Deputación de Pontevedra
Aquí faltan páxinas
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Author
Deputación de Pontevedra
Category
Podcast website
Latest episode
Jun 19, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Avance: Isabel Barreto. Adiantada dos mares do sur 28.09.2023 0:37
En outubro Aquí Faltan Páxinas navega polos mares do sur para rescatar a figura de Isabel Barreto, aventureira, descubridora e adiantada da navegación española, que tivo unha fascinante vida á fronte dunha das expedicións marítimas españolas máis longas do século xvi. Atravesou o océano Pacífico e foi a primeira en facelo polo hemisferio sur. O seu piloto, Pedro Fernández de Quirós, acusouna de se...
Oceanógrafa. Unha pioneira na investigación mariña 13.09.2023 21:44
En setembro AQUÍ FALTAN PÁXINAS mergúllase no fondo dos océanos para rescatar a figura de Ángeles Alvariño , a primeira científica que se embarcou nun buque oceanográfico como investigadora. Descubriu 22 novas especies mariñas e revelou como a presenza de distintas formas de zooplancto na auga podía servir de excelente indicador do estado de saúde dos mares e dos caladoiros de pesca. E, aínda que...
Avance: Oceanógrafa. Unha pioneira na investigación mariña 18.08.2023 0:37
En setembro AQUÍ FALTAN PÁXINAS mergúllase no fondo dos océanos para rescatar a figura de Ángeles Alvariño , a primeira científica que se embarcou nun buque oceanográfico como investigadora. Descubriu 22 novas especies mariñas e revelou como a presenza de distintas formas de zooplancto na auga podía servir de excelente indicador do estado de saúde dos mares e dos caladoiros de pesca. E, aínda que...
Ernestina Otero. Mestra comprometida e inspiradora 08.08.2023 11:58
No mes de agosto a colección Aquí Faltan Páxinas presenta a Ernestina Otero Sestelo, unha mestra que traballou incansablemente por mellorar a calidade do ensino e, sobre todo, por estendelo a unha maior porcentaxe da poboación. Firme defensora dun modelo educativo renovador e dos dereitos da muller, puxo en marcha iniciativas coma os roupeiros e os comedores escolares para conseguir que as familia...
Avance: Ernestina Otero. Mestra comprometida e inspiradora 03.08.2023 0:44
No mes de agosto a colección Aquí Faltan Páxinas presenta a Ernestina Otero Sestelo, unha mestra que traballou incansablemente por mellorar a calidade do ensino e, sobre todo, por estendelo a unha maior porcentaxe da poboación. Firme defensora dun modelo educativo renovador e dos dereitos da muller, puxo en marcha iniciativas coma os roupeiros e os comedores escolares para conseguir que as familia...
María Vinyals. Unha aristócrata sufraxista e progresista 06.07.2023 19:57
A colección AQUÍ FALTAN PÁXINAS presenta a María Vinyals , unha das pioneiras do feminismo en Galicia xunto a Emilia Pardo Bazán, coa que conversab no Castelo de Soutomaior, onde naceu e viviu esta aristócrata galega coñecida como a Marquesa Roja por ser unha firme defendesora do ideario socialista. Escritora, articulista, artista, conferenciante e sufraxista, foi unha das primeiras mulleres en fo...
Avance: María Vinyals. Unha aristócrata sufraxista e progresista 20.06.2023 0:53
No mes de xullo a colección Aquí Faltan Páxinas presenta a María Vinyals, unha das pioneiras do feminismo en Galicia xunto a Emilia Pardo Bazán, coa que conversaba no castelo de Soutomaior, onde naceu e viviu esta aristócrata galega coñecida como “a marquesa roja ” por ser unha firme defensora do ideario socialista. Escritora, articulista, artista, relatora e sufraxista, foi unha das primeiras mul...
Antonina Sanjurjo. Deporte e galeguidade 20.06.2023 15:25
Durante a Segunda República española, o hóckey feminino en Galicia adiantou ao masculino. Os equipos de hockeywomen eran moi populares e contaban cunha importante afección e con directivas conformadas por mulleres. Entre elas, destacou a viguesa Antonina Sanjurjo , un deses referentes que aínda non atopamos nos libros de historia, a pesar de ser pioneira do deporte galego. No mes de xuño a colecci...
Avance: Antonina Sanjurjo. Deporte e galeguidade 25.05.2023 0:50
Durante a Segunda República española, o hóckey feminino en Galicia adiantou o masculino. Os equipos de hockeywomen eran moi populares e contaban cunha importante afección e con directivas conformadas por mulleres. Entre elas, destacou a viguesa Antonina Sanjurjo, un deses referentes que aínda non atopamos nos libros de historia a pesar de ser pioneira do deporte galego. No mes de xuño a colección...
Concepción Arenal, unha humanista en loita contra as inxustizas 11.05.2023 22:40
A colección AQUÍ FALTAN PÁXINAS presenta en maio a Concepción Arenal , que durante moito tempo foi apenas lembrada por vestirse de home para asistir a unha Universidade que aínda non permitía a entrada a mulleres. Pero detrás desa anécdota atopamos a unha intelectual brillante e comprometida: escritora, pensadora, socióloga, xurista e activista… Unha muller de múltiples arestas, difícil de etiquet...
Avance: Concepción Arenal, unha humanista en loita contra as inxustizas 02.05.2023 0:49
A colección Aquí Faltan Páxinas presenta en maio a Concepción Arenal, que durante moito tempo foi apenas lembrada por vestirse de home para asistir a unha universidade que aínda non permitía a entrada de mulleres. Pero detrás desa anécdota atopamos unha intelectual brillante e comprometida: escritora, pensadora, socióloga, xurista e activista… Unha muller de múltiples facetas, difícil de etiquetar...
Maruja Mallo, metade anxo, metade marisco 12.04.2023 18:54
A xenial Maruja Mallo foi unha transgresora no vivir, no falar e no pintar. Formou parte das Sen Sombreiro e conseguiu converterse nunha das figuras máis representativas da xeración do 27 e nun dos grandes expoñentes internacionais do surrealismo figurativo. Dalí definiuna como “metade anxo, metade marisco”. Lorca asegurou que os seus cadros son os que vira pintados “con máis imaxinación, emoción...
Avance: Maruja Mallo, metade anxo, metade marisco 04.04.2023 0:32
A colección Aquí Faltan Páxinas presenta en abril a xenial Maruja Mallo. Transgresora no vivir, no falar e no pintar, formou parte das Sen Sombreiro e conseguiu converterse nunha das figuras máis representativas da xeración do 27 e nun dos grandes expoñentes internacionais do surrealismo figurativo. Dalí definiuna como “metade anxo, metade marisco”. Lorca asegurou que os seus cadros son os que vir...
Olimpia Valencia, comprometida coa medicina e co seu país 15.03.2023 14:57
Olimpia Valencia foi a primeira galega en licenciarse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, en 1925. A ela gustaríalle ser pneumóloga, pero estaba mal visto que unha muller tratase homes, así que tivo que especializarse en xinecoloxía. Cando estalou a guerra civil pasou catro días presa, acusada de pertencer ao Partido Galeguista e asinar en favor do plebiscito do Estatuto de Auto...
Avance: Olimpia Valencia, comprometida coa medicina e co seu país 08.03.2023 0:32
A colección Aquí Faltan Páxinas presenta en marzo a Olimpia Valencia, a primeira galega en licenciarse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, en 1925. A ela gustaríalle ser pneumóloga, pero estaba mal visto que unha muller tratase homes, así que tivo que especializarse en xinecoloxía. Cando estalou a guerra civil pasou catro días presa, acusada de pertencer ao Partido Galeguista e...
Elisa Patiño, unha señorita polos aires. A historia da pioneira da aviación galega 20.02.2023 12:01
A pioneira da aviación galega, Elisa Patiño, logrou en 1913, na praia de Baltar, (Sanxenxo), algo que probablemente moitas outras soñaran, pero ningunha fixera: voar. Se temos en conta que o primeiro voo dos irmáns Wright tivo lugar en 1903, é dicir, só dez anos antes, a figura de Elisa Patiño emerxe coma a dunha pioneira ignorada nas crónicas da aviación española, que ben merece ocupar un lugar á...
Avance: Elisa Patiño, unha señorita polos aires. A historia da pioneira da aviación galega 07.02.2023 0:29
A colección Aquí Faltan Páxinas presenta en febreiro a pioneira da aviación galega, Elisa Patiño, que en 1913 logrou, na praia de Baltar (Sanxenxo), algo que probablemente moitas outras soñaran, pero ningunha fixera: voar. Se temos en conta que o primeiro voo dos irmáns Wright tivo lugar en 1903, é dicir, só dez anos antes, a figura de Elisa Patiño emerxe coma a dunha pioneira ignorada nas crónica...
A historia de María Soliña contada polas netas das bruxas que queimaron e das que non puideron queimar 25.01.2023 17:32
María Soliña foi xulgada pola Inquisición no século XVII na vila de Cangas. A súa historia forma parte do imaxinario popular grazas á literatura e á música, pero a nós o que nos interesa é saber o que hai detrás desa lenda: por que xulgaron a María Soliña?, por ser bruxa ou por algo máis? A investigadora e profesora de Historia Medieval, Guillermina Domínguez , afonda sobre o contexto histórico e...
Avance: A historia de María Soliña contada polas netas das bruxas que queimaron e das que non puideron queimar 18.01.2023 0:42
A colección, Aquí Faltan Páxinas, estrea o seu primeiro pódcast coa historia de María Soliña, unha muller xulgada pola Inquisición no século XVII na vila de Cangas e que se converteu, grazas á literatura e á música, nunha personaxe do imaxinario popular. Pero a nós o que nos interesa é saber o que hai detrás desa lenda: por que xulgaron a María Soliña?, por ser bruxa ou por algo máis? Para afondar...
Teaser 12.12.2022 1:58
Un podcast de la Diputación de Pontevedra donde cada mes conocerás historias de mujeres gallegas extraordinarias que no siempre aparecen en los libros. Mujeres científicas, artistas, escritoras, ingenieras, filósofas, aviadoras… Faltan muchas páginas por escribir. Los libros de historia que se utilizan en nuestras escuelas aún construyen una visión subjetiva y parcial del mundo. Recuperar esta...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.