PontevedraViva Radio
Conversas na Ferrería
En el podcast 'Conversas na Ferrería' la protagonista es la tertulia, un espacio para conversar. Son tertulias sobre lo que sucede, sobre lo que preocupa, sobre lo que suscita curiosidad o simplemente de aquello de lo que apetece charlar un rato. Porque para conversar, nos sobran los motivos. Con Marisa Ciordia
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Convesas na Ferrería #178: Mozas de +60 12.03.2020 59:00
Se sumamos idades nestas Conversas na Ferrería seguramente resultaría a cifra máis elevada das mantidas. Pero, con toda seguridade, congregamos ás almas máis novas que pasaron polo programa. Aproveitando a iniciativa que Afundación e a Fundación Xeral CSIC están a ofrecer este mes de marzo co título 'A vivir que son cen anos' para abordar o envellecemento saudable e a lonxevidade convidamos ás Con...
Conversas na Ferrería #177: 8M - Movemento Feminista Galego 05.03.2020 1:02:37
En vésperas do 8M2020 reúnense nas Conversas na Ferrería catro das mulleres que representan a doce colectivos e profesionais que están a formar parte do Movemento Feminista Galego. Son Rosa Arcos, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Cintia Piña, integrante do Colectivo Feminista de Pontevedra; Carmen Cagide, presidenta da Rede Galega pola Igualdade e Elena Moreira, integran...
Conversas na Ferrería #176: Asociación Recreativa de Xeve e Amoriños de Bora 20.02.2020 41:53
Entramos no entroido e miramos cara a estas citas festivas e os seus protagonistas. Florencio Chantrero e Rosa Filgueira son membros da Asociación Recreativa de Xeve, colectivo que este venres 21 encargarase de ofrecer o pregón e que preservan a reiterada pregunta que todos nos facemos por estas datas: que disfrace elixiría Ravachol para gozar destas festas?. Nesta primeira convocatoria do entroi...
Conversas na Ferrería: O día da radio con Onda Sánchez 13.02.2020 22:46
Cada 13 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Radio; así que nesta data as Conversas na Ferrería falan de radio: de Onda Sánchez. Un proxecto que está a poñer en marcha o Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra desde o Grupo de Normalización Lingüística. Convidamos para coñecer a iniciativa a tres dos seus integrantes: Alfredo Marques, Laura Omil e Álvaro Barbazán.
Conversas na Ferrería #174: Alumnos do Colexio Froebel 06.02.2020 25:40
A redacción de PontevedraViva e o estudo de PontevedraViva Radio recibían esta semana a visita de alumnos de quinto curso de Primaria do CEIP Froebel desta capital. Tratábase dunha actividade complementaria aos contidos que están a aprender sobre medios de comunicación. Neste caso puideron coñecer en primeira persoa que é un xornal dixital e tamén unha emisora online, poñéndose ademais diante dos...
Conversas na Ferrería #173: Programa Piale - Canadá 30.01.2020 45:04
Estefanía Obenza é profesora no CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez, en Pontevedra; María Pasarín do C.E.I.P. Plurilingüe de Conmeniño en O Grove e Beatriz Somoza, exerce como profesora no CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa. Pertencen ao grupo de coarenta profesores que a finais do pasado ano compartiron a experiencia do Programa Piale-Canadá.
Conversas na Ferrería #172: Laroá 23.01.2020 37:02
Laroá é un grupo de pontevedreses de orixe e de adopción. 'Proxeccións' é o nome do seu traballo discográfico que ten potentes colaboracións como as de Kepa Junkera, o pontevedrés Gabriel Peso, Davide Salvado e Jaime Rebollo. #Camiños o nome da súa xira para este 2020 na que non ofrecen un concerto ao uso, amalgaman outras disciplinas artísticas como a danza ou a videocreación. No estudo temos a...
Conversas na Ferrería #171: Esdemga - Premio Cidade de Pontevedra 16.01.2020 1:00:09
A Escola de Deseño e Moda de Galicia do Campus de Pontevedra conseguiu situarse como centro de vangarda entre os centros formativos do seu sector en España e reportar unha visibilidade que se recoñecerá o vindeiro luns día 20 cando reciban o Premio Cidade de Pontevedra 2019. Sentamos a profesores e alumnos para que conten, entre outras cuestións, onde radica ese satisfactorio resultado que está a...
Conversas na Ferrería #170: As receitas das avoas e o CIFP Carlos Oroza 09.01.2020 30:16
O pasado verán, catro xornalistas gastronómicas: Ana Vega - Premio Nacional de Gastronomía -, Helena Vaello, Gabriela Lendo e Carmen Alcaraz decidiron promover a recompilación do receitario español. Esas antigas receitas que as xeracións de maior idade, tiñan escritas ou tiñan aprendidas e levaban aos fogóns. Unha idea á que chamaron Los Recetarios. O profesor de Cociña e Pastelería do CIFP Carlos...
Conversas na Ferrería #169: Campañas publicitarias de Nadal 2019 19.12.2019 46:42
A portas das festas do Nadal volvemos convidar a profesionais da publicidade e o márketing para falar sobre as campañas publicitarias de Nadal que máis destacan este ano, ou as que máis lles están gustando. Acompáñannos Esther Bailón, socia de Era Comunicación, Berta Nogueira, xerente de Abcomunicacións; Alberto Garnil, director de Iconweb e Noemi de Miguel, socia de Sra Nona,
Conversas na Ferrería #168: Operación pioneira no CHOP 05.12.2019 42:43
Tras darse a coñecer a terapia e intervenión pioneira en España levada a cabo este mes no Hospital Montecelo de Pontevedra para enfermos de Crohn; este equipo multidisciplinar cóntanos o antes, durante e o futuro máis e menos inmediato deste traballo: Estela Fernández Salgado, do Servizo de Dixestivo; Erika Barreiro Domínguez, do Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestiva; Carlos Crespo Diz, do Serviz...
Conversas na Ferrería #167: Coñeces a esvástica? 28.11.2019 1:14:50
Posiblemente poucos signos haxa cunha forza simbólica tan contundente como a cruz gamada, a esvástica. E posiblemente o coñecemento e significado que se ten da mesma circunscríbese a un capítulo execrable da Historia. Traemos o libro ' Hakenkrenz, gammadion, swastika' do Doutor en Antropoloxía e Ciencias da Relixión, José Luis Cardero. Un traballo que editou Ab Origine, da que tamén está presente...
Conversas na Ferrería #166: Música electrónica+Tarantino = The Virus 21.11.2019 18:42
Amar Dev Sharma, músico e produtor musical, destápase con outra das súas facetas: DJ Something?. Dennis Routledge- Tizzard, é director de cinema e apaixónalle Quentin Tarantino. Ambos son británicos, afincandos en Pontevedra desde fai sete e tres anos respectivamente. Uniron as súas creatividades e o resultado é 'The Virus' e un vídeo promocional que está subido ás plataformas dixitais. Música ele...
Conversas na Ferrería #165: Balance Etiqueta Negra 2019 14.11.2019 35:21
Tras a conclusión da cuarta edición de Etiqueta Negra, la Feria de Productor Gourmet Galego, convidamos a organización e participantes para facer un balance da mesma. Participan en represetación da primeira a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco e Vanesa López da empresa Trisquelia. Como participantes o cociñeiro Rubén González (El Cafetín) e Alberto Lendoiro da firma Natural Snack Lab.
Conversas na Ferrería #164: Loiros 07.11.2019 29:38
Virxilio da Silva, Héctor Agulla, Félix Barth e Wilfried Wilde son Loiros . Dúas guitarras, batería, baixo e dúas voces para "ser honestos co que queremos facer" e que de aí saíse algo diferente. Loiros é jazz moderno, psicodelia, post-rock, grunge, shoegazing, impresionismo francés e ritmos africanos. Como soa todo ésto? ao seu primeiro LP. Un traballo que presentan este venres 8 no Liceo Mut...
Conversas na Ferrería #163: Medo por diversión 31.10.2019 52:32
Es dos que busca propostas de lecer para pasar medo?, convidámosche entón a que che sumes a estas Conversas na Ferrería con Leticia Fontán, xerente dun de KeysRoom Pontevedra e Alberto Rivadulla, xerente de Area60, Tamén profundamos nesas sensacións con María José Touceda, propietaria de Casa Sueiro, unha casa rural en Cuntis onde desde fai quince anos ofrécese o espectáculo de terror interactivo...
Conversas na Ferrería #162: Arte con Amelia Palacios e Alex Vázquez 24.10.2019 44:24
Contamos desta vez cun pai e unha filla e ao tempo con dous artistas. Falamos con Álex Vázquez e Amelia Palacios de arte e dun arquitecto vinculado tamén a esta familia, Antonio Palacios. Por suposto da exposición que actualmente comparten no Pazo da Cultura 'Na beira do río. Diálogos na pintura'
Conversas na Ferrería #161: 'Imposible de borrar' 17.10.2019 27:56
'Imposible de borrar' non é soamente un CD, é un proxecto cuxos beneficios destinará a Fundación Amigos de Galicia a adquirir lentes graduadas para nenos de Pontevedra. A Taponeta Solidaria; Fundación Amigos de Galicia; JCR, un atípico grupo de música pontevedrés e Carlota Crey, compositora e cantante pontevedresa, son as partes que fixéronno realidade. Calquera pode involucrarse na cadea solidari...
Conversas na Ferrería #160: TNT Band 11.10.2019 48:06
Iñaki Fernández, Carlos Galbán e Luís Jiménez tiñan trece, catorce, anos cando o festival de fin de curso do Instituto Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa sóubolles a pouco e decidiron formar unha banda de rock and roll. O trío pasou a ser cuarteto coa incorporación de Manuel Esperón e ata a actualidade aínda houbo un cambio máis; Sergio di Natale substituíu a Luís na batería. Eles catro, a men...
Conversas na Ferrería #160: TNT Band 10.10.2019 49:30
Iñaki Fernández, Carlos Galbán e Luís Jiménez tiñan trece, catorce, anos cando o festival de fin de curso do Instituto Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa sóubolles a pouco e decidiron formar unha banda de rock and roll. O trío pasou a ser cuarteto coa incorporación de Manuel Esperón e ata a actualidade aínda houbo un cambio máis; Sergio di Natale substituíu a Luís na batería. Eles catro, a men...
Conversas na Ferrería #159: 33ª Campaña Antártica 26.09.2019 25:57
O Exército de Terra completou este mes por quinto ano consecutivo, no Grove, a fase de prácticas de navegación previas á Campaña Antártica 2019-20. Nesta trixésimo terceira Campaña participan trece militares que prestarán apoio aos investigadores que desenvolven alí os seus proxectos científicos. Charlamos co Comandante Joaquín Núñez, xefe desta Campaña que partirá aproximadamente o 5 decembro; c...
Conversas na Ferrería #158: Curtametraxe 'Atopando o Camiño' 19.09.2019 23:45
Despois de dous anos de traballo o CEIP de Parada - Campañó vaise de estrea. Farao o vindeiro xoves 26 de setembro no Teatro Principal ás oito da tarde. Que estrean? a curtametraxe 'Atopando o Camiño'. Contamos con María Fanjul, profesora do centro e promotora do proxecto; Andrés Castro, profesor externo e co-director da curtametraxe; con tres dos alumnos participantes: Marisé Rancaño, Laura Tor...
Conversas na Ferrería #157: Trece Amarillo 12.09.2019 27:35
Diego Santaclara Ferradás e Diego Muñoz Barcia son 'Trece Amarillo'. Primeiro como produción musical e logo tamén realización de vídeo e fotografía. Desde Marín fan proxectos para todo tipo de eventos, públicos, privados, institucionais e aínda lles quedou tempo para sacar adiante propostas saídas da súa creatividade, como Life ou Savia Nova. Ademais de festivais, fixeron videoclips de Satxa, Rave...
Conversas na Ferrería #156: Festival Ameixa Rock 05.09.2019 24:04
O Festival Ameixa Rock de Carril, en Vilagarcía, pode presumir de ser o único festival onde os artistas interviñentes dispoñen de ameixa carrilexa - sabrosamente preparada ademais - no seu cáterin. Dous dos seus organizadores, Adrián Berride e Elpidio Costa nos detallan o programa previsto desde este mesmo venres 6 de setembro ata a xornada do domingo. Varios emprazamentos de Carril, a Illa de Cor...
Conversas na Ferrería #155: Xogadores de petanca 29.08.2019 41:03
Os convidados das Conversas na Ferrería comezaron a xogar á petanca fóra de Pontevedra, en Francia, en Vigo e en Valencia. Deixaron, retomaron e iniciáronse na afección en diferentes momentos, pero a día hoxe son tres activos fundamentais na práctica deste deporte na cidade. Este próximo sábado 31 organizouse en colaboración co Concello a Festa da Petanca, na que poden tomar parte avezados xogador...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.