Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O inaudito - Tomas falsas 15.10.2017 3:35
Tomas de son falsas gradadas durante anos que viron o aire na Gala "Férveche a mente"
Efer 408 (15-10-17): Gala de 10 anos 'Férveche a mente' (2ª parte) 15.10.2017 59:14
Con música, humor, ciencia e moitos amigos e invitados celebramos os 10 anos de Efervesciencia en antena coa Gala "Férveche a mente" no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 30-9-17. Nesta segunda parte acompañáronnos Manuel Riveiro (Piano), Pepé Ferreirós (Gaita Irlandesa), Ilduara Vicente (Violín), César Goldi, Javier Balea, Tatiana Díaz, Marisa Castiñeiras, Marta Vila, Deborah García Bel...
Canción dos 118 elementos en galego 08.10.2017 3:53
Velaquí, por primeira vez en galego e cos 118 elementos actuais, a Canción dos Elementos interpretada ao vivo no Teatro Principal de Santiago por César Goldi (voz) e Manuel Riveiro Piano na Gala "Férveche a mente" o 30-9-17. Hai moitas versións da "The Element Song" de Tomas Lehrer. A orixinal só contaba con 102 elementos. En español destaca a de Nacha Guevara. So coñecemos unha versión actualizad...
Efer 407 (8-10-17): Gala de 10 anos "Férveche a mente" (1ª parte) 08.10.2017 59:11
Con música, humor, ciencia e moitos amigos e invitados celebramos os 10 anos de Efervesciencia en antena coa Gala "Férveche a mente" no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 30-9-17. Acompañáronnos Manuel Riveiro (Piano), Pepé Ferreirós (Gaita Irlandesa), Ilduara Vicente (Violín), César Goldi, Luisa Pena, Rosa Pedrido, José Ignacio Fernández Vera, Rosa Crujeiras, Salvador Naya, Borja Tosar,...
Efer 406 (1-10-17): Estamos nunha nube 01.10.2017 55:18
Visitamos o III Congreso Internacional de Observadores de Nubes en Sarria na Granxa Escola Barreiros. Desde a biblioteca do IES Alenxandre Bóveda de Vigo estreamos "Cambio de fase" sección de ciencia e banda deseñada con Daniel Pizarro. Con "Moléculas en Galego" imos recoller cogomelos. O catedrático de física da USC leva 20 anos traballando no Observatorio Pierre Augir. 400 investigadores deste p...
Efer 405 (24-9-17): Operación Guidoiro Areoso 24.09.2017 56:16
Nesta hora de radio imos coller pico e pala porque vos invitamos a que nos acompañedes de escavación arqueolóxica. Poñede protector solar, agarrade ben o chapeu pra evitar que saia voando co vento e preparádevos para mollar os pes. O punto de partida é o porto da Ribeira de Chazo na Illa de Arousa onde habemos coller un barco-taxi. Logo de navegar un par de millas con rumbo suroeste desembarcaremo...
Promo da Gala 10 Aniversario de Efervesciencia 17.09.2017 0:36
http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/gala-10-aniversario-de-efervesciencia/
Guía para non perderse os ceos deste verán 18.07.2017 14:23
Na Noite Efervescente os nosos estreleiros deixáronnos consellos e suxestión para gozar dos ceos neste verán 2017. Aquí tes o pdf da Guía do Ceo de Verán que elaboraron Martin Pawley e Irene Baspino https://www.slideshare.net/agrupacionio/o-ceo-deste-vern Foto da carátula: Óscar Blanco
PDICiencia na Noite Efervescente 18.07.2017 15:08
Na Noite Efervescente descubrimos o proxecto PDI Ciencia e falamos co seu director Diego Ortega xunto con Andrés e Fran de Adcor e Ángel da Asociación Chamorro.
O apalpador das moléculas con Diego Peña 13.07.2017 27:22
En 2012 a portada de Science amosaba unha imaxe tomada cun microscopio de forza atómica dunha única molécula de hexabenzocoranano que emocionou os químicos: podían ver por primeira vez de forma directa a fortaleza dos enlaces. Atrás desta imaxe estaba o químico do CIQUS Diego Peña. Conversamos con calma con este profesor de química orgánica da USC que nos explica en qué consiste a revolución de ap...
O cloro das piscinas [Moléculas en galego 4] 07.07.2017 3:54
O cheiro a cloro das piscinas é un bo sinal ou non? Nova entrega de Moléculas en Galego
Efer 404 (2-7-17): Noite Efervescente de asteroides desde Castrelo de Miño 02.07.2017 57:38
V Noite Efervesvente desde o Náutico de Castrelo de Miño dedicada ao Dia Internacional do Asteroide.
Faladoiro escéptico coa CONCEPT [Agora si Portugal] 26.06.2017 14:39
Os amigos da Comcept, Comunidade Escéptica Portuguesa, veñen de publicar "Não se deixe enganar". A escusa perfecta para parolar con Diana Barbosa, João Monteiro e o Martin Pawley sobre escepticismo. https://t.co/uZB2AQXh91
O PABA protéxenos da radiación solar [Moleculas en galego 3] 26.06.2017 3:25
O ácido 4-aminobenzoico, máis coñecido como PABA na industria cosmética, é un protector solar químico que bloquea os raios UVB. Nova edición de Moléculas en Galego con Javier Balea.
Efer 403 (25-6-17): A revolución de apalpar moléculas unha a unha 26.06.2017 57:30
En 2012 a portada de Science amosaba unha imaxe tomada cun microscopio de forza atómica dunha única molécula de hexabenzocoranano que emocionou os químicos: podían ver por primeira vez de forma directa a fortaleza dos enlaces. Atrás desta imaxe estaba o químico do CIQUS Diego Peña. Conversamos con calma con este profesor de química orgánica da USC que nos explica en qué consiste a revolución de ap...
Tolkien no arquivo da Catedral? 26.06.2017 8:16
Tres sortellas d’ouro, con suas pedras: a hua tem hua pedra coralina; et outra hua pedra que chaman çertim; et a outra huun roubí pequeno Coñecemos o labor dos arquivos da man de Xosé Manuel Sánchez do Arquivo da Catedral de Santiago, cunha inesperada referencia tolkiana incluída.
Un tesouro de sementes, con Antonio de Ron 26.06.2017 40:21
O profesor de investigación do CSIC Antonio de Ron leva tres décadas investigando en legumes, especialmente os feixóns. Levamos os nosos micrófonos á Misión Biolóxica de Galicia que percorremos da man do noso anfitrión, desde o seu "tesouro" ata os campos de cultivo experimentais.
A hemoglobina do sangue [Moléculas en galego 2] 19.06.2017 3:25
Por que o sangue ten un cheiro metálico? Terá que ver coa hemoglobina, ou non? Nova entrega das Moléculas en Galego de Javier Brea
Efer 402 (19-6-17): Unha tarde na Misión Biolóxica de Galicia 19.06.2017 58:15
"Adoitamos dicir que os inventos e os descubrimentos que cambiaron as nosas vidas dependen de máquinas complexas. Pero o feito é que se aínda estamos aquí [...] é grazas ós feixóns" Umberto Eco O profesor de investigación do CSIC Antonio de Ron leva tres décadas investigando en legumes, especialmente os feixóns. Levamos os nosos micrófonos á Misión Biolóxica de Galicia que percorremos da man do no...
Os primeiros textos científicos en galego 19.06.2017 7:59
O Consello da Cultura Galega vén de publicar "Textos Científicos en Galego. Os inicios, 1916-1936". Conversamos con Francisco Díaz-Fierros, coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG.
As mimosas invaden novos territorios [SINC] 19.06.2017 9:15
As mimosas son unha das especies invasoras máis agresivas de todo o mundo. Un estudio das universidades de Vigo e Coimbra vén de detectar a súa propagación en zonas ata o de agora inalteradas. Eva Rodriguez conversa con Jonatan Rodríguez do departamento de bioloxía vexetal da universidade de Vigo.
No laboratorio de David Posada 19.06.2017 30:24
Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos no...
Efer 401 (11-6-17): Competencia darwininana dentro do teu corpo 11.06.2017 58:27
Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos no...
O dióxido de carbono [Moléculas en galego 1] 11.06.2017 3:25
Primera entrega de "Moléculas en galego" de Javier Balea en Efervesciencia. Empezamos coñecendo o dióxido de carbono.
Como a cuántica creou o Val do Silicio con Víctor Pardo 07.06.2017 23:14
O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.