Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 916 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello 10.01.2018

As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao D...

Efer 419 (31-12-17): Necesitamos ver para facer astronomía? 31.12.2017

Esta última entrega efervecente do ano vai ser a mais paradoxal da décima tempada de Efervesciencia. Durante medio programa imos contarvos como recuperar o gozo de ollar pro ceo a ollo espido cun caderno e un lapis nas mans e na outra metade habemos convencervos de que podemos prescindir dos nosos ollos pra facer e divulgar astronomía. Os protagonistas destas historias son Leonor Ana https://www.a...

Efer 418 (24-12-17): A ciencia avanza que é unha barbaridade 2017 27.12.2017

Especial coa mellor ciencia do ano 2017 segundo a escolma de Science comentada polos colaboradores efervescentes Deborah García Bello, Borja Tosar, Rosa Pedrido, Bibiana García Visos e Irene Baspino. Para comentar o achado do ano, xunto José Edelstein incluímos unha entrevista a Alicia Sintes, investigadora da Universidade das Illas Baleares e co-directora dun dos grupos que analizan os datos de d...

Eran asasinos os médicos que non querían lavar as man? [Circo de Bacterias] 27.12.2017

Ao fío da obra "Semmelweis" de Louis-Ferdinand Celin o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira cóntanos os claroscuros do descubrimento da asepsia médica. Cales foron os motivos que levaron a comunidade médica a non aceptar as contundentes probas de Semmelweis da necesidade de lavar as mans antes de atender ás parturientas?

Alicia Sintes comenta o descubrimento do ano 2017 [Versión estendida] 24.12.2017

NOTA 27-12-17: Engadidos os dous minutos finais que lle faltaban ao audio. Para a revista Science o descubrimento mais importante do ano 2017 é a fusión de dúas estrelas de neutróns feita pola colaboración LIGO-Virgo e que foi seguida por 70 observatorios en todo o espectro electromagnético. Comentamos as implicacións de este achado con con José Edelstein e Alicia Sintes, investigadora da Universi...

Efer 417 (17-12-17): Facebook, a pista que desenmascarou unha fraude científica 18.12.2017

Unha foto de Oona Lönnstedt colgada en Facebook mentres brindaba con champaña en Copenhagen cando supostamente estaba nunha illa perdida no Báltico foi o principio do fin da carreira científica desta investigadora sueca. Un xesto tan sinxelo como lavar as mans pode salvar vidas. E non foi doado convencer á comunidade médica. Cóntanolo Esteban Fernández Moreira. Tamén coñecemos aos participantes no...

Efer 416 (10-12-17): Cannabis e ciencia. Versión estendida. 10.12.2017

Monográfico dedicado ao I Congreso Internacional de Cánnabis: Saúde, educación e lei que tivo lugar en Catoira en novembro de 2017. Versión estendida para a rede. Interveñen Víctor Villanueva (Universidade de Zaragoza e Universidade Internacional de Valencia), Miguelangel Rodríguez (FAD), Sandra Golpe (grupo PsiCon da Universidade de Santiago), Gregor Burkhat (Observatorio Europeo das Drogas w Tox...

Efer 416 (10-12-17): Cannabis e ciencia 10.12.2017

Monográfico dedicado ao I Congreso Internacional de Cánnabis: Saúde, educación e lei que tivo lugar en Catoira en novembro de 2017. Versión emitida na Radio Galega o 10-12-17. Interveñen Víctor Villanueva (Universidade de Zaragoza e Universidade Internacional de Valencia), Miguelangel Rodríguez (FAD), Sandra Golpe (grupo PsiCon da Universidade de Santiago), Gregor Burkhat (Observatorio Europeo das...

Efer 415 (3-12-17): Baila a túa tese no Culturgal 06.12.2017

Directo desde o Culturgal onde contamos coas alumnas do IES Sánchez Cantón que concursaron na Royal Society de Londres cun proxecto de ciencia, soubemos de Pontenciencia da man de Carme Fouce, Ipek Guler bailounos a súa tese en bioestátisca, coñecemos o proxecto “Ceos Galego” con Dosi Veiga e conversamos con presidente do Culturgal e editor Manuel Bragado e con Xurxo Mariño.

Efer 414 (26-11-17): Stat Wars, o Espertar dos Datos 30.11.2017

400 rapaces e rapazas Teatro principal de Santiago de Compostela Charlas de estatística nas redes, nos deportes, o Big Data Concursos Danza + Violíns con arco láser =============================================== "Stat Wars: O espertar dos datos" “Stat Wars” é un proxecto de divulgación da estatística liderado polo grupo interdisciplinar de bioestatística da USC en coordinación coa Universidade Ca...

Efer 413 (19-11-17): Tecnoloxía aberta á feira no OSHWDem17 19.11.2017

Monográfico dedicado a maior feira maker de España, o Oshdem que tivo lugar na Domus dos Museos Científicos Coruñeses. Participan Manuel Miramontes, Tucho Méndez, María Loureiro, Paola Guimaráns, Juan González "ObiJuan" Miguel Ángel Miezoso "Fixo", Óscar Abad, Felu Couto, Félix Sánchez Tembleque, Rubén Fernández e José Luis González Castro .

Neurocomic + O segredo de Coimbra [Cambio de fase] 14.11.2017

Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.

Crowdfunding en ciencia: Que vale e que non 14.11.2017

Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e...

Atrás do "paper": Mamíferos e ciclo de carbono con Mar Sobral 13.11.2017

Coñecemos o como se fixo da publicación da investigadora da USC Mar sobral sobre a biodiversidade de mamíferos e o ciclo do carbono. Este é o vídeo divulgativo que elaborou a xente de Divulgare para dar a coñecer o traballo de Mar Sobral https://vimeo.com/218616392

Resolve este problema estatístico e gaña un libro 12.11.2017

Deixámosvos este pequeno enredo estatístico. Se sabes a resposta escríbenola ó noso correo efervesciencia@crtvg.es. O primeiro oínte que acerte antes do 24 de novembro de 2017 ha levar un libro de divulgación científica. Igualmente teremos un agasallo para aquela rapaza ou rapaz que participe no proxecto Stat Wars do grupo de bioestatística da USC e sexa o primeiro en dar a solución correcta. Que...

O cheiro a morto [Moléculas en Galego 9] 10.11.2017

A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”.

Como os ordenadores aprenden as palabras con Paulo Gamallo 10.11.2017

Para o lingüista computacional Paula Gamallo a capacidade de enteder das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos.

Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si? 10.11.2017

Para o lingüista computacional Paula Gamallo a capacidade de enteder das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos. A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”. Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi...

Infiltrados no "Road to the stars" 30.10.2017

Asistimos ao congreso de astronomía cultura "Road to the stars" https://www.roadtothestars.org/ organizado polo INCIPIT-CSIC, IAC e a USC. Conversamos con César González (INCIPIT), Marco García Quintela (USC), Ana Ulla (Universidade de Vigo), Julio Navarro (University of Victoria-Canada), Cecilia dal Zovo (Incipit) e o luthier Giuseppe Severini. Conversamos sobre materia escura e simulacións do un...

A química das cabazas [Moléculas en Galego 8] 30.10.2017

O samaín é unha festa chea, entre outras cousas, de cabazas. E aquí tamén temos química.

Efer 410 (29-10-17): Por que os galos temían que o ceo caese nas súas cacholas? 29.10.2017

Asistimos ao congreso de astronomía cultura "Road to the stars" https://www.roadtothestars.org/ organizado polo INCIPIT-CSIC, IAC e a USC. Coñecemos o como se fixo da publicación da investigadora da USC Mar sobral sobre a biodiversidade de mamíferos e o ciclo do carbono. As cabazas e o samaín chegan a "Moléculas en Galego"

No SciCom PT 2017 en Coimbra 26.10.2017

Asistimos ao Congreso de Comunicación da Ciencia de Portugal, SciCom Pt, na Univesidade de Coimbra. Conversamos con Joana Lobo Antunes (presidenta de SciCon) e Carlota Simoes (directora do Meseu da Ciencia da Universidade de Coimbra). Matteo Merzagora dirixe o Parque das Ciencias Pierre-Gilles de Gennes–ESPCI en París. Alí desenvolven un novidoso modelo de participación do público na preparación d...

Buratos negros con Jorge Zanelli e José Edelstein 26.10.2017

O físico chileno Jorte Zanelli describiu en 1992, xunto con Banados e Teitelboim, os buratos negros en 2+1 dimensións chamados BTZ. Nos nosos microfónos Zanelli denominou a este achado como "buratos negros de xoguete para facer cálculos matemáticos". Conversamos con Zanelli da man de José Edelstein e permitímonos mesmo unha pequena "viaxe ao futuro"...

A química do pan [Moléculas en galego 7] 24.10.2017

Para elaborar pan temos que misturar fariña, auga, lévedo e sal. A pasta resultante amásase e logo dun tempo de repouso métese no forno. Parece sinxelo, non si? Pero a nivel molecular acontecen unha chea de procesos.

Efer 409 (22-10-17): O Wi-Fi sae dun burato negro 22.10.2017

Sabías que grazas á investigación en buratos negros podemos dispor actualmente da tecnoloxía Wi-Fi? Conversamos sobe buratos negros, materia escura e noble ás ondas gravitaciónais cos físicos José Edelstein (USC) e Jorge Zanelli (CECs en CHile). Asistimos ao Congreso de Comunicación da Ciencia de Portugal, SciCom Pt, na Univesidade de Coimbra. Conversamos con Joana Lobo Antunes (presidenta de SciC...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.