Mohawk
A GALIZA e o GALEGO
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O que é o reino medieval da Galiza para o historiador Antonio Míguez Macho 25.07.2024 5:20
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o profesor en historia moderna na Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Míguez Macho. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2023, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de...
O que é o reino medieval da Galiza para o historiador Ramón Villares 25.07.2024 8:23
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o que foi catedrático en história contemporánea e rector da Universidade de Compostela, Ramón Villares Paz. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2022, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un equipo de investigadores da Universidade de...
O que é o reino medieval da Galiza para o historiador Justo Beramendi 24.07.2024 13:24
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o que fora catedrático en história contemporánea, recén falecido, Justo Beramendi González. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2023, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de Com...
O que é o reino medieval da Galiza para o historiador Xosé Miguel Andrade Cernadas 24.07.2024 5:14
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o catedrático en historia medieval na Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Miguel Andrade Cernadas. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2022, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un equipo de investigadores da Universidade de...
O que é o reino medieval da Galiza para o historiador Anselmo López Carreira 23.07.2024 30:48
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o doutor en historia Anselmo López Carreira, que destaca pola súa pioneira reinvindicación do reino galego medieval. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2023, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un equipo de investigadores da Univer...
Faraldo, o precursor dos precursores - Xurxo Martínez 23.07.2024 1:14:39
Palestra de Xurxo Martínez sobre Antolín Faraldo, na que revisa a súa biografía á luz de documentación inédita e descoñecida. Provén do ciclo de conferencias do anuario brigantino, no concello de Betanzos. o pasado maio do 2022
Eduardo Chao e a cultura viguesa - Xurxo Martínez 18.07.2024 1:00:08
Palestra de Xurxo Martínez González no 2018 para a asociación Pertenza na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, sobre a familia dos Chao de Vigo, nos que destacou especialmente Eduardo Chao (1822 - 1887).
As letras e a cultura galega no Vigo do Rexurdimento - Xurxo Martínez 18.07.2024 1:05:29
Palestra de Xurxo Martínez sobre distintos aspectos da literatura galega coa cidade de Vigo desde a Idade Media até a segunda metade do século XX Foi organizado pola Asociación Faladoiros de Vigo no Café de Catro a Catro en maio do 2024.
A francesada na Galiza. A guerra contra o francés e a Xunta do reino de Galicia - Ernesto Vázquez Souza 12.07.2024 1:21:03
Palestra de Ernesto Vázquez Souza sobre a Francesada, tamém conhecida como "guerra de independencia espanhola", na que explica a organizaçom, independência e eficácia da Junta do Reino da Galiza, assi como algumhas batalhas importantes, como a famosa batalha de Ponte Sampaio. Palestra organizada no 2010 dentro das "II Jornadas de História da Galiza" organizadas pola AGAL.
O ensino galego e as escolas de ensiño das Irmandades - Ernesto Vazquez Souza 11.07.2024 1:23:21
Palestra de Ernesto Vázquez Souza sobre o secular efecto desgaleguizador do ensino galego, e o regenerador projeto pedagógico das Irmandades de Fala, coa criaçom, em 1923, das "Escolas de insiño galego" promovidas por Ánxel Casal. O seu primeiro centro abriu as súas portas em abril de 1924. O ensino era em galego e totalmente laico. Estava aberto a palestras externas. O alumnado fazia frecuentes s...
A revoluçom galega de 1846 - César Caramés 09.07.2024 1:23:02
Entrevista no 2024 a César Caramés sobre a revoluçom galega de 1846. A entrevista pode-se escuitar integramente em "Orgullo Galego"
O galeguismo no XIX e o polémico monumento aos mártires de Carral - Ernesto Vázquez Souza 09.07.2024 1:07:57
Palestra de Ernesto Vázquez Souza no 2011 sobre os primeiros intelectuais galeguistas do XIX, a Cova Céltica, a revoluçom galega de 1856 e o monolito-cruceiro levantado para homenagear aos mártires de Carral. Isto constituíu a primeira incripçom nun monumento público na Galiza... coa conseguinte polémica sobre como é que se deveria escrever....
O nacemento do galeguismo político - Justo Beramendi 01.07.2024 41:59
Palestra de Justo Beramendi no 2022 sobre o nacemento do galeguismo político
Francisco Fernández del Riego e Luís Seoane - Xesús Alonso Montero 01.07.2024 1:05:54
Palestra de Xesús Alonso Montero sobre a figura de Francisco Fernández del Riego e a súa relación epistolar con Luís Seoane. Provém do curso de verão 'Francisco Fernández del Riego na cultura popular do s. XX' organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2023.
Francisco Fernández del Riego e a diáspora galega en América - Ramón Villares 01.07.2024 1:00:40
Palestra de Ramón Villares sobre a figura de Francisco Fernández del Riego e a súa relación coa diáspora galeguista en América. Provém do curso de verão 'Francisco Fernández del Riego na cultura popular do s. XX' organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2023.
Francisco Fernández del Riego e a reconstrucción do galeguismo de postguerra - Uxio Breogán Diéguez 30.06.2024 32:53
Palestra de Uxío Breogán Diéguez no congreso sobre a figura de Francisco Fernández del Riego na posguerra (década dos 40) e a reconstrución do Partigo Galeguista na clandestinidade . Provén do curso universitario 'Francisco Fernández del Riego na cultura popular do s. XX' da USC, no ano 2023.
Francisco Fernández Del Riego e a conexão portuguesa com Manuel Rodrígues Lapa - Henrique Monteagudo. 30.06.2024 29:53
Palestra de Henrique Monteagudo sobre a figura de Francisco Fernández del Riego a conexão portuguesa co filólogo galego Manuel Rodrígues Lapa. Provém do curso de verão 'Francisco Fernández del Riego na cultura popular do s. XX' organizado pola Universidade de Santiago de Compostela, no ano 2023.
O reintegracionismo e o binormativismo - Entrevista com Eduardo Maragoto 27.06.2024 1:11:39
Entrevista co anterior presidente de AGAL, Eduardo Maragoto no programa Galiportus no 2024 sobre o galego reintegracionista (convergente ou lusista) e a interessantíssima proposta binormativista. Pode-se escuitar na íntegra no podcast de Galiportus.
O galego a principios do século XX. O tempo das Irmandades - Xesús Alonso Montero 27.06.2024 1:23:50
Palestra de Xesús Alonso Montero no 2016, no que fala da situación sociolinguística do galego a inicios do século XX, cando se fundaron as Irmandades da Fala.
O galego que aprendeu Rosalía de Castelao - Dolores Vilavedra 25.06.2024 28:05
Palestra de Dolores Vilavedra no 2013, na que puntualiza a anterior intervención de Xesús Alonso Montero, sobre a sociolinguística do rexurdimento na época de Rosalía de Castro. Provén do congreso do Consello da Cultura Galega, na que se conmemoran o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" en 1863.
A situación do galego na época de Rosalía de Castro - Xesús Alonso Montero 25.06.2024 50:40
Palestra de Xesús Alonso Montero, sobre a situación sociolinguística do galego a mediados do século XIX, na época en que xurdiu o rexurdimento... Que galego escoitaba falar Rosalía de Castro? En que lingua falaba habitualmente?... Provén do congreso que houbo no no 2013, a propósito do 150 aniversario da publicación dos "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, considerado o maior detonante do rex...
A obra de Rosalía de Castro na imprenta de Juan compañel - Xurxo Martínez 23.06.2024 17:53
Sobre a publicación do emblemático Cantares Gallegos de Rosalía de Castro na imprenta de Juan Compañel Rivas na rúa Real de Vigo
Antolín Faraldo. Querida liberdade - Xurxo Martínez 23.06.2024 37:42
Entrevista a Xurxo Martínez sobre a figura de Antolín Faraldo, unha das principais figuras do movemento provincionalista galego, participando na revolución de 1846 e redactando a proclama da constitución da "Junta provisional del gobierno de Galicia". A entrevista foi feita no 2022 a propósito do libro que publicou: «Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento. Antolín Faraldo» (E...
A revoluçom galega de 1846 e os Mártires de Carral. Xurxo Martínez 22.06.2024 1:04:38
Entrevista ao Xurxo Martínez sobre a revoluçom de 1845 co levantamento de Solís na Rádio Livre, no 2020
Voto a Santiago! O apóstolo e a catedral na Idade Moderna - Ofelia Rey Castelao 21.06.2024 1:09:10
Conferencia da historiadora Ofelia Rey sobre o culto ao apóstolo en Santiago de Compostela durante a Idade Moderna, organizado pola Fundación Juan March no 2020. Apreséntanse distintos momentos históricos sobre a lexitimación da tradición e das reliquias apostólicas da catedral de Santiago, como foron a chegada dos Reis Católicos, ou a pugna xurídica polo Voto de Santiago e o pago das súas rentas...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.