Deputación de Pontevedra
Aquí faltan páxinas
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Author
Deputación de Pontevedra
Category
Podcast website
Latest episode
Jun 19, 2026
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Avance - Urania Mella. Pianista, educadora e defensora da paz e dos dereitos das mulleres 13.11.2024 2:17
Foi unha muller exemplar adiantada ao seu tempo, defensora dos dereitos das mulleres, cun gran compromiso político pero tamén social e educativo. Urania ensinoulles a escribir ás súas veciñas analfabetas na Casa do Pobo, como fixo seu pai, Ricardo Mella, teórico do anarquismo condenado ao desterro e a quen Durruti lía na fronte. Combateu contra as tropas de Franco en Vigo no alzamento nacional do...
Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928 2003) 08.11.2024 50:30
Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos...
Avance: Mercedes Ruibal. Os trazos dramáticos dunha pintora alegre (1928-2003) 06.11.2024 1:51
Naceu na parroquia pontevedresa de Xeve, nunha familia republicana de grandes inquedanzas artísticas que se viu obrigada a emigrar por mor da guerra. O seu pai era un apaixonado da música e da literatura, a súa nai, unha pintora naíf, o seu irmán José, dramaturgo, e a súa irmá Ángeles, cantante. Teté —o nome familiar de Mercedes— pasou a súa infancia e adolescencia en Xeve, ata que con vinte anos...
María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos 26.09.2024 36:25
O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e pa...
Avance: María Pardo Trapote. Unha soprano de Teis nos Estados Unidos 25.09.2024 1:56
O 13 de xaneiro de 1892 naceu en Vigo María Pardo Trapote. A súa infancia transcorreu entre a quinta familiar do Troncal, no barrio vigués de Teis, e a cidade de Pontevedra, onde vivían seus avós maternos. Rematou con excelentes cualificacións os seus estudos na Sociedade Económica de Santiago e os cursos de piano e canto. A partir de 1913 comezou a destacar como unha brillante artista lírica e pa...
Avance: Urraca I de León, a Temeraria. A raíña batalladora 12.09.2024 2:12
Rebelde e apoderada, Urraca I de León foi a primeira monarca de Europa en exercer un reinado de pleno dereito. Filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as raíñas. A súa tía e homóni...
As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón 05.09.2024 48:30
Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da...
Avance - As madriñas de Redondela. A esperanza dos presos de San Simón 05.09.2024 1:41
Entre 1936 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na enseada da ría de Vigo, e convertida en presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. Ao longo deste período, estímase que uns setecentos homes morreron alí de enfermidade e malnutrición a causa das terribles condicións de amoreamento, da...
Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única 26.06.2024 45:52
Neste capítulo a propia Mary Quintero —a primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas — narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta, que tivo a sorte de criarse nunha galería de cristal, que era como se lles chamaba na época aos estudios de fotografía. O seu pai fotografaba e a súa nai coloreaba. Ela, coma quen xoga, foino aprend...
Avance: Mary Quintero. A fotógrafa cun estudio propio e cunha ollada única 25.06.2024 1:45
Este faladoiro completa as actividades programadas arredor de Mary Quintero, a primeira muller viva que forma parte da colección Aquí Faltan Páxinas, nas que tamén se inclúe a exposición sobre a súa traxectoria que pode visitarse na sede viguesa da Deputación de Pontevedra. No podcast , a propia Mary Quintero narra a súa fascinante historia, a dunha nena de Melide, nada na España dos anos trinta,...
Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis 27.05.2024 29:25
Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialis...
Avance - Placeres Castellanos. Unha galega na resistencia galega contra os nazis 21.05.2024 2:02
Non se entendería a historia de Placeres Castellanos sen a de Víctor Fraiz. Nin a de Víctor sen a de Placeres. Con el casou moi nova, sendo el o seu mestre. Foi perseguido e asasinado polo bando franquista nos meses posteriores á sublevación de 1936, ao igual que os seus fillos Víctor Jesús, Vicente e Moncho. Aquel golpe mudou por completo a vida da que foi a primeira muller da Agrupación Socialis...
Avelina Valladares. A frustración de ser escritora na Galicia do século XIX 19.04.2024 22:44
Pioneira da literatura galega, Avelina Valladares destaca por ser unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora en empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas. Non queda dela unha soa imaxe. O único que sabemos é que viviu na Ulla, que apenas saíu da súa casa de Vilancosta (A Estrada), que dedicou a súa vida a coidar da familia, que foi a irmá do escri...
Avance - Avelina Valladares. A frustración de ser escritora na Galicia do século XIX 11.04.2024 1:50
Pioneira da literatura galega, Avelina Valladares destaca por ser unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora en empregar a lingua galega nalgúns dos seus poemas. Non queda dela unha soa imaxe. O único que sabemos é que viviu na Ulla, que apenas saíu da súa casa de Vilancosta (A Estrada), que dedicou a súa vida a coidar da familia, que foi a irmá do escri...
Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios 03.04.2024 25:45
Inmaculada Paz Andrade foi unha científica incombustible que lles declarou a guerra aos incendios forestais. Con mentalidade inglesa e corazón profundamente galego, esta pontevedresa da parroquia de Lérez desenvolveu unha carreira investigadora pola que obtivo innumerables recoñecementos na comunidade científica, nunha especialidade pola que non sentía ningunha vocación cando empezou a estudar. El...
Avance - Inmaculada Paz Andrade. Unha investigadora en loita contra os incendios 18.03.2024 1:46
Inmaculada Paz Andrade foi unha científica incombustible que lles declarou a guerra aos incendios forestais. Con mentalidade inglesa e corazón profundamente galego, esta pontevedresa da parroquia de Lérez desenvolveu unha carreira investigadora pola que obtivo innumerables recoñecementos na comunidade científica, nunha especialidade pola que non sentía ningunha vocación cando empezou a estudar. El...
As leiteiras de Pontevedra. O triunfo da unión entre mulleres 08.03.2024 18:26
En xullo de 1892, cando o Concello de Pontevedra decidiu que o leite se debía gravar como un consumo, as leiteiras que chegaban cada día a esta cidade desde o rural para vender o leite polas casas negáronse a pagar as taxas municipais e autoorganizáronse nun movemento subversivo ao que se lles sumaron as vendedoras de legumes, froitas e peixe, as clases populares e as forzas republicanas opostas a...
Avance - As leiteiras de Pontevedra. O triunfo da unión entre mulleres 06.03.2024 1:36
En xullo de 1892, cando o Concello de Pontevedra decidiu que o leite se debía gravar como un consumo, as leiteiras que chegaban cada día a esta cidade desde o rural para vender o leite polas casas negáronse a pagar as taxas municipais e autoorganizáronse nun movemento subversivo ao que se lles sumaron as vendedoras de legumes, froitas e peixe, as clases populares e as forzas republicanas opostas a...
Carmen Babiano. A artista na gaiola 29.02.2024 19:01
Carmen Babiano foi unha das primeiras pintoras en destacar en Galicia a finais do século xix, nun momento no que nas artes aínda non se entendía o concepto da igualdade e o matrimonio marcaba o fin da carreira dunha muller. Ao casar, Carmen deixou de pintar por mandato social, pero enfocou a súa forza creadora e o seu interese polas artes na formación das súas fillas e tamén nun labor de mecenado...
Avance - Carmen Babiano. A artista na gaiola 26.02.2024 1:23
No mes de febreiro Aquí Faltan Páxinas presenta a súa segunda colección de mulleres extraordinarias, que se inaugura cun capítulo dedicado a Carmen Babiano , unha das primeiras pintoras en destacar en Galicia a finais do século xix, nun momento no que nas artes aínda non se entendía o concepto da igualdade e o matrimonio marcaba o fin da carreira dunha muller. Ao casar, Carmen deixou de pintar por...
Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga e exiliada republicana 26.12.2023 20:45
“Aquí faltan páxinas” presenta a historia da brillante pianista e pedagoga viguesa Sofía Novoa Ortiz , que conviviu coa xeración do 27 e chegou a colaborar con Alberti. De familia republicana e socialista, a guerra obrigouna a exiliarse nos Estados Unidos, onde alcanzou o éxito que lle foi negado na súa terra. Despois de dar clases de español na Universidade de Columbia, asentouse definitivamente...
Avance: Sofía Novoa Ortiz. Pianista, pedagoga e exiliada republicana 29.11.2023 0:48
En decembro “ Aquí faltan páxinas ” presenta a historia da brillante pianista e pedagoga viguesa Sofía Novoa Ortiz , que conviviu coa xeración do 27 e chegou a colaborar con Alberti. De familia republicana e socialista, a guerra obrigouna a exiliarse nos Estados Unidos, onde alcanzou o éxito que lle foi negado na súa terra. Despois de dar clases de español na Universidade de Columbia, asentouse de...
A Bella Otero. Unha icona da Belle Époque 16.11.2023 17:59
“ Aquí faltan páxinas ” sobe aos escenarios nos que trunfou a Bela Otero , unha das personaxes máis emblemáticas do París galante da belle époque e cunha vida fascinante chea de luces e sombras . Tras unha brutal violación, con só 12 anos viuse obrigada a abandonar Valga. Fuxindo do estigma, Carolina Otero soubo reinventarse como bailarina, cantante e actriz, e construír unha historia...
Avance: A Bella Otero. Unha icona da Belle Époque 27.10.2023 0:37
En novembro “ Aquí faltan páxinas ” sobe aos escenarios nos que trunfou a Bela Otero , unha das personaxes máis emblemáticas do París galante da belle époque e cunha vida fascinante chea de luces e sombras . Tras unha brutal violación, con só 12 anos viuse obrigada a abandonar Valga. Fuxindo do estigma, Carolina Otero soubo reinventarse como bailarina, cantante e actriz, e construír un...
Isabel Barreto. Adiantada dos mares do sur 19.10.2023 19:04
En outubro Aquí Faltan Páxinas navega polos mares do sur para rescatar a figura de Isabel Barreto, aventureira, descubridora e adiantada da navegación española, que tivo unha fascinante vida á fronte dunha das expedicións marítimas españolas máis longas do século xvi. Atravesou o océano Pacífico e foi a primeira en facelo polo hemisferio sur. O seu piloto, Pedro Fernández de Quirós, acusouna de se...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.