PontevedraViva Radio
Conversas na Ferrería
En el podcast 'Conversas na Ferrería' la protagonista es la tertulia, un espacio para conversar. Son tertulias sobre lo que sucede, sobre lo que preocupa, sobre lo que suscita curiosidad o simplemente de aquello de lo que apetece charlar un rato. Porque para conversar, nos sobran los motivos. Con Marisa Ciordia
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Conversas na Ferrería #154: Turismo de luxo en Rías Baixas 22.08.2019 27:13
Gozar en vilas de luxo dunhas vacacións en Rías Baixas é posible. Ou nunha das dez mellores casas singulares do mundo. A este tipo de turismo dedícanse Patricia Leiro, Henrique Silva e James Salaño con Galicia Villas Algún membro do Goberno de Estados Unidos, un subastador americano de viños, deseñadores ou futbolistas,... están entre os seus clientes.
Conversas na Ferrería #153: Feira Taurina da Peregrina (II) 15.08.2019 1:18:46
O afeccionado. Eses miles de persoas que acudiron á Feira Taurina da Peregrina nesta recentemente concluída edición de 2019 son os triunfadores da mesma a criterio dos participantes neste segundo faladoiro taurino. Pepé Maquieira, xestor da web Taurophilos; Raúl Martínez, membro da peña Miuras, Guillermo Juncal, membro da peña Que Dios reparta suerte e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de...
Conversas na Ferrería #152: Feira Taurina da Peregrina (I) 08.08.2019 1:17:58
As Conversas na Ferrería como a Feira da Peregrina, abren o seu ciclo taurino. Nesta ocasión, ademais de invitados no estudo charlamos cun dos directores da Escola Taurina de Albacete, Sergio Martínez; coa promesa Carla Otero e co toureiro revelación da tempada que este sábado 10 debutará en Pontevedra, Pablo Aguado. Para este primeiro faladoiro participan no estudo Pepé Maquieira, xestor da web T...
Conversas na Ferrería #151: Parados 'senior' 01.08.2019 42:15
Dos tres millóns aproximadamente de parados que contabiliza o Ministerio de Traballo, ao redor dun millón son maiores de 45 anos. Desde fai seis anos a Asociación de Vítimas do Paro trata de achegar propostas e realiza xestións ante Administracións e formacións políticas para reincorporar ao mercado laboral a esta poboación de 'parados senior'. No estudo contamos con Vicente Vázquez, coordinador e...
Conversas na Ferrería #150: Por que se venden menos coches? 25.07.2019 45:00
Por décimo mes consecutivo, oitavo na provincia de Pontevedra, a venda de vehículos segue baixando. Incerteza sobre que vehiculo mercar?, cuestión de prezo?, hábitos entre os máis novos? situacións estruturais ou conxunturais? Planteámolo con Gloria Couto, profesora de formación vial de la Autoescuela Teucro; a Iñigo Bellido, gerente de Vepersa; y a Alicia Saiz y Andrés Numerato, jóvenes ponteved...
Conversas na Ferrería #149: Morte digna 04.07.2019 1:03:09
Reunimos a Ascensión Cambrón, presidenta da Asociación Dereito de Morrer Dígnamente Galicia; a Lucía Calvo, directiva da devandita asociación e Joaquina Martínez, portavoz en Pontevedra da Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica. PontevedraViva Radio evidenciou durante a produción deste programa a dificultade e rexeitamento que xera abordar unha cuestión como é o dereito a...
Conversas na Ferrería #148: Pandereteiras de Verducido 27.06.2019 26:19
'Faíscas' é o título do primeiro traballo discográfico de Pandereteiras de Verducido. Un trío formado en 2016 por Clara e Candela Fariña Castro e Cecilia Tilve Solla. En 2017 o tema 'Pontevedra Pontevedriña' serviulles para gañar o Festival da Luz que promove a artista galega Luz Casal. Tratan de achegar a música tradicional á poboación máis jóven. Certamente achegan un punto de frescura e particu...
Conversas na Ferrería #147: Surfing the Lérez 2019 20.06.2019 32:14
Conversas na Ferrería, o faladoiro semanal. O que sucede, o que inquieta, o que preocupa e o que ocupa a atención dos contentulios e de tí oínte de PontevedraViva Radio. Cada xoves ás 21.00 horas. Redifusión: venres ás 00.00 horas, ás 09.00 horas e ás 17.00 horas.
Conversas na Ferrería #146: Club Artes Marciais Inclusivas O Mirador 13.06.2019 44:05
O pasado abril quedará marcado no devir do Club de Artes Marciais Inclusivas O Mirador de Monte Porreiro. Marcado grazas ás trece medallas que os seus deportistas conseguiron no Campionato de España de Artes Marciais Inclusivas celebrados en Córdoba. Os medallistas foron Álvaro Sáenz, Nacho Carballo, Sergio Oubiña, Leonardo Hermida, Francisco Javier Castro e Alejandra Argibay. O proxecto xurdiu en...
Conversas na Ferrería #145: Os matemáticos do Sagrado Corazón de Placeres 06.06.2019 26:11
Paula Ferradás Maneiro, Julia Carro Tomé, Hugo Vázquez Fuentes e Breogán Fariña Fernández son alumnos de sexto curso de Primaria e de primeiro curso de ESO do Colexio Sagrado Corazón de Placeres. Todos eles clasificáronse, entre uns cen mil, para a final española do Concurso Pangea. O interese que evidencian polas matemáticas é resultado da formulación docente que aplican profesores como Gaspar An...
Conversas na Ferrería: Un día de traballo pola democracia 29.05.2019 1:06:41
Tegra Gómez Piñeiro, Olga Fontán Álvarez, Begoña Díaz Rey e Roberto Antón Santiago son os invitados para esta ocasión. A todos eles un programa informático elixiunos para ser membros de mesas electorais. Cóntannos como se desenvolveron as súas respectivas xornadas electorais desde pouco antes das oito da mañá ata entrada a medianoite ou a madrugada nalgúns casos, anécdotas, propias ou as que prot...
Conversas na Ferrería #143: MKP Crew 23.05.2019 36:23
A finais de 2017 un grupo de mozos deciden axuntarse para seguir facendo o que lles gusta: a música urbana. Teñen entre 19 e 21 anos, son pontevedreses e denomínanse MKP Crew, acrónimo de Más Ke Perros. A particularidade que teñen é que se aglutinan como agrupación con ese nome, á vez que cada un ten os seus proxectos e igualmente colaboran uns con outros. Charlamos con Álvaro Arousa 'Arrax', Tam...
Conversas na Ferrería #142: Eurovisión 2019 16.05.2019 1:20:39
Paula Suárez, Luis Miguel Alonso, Antón Prieto y Daniel Seijo son os catro eurofans de Eurovisión que comparten charla esta semana con motivo da 64 edición do Festival cuxa final terá lugar o sábado 18 en Tel Aviv, Israel. Profundos coñecedores da historia e as intrahistorias do veterano concurso europeo, tamén fan as súas previsións sobre os resultados cos que concluirá Eurovisión. Daniel Seijo ...
Conversas na Ferrería #141: Erasmus+ Catoria - Dundalk 09.05.2019 26:48
Estudantes de Catoira e da localidade irlandesa de Dundalk participan deste Erasmus+ que cumpre este 2019 a súa terceira edición. Falamos en PontevedraViva Radio con Fernando Sanmartín, director do CPI Progreso de Catoira e Laura Abel, profesora de Inglés, quen este ano acompaña xa desde este pasado xoves á expedición galega a Irlanda. Con David McArdle, profesor de Español e Xeografía en De La S...
Conversas na Ferrería #140: Xuntos e 'Empleo con apoio' 02.05.2019 38:13
Contamos con Sandra Simón, preparadora laboral do programa 'Emprego con apoio' da Asociación Down Pontevedra Xuntos ; Xiana Moreira e Miguel Pérez que son dous dos beneficiarios da proposta e África Rodríguez, xestora do Espacioo Arroelo, unha das empresas que apostaron fírmemente pola iniciativa. Eles, como preparadores, empregados e empleadores comentan as súas experiencias.
Conversas na Ferrería #139: O voluntariado do ITU 25.04.2019 29:26
Miguel Balea, asume a dirección do voluntariado para os Mundiais de Tríatlon xunto a Teresa Blanco; a Esther Portela que coordina o ámbito de comunicación e prensa e Óscar Ponte que coordina loxística seguridade na auga e voluntariado. Miguel é o que atesoura experiencia en diversos eventos que foi albergando Pontevedra. Anos de currículo tras os que xa fala de necesidade dunha "substitución x...
Conversas na Ferrería #138: Estudantes de Medicina 'virales' 11.04.2019 17:26
Miguel Díaz cursa Sexto de Medicina e a súa primeira experiencia na dirección e montaxe audiovisual resultou viral. Paula Sobral pertence á mesma Promoción e evidencia que teñen sobradas calidades musicais nos vídeos que compuxo e interpretou para a Gala dos Oscar de Medicina que celebran os alumnos da Facultade compostelá. Almudena Dapena, a terceira moza pontevedresa nesta mesa de PontevedraViv...
Conversas na Ferrería #137: Umia CF Feminino 04.04.2019 47:13
A comezos do 70 catro equipos de fútbol tiñan aliñación feminina na provincia: Ribadumia, O Grove, Baiona e Porriño. O Umia CF ten historia desde 1924 e un fito desde o comezo da década de 1970, un grupo de mulleres que adoitaban acudir ao campo de fútbol para ver xogar aos homes, decidiron saltar ao campo. Unha delas é Milagros Martínez, extremo esquerdo da primeira formación feminina do Umia CF....
Conversas na Ferrería #136: Cabos Soltos (II) 28.03.2019 1:23:03
Está a escena musical preparada para a paridade? Esta foi a máxima de partida dun dos encontros técnicos celebrados os recentes 21 e 22 de marzo no marco do programa de iniciativa municipal Cabos Soltos. Durante o seu desenvolvemento analizouse se o sector ten un punto de partida igualitario para mulleres e homes ou se toca repensar as prácticas actuais e establecer estándares de igualdade de xé...
Conversas na Ferrería #135: Cabos Soltos (I) 21.03.2019 1:17:07
A programación de Cabos Soltos que ofrece desde este xoves 21 e ata o sábado 23 o Concello de Pontevedra, inclúe unhas xornadas técnicas nas que, en primeiro lugar, púxose a atención na situación actual da escena musical da cidade. Na mesma participaron a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías; o xornalista Carlos Crespo, da revista Fugas de La Voz de Galicia; e o músico e coordinador d...
Conversas na Ferrería #134: Murga Sen barreiras 07.03.2019 23:07
O Centro Ocupacional Méndez Núñez xestionado pola Asociación de Pais de Discapacitados intelectuais Virxe da O, fíxose un oco e con moitos aplausos no certame de murgas de Pontevedra deste entroido. A súa directora María Luisa Dónega, explica nestas Conversas na Ferrería que esta participación enmárcase nas actividades que este 2019 están a desenvolver e teñen previstas con motivo do 30 aniversari...
Conversas na Ferrería #133: Cubo Metálico 21.02.2019 35:22
Cubo, Mystic Man, Pjazz, Mr Wah, Vil Llar e Lumberjack integran Cubo Metálico. Son todos da provincia de Pontevedra, salvo Cubo, que vén doutra galaxia, 'Galifankia' e é quen se fixo coas vontades do resto para que fagan música. Contan neste programa como foi ese momento iniciático. Esa presenza extraterrestre fai que durante os concertos do grupo exerza de animador e provocador entre o público; a...
Conversas na Ferrería #132: A igualdade e os alumnos do CEIP Ponte Sampaio 14.02.2019 23:58
A última visita de escolares a PontevedraViva Radio foi a de alumnos de terceiro e cuarto curso de Primaria do CEIP Ponte Sampaio. Tras a súa estancia para coñecer este medio de comunicación, participaron no Pazo da Cultura na videoconferencia que ofreceu a astrofísica viguesa Begoña Vila con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Estes alumnos convertéronse en tertulianos e f...
Conversas na Ferrería #131: Fundación Toro de Lidia 07.02.2019 42:31
A Fundación Toro de Lidia é o baluarte que está a aglutinar un sentir común: a afección e defensa da tauromaquia. A entidade está a crear agrupacións provinciais e a creada en Pontevedra o pasado xullo organizou un encontro público con Victorino Martín, gandeiro e presidente da Fundación e co mestre e patrón da mesma Juan Antonio Ruiz 'Espartaco'. Con eles xunto ao presidente do Capítulo da Fundac...
Conversas na Ferrería #130: 'Tu abandono me puede matar' 31.01.2019 1:16:29
'Tu abandono me puede matar' é unha plataforma de traballadores de Institucións Penitenciarias que se define como movemento asembleario, apolítico e asindical. Charlamos con José Manuel Monterroso, Juan Nogueiras, Marcial González e Carlos Sánchez neste faladoiro.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.