PontevedraViva Radio

Cara a cara

News ES ↓ 624 episodes

'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia

Author

PontevedraViva Radio

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 10, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Cara a cara #124: Ana Miranda 22.08.2018

Ana Miranda ocupa escano como eurodeputada desde este mesmo ano. Non é a súa primeira experiencia no Parlamento europeo. A política nacionalista explica  varias das frontes que a ocupan nesta responsabilidade comunitaria.

Cara a cara #123: Valentín García Bóveda 15.08.2018

O vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, Valentín García Bóveda, fala da sinalada data do 17 de agosto como Día dos Mártires Galegos.

Cara a cara #122: Virginia Pozo Castro 08.08.2018

 Virginia Pozo Castro, fundadora da firma de moda Coosy, está entre o grupo de persoas que este sábado 11 de agosto recibirá o recoñecemento que anualmente conceden Amigos de Pontevedra a aquelas persoas física e xurídicas que pola súa traxectoria difunden consigo o nome de Pontevedra. 

Cara a cara #121: Maica Larriba 01.08.2018

Maica Larriba leva un mes no cargo de subdelegada do Goberno. Unha semanas intensísimas como ela mesma sinala no Cara a cara. Falamos desta xestión que lle ocupará a partir de agora e os principios cos que se expón exercer esta responsabilidade

Cara a cara #120: Ada Otero Huertas 25.07.2018

Ada Otero é muller transexual, licenciada en Dereito, especialista en violencia de xénero, activista e formadora en grupos de apoio para persoas transgénero e familiares.

Cara a cara #119: Xabier Marqués Solla 18.07.2018

"Cal é a túa peli de baile favorita?". Con esta pregunta o director da curta ' You can leave your swing on' extrae as preferencias e recordos do cinema musical entre os intervenientes, así como os seus sentimentos ao bailar. Xabier Marqués mestura neste traballo as súas dúas afeccións: cinema e baile.

Cara a cara #118: Asociación Música Viva 11.07.2018

A Asociación Música Viva aínda non cumpriu o seu primeiro aniversario. Conformada por catro novos da cidade, músicos profesionais formados en distintos Conservatorios, axuntaron coñecementos para sacar adiante iniciativas relacionadas coa música clásica. Cóntannos Álvaro Carballo e Juan Cernadas as dúas primeiras iniciativas que están a levar a cabo.

Cara a cara #117: Carla Santoro Cernadas 04.07.2018

Carla Santoro ten oito anos e conseguiu tres medallas no Campionato de España de Atletismo para Menores organizado pola Federación Española de Deportes para Cegos. Calidades din os técnicos, sóbranlle; pero a falta de medios e apoios poden ser as barreiras que ela non ten.

Cara a cara #116 David Neira 27.06.2018

David Neira acaba de presentar a súa segunda novela '363 TQ' na Festa dos Libros. Tivemos de invitado ao escritor pontevedrés para falarnos da súa faceta escritora, entre outras cousas, que non te deberías perder.

Cara a cara #115: Francisco Lozano Rodríguez 20.06.2018

'A tiro hecho', título da súa primeira novela publicada, foi a que puxo a Francisco Lozano por primeira vez ante os micrófonos de PontevedraViva Radio. Dous anos despois, a comezos de xullo, xa estará á venda en Pontevedra a segunda: 'Uranio'.

Cara a cara #114 Afonso Eiré 13.06.2018

Afonso Eiré vén de presentar recentemente en Pontevedra o seu último libro 'Memorias dunha vaca marela'. Falamos desta publicación e tamén da súa outra faceta profesional, a xornalística. Concretamente a de comentarista político e respecto diso os últimos acontecementos de ámbito nacional.

Cara a cara #113: Diego Núñez, coach deportivo 06.06.2018

O que foi adestrador do Teucro ata a concluida tempada, Quique Domínguez, trouxo para o seu equipo técnico a un  coach deportivo: Diego Núñez. Con el falamos  sobre esta práctica profesional.

Cara a cara #112: Albert Monteys 30.05.2018

O ilustrador e historietista Albert Monteys está de xira co seu 'Universo' un proxecto dixital que unha vez pasou ao papel esgotou a súa primeira edición nun mes. Charlamos no Cara a cara co que foi director de 'El Jueves' entre 2006 e 2011.

Cara a cara #111: Nacho Fernández e Ángel Torres 23.05.2018

Nacho Fernández e Ángel Torres, gañadores dos premios Incuvi Emprende 2017 e Incuvi Avanza 2018, falan con Sara Lago do seu proxecto gañador, a Mediación Móbil, unha ferramenta de resolución de conflitos moi solicitada como alternativa á vía xudicial.

Cara a cara #110: José Ramón Gómez 16.05.2018

Hai cuestións que como dentes de  sierre repuntan e rebaixan a súa intensidade. É o caso do chamado "peche" de camas hospitalarias que este mes deu lugar a accións de protesta entre o persoal da área sanitaria de Pontevedra. Preguntamos sobre esta planificación nao xerente deste Complexo Hospitalario, José Ramón Gómez.

Cara a cara #109 Pedro Alonso 09.05.2018

Pedro Alonso, submarinista por afección, fusionou os seus grandes hobbies: o mergullo, a fotografía e o vídeo para ensinarnos a todos os que nos movemos pola superficie o que esconden os fondos mariños galegos. Neste Cara a cara é entrevistado por Clara Alonso.

Cara a cara #108: Susana Ruiz Mostazo 02.05.2018

Con 22 anos descubriu a escalada. Desde 2013 viaxou a Nepal, Groenlandia, África, ou Rusia. En todas estas viaxes acompáñalle a diabetes, diagnosticada con 11 anos. Acaba de participar na Pontevedrada e dar unha das súas conferencias en Marín: Os soños non teñen cima.

Cara a cara #107 Pontevedrada 2018 25.04.2018

A Pontevedrada é unha marcha nocturna solidaria entre Pontevedra e Santiago de Compostela. O obxectivo que persegue a iniciativa é concienciar sobre a importancia de facerse doante, sexa sangue, tecidos ou órganos. Este próximo 28 de abril chegará á súa oitava edición. Sara López entrevista ao seu promotor, o xornalista Raúl Álvarez.

Cara a cara #106: Verónica Alfonsín 18.04.2018

A visita a unha consulta óptica resulta algo excepcional en poboacións de Marrocos. Para axudar a paliar ese déficit sanitario a Fundación Alain Afflelou desde hai once anos colabora co proxecto "O deserto dos nenos". A pontevedresa Verónica Alfonsín comparte a súa experiencia en PontevedraViva Radio: "é a segunda que ía, cría que non me resultaría tan intensa como a primeira, pero si. Dáste conta...

Cara a cara #105: Alberte Oubiña 11.04.2018

O concelleiro de Xuventude, Alberte Oubiña, explica como cando e por que dunha nova iniciativa municipal: Sube ao palco. Unha proposta que aúna tres elementos: o palco ou quiosco da música da Alameda, a cultura e a mocidade.

Cara a cara #104 Mario Diz 04.04.2018

O pontevedrés Mario Diz estrea este venres 6 de abril un conto musicado titulado " Catrina e Dona Francisca" acompañado pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra; a dirección de Juan Miguel Romero Llopis e a narración de Paula Carballeira. Será no Pazo da Cultura coa programación do XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Cara a cara #103 Manuel Artime 28.03.2018

Esta primavera cúmprense cincuenta anos do coñecido maio francés ou maio do 68. Non foron os únicos movementos sociais que se reproduciron naquel momento. Falamos daquel contexto e o extrapolamos ao actual xunto ao profesor da Uned, Manuel Artime Omíl.

Cara a cara #102 Alejandro Ruetter, pensionista 21.03.2018

Foi comercial de alto standing ata os 40 anos, momento no que decidiu dedicarse a ser mimo itinerante. Chegado á idade de xubilación, a súa pensión non alcanza os 400 euros. Alejandro Ruetter, membro do Movemento Galego pola Defensa dás Pensións ( MODEPEN), comparte o Cara a cara.

Cara a cara #101: Miguel Doallo 14.03.2018

A pesar de que o Plan de Intervención en Auxiios e Emerxencias é a actividade máis antiga que se ofrece desde Cruz Vermella, non é de dominio público a existencia e traballo que realizan os denominados ERÍES. Miguel Doallo, que traballa con Cruz Vermella  desde fai dezaoito anos, é psicólogo dos Equipos de Resposta Inmediata en Emerxencias. Actualmente e tras a última reestruturación o ERÍE está c...

Cara a cara #100: Mulleres que opinan. ESPECIAL 8M 07.03.2018

O programa mira ao encontro "As mulleres que opinan son perigosas" celebrado este mes de marzo en Pontevedra. Entrevistas coa xornalista e profesora na Universitat Oberta de Catalunya, Ana Bernal; María Varela, redactora xefe de Diario de Pontevedra; e Diana Varela, unha das organizadoras do evento.

Listen to the Cara a cara podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.