Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Osos polares, formigas e nenos con Alba Aguión 26.10.2016 19:02
Visítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016. Coñecemos as súas investigacións e aventuras nas illas Svalbard e a importancia de comunicar ciencia aos mais pequenos.
Efer 368 (23-10-16): As cigarras son traballadoras 23.10.2016 58:17
Visítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016. Desde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb. Viaxamos ao Paris de 1903 para coñecer como o vidro de seguridade tivo a súa orixe nunha serendipia. Conversamos cos gañadores do Premio de Transferenci...
Efer 367 (16-10-16): A maxia da Noite Efervescente no observatorio de Cotobade convertida en radio 16.10.2016 54:48
Por cuarto ano os de Efervesciencia xunto cos nosos estreleiros argallamos unha noite de observación pública do ceo para todos. Acollidos pola Agrupación Sirio xuntámonos mais de 60 persoas no observatorio astronómico de Cotobade. Ademais de Sirio acompañáronnos os amigos da Agrupación IO e as asociacións Amipa da Comarca do Sar e Chamorro de Narón (Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con...
Cédric Villani e a arte das matemáticas 14.10.2016 7:37
As matemáticas son arte de dar o mesmo nome a cousas diferentes. Coñecemos as declaracións do matemático Cédric Villani na súa visita a Compostela no programa Conciencia, xunto con apuntamentos de Jorge Mira.
O oso cavernario sempre volve á cova materna 14.10.2016 10:55
Con Eva Rodríguez de SINC conversamos con Gloria Fernández Fortes da Universidade de Ferrara. A súas investigacións xenéticas veñen de descubrir a fidelidade dos extintos osos cavernarios ás súas covas natais.
Illantes topolóxicos con Joaquín Rossier #nobel16 13.10.2016 13:33
Certos estados da materia conducen a electricidade non en función da súa estrutura ou composición senón a súas propiedades matemáticas como o número de buratos que presentan. Joaquín Fernández Rossier, director do proxecto de "Spintrónica do Grafeno" do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL), preséntanos o nóbel de física que se lle concedeu a Thouless, Haldane e Kosterlitz.
Máquinas moleculares con Rosa Pedrido #nobel16 13.10.2016 11:20
A nosa colaboradora e profesora de química da USC Rosa Pedrido debúllanos o premio nobel de química 2016 concedido a Stoddart, Sauvage e Feringa polo desenvolvemento das máquinas moleculares.
Autofaxia con Ana Mª Cuervo #nobel16 13.10.2016 8:29
Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. Ela explícanos o nobel concedido a Yoshinori Ohsumi.
Efer 366 (9-10-16): Tres nóbeles e unha medalla Fields 09.10.2016 58:15
Debullamos os nóbeles de ciencia 2016 cos mellores especialistas: - Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. - Joaquín Fernández Rossier dirixe o proxecto de "Spintrónica do Grafeno" do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL) - A nosa colaboradora Rosa Pedrido, profesora de química da USC Con Eva Rodríguez de SINC conver...
Noite Efervescente e Astrogalicia 2016 07.10.2016 4:29
Presentamos a Noite Efervescente e o Astrogalicia 2016, dúas actividades de astronomía para todos que han ter lugar no observatorio astronómico de Cotobade da agrupación Sirio e no Náutico de Castrelo de Miño. Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Sirio,e a Liga Provincial de Clubs...
Efer 365 (2-10-16): A que distancia están as estrelas? 02.10.2016 56:41
Está ben medida a distancia tradicional ás Pleaides? Que datos achega a misión Gaia? A astrófisica da UdC Minia Manteiga explícanos por que coñecer a distancia as estrelas máis próximas é imprescindible para todas ás áreas da astronomía. Agustín Agra gañou o último Inspiraciencia co relato "Déjà vu" que dramatiza maxistralmente César Goldi. Lluis Montoliu preséntanos o “Acordo de transparencia sob...
Quen era Julio Palacios? 28.09.2016 5:32
A curiosidade non matou o gato,senón que sen curiosidade atrofiamos un chisco a nosa mente. Curiosidade como a que tivo o investigador do Instituto de Quimica-Física Rocasolano do CSIC, Josep Mª Oliva cando se dedicou a revisalos números da revista Alemá Annalen der Physik do ano 1926 cando Schrodinguer, o do gato, publicou a fórmula da súa famosa ecuación da función de ondas. Entre estes artigos...
Helfgott, o matemático que deixou o campo base 28.09.2016 14:14
O matemático Harald Helfgott resolveu a conxetura feble de Goldbach que levaba aberta desde 1742. Agora xa é un teorema que di que todos os números impares pódense expresar por suma de tres números primos. Conversamos con Helfgott no reitorado da UDC en Coruña no I Simposio Julio Palacios.
Ordenadores cuánticos con Ignacio Cirac 27.09.2016 12:25
O ordenador cuántico non existe. Aínda. Pero o día que se consiga crear, os códigos criptográficos actuais, entre eles o da túa tarxeta de crédito, quedarán obsoletos. Na teoría sabemos como se podería construír unha desas máquinas - capaz de resolver problemas que se lle quedan grandes aos superordenadores actuais - pero na práctica os sistemas cuánticos se resisten a deixarse manipular. Un dos c...
Palabras pentavogálicas [A chave de cristal] 27.09.2016 5:13
Que é A Chave de Cristal? Entre outras cousas unha nova sección efervescente na que imos presentarvos enredos e adiviñas para facer pensar. Xosé Luis Veiga Goy é o mestre de cerimonias e nos deixa un reto para ir quentando neuronas apto para pequenos e grandes: Envíanos as túas frases con palabras pentavogálicas ás nosas redes ou a efervesciencia@gmail.com
Concurso de Tuinguels 27.09.2016 11:56
Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta na nosa melodía #tuinguel Conversamos co compositor Manuel Riveiro e co director do coro Encaixe Manuel Abraldes que serán os encargados de converter os textos gañadores en auténticos jingles musicais. Prazo ata as 24 horas do 12 de outubro de 2016. Todas as bases en http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/concurso-de-...
Efer 364 (25-9-16): Palacios, Cirac e Helfgott 24.09.2016 58:10
Este verán celebrouse na Universidade de A Coruña o primeiro simposio internacional Julio Palacios. E ata alí levamos os nosos micros para conversar con mentes brillantes como o especialista en computación cuántica Ignacio Cirac ou o matemático Harald Helfgott que resolveu unha conxetura que levaba aberta desde 1742. Ademais tamén poremos a proba a vosa creatividade con dous concursos que inaugura...
O encrucillado da avoa [Promo verán 16] 23.07.2016 0:59
2 horizontal: Estado de grande excitación ou inquietude, de emoción viva, en que se atopa unha colectividade. Sabías que en verán temos sesión dobre efervescente na @radiogalega os sábados e domingos ás 15 h co mellorciño da tempada?
Efer 363 (10-6-16): Astronomía para gozar este verán 13.07.2016 57:43
Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016. Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia. Ana Latorre Pellicer - investigadora do grupo...
6 suxestións astronómicas para este verán [Guía do Ceo] 13.07.2016 13:43
Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016.
Corbi Foundation con Luis Martínez 13.07.2016 9:18
O mecenado non é algo exclusivo das artes. Tamén na ciencias existen institucións privadas que fan achegas importantes ao mundo da investigación, como por exemplo a fundación Melisa e Bil Gates, ou mais preto de nós a Fundación Pascual Maragall. No MUNCYT da Coruña conversamos co neurocientífico Luís Martínez que é un dos impulsores de Corbi Foundation, unha nova fundación galega que quere impulsa...
De campaña co Oceanográfico da Coruña 13.07.2016 22:14
Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia.
Xenomas sincronizados para envellecer ben 13.07.2016 5:52
Ana Latorre Pellicer - investigadora do grupo de medicina xenómica da USC - é a primeira asinante dun artigo que se ven de publicar esta semana en Nature. Neste traballo dan conta da importancia da "sincronización" entre os dous xenomas que portamos nas nosas células - o nuclear e o mitocondrial -cara a un mellor proceso de envellecemento.
Efer 331 (7-6-15): Biocerámicas de dentes de tiburón e outras historias de biomateriais 11.07.2016 56:43
Emprendemos unha viaxe fascinante desde os primeiros implantes dentais nos inicios da nosa época, ata os biomateriais de 3ª xeración que nos achegan á medicina rexenerativa da man da Rede Galega de Biomateriais.
Xuvenciencia en AMS Labs 06.07.2016 3:08
En AMS Labs realizan todo tipo de ensaios na roupa que vestimos para que chegue a nós sen fraudes, cumprindo a lexislación e as medidas de seguridade e saúde.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.