Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 916 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Participa nun experimento cuántico: The Big Bell Test 27.11.2016

Conspiran as partículas cando as medimos? Existe a acción fantasmagórica a distancia? Bohr ou Einstein? Marta García Matos do Instituto de Ciencia Fotónicas (ICFO) explícanos en que consiste o test de Bell e as súas implicacións filosóficas. No proxecto "The Big Bell Test" os xeradores de números aleatorios para realizar os experimentos de óptica cuántica han ser milleiros de voluntarios.

Efer 373 (27-11-16): Ciencia cidadá e mates industriais 27.11.2016

Grazas a ciencia cidadá a xente de a pé podemos achegar o noso pequena colaboración en proxectos de investigación de todo tipo. Nesta edición efervescente presentamos "Forest 112" - monitorización de pragas e especies invasoras nos nosos bosques - e "Big Bell Test" - xeración de números aleatorios para que laboratorios de óptica cuántica leven a cabo o test de Bell - Conversamos con Elena Vázquez...

Prismas 2016 [Parte 2] 24.11.2016

Segunda parte do especial Prismas 2016 desde a Domus con Angel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio.

Prismas 2016 [Parte 1] 24.11.2016

Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Na primeira parte conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e con Ángel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses).

Solución #uloaberrón 24.11.2016

Desvelamos onde presentou Antonio Martinez Ron "Aberrón" o seu libro "El ojo desnudo"

Ultrasóns para chegar ao cerebro [SINC] 24.11.2016

Carlos Sierra da Universidade de Columbia en New York investiga en como microburbullas poden traspasar a barreira hematoencefálica do cerebro empregando ultrasons. Estas investigacións son unha ventá a poderen facer chegar fármacos a rexións específicas do cerebro. Unha nova da axencia SINC con Eva Rodríguez.

Están seguros os nosos datos xenómicos? Conversa con Ana Marzo 23.11.2016

Os datos xenómicos son especialmente sensibles, e non so nos afectan a nós senón tamén aos nosos familiares. Poden acceder as aseguradoras a eles? Pódense traspasar? Están ben custodiados actualmente? Están seguros na nube? Conversamos coa avogada especializada en propiedade intelectual e protección de datos Ana Marzo. Tamén coñeceremos o proxecto europeo Witdom no que participa Gradiant.

Ciencia no cine mudo: Einstein antes ca Betty Boop [Ciencia e Cinema] 21.11.2016

Einstein antes ca Betty Boop: de como o cinema divulgou ciencia de vangarda. Na segunda entrega da sección de Ciencia e Cinema de Martin Pawley descubrimos os documentais en cine mudo sobre relatividade e evolución de Max Fleischer. Pequenas xoias que tamén nos ensinan os riscos de divulgar os últimos descubrimentos.

Efer 372 (20-11-16): Especial Prismas 2016 20.11.2016

Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao...

"Previremos o alzheimer antes que curalo", conversa con Jordi Camí 14.11.2016

Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resp...

O champú que escondía o I+D con @deborahciencia 14.11.2016

Déborah García Bello @deborahciencia amósanos como unha mala publicidade pode encubrir desenvolvementos en I+D contrastados e eficaces. Unha maxistral lección de como ver as cousas máis alá da primeira impresión.

Se non o vemos onde é que está o Aberrón? 13.11.2016

Antonio Martínez Ron presenta en Efervesciencia o seu libro "El ojo desnudo". A conversa realizámola nun lugar secreto cheo de sorpresas. Se afinas as orellas, estás atento as pistas e cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloAberron? ou cólgaa no noso facebook ata o 18 de novembro. Daremos pist...

Efer 371 (13-11-16): Dentro dunha cámara escura 13.11.2016

Analizaremos a protección que teñen os nosos datos xenómicos coa avogada Ana Marzo, saberemos do primeiro documental en cine mudo sobre a relatividade de Einstein con Martin Pawley, e exploraremos a historia da visión e a luz da man do xornalista científico Antonio Martínez Ron.

Crossover Efervesciencia-FalaMelide con Javier Cristobo 08.11.2016

Facemos un cruce de micros con Falamelide do IES de Melide, unha das radios escolares mais veteranas de Galicia. Xunto Inés, Elisa, Xanaia, Carlos, Carla, Ana e Paco entrevistamos ao director do Centro Oceanográfico de Xixón Javier Cristobo. Cristobo é o investigador español que ten participado en máis expedicións á Antártida.

Verne, o divulgador científico 07.11.2016

"Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade" O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un "verniano" ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de "20000 leguas debaixo do mar", a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo.

As mareas vermellas chegan a gran pantalla 07.11.2016

Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental "Mareas Vermellas" que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez.

Estudan as cidades de bacterias que tes na boca 07.11.2016

Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo "in sito" instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora.

O necrobioma resolve asasinatos [Circo de bacterias] 07.11.2016

Cando morremos ponse en marcha un reloxo bacteriano que agora sabemos interpretar. Circo de Bacterias especial Samaín con Esteban Fernández Moreira.

Efer 370 (6-11-16): Pódese previr o alzheimer? 06.11.2016

Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resp...

Innovador encapsulante de vidro de seguridade "made in Galicia" 30.10.2016

O premio de transferencia de tecnoloxía 2016 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de pemes recaeu en EVASA. Esta empresa fornece a mais de 20 países o polímero que se atopa entre os laminados dos cristais de seguridade. Conversamos con José María González Pardo, conselleiro delegado EVASA.

A invención do cristal de seguridade [radioteatro] 30.10.2016

Recreamos o descubrimento do cristal laminado de seguridade por Édouard Bénédictus en 1903

Detección de quorom contra placa dental 30.10.2016

O boicot da comunicación entre as bacterias é unha estratexia novidosa contra a placa dental. A microbióloga da USC Ana Otero coordina un proxecto multidisciplinar que explora esta vía, e que vén de recibir o premio 2016 de transferencia de tecnoloxía para grupos de investigación da Real Academia de Ciencias.

Efer 369 (30-10-16): Por que nos sigue fascinando Verne? 30.10.2016

"Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade" O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un "verniano" ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de "20000 leguas debaixo do mar", a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo. Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, x...

Axenda 368: Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world 27.10.2016

Na nosa axenda semanal destacamos o encontro "Crebeiros do mundo" que terá lugar no Ceida o 29 e 30 de outubro no CEIDA. Con Isabel García de RetoqueRetro.

A enxeñeira de sistemas do telescopio James Webb 26.10.2016

Desde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb, chamado a ser o substituto do Hubble.

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.