Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 916 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 481 (5-6-19): No I Encontro Ibérico de Comunicación da Ciencia 06.06.2019

Aquelando é o novo programa de divulgación científica da Televisión de Galicia. Está dirixido a un público familiar e emitirase os sábados pola mañá. Conversamos coa súa directora Rocio Mosquera e o divulgador David Ballesteros. (1:55) Na localidade portuguesa de Aveiro celebrouse o I Encontro Ibérico de Comunicación da Ciencia no marco do encontro SciComPt. Ata alí levamos os micros de Efervescie...

Adegas da Memoria: Etnoarqueoloxía na Riberia Sacra 06.06.2019

O arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa Xurxo Ayán preséntanos o proxecto de etnoarqueoloxía "Adegas da Memoria". No último día de escavación teñen atopado restos humanos que poderían ser os mais antigos atopados na Ribeira Sacra. Coñecemento científico para avalar a declaración de Patrimonio da Humanidade.

Efer 480 (28-5-19): Que facemos mal e ben no TDAH 29.05.2019

Un artigo do neuroanatomista Marco Catani e o historiador da medicina Paolo Mazzarello publicado na revista de neuroloxía Brain propón que Leonardo da Vinci sería hoxe diagnosticado como unha persoa con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade, TDAH. Conversamos co doutor en psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo Manuel Isorna sobre esta síndrome. Por que apenas se diagnostican...

Efer 479 (22-5-19): Telescopios nos ollos e outros inventos reais para ver mellor 26.05.2019

O pasado 15 de maio celebrouse en Santiago de Compostela o acto oficial de conmemoración do Día Internacional da Luz. Un dos convidados poñentes ao evento que tivo lugar no Hostal do Reis Católicos foi o catedrático de Óptica da Universidade de Murcia Pablo Artal. Algúns dos inventos e achados do equipo de Artal empréganse en todo o mundo para mellorar a visión das persoas. Na sección de “Muller e...

Ciencia e aventura no K2 en inverno con Alex Txikon e Félix Criado [Versión estendida] 26.05.2019

[Versión estendida] Fronte as imaxes de conxestión no Everest, o alpinismo de inverno é a última fronteira. Mantivemos unha conversa fascinante desde as instalacións de INEF Coruña cos alpinistas Alex Txikon e Félix Criado sobre a ciencia da súa impresionante expedición invernal ao K2.

Coplas astronómicas de Antonio Fraguas desde o observatorio de Cotobade 26.05.2019

Desde o observatorio astronómico de Cotobade da Agrupación Sirio @emilio_otero deléitanos con coplas sobre os astros recollidas por Antonio Fraguas e observando quásares a 3000 millóns da anos luz.

Efer 478 (15-5-19): Alpinismo de inverno, a última fronteira 26.05.2019

Fronte as imaxes de conxestión no Everest, o alpinismo de inverno é a última fronteira. Mantivemos unha conversa fascinante desde as instalacións de INEF Coruña cos alpinistas Alex Txikon e Félix Criado sobre a ciencia da súa impresionante expedición invernal ao K2. Estivemos no observatorio astronómico de Cotobade da Agrupación Sirio con @emilio_otero deleitándonos con coplas sobre os astros reco...

O que di a ciencia sobre a educación e a crianza dos nenos 17.05.2019

Julio Rodríguez (sicólogo e investigador da Fundación Publica Galga de Medicina Xenómica) preséntanos desde a Galiciencia o seu libro "Que dice la ciencia de la educación y crianza de los niños" (Plataforma Editorial)

Efer 477 (8-5-19): Desde Galiciencia 17.05.2019

Programa con público desde o salón de actos de Tecnópole no marco da edición XIV da feira científica Galiciencia. Con Ricardo Capilla (director xerente de Tecnópole), os profesores Camilo Ojea (CPI Mosteiro-Meis), Beatriz López (Compañía de María de Santiago) e María Malvesada (CPR Santiago Apostol de Soutomaior). Tamén interveñen o actor Vicente Mohedano, a enxeñeira de minas experta en geotermia...

Mitos caídos sobre as espadas dos guerreiros de Xian con Marcos Martinón 17.05.2019

Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucentes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coincidencia.

Efer 476 (1-5-19): Ética no océano dos datos 17.05.2019

Vivimos nun oceáno de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13). Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucintes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Mar...

O novo primo Homo Luzonensis con María Martinón 16.05.2019

María Martinón dirixe o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana, CENIEH. Con ela actualizamos o noso álbum familiar co achado do Homo Luzonensis. Tamén coñecemos a súa investigación sobre un dente de Tongzi en China que podería corresponder a un Denisovano.

Paso migratorio prenupcial [Paxaros na cabeza] 16.05.2019

Na nosa sección de ornitoloxía afeccionada con Nacho Munilla coñecemos o paso migratorio prenupcial de primavera.

Efer 475 (24-4-19): Temos homínido novo na familia 16.05.2019

O álbum familiar dos homínidos [Intro] (0:28) Paso migratorio prenupcial [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla] (2:34) Previa Naukas Coruña con Wicho (16:59) O novo primo Homo Luzonensis con María Martinón (22:38) @cienciamiuda finalista no #FameLabEspaña2019 (42:30) Convocados os premios de Transferencia da @RAGalegaCiencia (47:35)

Efer 474 (17-4-19): M87, o burato negro fotoxénico 05.05.2019

Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé (2:16), profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica d...

Como localizar onde está M87 [Guía do Ceo] 18.04.2019

Na Guía do Ceo de abril-19 explicamos porque a Semana Santa este ano non cae onde debera segundo a astronomía. Nestes días a lúa esta na constelación da Virxe, onde se atopa M87 e o burato negro fotografado por primeira vez. Coas indicación s dos nosos estreleiros saberás como localizala facilmente. Vídeo de axuda visual https://youtu.be/FqcXiYqDXEI

Bioética con José Antonio Seoane [Versión estendida] 14.04.2019

Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investi...

NeuroART, feromonas e ... Mahler! 14.04.2019

NeuroART é o concurso de imaxe e vídeos artísticos relacionados co sistema nervioso convocado pola Sociedade Española de Neurociencia. O primeiro premio de imaxe e mais o segundo teñen a sinatura galega de Paula Rodríguez Villamayor e Pablo Sánchez-Quinteiro. Con eles falamos de fermonas, o órganos vomeronasal e de Mahler!

Efer 473 (13-4-19): Bioética do día a día 14.04.2019

Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investi...

O marabilloso libro do CRISPR de Lluis Montoliu 13.04.2019

Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”.

Efer 472 (3-4-19): Recortamos e pegamos xenes 13.04.2019

Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”. Tamén nos visitan os investigadores participantes no VIII obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”: José A. Costoya, Andrea Muras, Mar García Colomer, Tereza Ruzicko...

Efer 471 (27-3-18): Xenoma inestable para loitar contra o cancro 28.03.2019

Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación...

A técnica de laboratorio que descubriu un elemento [Entrevistas no alén] 28.03.2019

Marguerite Perey comezou traballando no Instituto do Radio de Marie Curie como técnica de laboratorio. Co paso do tempo acabaría sendo a “filla adoptiva” de Curie e descubrindo o elemento 87 da táboa periódica. Nova entrevista no Alén, coa participación de Rosa Pedrido.

Como non reparar o xenoma pode axudar contra o cancro con @KP_twitt_llo 28.03.2019

Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación...

@wicho analiza os problemas dos Boeing 737 Max 28.03.2019

Wicho explícanos polo miúdo que se cre que pasou nos accidentes dos Boeing 737 MAX e que consecuencias pode ter para a seguridade aérea.

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.