PontevedraViva Radio
Cara a cara
'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Cara a cara #99: Carlos Hernández, @deportado4443 28.02.2018 41:50
Máis de nove mil españois estiveron en campos de concentración nazis. O deportado 4443 que relatou a súa supervivencia en twitter enganchou a decenas de miles de internautas. No Cara a cara contamos co seu alter ego, Carlos Hernández de Miguel. Escritor e xornalista madrileño agora fincado na Illa de Arousa.
Cara a cara #98 Alba Soutelo 21.02.2018 22:58
Traemos ao Cara a cara á reelixida presidenta do Colexio de Farmaceúticos de Pontevedra, Alba Soutelo. Falamos do sector, de reformas normativas, de gasto farmaceútico, ou de recentes servizos incorporados como o test do VIH.
Cara a cara #97: San Valentín 14.02.2018 8:15
Canto amor respírase nas rúas de Pontevedra? O día de San Valentín chega para todos aqueles que levan semanas esperándoo, pero tamén para os que nin saben da súa existencia. PontevedraViva Radio saca micrófono á rúa neste Cara a cara.
Cara a cara #96 Rafael Quintía e o entroido 07.02.2018 26:19
Puido haber algún fluxo de intercambio entre Marín e Cádiz que fixese que as comparsas satíricas de hai un século chegasen ata o sur e convertésense nas chamadas chirigotas? É unha das incógnitas e curiosidades que nos deixa o antropólogo Rafael Quintía neste Cara a cara
Cara a cara #95: Gonzalo Martínez 31.01.2018 25:49
Cantos mozos, ou non tan novos, lembran ao mestre García Asensio, a Fernando Argenta ou Ara Malikian? A case ausencia da música na Educación ou de propostas divulgativas levan a que a poboación máis nova senta desapego cara á música clásica. Circunstancia que constanta o presidente da Sociedade Filarmónica de Pontevedra, Gonzalo Martínez Lourido.
Cara a cara #94 Charo Castro 24.01.2018 18:02
Este 25 de xaneiro Charo Castro asume a presidencia da Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Toma a substitución en primeira liña de Ramón Touza, tras vinte e dous anos á fronte da entidade deportiva. Coñecemos neste Cara a cara a esta pontevedresa.
Cara a cara #93 Pedro Ameneiro 17.01.2018 14:54
Comezar o 2018 proclamándose campión do mundo de vela sub-17 é entrar no ano co mellor pé. O novísimo Pedro Ameneiro alcanzaba o logro xunto ao seu compañeiro Martín Wizner en Australia.
Cara a cara #92: José Benito García Iglesias 10.01.2018 40:34
Investigando para escribir "Donde la salmuera. La Moureira y sus gentes", José Benito García Iglesias chegou a historias da súa propia familia que descoñecía. Neste último traballo este investigador, divulgador e escritor pontevedrés nos redescubre un determinante barrio da cidade onde, paradoxos, se conservaba a esencia do mar, pero non puido conservarse a si mesmo.
Cara a cara #91: Rosa Estévez 03.01.2018 17:43
BREXIT. Foi unha das palabras máis pronunciadas do recentemente terminado 2017. A desconexión de Gran Bretaña da Unión Europea segue xerando moitas preguntas. Tratamos de resolver as dúbidas cunha pontevedresa, Rosa Estévez, que desde hai case 18 anos traballa para o goberno británico. Actualmente, é asesora política do ministerio de Comercio Exterior
Cara a cara #90: Isma Romero 27.12.2017 28:43
Chamarlle só cantante sería inxusto e incompleto. Isma Romero non só canta, toca a guitarra case de forma enfermiza, acotío; e compón os seus temas. Así que para tratar de achegarnos á realidade definímolo como artista musical. En PontevedraViva Radio, case que o "apadriñamos" xa que aínda que non é pontevedrés, adoptámolo como tal e acompáñanos de novo, tras a edición do seu segundo traballo "Lum...
Cara a cara #89: Celia Portela Vallejo 20.12.2017 18:12
Este próximo 22 de decembro, haberá quen apele á saúde e será síntoma de que non foron tocados pola sorte no Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal. Os afortunados estarán de celebración e o sector de loteiros co corazón nun puño á espera de que eses décimos fosen vendidos nos seus portelos. Celia Portela Vallejo, empregada da Administración de Loterías número 1 de Pontevedra, acompáñanos para...
Cara a cara #88 Loli Pereira Agra 13.12.2017 27:22
Na Insua, Ponte Caldelas, está radicada Hípica Amazonas, unha cuadra de cabalos, con exemplares considerados como os mellores do mundo de pura raza española. Así o estimou o último Salón Internacional do Cabalo. Falamos con Loli Pereira Agra, propietaria xunto o seu home, César Santos Vicente.
Cara a cara #87 Manuel Lourenzo 06.12.2017 32:59
Manuel Lourenzo, ten na súa bagaxe como escritor 25 títulos de narrativa, literatura infantil e xuvenil ou teatro. Isto sen contar outros tantos colectivos. Este prolífico traballo, ou necesidade como sinala neste Cara a cara, reportoulle once premios. O último acábao de recibir este pasado novembro: o Jules Verne que concede Xerais pola obra " Ceiba de luz".
Cara a cara #86: Alberto Núñez Feijóo 29.11.2017 35:38
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, realizou a súa primeira visita institucional a un medio de comunicación dixital galego en PontevedraViva.com. Durante a súa visita foi o invitado ao Cara a cara con Alejandro Espiño. Unha entrevista na que se falou de cuestións que incumben á cidade de Pontevedra, á provincia e igualmente ao ámbito autonómico. Nesta charla tamén falou ademais do polític...
Cara a cara #85: Montse Fajardo 22.11.2017 15:32
"Invisibles. Relatos do malos tratos" xa se pode adquirir en librerías. É o título do último traballo da xornalista Montse Fajardo. O seu libro forma parte da campaña que o Concello de Pontevedra elixiu este ano para a campaña do 25-N, día internacional contra a violencia de xénero. A autora apunta que foi un esforzo titánico das sete historias relatadas polas vítimas ou polas súas familias porque...
Cara a cara #84 José Luis Torrado 'O bruxo' 15.11.2017 43:17
Conta que nunha ocasión Mario Moreno Cantinflas durante unha comida na súa terra mexicana, díxolle a José Luis Torrado: "España e México son como dous noivos pero cun enreixado diante". O recoñecemento que acaba de recibir por parte do Comité Olímpico Mexicano oxalá sexa a espita para que ese enreixado caia e o deporte: isto é entidades deportivas, clubs, deportistas, corpos técnicos, etc... comec...
Cara a cara #83 Laura García, Stop Velutina 08.11.2017 20:12
"Coa velutina imos poder, pero hai que cambiar a consciencia que temos, non é un problema apícola, senón ambiental. Se non houbese abellas desaparecerían as tres cuartas partes dos produtos que comemos. O papel das abellas no equilibrio ecolóxico é fundamental. Por tanto a avispa velutina é un problema de todos e as administracións teñen os medios para poder enfrontarse a elas". É a mensaxe que de...
Cara a cara #82 Rafael Quintía: Defuntos e Todos os Santos 01.11.2017 36:26
Galicia foi un pobo de arraigadas tradicións vinculadas á morte, os defuntos ou as ánimas. Patrimonio inmaterial que no século XXI atópase desvirtuado, esquecido e mesmo descoñecido. Crer ou non é opción persoal; pero a cultura e a tradición están aí. Charlamos co antropólogo Rafael Quintía neste Cara a cara.
Cara a cara #81: Manuel Abelleira 25.10.2017 19:36
Máis de trescentos arquitectos de Galicia sumáronse xa á campaña de axuda cos damnificados polos incendios forestais ocorridos en Galicia este mes de outubro. Charlamos co presidente do Colexio de Arquitectos de Pontevedra, Manuel Abelleira, sobre a iniciativa e sobre outras cuestións de actualidade que incumben a este colectivo profesional.
Cara a cara #80: O carballo de Santa Margarida 18.10.2017 31:28
Baixo as súas pólas buscáronse curacións, madurado amores, urdido reivindicacións e ata a primeira reclamación de identidade galega fraguouse baixo o carballo de Santa Margarita. No teu click está que poida ser a Árbore do Ano en España en 2018 e posteriormente europeo. Charlamos con Carlos Morgade, presidente da Comunidade de Montes de Mourente, promotores da candidatura.
Cara a cara #79: Manuel Touceda 12.10.2017 19:45
Un sanxenxino está desde hai aproximadamente dous meses ao mando en funcións da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. O tenente coronel Manuel Touceda incorporouse como xefe de Operacións de dicha Comandancia hai tres anos. Estima que para finais deste ano 2017 xa estará incorporado o próximo coronel que substitúa a Miguel Estévez. A persoa, precisamente, pola que decidiu ser membro da Benemér...
Cara a cara #78: Cano Paz 27.09.2017 36:05
Isidro Paz e Dolores García viviron a emigración en Venezuela. Ao seu regreso a Pontevedra o matrimonio decidiu abrir un negocio, que puido ser unha imprenta, pero finalmente foi un librería. Daquela era o ano 1967. Cincuenta anos despois, é un dos seus fillos, Cano, quen rexenta Librería Paz.
Cara a cara #77 Oscar Cruz 20.09.2017 20:51
Oscar Cruz é un pontevedrés ao que se pode encaixar na chamada xeración 'milenial'. O seu é escribir. Guiones como os de "El método sueco" tiveron como resultado acadar nos dous últimos anos o Mestre Mateo á mellor webserie. Estes días subiuse ao escenario do Teatro Principal, xunto aos seus compañeiros de Porco Bravú para presentar "Peter Brandon. Unha vida pola comedia".
Cara a cara #76 Mónica Camaño 13.09.2017 32:36
A Mónica Camaño espéralle un ilusionante comezo de tempada. Tras a estrea na súa Cangas natal de "Nadas libres", este outono percorrerá varios escenarios con esta obra de Cándido Pazó. Ademais espéralle o Festival Internacional de Teatro de Carballo onde será recoñecida pola profesión e nomeada 'xograresa'. Comparte un Cara a cara tras a súa participación no FICBueu. Un programa con grata sorpresa...
Cara a cara #75 César Pérez Ares 06.09.2017 24:02
Comeza o curso 2017-2018 e poñemos diante do micrófono ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Novidades, demandas, alumnado, profesorado, oferta formativa, etc...a administración autonómica neste Cara a cara
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.