Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 916 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Maniotas: Nin ácido láctico, nin microrroturas 27.02.2018

Todo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado...

Efer 427 (25-2-18): Unha tarde con Clara Grima 25.02.2018

Conversamos coa divulgadora e profesora de matemáticas da Universidade de Sevilla Clara Grima sobre grafos, redes sociais, Rosalind Franklin, vacinas, divulgación e teatro. Esta semana o Grupo Interdisciplinario de Bioestatística da Universidade de Santiago organizou unha reunión científica sobre Modelado Conxunto de Datos Lonxitudinais e de Supervivencia. Grazas a esta técnica estatística é posib...

Rosalía e Jules Verne 24.02.2018

É o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de Jules Verne? O xornalista Henrique Neira explora esta suxestiva conexión.

Efer 426(18-2-18): Refuxiados conCiencia 18.02.2018

Achegámonos á xornada “Personas Refuxiadas ConCiencia” organizada polo Consello da Cultura Galega. Kamal Aldalati cóntanos a súa historia como persoa refuxiada e alumno de medicina da USC. Convrsamos con Elena Vázquez Cendón (USC), José Edelstein (USC), Eleuteiroi Toro (Universidade de Trento), Gino Toro, Rania Ali Salman (USC) e Luis Enrique Otero Carvajal (Universidade Complutense de Madrid). É...

Efer 425 (11-2-18): Imos a NOAA, NOAA... 11.02.2018

Os satélites achegan información moi valiosa para coñecer os nosos océanos. Conversamos con Joaquín Triñanes do Laboratorio de Sistemas da USC e colaborador da NOAA. Todo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado... Con...

En 2018 seguimos a necesitar o Día da Muller e a Nena na Ciencia 11.02.2018

Inauguramos sección de dedicada á Muller na Ciencia da man de Joana Magalhães falando da celebración do "11 de febreiro" con Gloria Brea.

Efer 423 (28-1-18): Para que valen as patentes? 07.02.2018

Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín. Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación? Andreu Climent preséntanos a i...

Tornasol, Castafiore e a xordeira 07.02.2018

Na presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín.

Signos astronómicos para xordos [Guía do Ceo] 07.02.2018

Guía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018. Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos tanto para xordos como oíntes a tradución española do "Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Si...

"As patentes non son secretas" con Montserrat Camiña 07.02.2018

Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación?

Ciencia ao parlamento 07.02.2018

Andreu Climent preséntanos a iniciativa "Ciencia en el parlamento" que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido. https://www.cienciaenelparlamento.org/ @Cienciamento

As redes sociais axudan a reforzar as linguas minoritarias? 22.01.2018

O grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes. Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.

Se fumas cánnabis o día anterior, dá positivo o test de tráfico? Conversa con Manuel López-Rivadulla 22.01.2018

O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense.

Cazado un rarísimo raio azul no sol en Loiba 22.01.2018

A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal que nos explica como chegou a capturar este fenómeno tan estraño.

Efer 422 (21-1-18): Os test de drogas ao volante 21.01.2018

O equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense. A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo...

Iluminación artificial contra os colonizadores da pedra 19.01.2018

As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao D...

O vaso de viño diario saudable é un mito [Deborah García Bello] 19.01.2018

Se bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Tes máis información aquí http://dimetilsulfuro.es/2017/09/26/una-copita-de-vino-es-buena-para-el-corazon-claro-que-si-guapi/

O deseñador da portada de Science máis importante do ano 19.01.2018

A portada do número de Science dedicado ao achado do ano 2017 - as ondas gravitacionais - é do deseñador e ilustrador Álvaro Valiño.

O cheiro a choiva [Moléculas en Galego] 19.01.2018

En galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de "Moléculas en Galego" Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.

Novos materiais que permiten refrixerar con sólidos 19.01.2018

Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen u...

Láser para fabricar prototipos de vasos sanguíneos 19.01.2018

A física da USC María Aymerich desenvolve dispositivos microfluídicos que simulan vasos sanguíneos mediante ablación láser para o estudo de enfermidades coronarias e tumorais Este traballo mereceu o premio de investigación 2017 para menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.

O evasivo refuxo dos osos pardos na idade de xeo [Axencia SINC] 19.01.2018

Con Eva Rodríguez da Axencia SINC conversamos coa investigadora da Universidade da Coruña Ana García Vázquez sobre a presenza do oso pardo na península ibérica os últimos 10.000 anos. A súa investigación xenética e de fósiles determina que o refuxio climático dos osos nas épocas frías non estaba na península en contra do que se cría. Haberá que ollar para Francia? Aquí tedes a nova de SINC http://...

É o glifosato seguro? con Deborah García Bello 19.01.2018

A evidencia científica di que o uso do glifosato é seguro. Entón, de onde vén o amplo rexeitamento desde os grupos ecoloxistas a este herbicida que é o mais utilizado no mundo? Nolo conta Deborah Garcia Bello. Mais información aquí https://culturacientifica.com/2017/10/19/prohibir-los-herbicidas-glifosato-anteponer-la-ideologia-la-evidencia-cientifica/

Quen determinou que 38ºC é febre? [Ciencia para andar por casa] 19.01.2018

Bibiana García Visos na súa sección "Ciencia para andar por casa" cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC, e ata 37,7 febrícula. A cousa remóntase a mediados do século XIX, cando o médico alemán Carl Wunderlich comezou a realizar os seus estudos de...

Efer 421 (14-1-18): Refrixerantes sólidos contra o efecto invernadoiro 18.01.2018

Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen u...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.