Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
"Agora a ciencia política é unha ciencia de datos", Suso Baleato [Versión estendida] 03.08.2020 38:57
No mundo actual hiperconectado adoitamos pensar que a mais dixitalización maior democracia e transparencia. Pero que din os datos? O doutor en Ciencias Políticas Suso Baleato publicou un estudo en Science en 2016 que analiza este fenómeno. [Versión estendida]
Efer 524 (23-7-20): A dixitalización fortalece a democracia? 03.08.2020 56:07
(1:52) No mundo actual hiperconectado adoitamos pensar que a mais dixitalización maior democracia e transparencia. Pero que din os datos? O doutor en Ciencias Políticas Suso Baleato publicou un estudo en Science en 2016 que analiza este fenómeno. (26:03) Na sección dedicada a GAIN, a Axencia Galega de Innovación, coñecemos o papel das plataformas aceleradoras de innovación. (30:10) Desde a Casa Mu...
Un millón para estudar a escrita medieval invisible con Ainoa Castro 03.08.2020 24:58
Ainoa Castro da Universidade de Salamanca recibiu un millón de euros da Unión Europea para investigar os escritos medievais galegos e portugueses “invisibles”. Versión web completa. http://www.efervesciencia.org
"O coltan dos nosos teléfonos extráenno nenos escravos" Chema Caballero 03.08.2020 28:04
Chema Caballero descúbrenos os minerais de sangue que se agochan na última tecnoloxía que levamos nos nosos petos. Versión completa.
Efer 523 (16-7-19): Minerais de sangue 28.07.2020 55:41
(2:13) Chema Caballero descúbrenos os minerais de sangue que se agochan na última tecnoloxía que levamos nos nosos petos. (27:41) Na chamada sorpresa da Avoa de Einstein pescamos a Borja Tosar con nocturnidade andando polo monte... (34:42) Ainoa Castro da Universidade de Salamanca recibiu un millón de euros da Unión Europea para investigar os escritos medievais galegos e portugueses “invisibles” h...
Guía do ceo de veran 2020: Estrela Rosalia, Covid, Cometa,... 28.07.2020 25:56
Desde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñecemos o ceo nocturno que non nos podemos perder este verán. Estade moi atentos ás recomendacións de hixiene ante a Covid Como complemento, Irene Baspino e Martin Pawley da Agrupación IO prepararon esta guía visual que nos pode ser de valiosa axuda para nos orientar no firmamento esti...
Efer 522 (9-7-20): Minority Report como inspiración. Premios á Transferencia da @RAGalegaCiencias. 21.07.2020 58:34
Monográfico dedicado aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia convocado pola Real Academia Galega de Ciencias, co apoio da Axencia Galega de Innovación. Conversamos con Elisardo González Agulla de RelEyeble, María Mayán do grupo CellCOM do INIBIC, e Francisco Otero Espinar do Grupo Paraquas da USC. www.efervesciencia.org
Conquista e exploración do Ártico con @irreductible 21.07.2020 21:16
Javier Peláez @Irreductible fainos pasar “500 anos de frío” no Ártico
A illa de (Javier) Cacho na Antártida 21.07.2020 17:00
O escritor e científico polar Javier Cacho ten unha illa na Antártida (versión estendida).
Un TRASGO na Antartida con Juan Antonio Garzón 21.07.2020 15:33
Na Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (Versión estendida)
Un home do tempo na Antártida con Xavier Fonseca 21.07.2020 19:35
O home do tempo Xavier Fonseca estivo a principio deste ano na Antártida (Versión estendida)
Efer 521 (2-7-20): Monográfico: ciencia e exploración polar 13.07.2020 57:04
(1:51) O home do tempo Xavier Fonseca estivo a principio deste ano na Antártida (15:47) O escritor e científico polar Javier Cacho ten unha illa na Antártida (26:58) Na Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (36:06) Javier Peláez @Irreductible fainos pasar “500 anos de frío” no Ártico www.efervesciencia.org
Efer 520 (25-6-20): Anatomía do escándalo do LANCET e a hidroxicloroquina 25.06.2020 56:03
(2:40) Alberto García Besteiro xunto cos seus compañeiros Carlos Chacour e Joe Brew destapou o escándalo do “LANCET Gate”. O supostamente artigo “definitivo” que desbotaba o uso da hidroxicloroquina contra a Covid tivo que ser retractado desta importante revista medica. A base de datos do estudo semella ter sido inventada. Alberto García-Basteiro é investigador de ISGlobal e do Centro de Investiga...
Efer 519 (17-6-20): Avalancha de publicacións sobre a COVID: problema ou cambio de modelo? con Juan Ignacio Pérez 17.06.2020 55:46
(2:40) Como separar o gran da palla na avalancha de publicación científicas da COVID? Pode o bosque de preprints ocultarnos os traballos relevantes? Como deben comunicar os expertos a evidencias dispoñibles aos xestores políticos? Temos o privilexio de escoitar as reflexións sobre estes temas de Juan Ignacio Pérez, director da cátedra de Cultura Científica da Universidade do Pais Vasco (27:23) “DN...
Efer 518 (10-6-20): Faladoiro oceánico desde o Centro de Investigacións Mariñas 11.06.2020 1:03:40
[Versión estendida] Celebramos o Día Mundial do Océanos desde a illa de Toralla na ría de Vigo convidados polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Desde o ECIMAT conversamos sobre a economía azul e sostenibilidade dos océanos con Belén Rubio (vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo), Fran Ramil (zoólogo mariño do grupo de Bioloxía Ambiental), Moncho Gómez Ge...
Efer 517 (4-6-20): A visión global da COVID de Margarita del Val 10.06.2020 59:55
(2:43) A investigadora científica do Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” -CSIC Margarita del Val é un dos científicos que ten unha visión mais global da pandemia da Covid. Conversamos coa inmunóloga e viróloga que coordina a Plataforma de Saúde Global, que axunta os esforzos de loita contra a pandemia por parte do CSIC. (26:20) Logo de 9 anos a NASA foi quen de poñer astronautas no espazo...
A árbore xenética do coronavirus. Entrevista completa Salas-Martinón. 30.05.2020 41:26
Vesrsión integra da entrevista a Antonio Salas e Federico Martinón emitida en EFER 516. O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-CO...
Historias da peste negra con Esteban Fernández e Eduardo Rolland 30.05.2020 14:42
Fragmento do EFER 516 Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. www.efervesciencia.org
Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores 30.05.2020 55:59
(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas. (21:22) O...
No confinamento cun gramo de marihuana facíanse máis porros " con Manuel Isorna 24.05.2020 10:12
Fragmento do programa EFER 515. O psicólogo Manuel Isorna participa nunha investigación en curso para determinar o padrón de consumo de substancias legais e ilegais no confinamento. Con el tamén falamos da importancia da actividade física nestes días. www.efervesciencia.org
Modelos matemáticos e COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez. 24.05.2020 15:21
Fragmento do programa EFER 515. Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID? con Saúl Ares e Anxo Sánchez. www.efervesciencia.org
Test virais e control de calidade con Manuel Lolo de AMS LABS 24.05.2020 17:00
Fragmento do programa EFER 515. Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB. www.efervesciencia.org
Efer 515 (21-5-20): Os modelos matemáticos da COVID non son máxicos 21.05.2020 55:41
(2:38) Afectou o confinamento ao consumo de drogas legais e ilegais? Conversamos co psicólogo Manuel Isorna. (12:49) Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez. (28:45) Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB. (45:24) Chamada sorpresa da Avoa aos estreleiros Irene Baspiño e Martin Pawley.
"Teoría do PCPE ou persoa con presa esperando" [Relato de Ciencia que Conta] 19.05.2020 6:50
Recuperamos da nosa radioteca o relato gañador do Ciencia que Conta 2010 na categoría de Bacharelato orixinal de Breixo Álvarez na voz de César Goldi
8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid da man do GAIN 15.05.2020 10:24
Fragmento do programa EFER 514 A Axencia Galega de Innovación, GAIN, ven de apoiar 8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid como resultado dunha convocatoria de emerxencia. Nolo conta a directora do Gain, Patricia Argerey.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.