Efervesciencia
Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos. Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas. Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación. Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Mitos caídos sobre as espadas dos guerreiros de Xian con Marcos Martinón 17.05.2019 19:33
Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucentes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coincidencia.
Efer 476 (1-5-19): Ética no océano dos datos 17.05.2019 57:36
Vivimos nun oceáno de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13). Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucintes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Mar...
O novo primo Homo Luzonensis con María Martinón 16.05.2019 19:57
María Martinón dirixe o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana, CENIEH. Con ela actualizamos o noso álbum familiar co achado do Homo Luzonensis. Tamén coñecemos a súa investigación sobre un dente de Tongzi en China que podería corresponder a un Denisovano.
Paso migratorio prenupcial [Paxaros na cabeza] 16.05.2019 14:25
Na nosa sección de ornitoloxía afeccionada con Nacho Munilla coñecemos o paso migratorio prenupcial de primavera.
Efer 475 (24-4-19): Temos homínido novo na familia 16.05.2019 55:14
O álbum familiar dos homínidos [Intro] (0:28) Paso migratorio prenupcial [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla] (2:34) Previa Naukas Coruña con Wicho (16:59) O novo primo Homo Luzonensis con María Martinón (22:38) @cienciamiuda finalista no #FameLabEspaña2019 (42:30) Convocados os premios de Transferencia da @RAGalegaCiencia (47:35)
Efer 474 (17-4-19): M87, o burato negro fotoxénico 05.05.2019 55:03
Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé (2:16), profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica d...
Como localizar onde está M87 [Guía do Ceo] 18.04.2019 14:55
Na Guía do Ceo de abril-19 explicamos porque a Semana Santa este ano non cae onde debera segundo a astronomía. Nestes días a lúa esta na constelación da Virxe, onde se atopa M87 e o burato negro fotografado por primeira vez. Coas indicación s dos nosos estreleiros saberás como localizala facilmente. Vídeo de axuda visual https://youtu.be/FqcXiYqDXEI
Bioética con José Antonio Seoane [Versión estendida] 14.04.2019 40:06
Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investi...
NeuroART, feromonas e ... Mahler! 14.04.2019 18:45
NeuroART é o concurso de imaxe e vídeos artísticos relacionados co sistema nervioso convocado pola Sociedade Española de Neurociencia. O primeiro premio de imaxe e mais o segundo teñen a sinatura galega de Paula Rodríguez Villamayor e Pablo Sánchez-Quinteiro. Con eles falamos de fermonas, o órganos vomeronasal e de Mahler!
Efer 473 (13-4-19): Bioética do día a día 14.04.2019 58:58
Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investi...
O marabilloso libro do CRISPR de Lluis Montoliu 13.04.2019 27:50
Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”.
Efer 472 (3-4-19): Recortamos e pegamos xenes 13.04.2019 57:09
Sempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”. Tamén nos visitan os investigadores participantes no VIII obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”: José A. Costoya, Andrea Muras, Mar García Colomer, Tereza Ruzicko...
Efer 471 (27-3-18): Xenoma inestable para loitar contra o cancro 28.03.2019 56:00
Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación...
A técnica de laboratorio que descubriu un elemento [Entrevistas no alén] 28.03.2019 15:07
Marguerite Perey comezou traballando no Instituto do Radio de Marie Curie como técnica de laboratorio. Co paso do tempo acabaría sendo a “filla adoptiva” de Curie e descubrindo o elemento 87 da táboa periódica. Nova entrevista no Alén, coa participación de Rosa Pedrido.
Como non reparar o xenoma pode axudar contra o cancro con @KP_twitt_llo 28.03.2019 20:21
Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación...
@wicho analiza os problemas dos Boeing 737 Max 28.03.2019 16:17
Wicho explícanos polo miúdo que se cre que pasou nos accidentes dos Boeing 737 MAX e que consecuencias pode ter para a seguridade aérea.
Efer 470 (20-3-19): Por que o home do neolítico nunca gravaría un vídeo en vertical? 24.03.2019 57:47
Os homes que construíron as mámoas hai 6000 anos tiñan cableado o seu encéfalo para ollar en horizontal, en modo panorámico. Este é o resultado dun estudo pioneiro en neoarqueoloxía que veñen de asinar en Scientific Report os investigadores galegos Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e Luis Martínez Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant) cos que conversamos en Efervesciencia. A catedrática da antro...
Efer 469 (13-3-19): Ecos dos tangos cósmicos con Gabriela González 14.03.2019 57:31
O cadro de persoal do observatorio LIGO esta formado por unhas 1000 persoas, que nun exercicio de democracia escollen cada dous anos a un voceiro oficial do experimento. Durante 6 anos a física arxentina Gabriela González ostentou a portavocía de ligo, período onde se descubriu e fixo público o achado da primeira onda gravitacional. A revista Nature nomeou a Gabriela González como o investigador d...
Efer 468 (6-3-19): A sostenibilidade dos mares vista por un economista 14.03.2019 56:45
Sebastián Villasante é profesor de economía na USC especializado no estudo da sostenibilidade de mares e océanos con proxectos como "Cephs and Chefs". As plantas falan entre si coa linguaxe da química. Xaquín Moreira Tomé, investigador Ramón y Cajal do grupo xenética e Ecoloxía Forestal da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, dedícase a interceptar estas comunicacións para interpretalas. Tres pist...
Efer 467 (27-2-19): As croquetas do imperio do mal con @farmagemma 14.03.2019 57:06
Inserímonos dentro do “Imperio do mal” alimentario e farmacéutico da man de @farmagemma e a súa estraña familia. Tamén falamos da importancia do deseño como motor de innovación con María José Mariño da @axenciaGAIN e @DavidBarro1 Coñecemos o lado mais galego da Táboa Periódica con Miguel Ángel Ríos que nos presenta a obra de Tomás Batuecas na Comisión Internacional de Pesos Atómicos. Batuecas ven...
Efer 466 (20-2-19): Unha noite estimulando cerebros con imáns 14.03.2019 57:11
Visitamos o laboratorio de investigación do grupo Neurocom da Universidade de A Coruña onde conversamos con Casto Rivadulla e Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxía Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo. Estes investigadores veñen de publicar en Scientific Report un traballo sobre o tratamento da epilepsia con neuromodulación non invasiva con campos magnéticos estátic...
Efer 465 (13-2-19): De NOSA ao IEO-Vigo, xogo de espellos no 11F 11.03.2019 56:35
Para conmemorar a celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia facemos un xogo de espellos desde un instituto de investigación ata un congreso científico escolar, desde o mar ata o espazo. Xuntamos nun mesmo espazo sonoro a 8 investigadoras e técnicas do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (María Saínza, Isabel Riveiro, María Sánchez Barba, Pilar Ria...
Efer 464 (6-2-19): Secuenciado o xenoma do berberecho 10.03.2019 58:37
Nesta edición efervescente anunciamos en primicia a secuenciación completa por primeira vez do berberecho. Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles. Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc. Bibiana García Visos na súa Ciencia para Andar por Casa danos a escusa perfecta para non facer a cama. Fa...
Demo de Tasmanía, cancros transmisibles e berberechos con José Tubío 10.03.2019 34:50
Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc. Tubío lembra de pequeno en Noia o seu primeiro contacto cos berberechos nun episodio coa Garda Civil. Agora o seu grupo vén de secuenciar por primeira vez o xenoma do berberecho. Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles.
As matemáticas desvelan unha bolsa oculta de violencia de xénero sen denunciar en Galicia 10.03.2019 9:52
Facemos unha anatomía dunha investigación estatística con Amanda Fernández, investigadora de postdoutoramento na Universidade Humbold de Berlín. As matemáticas desvelan a existencia dunha bolsa oculta de casos de violencia de xénero sen denunciar en Ourense e Lugo. Conversamos con Amanda na 4ª reunión de Biostatnet.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.