Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6584 episodes

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Municipal de Tui

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Nov 20, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 10M+ downloads · 4.7+ rating iOS soon

Episodes

Ent. José Martínez Tato, concelleiro Medio Ambiente - Andaina Solidaria e reciclaxe no Nadal 23.12.2015

Este domingo celébrase a IV Camiñada Solidaria Tui-Valença-Tui, organizada un ano máis polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui e da Cámara Municipal de Valença. Sairá ás 10.30h do Palco da Música en Tui para facer un percorrido ata Valença e regresar ao punto de partido. Contounolo hoxe José Martínez Tato do club organizado. Ao tempo coma concelleiro de Medio Ambiente f...

Ent. ACITUI - Sorteo de Cestas de Nadal e Festa Infantil 23.12.2015

A Asociación de Comerciantes de Industriais de Tui celebra esta tarde unha festa infantil no Liceo Casino de Tui aberta a todos os nenos e nenas. Así nolo contaron esta mañá Juan Carlos Blanco, presidente; Miguel Martínez, vicepresidente; e Abel Vila, secretario de ACITUI. Tamén nos nosos estudos fixeron o sorteo de dúas cestas de Nadal e deron conta de que a lotería da Asociación resultou onte pr...

Ent. Samuel Diz, músico tudense - Presentación Impresiones y Paisajes, como el primer libro de Lorca 23.12.2015

O músico tudense Samuel Diz vén de ofrecer un concerto na Universidade de Cork en Irlanda e presentar no Centro Cultural Xeración do 27 de Málaga o seu novo traballo, Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca. Estes convites confirman o interese que a investigación de Samuel Diz sobre a guitarra na Xeración do 27 suscita no ámbito máis académico. Con Samuel Diz conversamos durante o Dí...

Ent. Marisa Giráldez, coordinadora de Bádminton Tui- I Torneo Exhibición de Bádminton en Tui 23.12.2015

O próximo martes, 29 de decembro, de 11h a 14h, celebrase no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui, o I Torneo Exhibición de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui, en colaboración coa Federación Galega de Bádminton e o Concello de Tui. No mesmo xogadores federados realizarán partidos de exhibición, poderán participar tamén tanto nenos/as como adultos interesados en coñecer este deporte...

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Actividades de Nadal 22.12.2015

Na Praza do Seixo en Tomiño está xa instalada unha carpa onde se celebran obradoiro infantís gratuítos este Nadal de 17 a 20h gratuítos. Tamén os domingo 27 e 3 de xaneiro haberá teatro infantil no Auditorio de Goián. O Mercado é outro dos eixos da actividade cultural deste Nadal coma nos explicou a alcaldesa, Sandra González. Tamén deu conta de que os Reis Magos chegarán de novo este ano ao Seixo...

Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui - Nadal 22.12.2015

A música é a gran protagonista das actividades de Nadal en Tui organizadas polo Concello de Tui ao través da concellería de Cultura e da de Turismo. Este xoves, día de Noiteboa, amenizará as rúas de Tui a Rondalla de Pexegueiro, e nestas datas podemos viaxar en tren turístico pola Eurocidade. Amais este sábado, actuarán as pandereteiras Tambaluca e o grupo folclórico Inquedanzas. Pero tamén está p...

Ent. Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal- Actividades de Nadal 22.12.2015

As actividades xa comezaron no Rosal co festival de nadal da Agrupación Musical do Rosal, con cantos e panxoliñas. Para este sábado hai dúas actividades, un espectáculo infantil e familiar, o Zampa Libros, no Auditorio ás 18h. Ese mesmo día, a Coral da Agrupación Musical do Rosal vai dar un concerto na Igrexa Parroquial ás 19h. Este domingo haberá un concerto de corais de Ecos do Folón. Charo Taba...

Ent. Elena Baz, concelleira de Cultura de A Guarda- Actividades de Nadal 22.12.2015

Elena Baz, concelleira de Cultura da Guarda, destacou que a Axenda para estas datas é ampla e variada, destinada a todos os públicos. En canto ó teatro para adultos, haberá nestas datas 3 obras no Centro Cultural. Para os máis pequenos, haberá mañá cinema infantil ás 17.30h Los Boxtrolls; o 30 de decembro Laranxus ás 17.30h, o 4 de xaneiro ás 17.30h Big Hero 6 e diferentes obradoiros.

Ent. Alejandro Da Cuña- Presentación libro Receitas con Historia en Salceda 22.12.2015

Mañá preséntase Receitas con Historia ás 20.30h no Auditorio de Salceda de Caselas. Trátase dun libro no que o seu autor, Alejandro Da Cuña, recompilou ao longo dos últimos dous anos e medio receitas tradicionais que se elaboraban nas casas de Tui e da contorna. Síndrome de Rett, e Síndrome deleción 1p36 son as asociacións ás que irán destinadas os fondos da venda deste libro.

Ent. Mónica Bugarín, coordinadora do Espazo Xove de Tui- Actividades desta semana 21.12.2015

O Espazo Xove de Tui finalmente non levará a cabo as actividades de xogo destinadas para os nenos no día de hoxe e mañá, debido a que non se cubriron as prazas dispoñibles. Como novidade, Mónica Bugarín explicou que os días 4 e 5 de xaneiro, o Espazo Xove só estará aberto en horario de mañá. Lembramos que o día 24 e 31 permanecerá pechado este centro xuvenil. O resto dos días, o Espazo Xove terá o...

Ent. Emilio Vilar, do Café Museu de Tui- Campaña de recollida de xoguetes 21.12.2015

O Café Museu de Tui, recolleu máis de 1000 xoguetes na Campaña Solidaria que vén de organizar co gallo do Nadal. Ata mañá aínda se poden entregar xoguetes, e a cambio, o Café Museo regálanos un café. Para pechar a campaña, mañá farán unha festa na Rúa Ordóñez, de 16.00h a 19.30h, con inchables, espectáculo de danza aérea, monitoras realizando globoflexia e talleres de maquillaxe, Rematará a tarde...

Ent. Rubén López, dtor. do Conservatorio e Eva Iglesias, pta do Liceo Casino - Concerto 18.12.2015

A Banda de música e orquestra de corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui ofrece un concerto ás oito desta tarde no Liceo Casino de Tui. Rubén López, director do Conservatorio e Eva Iglesias presidenta do Liceo Casino, nolo contaban esta mañá.

Ent. Roberto Paramos, xerente de Xadrez Galego - I Torneo de Xadrez da Eurocidade 18.12.2015

Mañá sábado celébrase o I Torneo de Xadrez da Eurocidade, organizado polos clubes de xadrez de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e Xadrez Galego. Este torneo comezará ás 11.00 horas españolas, na carpa instalada na praza da República de Valença, onde se xogarán as tres rondas matinais. Xa pola tarde, a partir das 16.00 horas españolas, na sala de exposicións da Área Panorámica en Tui...

Ent. José Diéguez Diepa, deán da Catedral de Tui - Apertura Porta Santa 18.12.2015

As Portas Santas das Catedrais de Tui e de Santiago de Compostela abríronse a semana pasada co gallo de celebrar o Ano Xubilar da Misericordia, convocado polo Papa Francisco, e que remata en novembro do ano 2016. Por primeira vez na súa historia, o acceso principal á basílica tudense transformouse en Porta Santa. En entrevista á Radio Municipal de Tui, o Deán da Catedral, José Diéguez Dieppa, falo...

Ent. Ana Pastor, candidata do PP por Pontevedra - Eleccións Xerais 18.12.2015

Na Radio Municipal de Tui concluimos hoxe as conversas mantidas esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Esta mañá foi a quenda da candidata do PP por Pontevedra e Ministra de Fomento, Ana Pastor. Destacou que a campaña foi o momento para facer balanzo destes últimos catro anos. Pedía o apoio este domingo a todas as persoas que queiran u...

Ent. Andrea González, pianista tudense- Actuación na Mostra España en Valença 17.12.2015

A pianista tudense Andrea González actúa este sábado 19 de decembro ás 20h españolas no Arquivo Municipal na Fortaleza de Valença, dentro da Mostra España. A entrada é gratuíta. Andrea González fará unha homenaxe a Arthur Rubinstein, unha das primeiras figuras que deu a coñecer a música española máis aló das nosas fronteiras. Interpretará o programa titulado Música de España, que foi gravado entre...

Ent. Eduardo Cadenas, pte Asociación Amigos da Catedral- Concursos na Catedral 17.12.2015

A Catedral de Tui organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos da Catedral, para estas datas diversos concursos de Nadal, o concurso de panxoliñas, de corais e de beléns. O décimo oitavo concurso de panxoliñas pechou a inscrición no día de onte. Haberá 3 premios para os gañadores, ademais, o xurado poderá outorgar 3 accésits en función da calidade dos grupos de panxoliñas. O día 3 de xaneiro...

Entrevista a Manel Loureiro, escritor- Presentación do seu libro no Espazo Lector Nobel 17.12.2015

O Espazo Lector Nobel organiza ás 20h un encontro co escritor Manel Loureiro, un dos autores con máis éxito do momento, que asinará exemplares da súa última novela “Fulgor”. Manel Loureiro, explicou nos micrófonos da Radio Municipal de Tui que a súa quinta novela, Fulgor, publicouse en outubro deste ano, e que en breves dará o salto para outros países, como Latinoamérica, Estados Unidos, o Canadá,...

Ent. Dolores Galovart, cabeza de lista do PSOE pola provincia de Pontevedra- Eleccións Xerais 17.12.2015

Dolores Galovart explicou que para o PSOE é importante modernizar a xustiza, mellorar o sistema do benestar, como muller, incide que é vital conseguir unha igualdade efectiva e da necesidade da conciliación da vida familiar e laboral e da corresponsabilidade de tarefas entre home e muller.

Ent. Alexandra Fernández,nº1 por Pontevedra de En Marea - - Eleccións Xerais 16.12.2015

Na Radio Municipal de Tui conversamos esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Alexandra Fernández, candidata pola provincia de Pontevedra do partido En Marea, quixo subliñar que estas eleccións do 20 de decembro son históricas, xa que nunca houbo tanta incerteza nin tanta pluralidade. Destacou a candidata Alexandra Fernández que o parti...

Ent. Rubén López, director; Beatriz Cristóbal, e Laura González, do Conservatorio - Concerto de Nadal 16.12.2015

Mañá xoves,17 de decembro, o Conservatorio de Música de Tui celebra un concerto de Nadal con compoñente solidaria ás 20h no Teatro Municipal da Área Panorámica. Así, os interesados en asistir ó concerto deberán entregar un quilo de alimentos para obter a súa entrada. O teatro estará aberto dende as 18.30h para recoller os alimentos. Así nolo contaron Rubén López, director do Conservatorio; Beatriz...

Ent. Antonio Lara, nº1 por Pontevedra de Ciudadanos - Eleccións Xerais 16.12.2015

Na Radio Municipal de Tui conversamos esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Antonio Lara, o nº1 por Pontevedra de Ciudadanos explicou que a campaña está a ser moi intensa e a están a vivir con moita ilusión. Na provincia dicía que das conversas coa xente nota que hai vontade de cambio. Lograr representación por Pontevedra sería un éxi...

Ent. Carme Adán, candidata Nós Candidatura Galega por Pontevedra - Eleccións Xerais 16.12.2015

Na Radio Municipal de Tui conversamos esta semana cos candidatos por Pontevedra das distintas formacións ás Eleccións Xerais deste domingo. Carmen Adán, candidata por Pontevedra de Nós Candidatura Galega, explicaba que están a facer unha campaña persoa a persoa. Agardan contar coa apoio da cidadanía para seguir sendo a voz dos galegos en Madrid.

Sección Semanal do Espazo Xove de Tui 15.12.2015

A semana próxima, o luns e martes pola mañá, de 11h a 13h, o Espazo Xove organiza unhas xornadas de xogo aproveitando as vacacións de Nadal, destinadas a nenos e nenas entre 8 e 10 anos. Hai soamente 10 prazas dispoñibles e é preciso inscrición previa. Por outra banda, Mónica Bugarín deu conta que os días 24 e 31 o Espazo Xove estará pechado.

Entrevista a Diego Alfonsín, escritor tudense- Recentes premios de contos e novela 14.12.2015

Diego Alfonsín Rivero estase facendo un nome coñecido no mundo literario. Gañou o premio no concurso de contos Max Aub o ano pasado e este ano vén de conseguir o primeiro premio no certame de novela curta de Miguel de Unamuno coa novela “Lenta Demolición”.

Listen to the Día a Día podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.