Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 916 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 499-500 (1-1-20): Especial programa 500 03.01.2020

Programa especial dobre no que celebramos as 500 edicións en antena de Efervesciencia na Radio Galega. Desde o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela coa música en directo do piano de Juanjo Fernández. Repasamos a mellor (e peor) ciencia do ano 2019 con @pawley @CesarGoldi @Estebanfmoreira @castoriva @dosiveiga Nacho Munilla, Irene Baspino e Rosa Pedrido.

Efer 493 (13-11-19): Cánnabis, temos dereito á felicidade química? 23.12.2019

No mundo real, se existe un felicidade química, esta é o cánnabis. Nos últimos 20 anos o contido en principio activo, THC, do cánnabis consumido en España ten pasado do 5% ó 20 %. Iso quere dicir que un porro dos da agora equivale a fumarse 4 hai dúas décadas. Pra coñecer o que di a ciencia sobre o consumo do cánnabis en nenos e adolescentes estaremos no II Congreso Internacional sobre Cannabis e...

Efer 492 (6-11-19): A lei psicofísca que permite roubar galletas reformulada, con José Pardo 06.12.2019

Recomendamos escoitar este episodio con auriculares 1.- Se temos que comernos unhas galletas dun prato sen que se note sempre escolleremos a que mais galletas ten. Isto ten que ver coa lei de Weber. Jose Pardo é investigador no grupo Neurocom da Universidade de A Coruña, e ven de publicar o seu traballo dos últimos anos nos que reformula esta lei psicofísica. [2:18] 2. Segunda parte da campaña pro...

Efer 491 (30-10-19): 20 anos da Asociación Astronómica Sirio e conversa coa exoplanetóloga Zaira Modroño 26.11.2019

Desde o observatorio astronómico de Cotobade celebramos os 20 anos de andaina da Asociación Sirio con David Filgueira, Igor Piñeiro e Emma [2:13]. Elena Mora adiántanos a Semana da Ciencia no Instituto Galego de Fïsica de Altas Enerxías, IGFAE [22:18] A astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier...

Efer 490 (23-10-19): Tiburóns e plásticos nas praias 27.10.2019

1. Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). (1:56) 2. A oceanógrafa Debora Iglesias traballa na Universidade de California-Santa Bárbara foi testemuña do caso de varias quenllas varadas na praia. Gonzalo Mucientes do IIM-CSIC cóntanos o...

Efer 489 (16-10-19): [Versión estendida] Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia 21.10.2019

[Versión estendida para podcast] Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño. En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Astu...

Efer 489 (16-10-19): Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia 21.10.2019

Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño. En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin...

Efer 488 (9-10-19): A xanela ao universo de Forcarei cumpre 10 anos 19.10.2019

Visitamos o observatorio astronómico de Forcarei da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura para celebrar o seu 10 aniversario e coñecemos aos gañadores dos Premios de Investigación 2019 da Real Academia Galega de Ciencias. 1. As castañas de hoxe "creáronse" antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC (1:44) 2. Desde o observatorio astronómico de Forcarei, 10 anos ollando...

Baixo cúpula con Héctor Socas 06.10.2019

Conversa baixo a cúpula da Casa das Ciencias co astrofísico do IAC-CSIC e divulgador, e alma márter de @pcoffeebreak Héctor Socas

Efer 487 (2-10-19): Cerebroides, neuronas en adultos e improvisación [Especial Neurociencia SENC19] 04.10.2019

Infiltrámonos no congreso 18 congreso da "Sociedad Española de Neurociencia" celebrado en setembro de 2019 en Santiago de Compostela. Descubrimos unha feixe de temas apaixonantes: - Cerebroides en placa petri - Curar cegueira restaurando conos na retina con optoxenética - Existe o libre albedrío? - Polémica sobre a neuroxénese de neuronas en humanos adultos - En ratiños de laboratoio os efectos po...

Efer 486 (26-9-19): VII Noite Efervescente e baixo a cúpula con Héctor Socas 26.09.2019

1. As vacacións da avoa de Einstein. Inicio da tempada 13 (0:00) 2. Carlos Fernández @AcuArchitects ten 16 anos e vén de gañar o concurso de vídeo científico para escolares Ciencia Clip cunha peza sobre arquitectura. (3:17) 3. VII Noite Efervescente desde Castrelo de Miño e Festival Divulgación. Un ano mais organizamos unha observación pública e inclusiva do ceo nocturno. Acompañáronnos os amigos...

A promo da tempada 13 02.09.2019

Retornamos ao noso horario habitual dos mércores ás 24 horas. Seguiremos a emitir o mellor dos últimos capítulos ata a chegada do outono. O 25 de setembro iniciaremos a nova tempada efervescente. Férvenos a mente!

Carmen Burgués e Claudi Alsina, unha vida nas matemáticas 21.08.2019

Unha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA.

O graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia 21.08.2019

A arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia

Informar (tamén) dos efectos adversos no cribado do cancro de mama 21.08.2019

Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? Os programas de cribado do cancro de mamá salvan vidas, pero a evidencia científica actual apunta a que existen efectos adversos. Un artigo en PLOSOne explora os efectos de dar información completa ás mulleres en idade de incorporarse aos programas de detección precoz de cancro de mama. Conversamos con Monserrat Rúe (I...

Os ollos vagos necesitan mirar ao ceo 21.08.2019

José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo...

As ondas gravitacionais fixeron posible a evolución humana 21.08.2019

Durante todo un século foron un resultado teórico das ecuacións de Einstein, pero desde 2016 sabemos que as ondas gravitacionais son unha realidade física. Para Bernard F. Schutz, director emérito do Instituto Max-Planck de Física Gravitacional – Instituto Albert Einstein e catedrático na Universidade de Cardiff, sen a existencia destas ondas gravitacionais non sería posible a vida na terra.

O ángulo máxico da revolución "viratrónica" con Pablo Jarillo Herrero [Versión estendida] 20.08.2019

[Versión podcast estendida] Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular. O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presen...

"A singularidade dun burato negro é Marie Kondo". A foto de M87 con Javier Mas e José Luis Gómez 09.08.2019

Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé, profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. Tamém contamos con José Luis Gómez, do Instituto de A...

Guía do Ceo de Verán 2019 16.07.2019

A nosa tradicional Guía do Ceo radiofónica para non nos perder nada do que pase no ceo nocturno en todo o verán. Con Martin Pawley e Irene Baspino. Valaquí o pdf auxiliar da Guía do Ceo https://www.dropbox.com/s/vj75s5x4m8ahpyy/O%20ceo%20deste%20ver%C3%A1n%20EFERVESCIENCIA%202019.pdf?dl=0

Efer 485 (6-7-19): O reto de ensinar matemáticas 16.07.2019

(1:44) A arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia (20:10) Unha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA. (31:47) Previa da Maker Faire Galicia con Iolanda Iglesias. (39:27) Guía do Ceo de Verán con @pauley e Irene Baspiño

Efer 484 (29-6-19): Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? 07.07.2019

1. Premios Isabel Zendal (0:14) 2. Plásticos en Ciencia para Andar por casa con Bibiana García Visos (3:21) 3. Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? Os programas de cribado do cancro de mamá salvan vidas, pero a evidencia científica actual apunta a que existen efectos adversos. Un artigo en PLOSOne explora os efectos de dar información completa ás mulleres...

Promo: Novo horario de verán 04.07.2019

Durante o mes de verán temos horario especial de emisión na Radio Galega os sábados e domingos ás 8:00 da mañá cos mellores contidos da tempada.

Efer 483 (19-6-19): Breaking Bad a ollos dun químico 03.07.2019

Bernardo Herradón comparte co protagonista de Breaking Bad o feito de ser químico orgánico e emprendedor. Este investigador científico do Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC tamén é un divulgador entregado e apaixonado. Con el repasamos a boa química de Breaking Bad e dámoslle unha nova ollada á Táboa Periódica (2:20) O Turismo Científico chega aos cursos de verán da USC da man do selo Obs...

Efer 482 (12-6-19): O xoguete infantil e a última fronteira da física 17.06.2019

Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular. O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Soc...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.