Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 932 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O nobel Torsten Wiesel na Coruña 06.02.2017

Coñecemos ao premio nobel Torsten Wiesel e o director do laboratorio de Neurobioloxía da Universiadade Rockefeller Charles Gilbert ao seu paso pola Coruña invitados pola Fundación Corbi.

Por que debemos celebrar o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia? 06.02.2017

As investigadoras de materiais Verónica Salgueiriños (Universidade de Vigo) e Mª José Calderón (CSIC) explícannos os motivos polos que o 11 de febreiro é o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. www.11defebrero.org

Efer 383 (5-2-17): Educar para o mundo dixital 05.02.2017

Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun lugar secreto para a sección "Un autor, un libro, un espazo". Wicho non nos canta a Traviata pero si nos conta como é o libro que vén de coordinar "Los nativos digitales no existen". Falamos de como educar, acompañar e aplicar o sentido común na cultura dixital que nos toca vivir. Escoitamos tamén as intervencións de diferentes coautores do libro: @susana...

Desde onde presenta Wicho 'Los nativos digitales no existen'? 05.02.2017

Javier Pedreira "Wicho" presenta en Efervesciencia o seu libro "Los nativos digitales no existen" desde un lugar secreto. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloWicho? ou cólgaa no noso facebook ata o 10 de febreiro. Daremos pistas todos os días. Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun l...

Confusións e timos ao redor da auga 01.02.2017

O catedrático de química-física da USC José Vázque Tato repasa casos históricos de mala ciencia relacionados coa auga, ademáis de varios timos que podemos atopar na rede, algúns deles surrealistas.

GCiencia desmonta unha agua alcalina milagreira 01.02.2017

Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalinas ten cero base científica.

Augas residuais: fonte de bioplásticos e enerxía, con Juan Lema Rodicio 31.01.2017

Con Juan Lema Rodicio - catedrático de enxeñería química da USC - repasamos a historia do tratamento de augas residuais. Desde a cloaca máxima dos romanos ata as posibilidades actuais da enxeñería ambiental. Os últimos desenvolvementos pescudan converter as depuradoras en biorefinerías da que podamos obter bioplásticos e todo tipo de materiais.

Efer 382 (29-1-17): Augas limpas, augas falsas e augas timo 31.01.2017

Monográfico dedicado ás augas. Co catedrático de enxeñería química Juan Lema Rodicio achegámonos á historia e presente da depuración da augas. Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalina ten cero base científica....

Que imos ter nos ceos en 2017? [Guía do Ceo] 23.01.2017

Os nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, cóntannos que nos imos atopar nos ceos no 2017: planetas, eclipses e ata misións espaciais.

Eloxio do horizonte con @deborahciencia 23.01.2017

Descubrimos o "Eloxio do horizonte" de Eduardo Chillida a través da ollada artística e científica de Deborah García Bello. Esta escultura está feita cun formigón aluminoso que non se pode utilizar en construción, pero aquí ten un sentido...

Estimulación cerebral non invasiva con Javier Cudeiro 23.01.2017

O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Desde o "Centro Tecnolóxico de Formación do INIBIC repasamos a historia das técnicas de estimulación cerebral non invasiva co catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña Javier Cudeiro....

Efer 381 (22-1-17): Estimulación cerebral con imáns 23.01.2017

O catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña, Javier Cudeiro, ven de poñer en marcha o Centro de Estimulación Cerebral non invasiva de Galicia. O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Deborah Garcia Bello, @dimetilsulfuro, e...

Unha cafeteira Nespresso, tecnoloxía punta para investigar solos 16.01.2017

Un equipo do departamento de Química Analítica da Universidade de Valencia ven de demostrar que unha simple cafeteira Nespresso pode extraer tan eficientemente contaminantes de solos como equipos que custan 50.000 €. Conversamos con Frances Esteve.

A vacina do Ébola é eficaz. E agora quen a fabrica? 16.01.2017

A revista Lancet deu a coñecer que a efectividade da vacina do Ébola probada en África Occidental é do 100%. Para debullar esta nova contamos con César Muñoz Fontela, director do laboratorio de virus emerxentes do Instituto Heinrich Pete (Hamburgo-Alemaña). Fontela traballa en África no terreo desde o Laboratorio Móbil Europeo e lanza unha pregunta inquietante: Quen vai asumir a fabricación da vac...

Poñer cancelas aos ríos. Inundacións con Jerónimo Puertas 16.01.2017

Con Jerónimo Puertas, catedrático de enxeñería hidráulica da UdC, conversamos sobre as causas das inundacións dos ríos galegos. Gaspar Broullón, produtor do filme documental "Esquece Monelos", cóntanos como unha cidade pode engulir un río.

As revolucións da papelfugadora 16.01.2017

A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos.

Efer 380 (15-1-17): Inventos disruptivos e baratos 16.01.2017

A papelfugadora é unha centrifugadora operativa de moi baixo custe. En esencia é un disco de cartón e un fío que pasa polo seu centro que se fai xirar manualmente e que pode acadar as 125 000 rpm. Este invento da Universidade de Stanford é quen de separar o plasma sanguíneo en 90 segundos e illar os parasitos da malaria en 15 minutos. Cunha filosofía semellante un equipo da Universidade de Valenci...

Ilustraciencia no MUNCYT 11.01.2017

O MUNCYT da Coruña acolle ata finais de febreiro a exposición da cuarta edición de Illustraciencia, o premio internacional de ilustración científica. Conversamos co seu coordinador, Miquel Baidal.

Vera Rubin e a materia escura [Postal Planetaria] 11.01.2017

Postal Planetaria con Borja Tosar na que homenaxeamos á cosmóloga Vera Rubin que nos abriu os ollos ao 25% do universo conformado pola materia escura. Malia transcendencia do seu achado Vera non chegou a gañar o premio Nobel.

As proteínas delatan ao anisake 11.01.2017

Conversamos con Mónica Carrera, investigadora do IIM-CSIC no grupo de Química de produtos mariños, e membro do equipo que ven de ser distinguido co Premio de Investigación Erenesto Vietez 2016 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) polo seu método de detección rápida de anisake.

Paleoclimatoloxía na Patagonia 11.01.2017

A investigadora Marta Pérez estudou no Lago Hambre da Patagonia a produtividade de algas verdes e diatomeas e atopou que son bos indicadores do clima do hemisferio sur no holoceno. Estes rexistros coinciden coa información que achegan as testemuñas de mercurio e as datacións cosmoxénicas. Marta Pérez, do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, pescuda en lagos e turbeiras de todo o mundo a presenza...

Efer 379 (8-1-17): Testemuñas climáticas 10.01.2017

Marta Pérez, do grupo Ciencia do Sistema Terra da USC, pescuda en lagos e turbeiras de todo o mundo a presenza de mercurio. No Lago Hambre da Patagonia estudou a produtividade de algas verdes e diatomeas e atopou que son bos indicadores do clima do hemisferio sur no Holoceno. Estes rexistros coinciden coa información que achegan as testemuñas de mercurio e as datacións cosmoxénicas. Con Borja Tosa...

Efer 378 (1-1-17): Un ano de ciencia nunha hora de radio 02.01.2017

Programa especial de aninovo no que que entre canción e canción repasamos o mellor do ano no mundo da ciencia. Entrevistamos á portavoz de LIGO Gabriela González, investigadora do ano segundo Nature, a "espías das ondas gravitacionais". Participan César Goldi, Deborah García Bello, Borja Tosar, Xosé Luís Veiga Goy, David Ballesteros e José Edelstein.

Con Gabriela González de LIGO, a investigadora do ano 01.01.2017

A listaxe de Nature das 10 figuras máis importantes no mundo da ciencia en 2016 está encabezada pola física arxentina Gabriela González. Gabriela González, a "espía da gravidade" segundo Nature, é a portavoz de LIGO, o experimento que en 2016 iniciou a astronomía das ondas gravitacionais. Conversamos con Gaby González da man do físico e divulgador da USC José Edelstein e coa participación tamén do...

Albinismo: desde el Kilimanjaro hasta al CRISPR 29.12.2016

A farmacéutica Mafalda Soto (ponteensupiel.com) impulsa en Tanzania o proxecto Kilimanjaro Suncare, Kilisun. A parte mais visible é a produción dun protector para as persoas con albinismo africanas, pero hai moito máis. Mafalda Soto conversa co experto en albinismo Lluís Montoliu, investigador científico do CSIC no Centro Nacional de Biotecnoloxía. O grupo de Montoliu ten achegado importante coñec...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.