Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Desde Londres... Unha 'Science Week' con acento galego 14.05.2018 4:32
A Semana da Ciencia é un evento global que se desenvolve en diferentes datas segundo o pais. O noso correspondente en Londres Juan Picos achegouse no barrio de Portobello ao colexio español Cañada Blanch. Alí descúbrenos unha "Science Week" que fala en galego.
Anuncio do Especial Galiciencia 18 10.05.2018 0:30
Audio promocional da emisión do 13-5-18 especial desde Galiciencia
Efer 437 (6-5-18): Unha tarde no laboratorio de antropoloxía física con Olalla López Costas 06.05.2018 56:55
Pasamos unha tarde entre ósos e historias coa antropóloga física Olalla López Costas no seu laboratorio. Olalla é investigadora do grupo “Ciencia do Sistema Terra” da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en paleodieta. Polas súas mans teñen pasado ósos dos principais xacementos galegos entre eles ós da Lanzada ou do Ghidoiro Areoso. Contamos co testemuño de Rafael Rodríguez e Patr...
Protexer ao doente das pseudoterapias con Elena Campos @ElenaC_S 29.04.2018 27:56
"Retirouse o Dalsy do mercado por un erro no folleto e pola contra os remedios homeopáticos inzan de publicidade enganosa as farmacias" Elena Campos Cando unha persoa é tratada cunha pseudoterapia malgasta como pouco os seus cartos, pero tamén pode ver resentida a súa saúde e mesmo perder a vida. De quen é responsabilidade? Do doente ou do falso terapeuta? Para a @apetp_ os doentes están desampara...
Efer 436 (29-4-18): Vítimas das pseudoterapias 29.04.2018 56:17
Cando unha persoa é tratada cunha pseudoterapia malgasta como pouco os seus cartos, pero tamén pode ver resentida a súa saúde e mesmo perder a vida. De quen é responsabilidade? Do doente ou do falso terapeuta? Para a @apetp_ os doentes están desamparados legalmente e as administracións miran para outro lado. Conversamos con Elena Campos @ElenaC_S presidenta de a "Asociación para protejer al enferm...
800 Pesetas por un quilo de caruncho 23.04.2018 4:30
O catedrático xubilado de Química Orgánica da USC Enrique Raviña cóntanos por que xurdiu no século XX en Galicia toda unha industria ao redor dun fungo do centeo, o caruncho. Raviña é o autor de "Medicamentos.: Un Viaje a Lo Largo de la Evolucion Del Descubrimiento de Farmacos" editado pola Universidade de Santiago
"Os Fillos do Sol" con Ricardo Gurriarán 23.04.2018 36:03
"En Galicia non se coñece nin valora o grao de modernidade e vangarda científica que acadou a Universidade de Santiago antes da Guerra Civil" Ricardo Gurriarán Zeltia, o caruncho, Fernando Calvet, a efémera vangarda científica da Universidade de Santiago, a represión na universidade logo da Guerra Civil, a liberación de presos polo coñecemento, a síntese do DDT en Poriño... todo isto forma parte d...
Cocer un ovo en Marte: Terraformación no planeta vermello [Postal Planetaria] 23.04.2018 17:16
O noso colaborador Borja Tosar di que ten un traballo de Fin de Máster sobre a "Terraformación de Marte". Como o traballo non aparece poñemos a proba os seu coñecementos e supera a proba con éxito. A clave está en poder cocer un ovo no Planeta Vermello.
Efer 435 (22-4-18): Os Fillos do Sol, un anaco da nosa historia da ciencia 22.04.2018 56:18
Zeltia, o caruncho, Fernando Calvet, a efémera vangarda científica da Universidade de Santiago, a represión na universidade logo da Guerra Civil, a liberación de presos polo coñecemento, a síntese do DDT en Porriño... todo isto forma parte da nosa historia recente da ciencia e amósase na película "Os Fillos do Sol". Coñecemos este período histórico con Ricardo Gurriarán. O noso colaborador Borja T...
A receita galega do grafeno con furados 21.04.2018 15:22
Hai uns meses o investigador do CIQUS Diego Pena contounos en condicional a posibilidade de crear grafeno nanoporoso. Esta semana puidémolo ver como realidade en na revsita Science. Pena cóntanos hoxe como operou un chisco a serendipia neste achado. 198539
Efer 434 (15-4-18): Neurociencia do peso corporal 15.04.2018 56:13
Coa catedrática de fisioloxía da USC Rosa Señarís coñecemos cal é papel do encéfalo - enconcreto o hipotálamo - no control do peso corporal en humanos. O problema dos quilos de mais ten que ver en como a evolución moldeou o noso cerebro. Tamén coñeceremos a dous grupos de investigación galegos que veñen de ver publicadas as súas investigacións esta mesma semana nas revistas "Science" e "Nature" Co...
Efer 433 (8-1-18): Reanimación nunha planeadora a todo gas 08.04.2018 42:20
Imaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E s...
Como Mª José Patiño, sen chegar a primeira, gañou os 100 m valos para as mulleres 06.04.2018 22:30
María José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas independentemente do que merquen os seus cromosomas. Coñecemos a súa loita pola participación das persoas intersexuais no olimpismo. Patiño é investigadora da Universidade de Vigo, asesora científica do Panel de Expertos do Comité Olímpico Internacional e especialista en "Ciencia Política e Deporte" e...
Efer 432 (1-4-18): Se un xogo é bo, pais e fillos xogan xuntos 01.04.2018 57:55
Falamos de xogos enxeñosos creados en Galicia con Irimia Fernández (Brazolinda) e Marcos Alonso (Neukos). Xosé Luis Veiga Goy preséntanos o mundial sub-12 de xadrez que ha ter lugar en Compostela. A petición dun oínte vía Telegram a @efevesciencia Juan Aguilar explica o que é o flato ou punto. María José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas indepen...
O papel hixiénico [Ciencia para andar por casa] 25.03.2018 9:32
ensas que es 100% dixital? En realidade non non es porque aí está o modesto papel hixiénico. Saberamos da súa historia con Bibiana García Visos.
Desde Londres... Sir John Sulston 25.03.2018 9:02
Temos novo colaborador en Efervesciencia. Juan Picos ha ser o noso correspondente en Londres. Desta volta fálanos do pasamento dun importante científico, o biólogo Sir John Sulston.
Pantallas irrompibles e nanoparticulas antibacterianas con Arturo López Quintela 25.03.2018 27:04
Leite transparente, pantallas irrompibles, agrupacións de átomos que se insiren no ADN, sulfatar con cantidades mínimas... Nos dominios da nanotecnoloxía o tamaño importa, e moito. Agrupacións de menos de 200 átomos compórtanse de xeito diferente o previsto na táboa periódica dos elementos. As agrupacións - clusters - de diferentes número de átomos amosan propiedades moi distintas. De aí que o cat...
Efer 431 (25-3-18): A revolucionaria táboa periódica de tres dimensións 25.03.2018 58:15
Nos dominios da nanotecnoloxía o tamaño importa, e moito. Agrupacións de menos de 200 átomos compórtanse de xeito diferente o previsto na taboa periódica dos elementos. As agrupacións - clusters - de diferentes número de átomos amosan propiedades moi distintas. De aí que o catedrático de química física da USC Arturo López Quintela propoña crear unha táboa periódica en 3 dimensións. Temos novo cola...
Efer 430 (18-3-18): Fontaneiras do cerebro 18.03.2018 55:34
Cando un sumidoiro da casa atóase podemos desentupilo engadindo algún preparado comercial formulado con aluminio en po e sosa. Se a cousa ponse complicada cumprirá botar man dalgún procedemento mecánico. E xustamente cando temos atoada unha arteria cerebral (ictus isquémico) cómpre botar man de técnicas análogas. O problema - ademais da loita contra o reloxo- xurde nun pequeno grupo de doentes nos...
Vortex Concerts, inmersión no planetario [Ciencia e Cinema] 12.03.2018 9:34
Coñecemos os míticos "Vortex Concerts" en planetarios de Jordan Belson da man de Martin Pawley en "Ciencia e Cinema"
O misterio do mundo cuántico [Cambio de Fase] 12.03.2018 9:18
En "Cambio de Fase" Daniel Pizarro preséntanos o comic "El misterio del mundo cuántico" de T. Damour e M.Burniat editado por Norma.
No laboratorio dos océanos do futuro 12.03.2018 25:55
Visitamos o "Future Oceans Lab" na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro. A única Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea.
O "Human Brain Project" e a política de xénero 11.03.2018 6:02
Joana Magalhaes fálanos da política de xénero "Human Brain Project" da Unión Europea.
Efer 429 (11-3-18): O futuro dos océanos 11.03.2018 55:28
A única Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea. Visitamos o seu "Future Oceans Lab" na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro. Joana Magalhaes fálanos da políti...
Efer 428 (4-3-18): Un robocop con moito tacto 09.03.2018 55:09
Nesta edición efervescente habemos descubrir como o sentido do tacto é moito mais complexo e importante do que cremos, exploraremos un misterioso obxecto oblongo que invadiu o noso sistema solar, sabermos da gravación dunha película documental sobre o lobo en Galicia, e lembraremos como Domingo Fontán pateou o pais durante 17 anos para elaborar unha malla de triángulos que daría lugar ó seu famoso...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.