Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Os artífices da nova vacina da tuberculose estudan se produce inmunidade contra o coronavirus 15.05.2020 30:54
Fragmento do programa EFER 514. Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Martín, catedrático de microbioloxía da Universid...
Efer 514 (14-5-20): O papel da nova vacina da tuberculose contra a COVID en estudo 14.05.2020 55:58
(5:19) Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Martín, catedrático de microbioloxía da Universidade de Zaragoza. A implem...
Libro para cuñados premium "14 maneras de destruir la humanidad" con @Daniel_Arbos 08.05.2020 14:25
Publican en febreiro de 2020 un libro ciencia-humor sobre catástrofes globais para “cuñados premium” (Avoa dixit) e acertan cunha pandemia global causada por un virus respiratorio provinte dun animal. O libro é “14 maneras de destruir la humanidad” (Next Door Publishers) e falamos cun dos seu autores, o divulgador Daniel Arbós.
“Enjuanes púxome o sombreiro seleccionador e acabei con Margarita Salas”. Anatomía dun test. Unha noite con Luis Blanco. 08.05.2020 1:00:24
Versión completa da entrevista a Luis Blanco emitida en el programa Efer 513. O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico...
Efer 513 (7-5-20): Test disruptivo do coronavirus: a investigación de urxencia que xurdiu hai 3 décadas 07.05.2020 55:57
(2:33) O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda f...
Cazadores de exoplanetas con Zaira Modroño Berdiñas 04.05.2020 19:03
A astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier Queloz. Fragmento de Efer491 emitido o 30-10-19.
Crebeiros sen fronteiras 03.05.2020 15:26
Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). Fragmento de Efer 490 (23-10-19)
"Podes ter pasado a COVID-19, e non ter xerado anticorpos" África González [Versión completa] 02.05.2020 43:01
Versión completa da entrevista á África González do programa EFER512. https://www.spreaker.com/user/9238794/efer-512-30-4-20-inmunoloxia-e-covid-19 África González é a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Con ela debullamos o que se sabe e as preguntas abertas que temos enriba da mesa sobre a COVID-19.
Efer 512 (30-4-20): Inmunoloxía e COVID-19 29.04.2020 55:56
Todos queremos saber canto tempo dura a inmunidade tras pasar a COVID-19? Inmunizarémonos todos por igual? Que porcentaxe da poboación xa está inmunizado? Por que os test serolóxicos se empregan para tomar mostras da poboación? Cales son as vías de ataque para buscar tratamentos para a doenza? Algunhas destas preguntas aínda non teñen resposta, nolas contextualiza África González, catedrática de I...
"Imos testar todas as vacinas, agora temos 140 propostas” con César Muñoz Fontela [Versión completa] 24.04.2020 40:57
[Versión estendida da entrevista a César Muñoz Fontela do programa Efer 511 do 23-4-0] O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima...
Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa 24.04.2020 55:59
O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación. Para o virólogo ferrolán a pescuda...
As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón 15.04.2020 12:57
As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC Fragmento de Efer 488 (9-10-19)
Luis Enjuanes, a carreira para producir unha vacina para o coronavirus 13.03.2020 23:34
Actualización 23-3-20: Nesta entrevista realizada o 9-3-20 o profesor Enjuanes comenta que o seu laboratorio non dispón de permiso administrativo para reconstruír o SARS-COVID-2. O CNB-CSIC vén de recibir financiamento extraordinario e a autorización para reconstruír o virus como paso para a obtención da vacina. Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas v...
Adolfo García Sastre: "Entre o 10 e 40% da poboación mundial vaise infectar nun ano e medio"" 12.03.2020 27:36
Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. Pero queda moito por facer. Conversamos con Adolfo García Sastre (Director do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da escola ICAHN de medicina Mount Sinai de NYC) . Episodio completo aquí: https://www.ivoox.com/48844204
Efer 510 (11-3-20): Luces longas contra o coranavirus: Adolfo García Sastre e Luis Enjuanes [Versión estendida] 12.03.2020 1:01:48
Sen a ciencia producida nas dúas útimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. Pero queda moito por facer. Conversamos con Adolfo García Sastre (Director do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da escola ICAHN de medicina Mount Sinai de NYC) (5:41) e Luis Enjuanes (laboratorio de coronavirus CNB-CSIC) (38:14). Con Gema Revuelta (directora do Centro de Estudios de...
Efer 509 (4-3-20): Ciencia e diversidade sexual 07.03.2020 57:22
1. Que dia a ciencia da diversidade sexual? Existen sesgos no estudo da naturez? Hai discriminación na comunidade científica das persoas LGTBIQ+? Conversamos con Javier Armentia @javierarmentia @PRISMAciencia @EEEPCompostela (2:55) 2. A RAGC anuncia a convocatorio dos Premios á Transferencia. Con Fernando Pérez (27:38) 3. O filósofo da ciencia Mario Bunge visto a ollos de Avelino Muleiro (34:41)
Efer 508 (26-2-20): Os nenos da varíola chegan ao teatro 27.02.2020 56:43
1. Recibimos a "Pérez & Fernández", Victoria e Manuel, antes da estrea no Salón Teatro de Compostela da adaptación na novela de María Solar "Os nenos da varíola" en coprodución co CDG. (2:30). 2. O académico Pedro Merino preséntanos a fascinante vida do enxeñeiro Comerma, homenaxeado no Día da Ciencia 2020 da Real Academia Galega de Ciencias. (18:11) 3. Na Guía do Ceo de Irene Baspino e Martin Paw...
Efer 506 (12-2-20): Un 11-F coas enxeñeiras do CITEEC [versión estendida] 26.02.2020 59:16
Visitamos a Agrupación Estratéxica do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) da Universidade de A Coruña durante a xornada do 11 de febreiro, Día Internacional de Muller e a Nena na Ciencia. Realizamos un percorrido sonoro polas instalacións do CITEEC, coñecemos que é a enxeñería civil e debatemos en torno ao papel da mulleres científicas e tecnólogas. Coa parti...
Efer 505 (5-2-20): Galaicos, un pobo entre dous mundos 16.02.2020 57:34
1. Galaicos, un pobo entre dous mundos (2:45) Como eran os pobos que viviron no que agora é Galicia desde o ano 1500 antes da nosa era ata chegada dos romanos? Como eran os habitantes da que logo se chamaría Gallaecia que se atopou Décimo Xunio Bruto no ano 137 antes de cristo cando atravesou o río do esquecemento, o río Limia posiblemente? Ata hai non moito os expertos coidaban que os habitantes...
Efer 504 (29-1-20): Monográfico aire limpo [versión estendida] 03.02.2020 1:03:29
Versión estendida do monográfico sobre a calidade do aire ao fío do proxecto europeo @trafairproject. Conversamos con José Ramón Ríos Viqueira (CITIUS, USC) e Jose Antonio Souto (Escola Técnica Superior de Enxeñería USC – CRETUS). Contamos tamén con declaracións de Mª Jesús Cruz Carmona, xefa do grupo de investigación de enfermidades respiratorias no Instituto Vall D’Hebron e coordinadora do progr...
Efer 495 (27-11-19): Diálogos de plástico con Touriñán e Gago 27.01.2020 56:34
Se xuntamos ao actor e cómico Xosé Antonio Touriñán xunto co investigador do Instituto Español de Oceanografía Jesús Gago a falar sobre os plásticos so pode pasar que o pasemos ben e aprendamos unha chea de cousas. Isto aconteceu na sede da Fundación en Santiago por iniciativa da Unión de Consumidores de Galicia. E polo medio estivemos os de Efervesciencia. Tamén coñecemos os casos de transferenci...
Efer 503 (22-1-20): Curandeiros. Cloro. Ceo 23.01.2020 56:59
1. Os non moi lonxanos tempos do cólera en Galicia e a cloración da auga con @Moises_Canle 2. A loita contra as pseudoterapias chega aos xulgados con @FernandoCervera @apetp_ 3. Gañadores do premio @CeosGalegos 2019 de astrofotografía
Efer 502 (15-1-20): O teu cerebro non son (só) neuronas 20.01.2020 57:24
1. Onde están as exolúas? Exocometas con Isabel Rebollido @Yollevoreloj [Baixo cúpula] (2:30) 2. As descoñecidas células de glía do teu sistema nervioso con Fernando de Castro @FdeCastroS (13:23) 3. A proba da Crew Dragon e outras novidades aerotrastornadas con @wicho (33:16)
Efer 501 (8-1-20): Heroes científicos 08.01.2020 56:37
Continuamos contando e cantando a mellor ciencia do ano desde o Paraninfo da USC acompañados co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores. César Muñoz Fontenla traballa nun laboratorio de máxima seguridade P4 en Hamburgo e tamén sobre o terreo en África. Este virólogo galego investigador do Instituto Bernhard-Nocht de Medicina Tropical analiza para nós os avances contra o ébola. O químico...
Efer 494 ( 20-11-19): O secuestro Prismático 05.01.2020 58:39
A Avoa de Einstein secuestrou no Ágora de A Coruña aos gañadores dos Premios Primas Casa das Ciencias á Divulgación. Conversamos con Jaume Villalta, Sergio Ferrer, Amparo Garrido, Sara Gil, Emilio García, Susana Escudero, Natalia Ruiz Zelmanovitch, Josemi Álvarez, Manuel González, Lluis Montolliu, Javier Salas, Marta Palomo, César Lopez y José Edelstein. @joseedelstein @Suescudero @sagilca @Palomo...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.