Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 916 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A maior cámara do mundo busca a materia escura desde Teruel 28.05.2016

Ramón Iglesias Marzoa é astrónomo técnico no observatorio astrofísico de Javalambre en Teruel do Centro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón. Desde alí van facer unha completa cartografía 3D do ceo para medir a enerxía escura. Para iso van empregar a maior "cámara fotográfica" xamais construída.

Carta ás estrelas, poema de Manuel Maria 24.05.2016

Carta ás estrelas de Manuel María na voz de Belén Regueira e con música do Juanjo Fernández Quinteto. Visto no blogue da Agrupación IO.

De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema [Ciencia e Cinema] 24.05.2016

Iniciamos sección de Ciencia e Cinema con Martin Pawley. A primeira entrega ten este suxestivo título "De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema. E de como o cinema axudou ao progreso da astronomía". Viaxaremos desde o revólver fotográfico de Janssen ata o filme "Barrabás" con eclipse incluída.

Cociña con Ciencia con Pepe Solla e Graciela Ramilo 24.05.2016

Estás listo para cociñar - con ciencia - con Pepe Solla? Cociñar non é outra cousa que facer química nun laboratorio que todos temos nas nosas casas, pero un factor que se nos esquece as veces é que debemos facelo con seguridade. E este é obxectivo do proxecto de divulgación "Cociña con Ciencia" do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM-CSIC con apoio da FECYT.

II andaiana pola esclerose múltiple [Axenda] 24.05.2016

Rosa Villar preséntanos a segunda carreira e andaina pola esclerose múltiple organizada pola Asociación Compostelana de EM

Novos e vellos virus con Carmen Rivas 24.05.2016

Que se coñece do ébola, zika e outros virus? Por que estamos agora máis expostos aos virus emerxentes? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de biosegurida...

Efer 356 (22-5-16): Virus emerxentes 22.05.2016

Son os virus emerxentes unha moda ou un perigo real? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4. A cociña é un laboratorio de química que to...

A ciencia de Superman con Borja Tosar 17.05.2016

Destripamos a ciencia de Superman con Borja Tosar. Atención á súa hipótese da vexiga voadora de enerxia escura do home de aceiro.

O negro na arte con Deborah García Bello 17.05.2016

Déborah García Bello cóntanos que é posible explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada movemento artístico. Grazas á nanotecnoloxía agora dispomos do negro mais negro de todos os negros. Pero so un artista, Anish Kapoor, ten os dereitos en exclusiva para empregar esta cor...

Relato CQC 10: "Os segredos do Chii" 17.05.2016

Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “Os segredos do Chii” de Celia Duran. Primeiro premio na categoría de Público Xeral. Locución Anxo Quintela e Susana Rois

Casting televisivo para "Científicas en Biomedicina" 16.05.2016

A miniserie de televisión "De maior quero ser científica" busca nenas e investigadoras. Esta miniserie pertence ao proxecto "Científicas en Biomedicina" coordinado pola investigadora do INIBIC Joana Magalhães

Nin Idade, nin Media con Antonia de Oñate 16.05.2016

A Idade Media considérase unha época da historia chea de sombras que apenas aportou nada á humanidade. Unha época de transición de 1000 anos? A historiadora Antonia de Oñate reflexiona criticamente sobre os mitos da Idade Media. Oñate tamén é directora xeral de "ARP-Sociedad para el avance del pensamiento crítico"

Efer 355 (15-5-16): Negro 15.05.2016

O cliente pode escoller o coche da cor que queira, sempre a cando sexa negro (Henry Ford) Déborah García Bello cóntanos que podiamos explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada momento. Que obras se poderán facer con negro mais negro de todos? Asóciase á Idade Negra a uns séculos escuros. A historiadora Antonia de Oñate emprega o pensamento crítico para derribar tópicos sobre esta épo...

Efer 354 (8-5-16): Gala Ciencia que Conta 16 08.05.2016

Retransmitimos a gala de entrega de premios do concurso de relatos científicos "Ciencia que Conta" na súa oitava edición organizada polo grupo Divulgatia. Dramatizamos os relatos gañadores.

Relato CQC 16: 'O xenio que non foi figura' 08.05.2016

Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “O xenio que non foi figura” de Paula Xirasola (Paula Fernández Rodríguez) Primeiro premio na categoría de Público Xeral. Locución Anxo Quintela.

Relato CQC 16: "Ondiñas do mar de Vigo" 08.05.2016

Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “Ondiñas do mar de Vigo” de Mar Sola Sanmartín do IES Politécnico de Vigo. Primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos FP. Locución Belén Regueira.

Relato CQC 16: 'A ombros de xigantes' 08.05.2016

Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “A ombros de xigantes” de Manuel Francisco Lamela Gómez do Instituto Basanta Silva de Vilalba. Primeiro premio na categoría de Educación Secundaria Obligatoria. Locución César Góldi e Pepe Carreira.

Relato CQC 16: "O doador doado" 08.05.2016

Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “O doador doado” de Lucas López Sanmartín do CEIP de Ponte Sampaio. Primeiro premio na categoría de Educación Primaria. Locución Cristina García.

No Cajal Winter de Sanxenxo III 06.05.2016

Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).

No Cajal Winter de Sanxenxo II 05.05.2016

Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).

No Cajal Winter de Sanxenxo I 05.05.2016

Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).

Previa do xeolodía 16 03.05.2016

Falamos cos organizadores en cada provincia galega do "Geolodía 16", desde a visita ás "praias" da Fonsagrada ata o imperial monte Pindo, pasando polas Pozas de Melón e o campus da Universidade de Vigo. O "Geolodía" é unha iniciativa da "Sociedade Xeolóxica de España"

Todo sobre o tránsito de mercurio 03.05.2016

Na Guía do Ceo de maio de 2016 os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino cóntannos todo o que hai que saber do vindeiro tránsito de mercurio do 9 de maio.

Efer 353 (1-5-16): Medindo a enerxía escura desde Javalambre 01.05.2016

#geolodía16 @CajalWinter2016 #observatorioJavalambre #tránsitomercurio

Polbos, espectadores vulnerables nas Cíes 26.04.2016

O documental "Un espectador vulnerable" recolle o traballo de estudo e protección dos polbos realizado no proxecto "Cefaparques". Documentase con imaxes por primeira vez casos de canibalismo en Octupus Vulgaris na natureza. No ámbito de protección defende a necesidade de crear zonas de reserva para a conservación deste e outros cefalópodos. Conversamos con Ángel Guerra, director do grupo de invest...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.