Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Author
Radio Municipal de Tui
Category
Podcast website
Latest episode
Nov 20, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A Guarda suspende a Cabalgata e matén a recepción real na Casa dos Alonsos 05.01.2016 0:53
A Guarda suspende a Cabalgata de Reis desta tarde ante a inestabilidade meteorolóxica. As súas Maxestades de Oriente recibirán a partir das seis da tarde aos nenos na Casa dos Alonsos onde actuarán os grupos que ían participa na Cabalgata. Así o explicaba a concelleira de Cultura, Elena Baz.
Ent. José Javier Bascoy, director Agrup.Musical do Rosal- Concerto solidario e 30º aniversario 05.01.2016 7:05
O Auditorio Municipal do Rosal acolle mañá mércores, ás 18.30h, un concerto solidario da Agrupación Musical do Rosal dirixida por José Javier Bascoy. No mesmo recollerán alimentos non perecedoiros para Conrazones. Precisamente o director da Agrupación Musical do Rosal deu conta do repertorio que interpretarán, con zarzuelas, ópera e pezas de cine e teatro. Por outra banda, a Agrupación Musical do...
Ent.Charo Tabales, concelleira de Cultura do Rosal - Cabalgata de Reis 05.01.2016 1:48
Pese ao mal tempo Melchor, Gaspar e Baltasar madrugaron hoxe para percorrer todos os barrios e parroquias do Rosal nun periplo de varios quilómetros. Tras o percorrido matinal proseguirán esta tarde por Tabagón, A Portela, Eiras, Morán, Valdemiñotos, Couselo, A Lomba, Urgal, Barrio Novo, Cumieira de Abaixo, Cumieira de Arriba, e Sandián. Ás cinco da tarde regresarán á Praza do Calvario onde no sal...
Ent. Teresa Pérez, concelleira de Cultura de Salceda - Cabalgata de Reis 05.01.2016 1:35
En Salceda está todo preparado para a Cabalgata de Reis desta tarde que ten previsto a súa saída ás 18h dende a Praza da Devesa. Se o tempo non acompaña Melchor, Gaspar e Baltasar estarán de todos os xeitos no pavillón de deportes recibindo aos nenos.
Ent. Cristina Martínez, concelleira de Cultura de Tomiño - Cabalgata de Reis 05.01.2016 2:43
En Tomiño non haberá Cabalgata esta tarde, no que se refire ao percorrido entre o Alivo e o Seixo. Si estarán os Reis que chegarán entorno ás 16.30h ao Concello e media hora despois comezarán a recibir aos nenos na carpa instalada na Praza do Seixo. Así o confirmaba a concelleira de Cultura, Cristina Martínez.
Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui - Cabalgata de Reis 04.01.2016 3:17
Pendentes do tempo están as Cabalgatas de Reis que se celebran mañá 5 de xaneiro. A da Eurocidade ten previsto que a comitiva real saia ás 17h dende Valença e chegue ao Paseo da Corredoira en Tui (fronte ao Seminario Menor) ás 19h. Mañá ás 12h tomarán unha decisión en función da climatoloxía de se sae a cabalgata ou se realiza so a recepción real. Así o confirmaba a concelleira de Cultura de Tui,...
Ent. Fernando Ferreira, pte Asoc. de pescadores do río Miño - Inicio temporada da lamprea 04.01.2016 5:33
Esta pasada noite comezou a campaña da lamprea 2016 no río Miño que se estenderá ata finais de abril. Na marxe española haberá entorno a 150 embarcacións autorizadas. Esta primeira noite da temporada, foi en palabras do presidente da Asociación de Pescadores do río Miño, Fernando Ferreira, con poucas embarcacións debido ás adversas condicións climatolóxicas, pero cando menos xa viron algún exempla...
Felicitacións Ano Novo- Laureano Alonso, voceiro de Son de Tui 31.12.2015 5:45
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Laureano Alonso, voceiro do partido Son de Tui
Felicitacións Ano Novo- Carlos Vázquez Padín, voceiro de Converxencia 21 31.12.2015 4:52
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Carlos Vázquez Padín, voceiro de Converxencia 21
Felicitacións Ano Novo- Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense 31.12.2015 3:27
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Miguel Capón Rey, voceiro de Alternativa Tudense
Felicitacións Ano Novo- Carmen Núñez, voceira do BNG 31.12.2015 3:52
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Carme Núñez, voceira do Bloque Nacionalista Galego
Felicitacións Ano Novo- José Manuel Sousa, voceiro de Alternativa Popular de Tui 31.12.2015 4:04
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de José Manuel Sousa, voceiro de Alternativa Popular de Tui
Felicitacións Ano Novo- Antonio Fernández Rocha, voceiro do PP 31.12.2015 3:00
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Antonio Fernández Rocha, voceiro do Partido Popular.
Felicitacións Ano Novo- Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos Tudenses 31.12.2015 4:20
Co gallo de despedir o ano 2015 e darlle benvida ó 2016, hoxe pasaron polos nosos micrófonos os voceiros da corporación municipal tudense. Esta foi a mensaxe de Nadal para os oíntes da Radio Municipal de Tui de Manuel González Vázquez, voceiro de Ciudadanos Tudenses.
Ent. María José González, concelleira de Cultura de Tui- Concerto de Fin de Ano 30.12.2015 2:20
A concelleira de Cultura, María José González, quixo convidar a todos aqueles que teñen dúbidas de se asistir ou non ao Concerto de Nadal de hoxe que o fagan, xa que vai sorprender a combinación da Banda de Música Popular de Tui coas voces do coro de Mistura Vocal e os bailaríns da Escola de Paula Cobián, xunto coa montaxe técnica. As entradas para este evento musical están xa á venda, ao prezo de...
Ent. Aloia Martínez, directora do Coro Mistura Vocal- Concerto Fin de Ano 30.12.2015 6:44
O Coro Mistura Vocal, xunto coa Banda de Música Popular de Tui e bailaríns da Escola de Danza de Paula Cobián, actuarán ás 21h no Teatro Municipal de Tui no Concerto de Fin de Ano. O Coro Mistura Vocal, dirixido por Aloia Martínez, naceu en outubro de 2014 ofrecendo o seu primeiro concerto hai agora un ano. Neste tempo tense consolidado coma un coro independente no que os seus integrantes inician...
Ent. Adolfo Besada, director da Banda de Música Popular de Tui- Concerto de Fin de Ano 30.12.2015 3:03
Hoxe ás nove da noite celébrase no Teatro Municipal de Tui o Concerto de Fin de Ano, Correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e o Coro Mistura Vocal. A Banda de Música Popular de Tui afunde as súas raíces a finais do século XIX. Mantén unha actividade estable e continuada dende os anos 80 tendo na Escola de Música e no Conservatorio Profesional de Música de Tui o berce de moitos dos seus...
Ent. María del Carmen Alonso, concelleira de Animación Sociocultural do Rosal- II San Silvestre 28.12.2015 4:44
Este xoves 31 de decembro, celébrase no Rosal a II Carreira Popular San Silvestre, composta por unha carreira de cinco km, e unha andaina dun km, e na que hai máis de 300 persoas inscritas. María del Carmen Alonso Alonso, concelleira de Animación Sociocultural do Rosal, deu conta das dúas citas deportivas que sairán dende a Praza do Calvario, a carreira ás 11h e a andaina ás 11.30h. Os corredores...
Felicitación de Nadal do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro 24.12.2015 0:41
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou hoxe as festas na Radio Municipal de Tui.
Felicitación de Nadal do alcalde de Salceda, Marcos Besada 24.12.2015 1:08
Marcos Besada, alcalde de Salceda, deixounos hoxe a súa felicitación de Nadal.
Felicitaciónde Nadal do alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela 24.12.2015 1:23
O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, deixou hoxe na RMT a súa felicitación de Nadal.
Felicitación alcaldesa de Oia, Cristina Correa 24.12.2015 0:33
A alcaldesa de Oia, Cristina Correa, felicitou hoxe as festas na nosa sintonía.
Felicitación de Nadal da alcaldesa de Tomiño, Sandra González 24.12.2015 0:55
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, felicitou hoxe as festas na Radio Municipal de Tui.
Felicitación de Nadal do alcalde da Guarda, Antonio Lomba 24.12.2015 1:38
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, felicitou hoxe as festas na Radio Municipal de Tui
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Felicitación Nadal 24.12.2015 15:15
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou hoxe as festas na nosa sintonía nunha entrevista na que tamén deu conta do pleno que a corporación municipal celebrará o próximo martes para debater os orzamentos de 2016.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.