Efervesciencia

Efervesciencia

Science GL ↓ 932 episodes

Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Efervesciencia

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 28, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Efer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta 14.01.2021

(2:24) En “Cambio de fase” Dani Pizarro analiza a banda deseñada “En órbita con Thomas Pesquet” (13:58) O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender d...

Efer 541 (6-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 2] 11.01.2021

Versión estendida da segunda parte do programa especial de aninovo, emitida o 6 de xaneiro de 2020. Contamos, e cantamos a mellor ciencia do 2020 e a que está por vir neste ano novo. Empregamos de referencia, como é tradición, a escolma da revista Science e os persoeiros do ano de Nature. Nestas dúas horas de radio escoitaremos achados fascinantes pero tamén fracasos, saberemos de senlleiros cient...

Efer 539-540 (1-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 1] 11.01.2021

Versión estendida da primeira parte do programa especial de aninovo, que se emitiu o 1 de xaneiro de 2020. Sen dúbida as vacinas son o achado científico do ano. Falaremos delas coa catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África Gónzalez. Pero tamén abordaremos a outra ciencia que se fixo no intenso 2020. Fieis a nosa tradición tomaremos como referencia a escolma que fai a revista Scienc...

A peluxe do embigo [Ciencia para andar por casa] 10.01.2021

Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa”

Efer 538 (24-12-20): Como ven as adolescentes galegas a profesión científica 10.01.2021

(4:01) Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa” (14:47) Xuvenciencia analizou en “A Ciencia como profesión” os estereotipos e os prexuízos de xénero nas carreiras científicas nunha enquisa a 700 escolares de ESO, BAC e FP de 31 centros galegos. Unha das conclusións é que as rap...

Fusobacterium, cara bonita pero malas compañas [Circo de bacterias] 05.01.2021

O Fusobacterium semella un pasaxeiro inofensivo do noso microbioma que temos na boca, ou na vaxina. Pero malia a súa cara bonita, esta bacteria anda con moi malas compañas e iso agora sabemos que non é casualidade. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira.

Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata [Saber por se acaso #2] 01.01.2021

“Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.

RCP en tempos da Covid [Saber por se acaso #1] 01.01.2021

“RCP en tempos da Covid”. Primeiro capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.

Efer 537 (17-12-20): Os microplásticos tamén contaminan os solos 26.12.2020

(2:51) “Anafilaxe: Unha alexia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández. (13:27) (13:27) Existe unha conciencia global da contaminación...

COVIDBens con Marga Poza e Ricardo Cao [Versión estendida] 26.12.2020

Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permi...

O algoritmo mátame: Rastrexo e privacidadade con @lparcero e @susanaladra 21.12.2020

Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastr...

Efer 536 (10-12-20): Detección temperá do iceberg de casos ocultos de covid cunha única PCR 21.12.2020

(0:52) Faraday e o Gran Fedor (5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólo...

Razón de taxas, IA... como interpretar ben os datos da pandemia con @lipido @omeuxeito 15.12.2020

(2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos. Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar correctame...

Efer 535 (3-12-20): Dentro de #SemáforoCOVIDGalicia 15.12.2020

(2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos. (13:53) Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar co...

A nosa xénetica inflúe na covid? Con Federico Martinón 15.12.2020

Un dos proxectos financiados nesta convocatoria extraordinaria contra a covid da GAIN estuda se a nosa xenética inflúe en como nos infectamos. Conversamos con Federico Martinón, xefe de pediatría do CHUS.

GAIN financia 15 proxectos de investigación sobre a covid, con Patricia Argerey 13.12.2020

A Axencia Galega de Innovación GAIN financia con 3 millóns de euros 15 proxectos de investigación sobre a covid-19 que tiveron unha avaliación positiva na convocatoria de emerxencia do Instituto Carlos III, pero que non chegaron a ter financiamento. Conversamos coa directora da GAIN Patricia Argerey.

“Aínda coas vacinas temos que ter un plan B para unha eventual mutación do virus 13.12.2020

“Aínda coas vacinas temos que ter un plan B para unha eventual mutación do virus. Nos estamos creando clons de laboratorio, modelos animais, anticorpos monoclonais” Versión completa da conversa con Luis Martínez Sobrido. O virólogo galego Luis Martínez Sobrido mudouse desde a Universidade de Rochester (Nova Iork) a Texas para traballar no Instituto de Investigacións Biomédicas desta cidade en febr...

"Campo de espigas": Recreación radiofónica do gañador de @inspraciencia na categoria de mocidade 08.12.2020

Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos.

"Suiseki": Adaptación radiofónica do gañador de @inspiraciencia 08.12.2020

Recreación radiofónica de "Suiseki" coa locución de Anxo Quintela. Con “Suiseki” O enxeñeiro de telecomunicacións Daniel Pereira vén de gañar o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña na categoría de adultos de relatos en galego.

Diego Peña: "Ao interrogar a moléculas individuais descubriremos novas cousas" 08.12.2020

[Versión estendida] Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Syner...

Efer 533 (19-11-20): A revolución da química das moléculas individuais 06.12.2020

(3:34) Nos “Paxaros na cabeza” de Nacho Munilla escoitamos os chíos do tordo malvís e o galo da braña. A primeira destas especies invernantes aliméntanse de bagas de acivro, que son tóxicas para os humanos. (14:21) Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactiv...

"Material Minds" O meirande experimento de cognición visual [Versión estendida] 16.11.2020

[Versión estendida] O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altamente cotizadas Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) co proxecto “Mentes Materiais”. Este ambicioso proxecto é o maior experimento deseñado de cognición visual, e ten como premisa que o “as humanos facemos obxect...

O Galeón de Ribadeo con Miguel San Claudio e Ana Crespo [Versión estendida] 16.11.2020

[Versión estendida podcast] Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder. Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de co...

Fogo amigo inmunolóxico na diabete infantil con Iria Gómez Touriño [Arquivo Efervescente] 16.11.2020

Recuperamos do noso arquivo Efervescente a entrevista que lle fixemos a Iria Gómez Touriño sobre as súas investigacións en diabete I emitida o 26-10-14

Efer 532 (12-11-20): Un “Eurofighter” do século XVI na ría de Ribadeo 12.11.2020

(2:37) Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder. Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse forn...

Listen to the Efervesciencia podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.