RADIO NOVA
CAZA E NATUREZA
Programa de divulgación sobre o mundo cinexético en Galicia, coordinado por Frnacisco Couselo. Os luns a partir das 20:00 e reemitido os sábados e domingos ás 8:00h.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
MARCOS SÁNCHEZ SAYANS E ALVARO FONTENLA 17.04.2017 36:33
Francisco Couselo entrevistou no seu programa CAZA E NATUREZA a Marcos Sánchez Sayáns, cazador e membro do grupo de música rock THE MIRAGE, e Álvaro Fontenla, experto en cria de cans de caza, sobre a compatibilidade entre o mundo artístico, neste caso, a música, a literatura e a caza.
ENTREVISTAS XXXI CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAZA SAN HUBERTO EN BAIONA 03.04.2017 31:29
O programa CAZA E NATUREZA, que dirixe Paco Couselo, tivo como convidados a Jorge Carrera, Saturnino Pereira e Moisés Balboa para falar do XXXI Campionato Provincial de Caza San Huberto celebrado esta fin de semana pasada no Tecor das 3 Bs en Baiona. Falaron das distintas modalidades do torneo, a importancia do adestramento dos cans e das marabillosas vistas que ofrecía o campo onde se desenrolou...
ANTONIO GARCIA REINOSO, PRESIDENTE FGC EN OURENSE 03.04.2017 25:47
Francisco Couselo entrevistou no seu programa CAZA E NATUREZA a Antonio García Reinoso, presidente da Federación Galega de Caza en Ourense para coñecer os distintos problemas e inquedanzas dos cazadores desta provincia galega. Falaron tamén da proposta ourensá, tamén compartida pola FGC en Pontevedra, de adiantar o inicio da tempada de caza.
ENTREVISTA ANTON ARROJO E LUIS EUSEBIO 27.03.2017 13:03
Francisco Couselo falou no seu programa CAZA E NATUREZA, en RADIO NOVA, da xuntanza do Comité Galego de Caza celebrado recentemente en Lugo con Antón Arrojo, director da revista Galicia Cinexética, e co profesor Luis Eusebio Fidalgo, colaboradores ámbolos dous deste programa. Analizaron o alí tratado e tamén da ausencia de ningún representante ecoloxista ou animalista, pese a ser convidados a da-l...
PROCESO ELECTORAL NA SOCIEDADE DE CAZA E PESCA VERDESEIXO 27.03.2017 42:23
Francisco Couselo entrevistou a José Ramón Blanco, como presidente cesante, e a Manuel Lorenzo, como responsable da Xunta Xestora da Sociedade de Caza e Pesca Verdeseixo, de Ponte Caldelas, que está a pasar por un momento de transición complicada despois de que hai un meses causara baixa a súa xunta directiva tras non seguir contando coa confianza dos socios presentes na asemblea. Analizaron a sit...
MARIA DEL CARMEN GONZÁLEZ ÁLVAREZ, CAZADORA DE XABARIL DE A GARDA 20.03.2017 18:32
María del Carmen González Álvarez foi entrevistada no programa CAZA E NATUREZA de RADIO NOVA por Paco Couselo. Falaron da caza maior no Baixo Miño e máis concretamente na zona próxima a Santa Tegra, un lugar onde se prodigan sobre todo os xabariles. María del Carmen falou da súa afición, que é familiar posto que a practica o seu home e os seus dous fillos.
JOSE MARIA MANCHEÑO LUNA, PRESIDENTE MUTUASPORT E A FEDERACION ANDALUZA DE CAZA 20.03.2017 37:43
Paco Couselo entrevistou telefónicamente no seu programa CAZA E NATUREZA a José María Mancheño Luna, presidente de Mutuasport e a Federación Andaluza de Caza, para tratar de explicar o funcionamento desta mutua de cazadores e analizar distintos aspectos que afectan aos cazadores federados.
PRESENTACION CAZA E PESCA DESDE MONDOÑEDO (LUGO) 13.03.2017 0:48
PRESENTACION CAZA E PESCA DESDE MONDOÑEDO (LUGO) PRESENTACION CAZA E PESCA DESDE MONDOÑEDO (LUGO) PRESENTACION CAZA E PESCA DESDE MONDOÑEDO (LUGO) PRESENTACION CAZA E PESCA DESDE MONDOÑEDO (LUGO) PRESENTACION CAZA E PESCA DESDE MONDOÑEDO (LUGO) PRESENTACION CAZA E PESCA DESDE MONDOÑEDO (LUGO) PRESENTACION CAZA E PESCA DESDE MONDOÑEDO (LUGO) PRESENTACION CAZA E PESCA DESDE MONDOÑEDO (LUGO)
ENTREVISTA A FRANCISCO LOPEZ PENELAS, "PACO ESPAÑA" 13.03.2017 32:32
Francisco Couselo falou co presidente da Federación Galega de Caza en Lugo, Francisco López Penelas, máis coñecido por "Paco España" polo restaurante que rexentou durante case 40 anos nunha das rúas máis céntricas da capital luguesa. Falaron de diversos aspectos relacionados coa caza nesta provincia galega así como da importancia de que os cazadores estean federados.
ENTREVISTA A REMEDIOS VAL EN CAZA E NATUREZA 13.03.2017 20:32
Paco Couselo entrevistou desde Mondoñedo para o seu programa CAZA E NATUREZA a Remedios Val, técnica forestal e cazadora luguesa con quen falou de diversos aspectos que teñen que ver coa incorporación da muller ao mundo da caza. Trataron tamén temas relacionados coa caza maior e a presenza do lobo e o xabarín nas terras luguesas.
FABIÁN BARGE VILELA, delegado rexional do Club de Cazadores de Becada en Galicia 13.02.2017 17:01
Francisco Couselo entrevistou ao delegado rexional do Club de Cazadores de Becada en Galicia, Fabián Barge Vilela, con quen falou da importancia do recente acordo subscrito coa Federación Galega de Caza que permitirá un mellor coñecemento do comportamento desta especie salvaxe e garantir a súa continuidade nas zonas de caza da nosa comunidade autónoma.
JOSE CARLOS LOPEZ FREIJEIRO, SECRETARIO DA SOCIEDADE DE CAZA E PESCA DE COTOBADE 13.02.2017 9:15
José Carlos López Freijeiro, secretario da Sociedade de Caza de Cotobade, desmentiu no programa CAZA E NATUREZA de RADIO NOVA que a batida de lobos realizada recentemente neste municipio incumprira a normativa de actuación nestes casos e menos que abatiran unha loba como denunciou públicamente a organización ADEGA.
ÁLVARO OTERO ARADAS, RESPONSABLE DA ARMERIA O SUIDO 13.02.2017 15:22
Álvaro Otero Aradas falou con Paco Couselo no programa CAZA E NATUREZA da importancia de facer un labor de conservación e garda das armas utilizadas durante a campaña de caza recén rematada para garantizar o seu uso futuro e o seu bo estado. Falaron tamén do material utilizado e tamén de cal é a mellor maneira de gardar as emisoras e as súas baterías de litio para evitar o seu deterioro.
ÁNGEL TORRES, CAMPION AGILITY 13.02.2017 14:07
Francisco Couselo entrevistou no programa CAZA E NATUREZA a Ángel Torres, campión de España de Agility e que ven de conquerir en Rodeiro o I Campionato Provincial desta disciplina na que participan cun alto nivel de compenetración un adestrador e o seu can. Analizaron as distintas modalidades deste concurso e as características dos seus cans gañadores.
SECUNDINO CARBALLO GAYO, DINITO 06.02.2017 16:29
Paco Couselo entrevistou no programa CAZA E NATUREZA a Secundino Carballo Gayo, máis coñecido como Dinito, propietario de varios cans que compiten en diversas mostras como a celebrada esta fin de semana en Rodeiro dentro da VII Festa da Caza onde gañou co seu can "Bren", considerado o mellor do certame en caza maior.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.