Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Unha explicación verificable á misteriosa estrella de Tabby 07.06.2017 14:30
A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predicións. E sen necesidade de invocar a Dyson e as súas megaestruturas alieníxenas. Falamos con Fernando Ballesteros do Observatorio Astronómico de Valencia.
Son novidosas as investigación de bacterias que detectan minas antipersoa? [Circo de Bacterias] 07.06.2017 9:21
As bacterias poden detectar minas antipersoa. A idea non é nova, pero os traballos de investigadores israelís veñen de saltar aos medio de comunicación. Nolo analiza o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira.
Predicir, e evitar, os accidentes na estrada con matemáticas 07.06.2017 6:29
Unha tecnoloxía matemática que emprega a industria militar pode salvar vidas nas estradas. O doutro enxeñeiro Enrique Castillo da Universidade de Cantabria e da "Real Academia de Ingeniería" dirixe un proxecto que aplica análise probabilística para identificar, mesmo antes de que se produzan os accidentes, cales son os puntos máis perigosos dunha estrada.
As rupturas mal xestionadas afectan á saúde do fillos [SINC] 07.06.2017 10:59
Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/
Upwards: Todo o que queremos saber de Marte 07.06.2017 29:50
Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador princi...
Efer 400 (4-6-17): Sen cuántica non hai smarphones 04.06.2017 58:31
O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio. A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predici...
Debemos priorizar a seguridade á privacidade dixital? 29.05.2017 11:23
Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de Eduardo Casas, @AguilaKen Paloma Llaneza @PalomaLLaneza, Marta Peirano @minipetite e Alberto Calero @alcalero.
Efer 399 (29-5-17): Europa explora Marte 29.05.2017 58:19
Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador princi...
Peixe pequeno pero espiñento con Marta Vila e Carlos Fernández 25.05.2017 24:06
Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe.
O físico fugado e o cineasta experimental [Ciencia e Cinema] 25.05.2017 16:16
Na IV edición da sección "Ciencia e Cinema" Martin Pawley danos a coñecer a obra experimental de Brakhage e a súa relación co gran físico Gamow. http://actodeprimavera.blogspot.com.es/2016/05/o-cinema-cientifico-de-stan-brakhage.html
Fagos e cristalografía con Carmela García 25.05.2017 25:22
A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. A nosa invitada tamén é blogger e podcaster en https://ablogios.com/ e https://www.spreaker.com/show/bacteriofagos
O que lle debe Saturno a Cassini [Postal Planetaria] 25.05.2017 11:17
Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da sonda Cassini na súas exploracións a Saturno a ás súas lúas.
Como funciona un test de embarazo? [Ciencia para andar por casa] 25.05.2017 10:24
En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo.
Imaxinación, paixón e traballo: Conversa con Avelino Corma 22.05.2017 10:51
O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares da USC (CiQUS). Conversamos con este químico especialista en catálise que algúns consideran que ten méritos abondos para optar ao Nóbel.
Efer 398 (21-5-17): O espiñento 21.05.2017 58:45
Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe. O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo CIQUS. Conversamos con este químico especialista e...
Efer 397 (14-5-17): Volven os fagos 21.05.2017 58:20
A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo. Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da...
Guia do ceo maio 16 09.05.2017 15:01
Viaxamos ao ceo nocturno cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley desde o Dïa da Ciencia na Rúa 2017 no parque de Santa Margarita na Coruña. Presentamos o foro galego-portugués "Calidade da noite".
Efer 396 (7-5-17): A importancia do teu reloxo biolóxico 09.05.2017 58:17
Todos temos un sistema cronobiolóxico que anticipa e sincroniza os diferentes procesos biolóxicos que ocorren no noso corpo. Un reloxo central no hipotálamo marca ritmos de algo mais de 24 horas, polo que se ten que recalibrar empregando fundamentalmente os ciclos de luz do sol. Pero, que pasa cando se perde a sincronía? Como lle afecta o traballa en quendas? É útil a melatonina? Conversamos coa i...
Cando nos debe preocupar o azucre dos alimentos? Con @deborahciencia 05.05.2017 14:48
Con Deborah García Bello descubrimos o azucre aparentemente oculto dos alimentos.
Convención internacional de Papiroflexia. 05.05.2017 9:13
Fátima Jardón preséntanos a Convención Internacional da Asociación Española de Papirolexía que ten lugar en Santiago.
Nanocosmos : Astrofísica e nanotecnoloxía aliadas para debullar a poira estelar 05.05.2017 26:17
Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de e...
Efer 395 (30-4-17): A factoría de po interestelar 30.04.2017 58:19
Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de e...
Cacharreando tecnoloxía musical en APETEGA 27.04.2017 37:55
Achégamonos as 16 Xornadas de Tecnoloxía de Apetega en Verín. Desde o IES Xesús Taboada Chivite conversamos con Daniel Pizarro e Maia sobre os usos educativos do Minecraft, de tecnoloxía musical DIY con Mateo Mena, e sobre a tecnoloxía nas aulas con César Sánchez.
Xurxo Mariño estaba na fabulosa Biblioteca América 27.04.2017 7:56
Coñecemos a historia da Biblioteca América da man de Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria da USC. Neste lugar fabuloso estaba agochado o Xurxo Mariño.
Día de Pitágoras nos conservatorios de música 27.04.2017 6:20
Paula Sánchez preséntanos a iniciativa que xurdiu en Arzúa de celebrar o día de Pitágoras nos conservatorios de música.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.