Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Xuvenciencia en Xenética Fontao 06.07.2016 4:57
Acompañamos á rapazada de Xuvenciencia na súa visita á empresa pública Xenética Fontao, de onde parten a maior parte das doses seminais de vacún que se venden en Galicia.
Efer 362 (3-8-16): Especial Xuvenciencia 03.07.2016 57:17
Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia ao Campus Científico de Verán Xuvenciencia en Lugo. Compartimos aventuras coa rapazada participante e visitamos con eles desde unha operación nun quirófano ata a selección de seme vacún en Xenética Fontao pasando por unha análise de calidade textil de AMS Lab.
Juno xa está as portas de xúpiter con @wicho 29.06.2016 9:37
Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.
Invento para ver ben polo telescopio 29.06.2016 8:48
Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC.
Kit de argumentación con Blanca Puig e Christian Plantin 29.06.2016 33:01
Podemos vivir nun mundo sen abellas? Este un dos casos que propón ao alumnado Blanca Puig para ensinar a argumentar cientificamente na aula. Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e con Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2 e especialista en argumentación.
Efer 361 (27-06-16): Aprender a argumentar e razoar científicamente 27.06.2016 58:03
Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2, en como ensinar a argumentar en ciencias. Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da...
Ondas gravitacionais e o motor de curvatura con Alcubierre 20.06.2016 12:20
LIGO ven de descubrir a súa segunda onda gravitacional. O físico mexicano Miguel Alcubierre describiu en 1994 como poderíamos facer para surfear estas ondas gravitacionais e viaxar a velocidades hiperlumínicas ao máis puro estilo Star Trek.
Diabesidade con Sulay Tovar 20.06.2016 18:57
A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de casos de diabetes II na pobuación. O grupo Diabesidade do CIMUS-USC que dirixe Sulay Tovar estuda os mecanismos que emprega o corpo para facer o balanzo enerxético e por que poden fallar.
Xuício á fonética forense con @mcatanzaro e Jordi Cicres 20.06.2016 26:37
Inocentes condenados por unha mala peritaxe de voz, técnicas forenses desfasadas, peritos sen formación,... o proxecto de investigación xornalística Hearing Voices expón as eivas da fonética forense ao longo do continente. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra sobre que as posibilidades e limitacións desta dis...
Efer 360 (19-6-16): Culpable ou inocente por unha identificación de voz 19.06.2016 58:17
A identificación dunha voz nun xuízo está moi lonxe de ter a fiabilidade das probas de ADN. A investigación xornalística Hearing Voices pon enriba da mesa as limitacións e posibilidades da fonética forense. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra. A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de...
Que gañan os investigadores coa divulgación? con @ScientiaJMLN 15.06.2016 16:55
Un investigador que escribe un blog de divulgación científica pode recibir retornos inesperados. Cando o bioquímco José Manuel López Nicolás visitou Santiago en 2014 para participar nunha charla de divulgación en EEEP-Compostela atopouse cunha solicitude de entrevista por parte de Ismael Martínez, responsable de proxectos de Feiraco. Martínez coñeceu a existencias as ciclodextrinas de Nicolás graz...
De como un auténtico Leeuvenhoek rematou en Galicia con Tomás Camacho 15.06.2016 24:15
O único microscopio Leewenhoek autentificado do mundo pertence á colección dos médicos Pallas-Camacho. Actualmente se exhibe no Museo de Historia Natural da USC xunto cun exemplar de Micrographia de Robert Hook. O doutor Tomás Camacho cóntanos como adquiriu esta xoia en e-bay pola que pedían 50 €. Unha historia fascinante onde as haxa. Tamén conversamos co restaurador de artesanía e instrumentos c...
Arbores fluorescentes no Circo de Bacterias 14.06.2016 11:52
Cos xenes dunhas bacterias fluorescentes é posible crear árbores que brillan na noite ou novos sistemas criptográficos. Novo Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira.
Efer 359 (12-6-16): O misterio do microscopio atopado na lama 12.06.2016 57:36
Contamos a incrible historia do microscopio atopado na lama, vendido en e-bay por 50€ e valorado como o mais valioso dos microscopios históricos. O coleccionista galego Tomás Camacho saltou do súa cadeira cando veu un lote de barateiras nunha poxa de e-bay. Agora é o propietario do único microscopio autentificado de Leeuwenhoek. No "Circo de bacterias" de Esteban Fernández Moreira coñeceremos como...
Leeuwenhoek en Entrevistas no Alén 12.06.2016 14:41
"Na miña boca hai mais seres vivos que en todos os Paises Baixos" Entrevistamos ao pai da microscopía en Entrevistas no Alén. A sección na que conversamos cos grandes investigadores de todos os tempos.
O ladrón de esperma 05.06.2016 4:03
Dramatización dun fragmento de "O ladrón de esperma" de Xavier Queipo. Este texto inpirouse na tese de doutoramento de Adolfo Cordero sobre o comportamento reprodutor e análise da selección sexual na libélula Ischnura graellsii (entrevista anexa)
Loita de sexos nas libélulas con Adolfo Cordero 05.06.2016 26:32
O comportamento sexual dos cabaliños do demo é tan fascinante que leva a investigadores como Adolfo Cordero - Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación da Universidade de Vigo - a viaxar por todo o mundo para estudalo. A guerra pola selección sexual non remata no coito, senón que despois poden pasar moitas cousas...
Regueifa de ciencia: Debemos cambiar o fuso horario? 05.06.2016 10:33
Avance da Regueifa de Ciencia: Debemos cambiar o fuso horario? A favor: José Mª Fernández Crehuet (ARHOE) e Francisco Jorquera (BNG). En contra: Jorge Mira (USC) e José Mª Matín Olalla (U. Sevilla).
"Atrapado nun cumulonimbo" con Bea Hervella 05.06.2016 12:17
A meteoróloga Bea Hervella de 4gotas.com cóntanos o estraño caso do piloto que quedou atrapado nun cumulonimbo e outras curiosidade meteorolóxicas
Efer 358 (5-6-16): Sexodiversidade 05.06.2016 57:36
Nesta edición coñeceremos a diversidade sexual das libeliñas da man do investigador da Universidade de Vigo Adolfo Cordero, saberemos do estraño caso dun home atrapado nunha nube con Bea Hervella de 4gotas.com e polemizaremos co fuso horario coas Regueifas de Ciencia.
Terapia de vangarda para as nosas mascotas 01.06.2016 26:10
As células nai adultas propias xa curan mascotas. Centauri Biotech é unha empresa de base tecnolóxica galega pioneira no emprego de terapia celular en saúde animal. Manuel Hermida e Luis Mariñas, fundadores de Centauri, explícannos casos de éxito de terapia con células nai, a necesidade de prescrición por parte dos veterinarios, e en que casos están indicadas.
A langostilla, mellor no prato 01.06.2016 6:44
Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando literalmente pola borda. No Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro.
Buda, a lúa e o sesgo de publicación 01.06.2016 5:26
Un estudio suízo en Current Biology amosa "por primeira vez a existencia dun ritmo lunar no sono". Na actualidade hai centos de traballos - con mostraxes moi pequenas - que falan dos beneficios do mindfullnes. Sen embargo, hai algo que non cadra...
IBSEN simula o comportamento humano e ti podes participar 29.05.2016 13:34
Anxo Sánchez (Grupo de Sistemas Complexos da Carlos III) cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan! O proxecto IBSEN H2020 pretende crear un simulador do comportamento humano.
Efer 357 (29-5-16): As células nai xa curan á túa mascota 29.05.2016 57:55
Comezamos falando de Buda, a lúa e o sesgo de publicación. As células nai adultas propias xa curan mascotas, pero Manuel Hermida e Luis Mariñas de Centauri Biotech advirten que non son milagreiras. Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando pola borda. No @iim_csic o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro. Pódese deseñar un s...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.