego e facémolo con música do Grande Amore e de Ortiga con Pili Pampín. No momento da conversa, temos unha entrevista con Ubaldo Cerqueiro, do xornais Que pasa na costa? e Xornal da Coruña. Antes de despois, temos a mellor música da Galiza, de Portugal e dos países de raíz galega.
Ep. 305 - MANOELE de FELISA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 01.02.2023 1:01:43
Manoele de Felisa chega aos 25 anos no panorama da discografia galega. Nós celebrámolo con el, xusto no momento en que anuncia unha nova xira de 2023. O músico de Orballo (1999), Chove (2005), De Felisa a María Mariño (2007), Cantos de Lembranza (2014) e Cancioneiro do Camiño (2021) continúa con paso firme.
Ep. 304 - TECOR SOCIETÁRIO [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 25.01.2023 1:00:03
Este é o programa dedicado ao TEcor Societário, un grupo musical campitaneado por Xabi, músico orixinário de Rinlo (Ribadeo). Inicialmente, dá a impresión de que son un grupo moi metaleiro. Despois fica moi claro que "non é tan fero o león como o pintan". Se pensas que non é verdade, escoita... Xa nos dirás o que che pareceu!
Ep. 303 - ALBA FERNÁNDEZ - SALA A SACABEIRA [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 15.01.2023 59:15
Este Deixe Falar singular foi gravado no palco dunha desas salas que ofrecen músicas ao vivo. É a Sacabeira, na Mariña do Cantábrico, á beira do río Xunco -na localidade de Sargadelos- e só uns minutos de Viveiro, de Burela ou de San Cibrao. Un deses lugares emblemáticos da música ao vivo, como a Arca da Noe en Vilar de Santos; o Gatos en Melide ou o Buril en Sarria. Aínda que organizou 26 concert...
Ep. 302 - Paulo Carracedo, "Jasper" - Loita Amada Revolucionaria [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 08.01.2023 1:00:54
Dicía a canción que "non estamos listos e que non estamos todos", mais aínda así Paulo Carracedo, "Jásper", e Nébeda Piñeiro decidiron arriscar para sair camiñando e nós con eles. É certo que non sabemos nadar, mais temos a forza e a capacidade necesarias para aprender. E só se aprende facendo camiño. Esta canción que leva por título Naufraxio dá paso á conversa en que comprobamos que Naufraxio no...
Ep. 301 - Toninho da Lomba [Grandes Vozes do Nosso Mundo] 28.12.2022 1:02:10
REXURDIR é o título dun novo traballo discográfico dunha banda que fai música coa fusión do RAP e o Rock máis metálico. Chámanse QFB e naceron no último decénio do século pasado na cidade da Coruña. Chegou un momento en que pararon de tocar... e agora reaparecen con mais forza. Dous Davides -un na voz e outro no baixo-, un Zalo e un Dario, forman o quinteto QFB, que ten en Toninho da Lomba o porta...
Ep. 300: JINETES del TRÓPICO:o reguetón galego 18.12.2022 1:00:08
Chegamos ás trescentas semanas en antena e continuamos conversando con bandas e solistas da Galiza, de Portugal, do Brasil, de Moçambique ou de Angola, do Brasil, de Goa ou de Macau. Neste programa viaxamos á RIBEIRA SACRA galega para falarmos con ToñYto García, dos Jinetes del Trópico, que fan reguetón, reage e bachata. Todo para unir FESTA, LOITA e LIBERDADE.
Ep. 299: CRUA: O GRUPO DE ADUFEIRAS CHEGA A LUGO 11.12.2022 1:00:50
Depois de estarem em Famalicao e na Póvoa de Varzim, vão estar na cidade de Lugo. Chamam-se CRUA e, através da música tradicional, conseguem manter a identidade própria e captar a atenção de públicos bem diferentes. O seu repertório é plural, mas sempre com duas presenças: um instrumento, o adufe; e umha terra, Portugal. Rita e Diana concederam entrevista para o Grandes Vozes. Este é o resultado d...
Ep. 298: TERESA NÉCEGA [GRANDES VOZES] 05.12.2022 1:00:23
Celebrouse en Santiago de Compostela un Foro de Música Relixiosa Galega e unha das participantes foi a profesora Teresa Nécega, que falou con nós en calidade de compositora e intérprete musical. Como é habitual, para alén da conversa, escoitamos dúas pezas musicais da súa autoría: unha para abrir e outra xusto no final da entrevista. Outra feliz descuberta do Grandes Vozes.
Ep. 297: SONdaRúa [GRANDES VOZES] 27.11.2022 1:01:49
SondaRúa están en plena xira de despedida e a resposta ambiental está sendo magnífica. Anúncianse os concertos e en poucos días todas as entradas están vendidas e aínda máis se venderían se os locais tivesen un aforo maior. Recentemente estiveron en Lalín e Ferrol, e van estar en Pontevedra, Cangas, no GATOS de Melide, na REBULLÓN de Mos, na Mardi Gras da Coruña, na Candeloria de Lugo e o 14 de ab...
Ep. 296: CATUXA SALOM [GRANDES VOZES] 20.11.2022 59:44
Catuxa Salom é outra cantora do diálogo entre culturas, que leva no seu sangue. Nacida en Vila-García, a súa familia procede da Arxentina, histórico punto de encontro de migracións procedentes de todo o planeta. O "Salom" non é decorativo; é un auténtico sinal de identidade. Nós localizámola na Ponte Nova e falamos con ela uns días antes de que entregue ao público un novo traballo discográfico. Ca...
Ep. 295: ESPIÑO BANDA [GRANDES VOZES] 14.11.2022 1:01:54
Despois dun ano sen aparecer polos palcos, a Espiño Banda deu un concerto na sala Kominsky de Vigo. Foi un evento único no que adiantaron varias pezas completamente novas e para alén diso interpretaron todos o conxunto dos temas clásicos. A equipa do Grandes Vozes perdeu o concerto ao vivo e perder tamén a crónica que Alfonso Espiño tiña escrito para as redes sociais e que se evaporou cando estaba...
Ep. 294: Kátia e Alberte - UKESTRA DO MEDIO [GRANDES VOZES] 06.11.2022 1:01:31
A Ukestra do Médio apresentou as Histórias Cativas na Sala Sónar em Compostela. No dia seguinte, após o descanso revitalizante, falamos com Kátia e Alberte. O público respondeu magnificamente bem e a banda tocou as músicas do novo disco e ainda mais. Em resumo: um novo impulso para continuar. A banda das Histórias Cativas já está preparada para começar a trabalhar nas Grandes Histórias... de Liber...
Ep. 293:BACALHAU GALEGO (COM ELE AGÁ) [GRANDES VOZES] 24.10.2022 1:00:34
Programa protagonizado por um dos representantes da canção tabernária da cidade galega de Ferrol. O artista é apresentado como utente e conhecedor de vida e obras dos bares "de sempre". Chama-se Manolo Bacalhau. Auténtico: com ele agá. Nascido no bairro da Ponte de Carança, este aprendiz da escola de música doméstica colaborou com o Grupo Xarabal (1976), com Saraivas (1985) e com Os Cempés na inte...
Ep. 292: TINO LÓPEZ - MAN DE SANTO [Grandes Vozes] 16.10.2022 59:39
A conversa con Tino López estivo protexida por Man de Santo e o resultado foi dos mellores. O segredo? Que ambas as partes tivemos fe nas nosas respectivas responsabilidades. Comezamos pola explicación do nome da banda e continuamos coas procedencias de cada unha das persoas implicadas na formación musical. Despois falamos do estilo xamaicano adaptado á nosa realidade e da acollida nos concertos....
Ep. 291: IVÁN TOURÍS - A XENTE DE TEO [Grandes Vozes] 02.10.2022 59:17
A Sementeira, de Luís Álvarez Pousa e Fuxan os Ventos, foi a peza coa que abrimos o Deixe Falar desta semana. Con esa canción quixemos tributar homenaxe ao célebre grupo que foi distinguido co Premio de Honra dos Martín Codax de 2022 e prestar atención a esta iniciativa de divulgación da música galega. A nós os Martin Codax servíronnos para coñecer grupos e solistas; e tamén para coñecermos outros...
Ep. 290: PEPE CUNHA [Grandes Vozes] 25.09.2022 1:01:19
Neste Deixe Falar temos o privilégio da conversa cun dos nosos mestres inspiradores: Pepe Cunha (Ferrol, 1972). A entrevista está inserida nun programa especial dedicado ás músicas finalistas do Martín Codax e foi realizada no mesmo día en que finalizaba en Santiago de Compostela unha nova edición dos Cantos na Maré. Por todo isto, consideramos que o programa é unha dose de antídoto para superar q...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.