PontevedraViva Radio
Cara a cara
'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Cara a cara #149: 8M Mulleres que opinan 06.03.2019 17:41
Pepa Bueno e Gemma Herrero son xornalistas. A primeira dirixe o programa 'Neste momento' da Cadena Ser e con anterioridade exerceu responsabilidades de equipo e programación en diversos medios de comunicación. Gemma Herrero 'xoga' en terreos aínda maioritariamente masculinos, o xornalismo deportivo. Ambas participaron recentemente na segunda edición do foro 'As mulleres que opinan son perigosas' x...
Cara a cara #148: Troula 27.02.2019 18:54
Dezasete anos cumpren este ano Troula, unha compañía de espectáculos de rúa e de gran formato que coñecen ben a actividade festiva e cultural de Pontevedra. E o público ben os coñece a eles igualmente, quen non os acompañou en Itineranta, en Feira Franca ou estas inmediatas datas de entroido na Noite Pirata?.
Cara a cara #147: Enrique Valero 20.02.2019 23:31
"As luces vermellas están a acenderse e con sirenas. Está a pasar algo serio e hai que tomar medidas". Enrique Valero, Doutor Enxeñeiro de Montes, refírese con estas palabras á presenza cada vez máis frecuente e numerosa de animais de especies salvaxes en contornas urbanas, dígase xabarís, raposos, lobos, corzos, etc... En Lugo xa se tiveron que tomar medidas urxentes para erradicar a presenza de ...
Cara a cara #146: José Luis Ulla 13.02.2019 25:39
A obesidade garda relación con máis de dez tipos de cancro e con maior risco entre mulleres que entre homes. Se a esta máxima que expón o doutor especialista en Dixestivo, José Luis Ulla Rocha, engádeselle que Galicia é a segunda Comunidade Autónoma española con máis sobrepeso e obesidade, non é nada desdeñable seguir o consello que trae: menos prato e máis zapato.
Cara a cara #145: Marga Díaz 06.02.2019 25:43
Cinco páxinas da edición 227 da revista Viajes National Geographic están reservados a Pontevedra. 'A máxica Pontevedra. Limiar das Rías Baixas' é o título da reportaxe que asina a blogueira e colaboradora de PontevedraViva Marga Díaz. Marga Díaz traballa no Instituto Nacional de Estatística, estudou Empresariais e a súa afección para viaxar levoulle a formarse posteriormente en Turismo, Grao que e...
Cara a cara #144: Cora Velasco 30.01.2019 17:12
Antes Sayers e agora Velasco, o seu primeiro apelido. Antes composicións en inglés, agora composicións con letras máis longas, con especial atención ás rimas e que "reflicten o que son eu". Antes 'á súa bóla' e agora coa produción de Javier Andreu, quen "me sacou da miña zona de confort". Falamos cunha Cora "moi emocionada, moi nerviosa e moi ilusionada" coa presentación que o vindeiro venres 1 de...
Cara a cara #143: Alfonso Amado 23.01.2019 30:13
Pacientes, especialistas e centros médicos, todos eles usuarios da web Doctoralia, deron por segundo ano consecutivo a un pediatra pontevedrés o seu recoñecemento. Os denominados 'Doctoralia Awards' recoñecen o traballo dos profesionais subscritos á web nas súas respectivas especialidades e de acordo á calidade das respostas que os facultativos achegan na devandita web. Alfonso Amado Puentes é un...
Cara a cara #142: Ángel Rodríguez 'Solfamidas' 16.01.2019 16:03
Se a noite de Reyes tróuxolles unha saca de limóns, a comparsa Os Solfamidas está disposta a espremelos, endulzarlos e beberse todo o zume. Un incendio no pavillón municipal de Campolameiro púxolles o contador case a cero. Ao día seguinte, desde un pequeno local en Monteporreiro, retomaron a conta atrás para manter a súa presenza nos entroidos. Ánglel Rodríguez é presidente de Os Solfamidas. Esa f...
Cara a cara #141: Emilio González 09.01.2019 28:48
Emilio González é pontevedrés pero a súa profesión e oferta laboral levoulle fai dez anos a Barcelona. É un dos tres canteiros que acualmente traballan na restauración da basílica da Sagrada Familia. Non había unha tradición familiar para esta vocación, pero gustábanlle as manualidades e chegado o momento matriculouse na Escola de Canteiros de Poio. Terminada a súa formación comezou a traballar nu...
Cara a cara #140: Alexandre Morán 'Elvis Presley' 26.12.2018 24:32
Alexandre Morán ten 26 anos, é pontevedrés e ten fixada a súa residencia actualmente en Palma de Mallorca. Cambiou o Atlántico polo Mediterráneo porque na illa balear o seu traballo tiña máis posibilidades de éxito. É un artista tributo de Elvis Presley. O próximo 5 de xaneiro a súa ilusión non estará posta nos Reis Meigos senón no rei do rock and roll e en Birmingham: no concurso europeo de artis...
Cara a cara #139: Ana Juan 19.12.2018 18:23
Ana Juan ademais de obter en 2010 o Premio Nacional de Ilustración, conta con dúas medallas de ouro da Society of Newspaper Design en categoría de ilustración; estivo nomeada aos premios da plataforma Goodreads Choice Award e as súas ilustracións foron portada en The New Yorker. Actualmente de man de Acción Cultural Española expón no Pazo da Cultura 'Ana Juan. Dibujando al otro lado'.
Cara a Cara #138: Antón Mouriz 12.12.2018 30:08
Manaia, a Asociación Galega de Axuda á Adopción e o Acollemento tomou parte este decembro dun seminario sobre 'Adopción e diversidade' celebrado en Chile. Na súa representación acudiu Antón Mouriz, coordinador de proxectos de Manaia quen conclúe que a experiencia "foi moi boa porque todo o que sexa coñecer outras realidades noutros países é moi enriquecedor. Ademais houbo ocasión de aproveitar pa...
Cara a cara #137: Lucía Catoira Pan 05.12.2018 35:54
Recuperamos para este Cara a cara o encontro que o pasado xoves 29 de novembro tivo lugar no CITA dentro das actividades de EnfocA. A directora de fotografía Lucía Catoira Pan achegou ao público asistente a súa experiencia profesional. Este 2018 foi un punto de inflexión na súa traxectoria. A comezos de ano converteuse na primeira muller que obtén un premio na dirección de fotografía dos premios...
Cara a cara #136: Joan Clos 28.11.2018 21:08
O urbanismo sustentable centra a actividade profesional de Joan Clos nos últimos anos. Falamos no Cara a cara co que foi alcalde de Barcelona tras coñecer persoalmente a cidade de Pontevedra.
Cara a cara #135: Rómulo Mendoza 21.11.2018 33:04
A Unesco ten declarada como Patrimonio Inmaterial da Humanidade a cociña tradicional mexicana. Así que coñecemos este Patrimonio co chef mexicano Rómulo Mendoza. A declaración da Unesco comporta un compromiso de protexer e preservar esas tradicións culinarias e nesa liña traballa este novo cociñeiro: "O meu restaurante está aberto no barrio da Mercé, a zona máis antiga de Cidade de México; nunha v...
Cara a cara #134: Estrea de 'Invisibles' de Montse Fajardo 14.11.2018 20:05
A estrea de 'Invisibles' abre este xoves 15 os actos do Concello de Pontevedra con motivo do 25N. Charlamos coa directora da obra, Mariám Bañobre e a autora do libro, Montse Fajardo.
Cara a cara #133:Alba Rodríguez Santos 07.11.2018 28:17
Somos Nupa é unha ong que presta asistencia a familias que requiren atención na Unidade de Rehabilitación Intestinal do Hospital Infantil La Paz por diversas enfermidades. A súa creadora, a pontevedresa Alba Rodríguez Santos, achéganola neste Cara a cara
Cara a cara #132: Salvador Casalderrey 31.10.2018 36:02
Salvador Casaderrey é o técnico de mantemento do Teatro Principal. É quen mellor o coñece e quen fai de cicerone a PontevedraViva Radio durante unha visita que comeza en xaneiro de 1987, cando a soprano Montserrat Caballé actuou en Pontevedra para a reinauguración do seu Teatro.
Cara a cara #131: Carlos Moreno 24.10.2018 26:18
A máxima 'modelo de cidade' non é válida para Carlos Moreno "nin modelos de cidade, nin máis intelixente, nin cidade máis atractiva, todo iso son estratexias de márketing. A cidade é moi complexa, cada cidade ten moitos elementos en cuestión. Unha cidade nunca está terminada, non é estática. As cidades viven, desenvólvense, cambian e o máis importante é como se adaptan ás transformacións e niso n...
Cara a cara #130: Jorge Reynolds Pombo 17.10.2018 35:25
Jorge Reynolds Pombo tiña 22 anos cando inventou o primeiro marcapasos. Aquela creación pasa por ser un dos cen inventos máis importantes da Historia e nestas seis décadas de aplicación salvou a vida a máis de 70 millóns de persoasno mundo. E que fai este bioingeniero científico en Pontevedra? Neste 2018 cúmprense 250 anos do nacemento do seu antepasado, Francisco José de Caldas, 'O Sabio Caldas'...
Cara a cara #129: Sabela Córdoba 10.10.2018 20:21
A ximnasia rítmica é unha viaxe exprés no tempo, así que Sabela Córdoba cambiou as punteiras con pouco máis de vinte anos pola botas. Lembra que os seus pais eran montañeiros e que nalgunha saída participara, pero non sentiu verdadeiramente a chamada da montaña ata hai pouco tempo. Agora forma parte do equipo de tecnificación de novos alpinistas galegos que impulsa a Federación Galega de Montañism...
Cara a cara #128: Dulcinea Aguin 19.09.2018 24:58
A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia pechará o verán con boas cifras. Que acabe non significa que esta oferta tamén conclúa. Xa hai reservas para a ponte do Pilar, para nadal e mesmo - en Pontevedra e municipios limítrofres - para os Campionatos Mundiais de Tríatlon. Charlamos coa súa presidenta, Dulcinea Aguin.
Cara a cara #127: Víctor Loira 12.09.2018 27:51
Víctor Loira, vicepresidente de ASEII, relata os máis de 1300 quilómetros que percorreu por Galicia para visibilizar as enfermidades intestinais. Este próximo fin de semana encara outro reto para visibilizar a ELA.
Cara a cara #126: Marisol Bueno 05.09.2018 24:45
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas tivo a unha muller como primeira presidenta. Daquilo cúmprense neste 2018 tres décadas. Charlamos con Marisol Bueno.
Cara a cara #125: Fernando Búa 29.08.2018 13:33
Fernando Búa ten un dominio innato da pintura. Polo momento só expón a súa obra a plumilla coa que reflicte arquitectura e tradición galega. Estes días expón no Palacete das Mendoza de Pontevedra.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.