Revista Morcego
A Gruta de Gizamaluke
O teu podcast sobre videoxogos en galego. Un falangullo onde repasamos a actualidade da industria, conversamos sobre títulos, analizamos xogos e, en xeral, estamos de parola.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A Gruta de Gizamaluke - 4x39 01.07.2022 1:50:35
Empezamos o mes de xullo, empezamos a ver o final de tempada, quedan dous programiñas para o descanso... aínda que non desapareceremos. Sempre hai algo que contar. Novas da semana O Cuarto do Moguri :: Juan proba o novo PS Plus A que estamos a xogar? - Polo si ou poloo non :: Elvis (segue no edificio)
A Gruta de Gizamaluke - 4x38 24.06.2022 1:55:25
Imos ir rematando o mes de xuño, albiscando as vacacións e mesmo pensando en rematar a tempada, a cuarta, nada menos. Imos chegar, polo menos, até os 40, e logo... igual hai que volver as pozas de Barosa para descansar. Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri :: Rebaixas e ofertas en Steam A que estamos a xogar? Polo si ou polo non :: Parque Xurásico Dominion, Dr. Strang...
A Gruta de Gizamaluke - 4x37 17.06.2022 1:55:08
Volvemos, comezando a albiscar o final do mes de xuño e, polo tanto, acabamos co ecuador deste 2022... what a year, uh? Traemos a actividade e as novidades destes últimos días, máis, como non podia ser doutro xeito, centrada no non E3. Novas da semana O discord Opina O cuarto do Moguri A que estamos a xogar? Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x36 08.06.2022 1:38:09
Unha semana máis hai programa, mais este chega cun día de adianto porque é así, porque a vida laboral impide a gravación normal a golpe de xoves. Non importa, o resultado é... bo. Novas da semana O cuarto do Moguri :: Diablo e a monetización malvada A que estamos a xogar? :: Until Dawn, Mortal Kombat XL, Zelda: BOTW Polo si ou polo non :: Obi-Wan e tal...
A Gruta de Gizamaluke - 4x35 03.06.2022 1:56:22
Xa estamos de volta! Que é unha semaniña sen nós neste tempo infinito (ou non tanto, pero bastante grande) que nos tocou vivir? Traemos de novo actualidade e opinión, parola e voces. Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O cuarto do Moguri :: Eventos e feiras do verán A que estamos a xogar? Zelda: BOTW, PUBG Mobile... Polo si ou polo non :: Obi-Wan, Love Death & Robots
A Gruta de Gizamaluke - 4x34 20.05.2022 1:54:15
Imos xa rematando o mes, imos pensando no verán, no calor, na praia, no río, nos lanzamentos futuros... pero hai que vivir o presente! Por iso informamos do acontecido na última semana! Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O cuarto do Moguri :: Xeración e así, ano e medio despois A que estamos a xogar? Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x33 14.05.2022 1:43:18
Vai un novo episodio, esta vez un pouco máis curto que de costume que Ana tiña que fuxir para ver Eurovisión e iso é: ben Seguimos avanzando neste ano a un ritmo demasiado veloz, ou? Novas do día O Cuarto do Moguri :: Xogos musicais e logros persoais Polo si ou Polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x32 06.05.2022 2:00:56
Esta semaniña temos un novo programa, como non podía ser doutro xeito. Seguimos facendo que cada 7 días haxa voces que falen para as túas orellas sobre videoxogos e outras lerias. Novas da semana Éche o que hai :: con Diego Pazos (53m 21s) Entrevista :: José Massa e Miguel Alfaro (creadores de TAPE: Unveil the Memories) (57m 24s) A que estamos a xogar? (01h 42m 17s) Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x31 30.04.2022 1:34:40
Avengers... Assemble! Charlie e Ana baixo un mesmo teito gravan o programa desta semana, namentres Juan e Sara continúan a retransmitir desde os seus postos de mando. Novas da semana O Discord Opina :: O teu intre máis divertido cos videoxogos O Cuarto do Moguri :: O Anuario de AEVI A que estamos a xogar? Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x30 22.04.2022 1:59:29
Volve a cova, a nave, o barco, a galería que baixas até a actualidade do videoxogo para traer novas na voz de Ana, Juan, Sara e Charlie. Logo das vacacións, hai lume ben prendido. Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri :: Let me solo her A que estamos a xogar? :: Tape: Unveil the Memories, When the past was around, Shadow of doubt... Polo si ou polo non :: Obvio
A Gruta de Gizamaluke - 4x29 07.04.2022 1:24:21
Volvemos, pero tamén despedimos por... dúas semaniñas. A semana que vén non haberá Gruta. Imos de fronte, non queremos enganar a niguén. Toca viaxar e é imposíbel cadrar para a semana, así que... a gozar das vacacións todo o mundo! Porén, aquí queda o noso, o de sempre, actualidade, parola e algunha que outra brincadeira. Graciñas e voltamos en nada! Novas da semana O Discord Opina, DEVS? Devs? Ka...
A Gruta de Gizamaluke - 4x28 01.04.2022 1:47:14
Xa estamos en abril! (aínda que gravamos no derradeiro día de marzo) Imos seguir contando e cantando sobre a actualidade do videoxogo que ben paga a pena... Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri :: Abandoned A que estamos a xogar? :. Oooops... Polo si ou polo non :: Cabaleiro Lúa
A Gruta de Gizamaluke - 4x27 25.03.2022 2:04:34
Rematamos o mes, pero farémolo por todo o alto... ou por donde nos deixen, tampouco imos enganar a ninguén. Volvemos coa actualidade do mundo do videoxogo e outros temas paralelos e perpendiculares a este. Novas da semana O Discord Opina :: Ti ao nicho, eu ao mainstream O Cuarto do Moguri :: Hai un Developer en min A que estamos a xogar? :: Tunic, Disco Elysium Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x26 19.03.2022 1:48:06
Boas! Desculpade o atraso dun día, pero os ordenadores non sempre están con nós. Sexa como for, aquí tendes, agora si, o programa desta semana. Ben feitiño e listo para ser escoitado. Videoxogos, actualidade e algo doutras cousas ben relacionadas con todo isto. Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri :: Nicho ti, nicho eu A que estamos a xogar? Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x25 11.03.2022 2:05:41
Pois seguimos de parola, que a actualidade do videoxogo non para e nós, por iso da inercia, tampouco. Novas da semana O Discortd Opina :: Indie ou non? O Cuarto do Moguri :: Indie ou si? A que estamos a xogar? :: Elden Ring (Mal) Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x24 04.03.2022 1:49:00
Imos aló! Imos camiñar por marzo logo dun mes de febreiro incríbel, con títulos que nos están a destruír a cabeza e que están sendo aclamados polo mundo adiante. Coma sempre, traemos actualidade, parola e videoxogos. Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos A que estamos a xogar? :: E L D E N R I N G Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x23 25.02.2022 2:01:22
Seguimos nas ondas dixitais, entrando no Entroido sen maiores problemas. Falando de Elden Ring, de Horizon Forbidden West e desa idea que semella indicar que este será un ano inesquecíbel (por moitos asuntos, por desgraza) Novas da semana O Discord Opina :: Gráficos, hiperrealismo e límites O Cuarto do Moguri A que estamos a xogar? Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x22 18.02.2022 1:43:40
Seguimos avanzando por este 2022, co episodio 22. Incríbel coincidencia, quen o diría? Imposíbel sabelo. Sexa como for, a equipa completa da Gruta analiza e comentas as novas desta semana que queda atrás e parola un pouquiño sobre a vida. Intro Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri :: Algún que outro xogo retro A que estamos a xogar? :: The Pedestrian, Sifu... Polo si...
A Gruta de Gizamaluke - 4x21 11.02.2022 2:14:12
Outra semana máis con bastante actualidade, boas novas, parola e todas esas cousas que fan da Gruta de Gizamaluke un lugar agradábel, de boa temperatura. Novas da semana O Discord Opina :: O teu xénero de videoxogos favorito O Cuarto do Moguri :: Decepcións pasadas en forma de xogos A que estamos a xogar? :: SIfu, Elden Ring... Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x20 04.02.2022 1:45:59
Xa cambiamos de decena, entramos en territorio do 20, e seguiremos sumando até completar a tempada... que queda bastante para iso. Coma sempre, actualidade, parola co equipo ao completo: Juan, Ana, Charlie e Sara. Intro Novas da semana Éche o que hai, con Diego Pazos O Cuarto do Moguri :: Mércanos Microsoft ou Sony? A que estamos a xogar? :: Ghostwire Tokyo Polo si ou polo non
A Gruta de Gizamaluke - 4x19 28.01.2022 1:53:47
A cousa é que xa levamos un mes do novo ano, e isto non para. As novas seguen chegando e nós debemos escollelas, resumilas e tentar traelas do mellor xeito posíbel. Conseguímolo? Non, pero a cousa é intentalo. Intro Novas da semena O discord Opina (un chisco) O cuarto do Moguri :: Steam Deck? E se a mercamos? A que estamos a xogar? Polo si ou polo non?
A Gruta de Gizamaluke - 4x18 21.01.2022 2:10:44
Programa.. non monográfico, pero case. A actualidade manda e temos que afondar na nova do ano e do lustro, o movemento económico máis grande da industria do videoxogo: a compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft. Hai máis novas, tamén hai máis xogos e mesmo, na recta final, películas ou libros. Coma sempre.
A Gruta de Gizamaluke - 4x17 14.01.2022 1:43:38
Veña, imos seguir camiñando e navegando polo mes de xaneiro. Esta semana volvemos repasar a actualidade da industria do videoxogos, amais de continuar avanzando nas nosas desventuras persoais. Intro Novas da semana (7m 30s) O Discord Opina (57m 08s) O Cuarto do Moguri (01 04m 38s) A que estamos a xogar? (01h 15m 21s) Polo si ou polo non? (01h 28m 21s)
A Gruta de Gizamaluke - 4x16 07.01.2022 2:00:37
A primeira Gruta de Gizamaluke de ano está aquí, é unha realidade absoluta. No 2022 seguiremos dando guerra. Desta vez, coma sempre, seguimos coa programación habitual: videoxogos, actualidade e parola. Intro Novas da semana (9m 34s) Éche o que hai, con Diego Pazos (01h 16m 47s) O cuarto do Moguri (01h 20m 51s) A que estamos a xogar? (01 28m 30s) Polo si ou polo non (01h 40m 19s)
A Gruta de Gizamaluke - 4x15 25.12.2021 1:57:57
Derradeiro episodio do 2021. Un ano que de novo camiñamos xunto con vos polas ondas dixitais. E así seguiremos, aínda queda moita tempada, moitas novas que dar sobre videoxogos e tentar ir sacando fotos fixas de cada intre do ano, comprender o medio, divulgalo e, por que non, botar unhas risas tamén. Intro Novas da semana O cuarto do Moguri :: Que lle pedimos ao 2022? A que estamos a xogar? Polo s...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.