Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O físico fugado e o cineasta experimental [Ciencia e Cinema] 25.05.2017 16:16
Na IV edición da sección "Ciencia e Cinema" Martin Pawley danos a coñecer a obra experimental de Brakhage e a súa relación co gran físico Gamow. http://actodeprimavera.blogspot.com.es/2016/05/o-cinema-cientifico-de-stan-brakhage.html
Fagos e cristalografía con Carmela García 25.05.2017 25:22
A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. A nosa invitada tamén é blogger e podcaster en https://ablogios.com/ e https://www.spreaker.com/show/bacteriofagos
O que lle debe Saturno a Cassini [Postal Planetaria] 25.05.2017 11:17
Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da sonda Cassini na súas exploracións a Saturno a ás súas lúas.
Como funciona un test de embarazo? [Ciencia para andar por casa] 25.05.2017 10:24
En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo.
Imaxinación, paixón e traballo: Conversa con Avelino Corma 22.05.2017 10:51
O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares da USC (CiQUS). Conversamos con este químico especialista en catálise que algúns consideran que ten méritos abondos para optar ao Nóbel.
Efer 398 (21-5-17): O espiñento 21.05.2017 58:45
Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe. O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo CIQUS. Conversamos con este químico especialista e...
Efer 397 (14-5-17): Volven os fagos 21.05.2017 58:20
A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo. Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da...
Guia do ceo maio 16 09.05.2017 15:01
Viaxamos ao ceo nocturno cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley desde o Dïa da Ciencia na Rúa 2017 no parque de Santa Margarita na Coruña. Presentamos o foro galego-portugués "Calidade da noite".
Efer 396 (7-5-17): A importancia do teu reloxo biolóxico 09.05.2017 58:17
Todos temos un sistema cronobiolóxico que anticipa e sincroniza os diferentes procesos biolóxicos que ocorren no noso corpo. Un reloxo central no hipotálamo marca ritmos de algo mais de 24 horas, polo que se ten que recalibrar empregando fundamentalmente os ciclos de luz do sol. Pero, que pasa cando se perde a sincronía? Como lle afecta o traballa en quendas? É útil a melatonina? Conversamos coa i...
Cando nos debe preocupar o azucre dos alimentos? Con @deborahciencia 05.05.2017 14:48
Con Deborah García Bello descubrimos o azucre aparentemente oculto dos alimentos.
Convención internacional de Papiroflexia. 05.05.2017 9:13
Fátima Jardón preséntanos a Convención Internacional da Asociación Española de Papirolexía que ten lugar en Santiago.
Nanocosmos : Astrofísica e nanotecnoloxía aliadas para debullar a poira estelar 05.05.2017 26:17
Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de e...
Efer 395 (30-4-17): A factoría de po interestelar 30.04.2017 58:19
Cando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de e...
Cacharreando tecnoloxía musical en APETEGA 27.04.2017 37:55
Achégamonos as 16 Xornadas de Tecnoloxía de Apetega en Verín. Desde o IES Xesús Taboada Chivite conversamos con Daniel Pizarro e Maia sobre os usos educativos do Minecraft, de tecnoloxía musical DIY con Mateo Mena, e sobre a tecnoloxía nas aulas con César Sánchez.
Xurxo Mariño estaba na fabulosa Biblioteca América 27.04.2017 7:56
Coñecemos a historia da Biblioteca América da man de Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria da USC. Neste lugar fabuloso estaba agochado o Xurxo Mariño.
Día de Pitágoras nos conservatorios de música 27.04.2017 6:20
Paula Sánchez preséntanos a iniciativa que xurdiu en Arzúa de celebrar o día de Pitágoras nos conservatorios de música.
Inspiraciencia = Ucrhonia labs + Lección de anatomía + Historia de 2 moléculas 27.04.2017 3:02
Repasamos algunhas das dramatización efervescentes dos gañadores do concurso de relatos de inspiración científica "Inspiraciencia" del CSIC. Son os seus autores Enrique Neira, José de la Sota e Nacho Munilla. Laura Valls cóntanos as novidades da actual convocatoria aberta ata o 17 de maio de 2017.
Efer 393 (16-4-17): Volta ao mundo desde unha biblioteca 27.04.2017 29:05
Xurxo Mariño presenta en Efervesciencia o seu libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" editado por Xerais desde una biblioteca secreta. Repasamos algúns dos gañadores do concurso de relatos de inspiración científica "Inspiraciencia" do CSIC. Coñecemos a nova convocatoria da man de Laura Valls. Laura e Mario son mais novos colaboradores efervescentes, coa compaña d...
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo V: Colorado e Galápagos 27.04.2017 13:59
O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ao mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
Efer 394 (23-4-17): Tecnoloxía musical DIY 23.04.2017 56:20
Achégamonos as 16 Xornadas de Tecnoloxía de Apetega en Verín. Desde o IES Xesús Taboada Chivite conversamos con Daniel Pizarro e Maia sobre os usos educativos do Minecraft, de tecnoloxía musical DIY con Mateo Mena, e sobre a tecnoloxía nas aulas con César Sánchez. Coñecemos a Biblioteca América da man da súa directora Mabela Casal. Paula Sánchez preséntanos o Día de Pitágoras.
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo IV: Atacama vs Amazonia 17.04.2017 13:04
O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ao mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo III: Patagonia 16.04.2017 10:23
O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ao mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo II: Suráfrica 16.04.2017 13:16
O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ó mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo I: Namibia 16.04.2017 11:15
O neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ó mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
O meu avó naceu en marzo [enredos para pensar da Chave de Cristal] 16.04.2017 9:59
Laura e Mario son mais novos colaboradores efervescentes, coa compaña de Xosé Luis, déixannos unha serie de enredos orixinais para pensar con lápis e papel creados por eles en a "Chave de Cristal". Un deles é esta serie: 7 17 1117 3117 132117 1113122117
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.