PontevedraViva Radio

Conversas na Ferrería

News PT ↓ 255 episodes

En el podcast 'Conversas na Ferrería' la protagonista es la tertulia, un espacio para conversar. Son tertulias sobre lo que sucede, sobre lo que preocupa, sobre lo que suscita curiosidad o simplemente de aquello de lo que apetece charlar un rato. Porque para conversar, nos sobran los motivos. Con Marisa Ciordia

Author

PontevedraViva Radio

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 30, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Conversas na Ferrería #129: Vinte anos con Noites Abertas 24.01.2019

Este venres 25 de xaneiro comezan as actividades que para a presente edición inclúe o programa Noites Abertas. Unha proposta que comezou a desenvolverse fai vinte anos. Daquela ofrecía aos mozos e adolescentes de entre doce e trinta anos ata trece propostas de lecer alternativo. Actualmente son case cen. Charlamos con organizadores e monitores: Nacho Márquez, director de Noites Abertas; Mirian Viñ...

Conversas na Ferrería #128: CRE da Once, Premio Cidade de Pontevedra 17.01.2019

O Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra e no seu nome o presidente da Fundación ONCE, Miguel Carballeda, será o encargado de recoller o vindeiro luns 21 o premio Cidade de Pontevedra no apartado de entidades xurídicas. Un galardón que se entregará no tradicional pleno de honras no Teatro Principal, con motivo da onomástica - un día antes- do voto da cidade, San Sebastián.  O director...

Conversas na Ferrería #127: Pinto e Maragota 10.01.2019

O próximo 19 deste xaneiro comezará a primeira das actividades do proxecto municipal 'Pinto e Maragota', unha iniciativa pioneira no municipio, e non só en Pontevedra. Nas primeiras Conversas na Ferrería deste ano reunimos á concelleira de Igualdade, Carme Fouces; Ada Otero, coordinadora do colectivo Avante; e Jorge dá Conceiçao, tamén integrante de Avante, para falar de diversidade sexual.

Conversas na Ferrería #126: As campañas publicitarias máis exitosas deste Nadal 27.12.2018

Para as últimas Conversas na Ferrería deste ano propuxemos a catro profesionais do sector da publicidade, a comunicación e o márketing que nos acompañasen para facer un repaso polas campañas do Nadal que máis éxito están a ter nestas datas de 2018. Esther Bailón, socia de Era Comunicación; Berta Nogueira, xerente de AB Comunicacións; Alberto Garnil, director de Iconweb e Natalia González, socia de...

Conversas na Ferrería #125: Escola de Canteiros de Poio 20.12.2018

Membros da Asociación de Canteiros de Poio demandan por varias vías unha homologación do título que se ofrece na Escola radicada nese municipio. Poñen voz ás súas reivindicacións nestas Conversas na Ferrería. Participan: Manuel Sestelo, Javier Diéguez, Esther Veiga, Aurea Díaz y Paulino Castiñeira. A solución á súa reivindicación é sinxela, a priori. Chámase "vontade política". Na Escola de Cantei...

Conversas na Ferrería #124: Noites de música en Novos Cinemas 13.12.2018

A terceira edición de  Novos Cinemas vén acompañada de noites musicais. A do venres será unha velada para o underground pontevedrés. Charlamos coas tres bandas.   Isaak Abonjo é batería de Glitter & Litter, un trío cuns dous anos de andaina, que fan 'low cost rock' N roll'. O público pontevedrés tivo ocasión de velos e escoitalos o pasado agosto nos concertos da Praza de España, xa que telonearon...

Conversas na Ferrería #123: Proxecto Sentidiño na Rede (2) 06.12.2018

Nas Conversas na Ferrería volvemos interesarnos polo proxecto 'Redes de Innovación para a Inclusión Educativa e Social'. Un traballo de investigación e innovación coordinado pola Universidade de Vigo e subvencionado polo Plan Nacional de Investigación no que están a traballar múltiples colectivos sociais, administracións e entidades públicas. A pretensión é axudar a resolver problemas sociais e ed...

Conversas na Ferrería #122 Bancos de Leite Humana 29.11.2018

Pilar Crespo Suárez é pediatra, neonatóloga; e Natalia Alonso Martínez é supervisora de partos, ambas traballan no Hospital Provincial de Pontevedra e explican nestas Conversas  na Ferrería que é, como funciona, ou quen son os destinatarios do Banco de Leite Humano. Algo que aínda que poida soar novo, salvando as distancias xa facían hai décadas as amas de cría.

Conversas na Ferrería #121: Estudantes fronte a 'Invisibles' 22.11.2018

Reunimos a varias alumnas do Instituto Valle Inclán que acudiron á recente representación teatral da obra 'Invisibles'. Baseada no libro do mesmo nome de Montse Fajardo e levada a escena por Redrum Teatro. O texto recolle sete historias próximas e reais de sete mulleres vítimas de violencia machista. Carolina Ferro Rumoroso, Cristina Sanz Acuña, Carla Gutiérrez Arias, Carmen Castro Tejeiro, Romina...

Conversas na Ferrería #120: O Brasil de Bolsonaro 15.11.2018

Beatriz  Cari e Tamara Coelho están a cursar no Campus de Pontevedra un dobre grao de Xestión e Dirección Pública. Ambas son brasileiras, de Sao Paulo. Gustavo Almeida, igualmente é brasileiro de Río de Janeiro. El é músico e leva vinte anos residindo en España, en Pontevedra. Desde as súas experiencias persoais miramos ao Brasil que acaba de elixir nas urnas a Jair Bolsonaro como próximo presiden...

Conversas na Ferrería #119: Etiqueta Negra 08.11.2018

Dedicamos este programa á terceira edición de Etiqueta Negra, a Feira Gastronómica do gourmet galego e a innovación. Promovida polo Concello de Pontevedra desenvólvese entre o 10 e o 12 de novembro no Recinto Feiral. Participan neste faladoiro Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica; Rómulo Mendoza, un dos chefs máis novos de Ciudad de México; Vanesa López Chousa parte organizadora do ev...

Conversas na Ferrería #118: Falemos da morte 01.11.2018

Aínda que a priori non adoita ser apetecible unha cuestión así, concitamos varios puntos de vista para falar con humor, con ironía, con perspectiva, con realismo, con tradición, con realidade, da morte. Rafael Quintía é antropólogo, José Manuel Valcárcel é técnico de anatomía patolóxica do Instituto de Medicina Legal de Galicia ( IMELGA), Arturo Domínguez é xornalista e Enrique Vaqueiro, licenciad...

Conversas na Ferrería #117: Experiencias do Medio Maratón de Pontevedra 25.10.2018

O pasado domingo 21 de outubro tivo lugar o medio maratón de Pontevedra.  Xuntamos a catro dos corredores inscritos para compartir a súa experiencia na proba e na práctica deste deporte: Verónica Bugliot, Celina Torrado, Esteban Feteira e Carlos Fariña.

Conversas na Ferrería #116: Cambios de hora, si ou non? 18.10.2018

Na madrugada do sábado 27 ao domingo 28 de outubro toca adiantar unha hora os reloxos. A CE pediu aos seus estados membros que determinen en abril do ano próximo se queren seguir cambiando dúas veces ao ano de hora ou prescinden destes axustes. Miramos aos reloxos e ao sol en estas Conversas na Ferrería con Montse Prado, deputada autonómica do BNG; Pablo Fernández, presidente da AJE Pontevedra e V...

Conversas na Ferrería #115: 'La sombra de la ley' 11.10.2018

Este xoves 11 chegou ás pantallas comerciais 'La sombra de la ley'. A película de Dani de la Torre que tivo a súa primeira proxección con público en Pontevedra e na que estivo Alejandro Espiño. Cóntanos en PontevedraViva Radio as súas impresións e o encontro mantido cos protagonistas: Luis Tosar, Michelle Jenner, Paco Tous e Fredi Leis

Conversas na Ferrería #114: Menores 'adictos' ao móbil 27.09.2018

Tes teléfono móbil? Os teus fillos teñen móbil? Son menores de idade?, Sabes cantas horas ao día u tilizan? Sabes para que? Se polo menos respondiches un si, estas Conversas na Ferrería interésate. Chequeamos estas cuestións e outras con Ana Couto, pedagoga, coach educativo e de familia, con especialidade en intelixencia emocional e facilitadora de disciplina positiva; con Patricia González que é...

Conversas na Ferrería #113: Club Voleibol Pontevedra 20.09.2018

As Conversas na Ferrería seguen dando voz aos clubs deportivos da cidade e ao fomento da práctica igualitaria do deporte. Esta vez é a quenda do Club Voleibol Pontevedra. Falamos con Patricia Valcárcel, presidenta do clube; Beatriz Vázquez, adestradora dos equipos da base e xogadora senior; e Jessica Veiga, xogadora da categoría xuvenil.

Conversas na Ferrería #112: Festival do Leite 13.09.2018

Pedro González é responsable da Sociedade Deleite e Manuel Tarrío, responsable da produción de Festival do Leite. Con eles coñecemos todos os detalles deste Festival que se celebra o sábado 15 de setembro na Illa dás Esculturas de Pontevedra. Charlamos tamén das sinerxias co sector cultural que emprendeu esta Sociedade galega.

Conversas na Ferrería #111: FIC Bueu 2018 06.09.2018

Paradoxo, nun mes en que o día vai facéndose máis curto, en Bueu faise máis longo. E facendo uso do xogo de palabras, son máis longos grazas ás curtas, á programación que trae o FICBUEU. Charlamos deste Festival de Curtametraxes con Manuel Pena, director do Festival; Severiano Casalderrey, programador do mesmo e María Ruiz, auxiliar de produción.

Conversas na Ferrería #110: Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra 30.08.2018

No chequeo que PontevedraViva Radio está a facer polo fomento da igualdade no deporte, o podcast queda nesta ocasión co Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra. Toman parte na charla Rosi Crespo que é coordinadora e adestradora do Club; Ana Román, ex xogadora profesional é a pedagoga e axudante da adestradora; e as xogadoras Ana Santos, Carmen García, Noelia Fentanes, Ana Brea, Laura Fontán e María...

Conversas na Ferrería #109: Banda de música de Salcedo 23.08.2018

Fai tres décadas unha vintena de pais puxeron en marcha en Salcedo unha escola de música para ofrecer unha alternativa de lecer saudable aos seus fillos, afastada de perigos que aburaban naquel momento. A pé de 2018 a escola forma a nenos, adolescentes, novos, adultos e adultos xubilados. A súa banda de música é o escaparate público daquela primigenia intención.

Conversas na Ferrería #108: Feira Taurina de la Peregrina (y III) 16.08.2018

Os afeccionados fan balance da Feira da Peregrina. Unha feira da que Cayetano Rivera saíu con dúas costelas rotas que lle obrigaron a suspender os compromisos adquiridos para esta semana. Contamos coas valoracións de Pepé Maquieira, xestor de Taurophilos, Alejandro Pedras da peña David Campos; Raúl Martínez da peña Miuras, Román Habela da peña Gin- Kas e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de...

Conversas na Ferrería #108: Feira Taurina de la Peregrina (II) 09.08.2018

Na segunda tertulia taurina da Feira 2018 participan Román Habela, Juan Riveiro, Alejandro Pedras e Raúl Martínez.

Conversas na Ferrería #107: Empresarios e asesores taurinos en Pontevedra 02.08.2018

Como prólogo á Feira da Peregrina, charlamos con Eduardo e Pablo Lozano, empresarios da praza de touros de Pontevedra e coas dúas persoas que exercerán de asesores nos festexos previstos para esta edición: Gonzalo Lorenzo e Daniel Reinoso.

Conversas na Ferrería #106: O PP de Pablo Casado 26.07.2018

Sentan á charla das Conversas  Na Ferrería Rosanna López Salgueiro, membro do PPdG e da dirección da Fundación Pública  Galega de Formación para ou  Traballo; o avogado  Bernardo  Sartier; o columnista Rodrigo Cota e o empresario Gerardo  Lorenzo. O obxecto de conversación: os feitos que se foron producindo desde o anuncio da marcha de Rajoy ata a elección de Pablo Casado como presidente do PP.

Listen to the Conversas na Ferrería podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.