Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Neurociencia, microbiota, covid persistente... Entrevista completa con @svillapol 06.03.2021 34:17
[Versión estendida] Sonia Villapol é investigadora no Texas Medical Center en Houston especialista en microbiota e cerebro. Entre os seus intereses está o atopar biomarcadores de dano cerebral producido por exposición a golpes na cabeza, como ocorre en moitos deportes. Durante esta pandemia Sonia reenfocou a súa liña de investigación cara a Covid e xogou un papel moi activo en comunicar á sociedad...
Como se fixo o ensaio preclínico da aplidina, con Adolfo García Sastre [Versión estendida] 06.03.2021 20:49
[Versión estendida] O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que superan a fase preclínica chegan finalm...
Ler en exteriores aumenta o contraste con José Manuel Alonso [Versión estendida] 06.03.2021 16:36
[Versión estendida] Non é mesmo ler en branco sobre negro que negro sobre branco. Nen tampuco é o mesmo contraste en exteriores que en interiores. Versión estendida da nosa conversa con @JoseMan95367332
Efer 545 (4-2-21): As secuelas tras a fase aguda da Covid con Sonia Villapol 01.03.2021 57:08
Estaremos neste programa en Houston e Nova Iork. (3:24) O virólogo Adolfo García Sastre cóntanos desde Nova Iork os resultados que veñen de publicar en Science sobre ensaios preclínicos en ratos e cultivos de posibles tratamentos para a Covid. Entre os fármacos que estudaron o que mellor funcionou en condicións de laboratorio foi a aplidina desenvolvida por Pharmamar. Só un 5% dos fármacos que sup...
Efer 544 (28-1-21): A patente que extrae antiséptico do bagazo do albariño 17.02.2021 58:14
(1:46) As consecuencias do confinamento duro nas aves poden ter signos opostos segundo nos comenta o noso paxareiro Nacho Munilla. Convidamos tamén ao biólogo Tino Quintela que en breve comezará na Universidade de Vigo un contrato Marie Curie para estudar organismos dos solos degradados tropicais en Borneo. (2:56) Previa da Regueifa de Ciencia “Estamos a crear un mundo tóxico?,” con Moisés Canle,...
Carolina Moreno: "Detectamos que o público demanda humildade aos comunicadores de ciencia" [CONCISE Versión estendida] 14.02.2021 45:26
[Versión estendida] O proxecto CONCISE H2020 estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias. Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows
Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño 14.02.2021 58:17
(3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows (20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á expos...
"Os curandeiros de África, aquí son os do 5G e as vacinas" César Muñoz Fontela [Versión estendida] 16.01.2021 34:35
[Versión estendida en podcast] O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das no...
Oportunidade única de ollar Urano cos teus ollos [Guía do ceo] 16.01.2021 16:03
Urano é un planeta tan difícil de atopar no ceo que tan so puido ser descuberto co uso do telescopio por William Herschel. Pero agora os noso estreleiros, Pawley e Baspino, dannos unha pista para atopalo facilmente a vindeira semana.
Efer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta 14.01.2021 56:58
(2:24) En “Cambio de fase” Dani Pizarro analiza a banda deseñada “En órbita con Thomas Pesquet” (13:58) O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender d...
Efer 541 (6-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 2] 11.01.2021 1:25:55
Versión estendida da segunda parte do programa especial de aninovo, emitida o 6 de xaneiro de 2020. Contamos, e cantamos a mellor ciencia do 2020 e a que está por vir neste ano novo. Empregamos de referencia, como é tradición, a escolma da revista Science e os persoeiros do ano de Nature. Nestas dúas horas de radio escoitaremos achados fascinantes pero tamén fracasos, saberemos de senlleiros cient...
Efer 539-540 (1-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 1] 11.01.2021 2:11:16
Versión estendida da primeira parte do programa especial de aninovo, que se emitiu o 1 de xaneiro de 2020. Sen dúbida as vacinas son o achado científico do ano. Falaremos delas coa catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África Gónzalez. Pero tamén abordaremos a outra ciencia que se fixo no intenso 2020. Fieis a nosa tradición tomaremos como referencia a escolma que fai a revista Scienc...
A peluxe do embigo [Ciencia para andar por casa] 10.01.2021 10:07
Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa”
Efer 538 (24-12-20): Como ven as adolescentes galegas a profesión científica 10.01.2021 58:17
(4:01) Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa” (14:47) Xuvenciencia analizou en “A Ciencia como profesión” os estereotipos e os prexuízos de xénero nas carreiras científicas nunha enquisa a 700 escolares de ESO, BAC e FP de 31 centros galegos. Unha das conclusións é que as rap...
Fusobacterium, cara bonita pero malas compañas [Circo de bacterias] 05.01.2021 10:24
O Fusobacterium semella un pasaxeiro inofensivo do noso microbioma que temos na boca, ou na vaxina. Pero malia a súa cara bonita, esta bacteria anda con moi malas compañas e iso agora sabemos que non é casualidade. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira.
Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata [Saber por se acaso #2] 01.01.2021 11:18
“Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.
RCP en tempos da Covid [Saber por se acaso #1] 01.01.2021 16:41
“RCP en tempos da Covid”. Primeiro capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.
Efer 537 (17-12-20): Os microplásticos tamén contaminan os solos 26.12.2020 58:33
(2:51) “Anafilaxe: Unha alexia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández. (13:27) (13:27) Existe unha conciencia global da contaminación...
COVIDBens con Marga Poza e Ricardo Cao [Versión estendida] 26.12.2020 26:51
Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permi...
O algoritmo mátame: Rastrexo e privacidadade con @lparcero e @susanaladra 21.12.2020 24:22
Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastr...
Efer 536 (10-12-20): Detección temperá do iceberg de casos ocultos de covid cunha única PCR 21.12.2020 56:51
(0:52) Faraday e o Gran Fedor (5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólo...
Razón de taxas, IA... como interpretar ben os datos da pandemia con @lipido @omeuxeito 15.12.2020 30:19
(2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos. Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar correctame...
Efer 535 (3-12-20): Dentro de #SemáforoCOVIDGalicia 15.12.2020 56:12
(2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos. (13:53) Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar co...
A nosa xénetica inflúe na covid? Con Federico Martinón 15.12.2020 10:41
Un dos proxectos financiados nesta convocatoria extraordinaria contra a covid da GAIN estuda se a nosa xenética inflúe en como nos infectamos. Conversamos con Federico Martinón, xefe de pediatría do CHUS.
GAIN financia 15 proxectos de investigación sobre a covid, con Patricia Argerey 13.12.2020 7:27
A Axencia Galega de Innovación GAIN financia con 3 millóns de euros 15 proxectos de investigación sobre a covid-19 que tiveron unha avaliación positiva na convocatoria de emerxencia do Instituto Carlos III, pero que non chegaron a ter financiamento. Conversamos coa directora da GAIN Patricia Argerey.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.