Mohawk
A GALIZA e o GALEGO
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O galeguismo no exilio de México - Uxio-Breogán Diéguez Cequiel 23.08.2024 1:21:48
Palestra de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel no 2021 sobre o exilio dos galegos republicanos a méxico por mor da guerra civil española. Esta palestra a proposito da figura de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nas Letras Galegas do 2021, que estivo exiliado, precisamente, como tantos outros, en México.
República, guerra civil e represión en Valdeorras - Felix García Yáñez 22.08.2024 1:09:57
Palestra de Félix García Yáñez sobre a república, a guerra civil e a represión franquista na comarca de Valdeorras. O palestrante afonda na resistencia ao golpe de 1936 e o xurdimento dun forte movimento guerrilleiro. Provén do I ciclo de encontros sobre Valdeorras, organizado polo grupo Valdeorras Infinda
A poesía e a sociedade de onte e hoxe. Dialogando con Celso Emilio Ferreiro 2024 20.08.2024 1:27:43
O día da poesía, o pasado 21 de marzo de 2024, celebrouse un recital a propósito da poesía social de Celso Emilio Ferreiro. De forma introductoria, Xesús Alonso Montero expón a palestra: "Arenga sobre Celso Emilio Ferreiro e a chamada poesía social con algunhas páxinas pouco gasalleiras para certos poetas puros e, sobre todo, para os poetas turrieburnistas e, tamén, os nefelibatas, que son os que...
Xesus Alonso Montero. Entrevista biográfica 2024 20.08.2024 1:08:11
Entrevista a Xesús Alonso Montero no 2024, con 95 anos de idade, sobre a súa biografía: as súas lembranzas da guerra civil, a lingua galega durante o franquismo, a influencia social da igrexa, etc... Foi entrevistado por Adrián Barreiro Alonso. Provén do You Tube, "historiapordoquier"
A poesía social de Celso Emilio Ferreiro - Xesús Alonso Montero 20.08.2024 24:48
Palestra de Xesús Alonso Montero no 2024 sobre a poesía social de Celso Emilio Ferreiro
A traxedia do bou "Eva" no Vigo de 1937 - Xesús Alonso Montero 13.08.2024 29:03
Palestra de Xesús Alonso Montero sobre a chamada traxedia do bou "Eva" (bou é un barco de pesca), no Berbés, en Vigo. Alí, o 22 de abril de 1937, cercados polos fascistas, autoinmoláronse, antes de ser capturados, nove republicanos que pretendían fuxir, ocultos no barco, do terror franquista. Este feito foi conmemorado literariamente por poetas como Rafael Dieste ou Paz Andrade. Provén do congreso...
O wolframio. De cando foi un novo "ouro negro", e a Galiza un "Near West" - Joan-María Thomas 13.08.2024 32:20
Palestra de Joan-María Thomas, da Universidade de Rovira e Virgili, sobre a importancia e a explotación de wolframio na Galiza. Efectivamente, a Galiza non foi un "Far", senón un "Near West", durante a maior parte da Segunda Guerra Mundial. Provén das Xornadas sobre a Galiza na II guerra Mundial no 2021
Os EEUU e o Vaticano na Galiza durante a II guerra mundial - José Ramón Rguez. Lago 13.08.2024 35:10
Palestra de José Ramón Rguez. Lago sobre o papel dos Estados Unidos e o Vaticano durante a II guerra mundial Provén das Xornadas sobre a Galiza na II guerra Mundial no 2021
Traballadores galegos forzados (e voluntarios) na Alemaña nazi -Antonio Muñoz Sánchez 12.08.2024 46:24
Palestra de Antonio Muñoz Sánchez sobre os galegos que traballaron de forma forzada (e voluntaria) na Alemaña nazi durante a II Guerra Mundial. Provén das Xornadas sobre a Galiza na II guerra Mundial no 2021
Os galegos da División Azul na II Guerra Mundial - Xosé Manuel Núñez Seixas 08.08.2024 45:43
Palestra de Xosé manuel Núñez Seixas, sobre a participación galega na División Azul durante a II Guerra Mundial. Provén das Xornadas sobre a Galiza na II guerra Mundial no 2021
A colonia alemá en Vigo coa chegada dos nazis - Antonio Giraldez Lomba 02.08.2024 1:13:24
Palestra de Antonio Giraldez Lomba no 2021 sobre a colonia alemá asentada en Vigo antes da II guerra mundial. Provén das Xornadas sobre a Galiza e a II guerra mundial.
Os espías británicos na Galiza durante a II Guerra Mundial - Emilio Grandío Seoane 02.08.2024 47:18
Palestra do profesor de história contemporánea na USC, Emilio Grandío Seoane, sobre a presenza clandestina de espías británicos en territorio galego. Provén das Xornadas sobre a Galiza na II guerra Mundial no 2021
A Galiza na segunda guerra mundial. Espionaxe e estratexia - Eduardo Rolland Etchevers 02.08.2024 54:25
Sobre a importancia e a participación galega na segunda guerra mundial. Palestra de Eduardo Rolland Etchevers no 2018.
O caso de Vigo na primeira guerra mundial - José Ramón Cabanelas 02.08.2024 55:16
Palestra de José Ramón Cabanelas no 2018 sobre a Galiza e a primeira guerra mundial, centrándose no caso de Vigo. Provén dun Curso realizado por la Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) en noviembre de 2018.
A particular guerra contra o francés na Galiza - José Fernando Navas Ramírez 02.08.2024 1:11:43
Palestra de José Fernando Navas Ramírez no 2018, coronel retirado e especialista en historia militar, sobre a particular e breve guerra contra a ocupación francesa napoleónica na Galiza. Provén dun Curso realizado por la Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) en noviembre de 2018.
A batalla de Rande - Ramón Patiño 31.07.2024 1:23:36
Palestra de Ramón Patiño sobre a famosa batalla de Rande, no interior da Ría de Vigo, en 1702. Os atacantes, unha escuadra angloneerlandesa, saqueou Redondela y la isla de San Simón. Vigo ficou a salvo protexida pola súa muralla e defensas. Provén dun Curso realizado por la Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) en noviembre de 2018.
Entre Drake e a batalla de Rande - José Martínez Crespo 31.07.2024 42:55
Palestra de José Mtnez Crespo no 2018 sobre os ataques da flota inglesa á costa galega despois do malogrado ataque de Drake á Coruña. Provén dun Curso realizado por la Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) en noviembre de 2018.
O ataque de Drake contra A Coruña 31.07.2024 1:15:27
Palestra de Luis Gorrochategui Santos no 2018 sobre o ataque da flota inglesa de Drake contra A Coruña en maio de 1589. Daquí xorde a figura de María Pita. Provén dun Curso realizado por la Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) en novembro do 2018.
A guerra e a paz irmandiña - Carlos Barros 31.07.2024 1:45:30
Palestra de Carlos Barros sobre a grande revolución irmandiña de 1467, e a paz que instauraron no Reino da Galiza en nome do Rei, en contra dos abusos dos señores feudais galegos. Provén dun Curso realizado por la Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia (APIT-Galicia) en noviembre de 2018.
Do grande reino da Galiza aos reinos da Galiza, León e Portugal - Carlos Baliñas 29.07.2024 26:24
Entrevista ao historiador Carlos Baliñas, sobre a fragmentación territorial no velho espazo galaico, na plena Idade Média. A vella gallaecia dá paso, devagariño, a novos espazos políticos, así coma un novo modelo de monarquia feudal. Tirado de "Bailando con reis e raíñas" no 2022.
O escudo no reino da Galiza - Heitor Picallo 28.07.2024 1:06:44
Entrevista no 2022 con Heitor Picallo, autor do ensaio "O Escudo do Reino da Galiza: unha (re)visión (inter)nacional" (Compostela, Sermos Galiza, 2021), sobre como era a heraldica no escudo do Reino de Galiza en fontes europeas, tamén na literatura máxica, e de como foi evoluindo ao longo dos séculos. Provén do podcast de "Orgullo Galego" onde se pode escuitar íntegramente.
As revoltas galegas medievais face Castela - Xosé Ramón Ermida Meilán 27.07.2024 1:22:02
Entrevista no 2022 a Xosé Ramón Ermida Meilán, autor de diversas traballos de investigación sobre o Reino da Galiza, sobre as revoltas galegas contra Castela entre o século XIII e o século XV. Provén do podcast de "Orgullo Galego" onde se pode escuitar íntegramente.
O reino de Galiza - Entrevista a Francisco Rodríguez 25.07.2024 1:35:20
Entrevista no 2022 con Francisco Rodríguez Sánchez, político nacionalista e licenciado en historia e filoloxía románica, sobre o reino de Galiza. Alén de publicar diversos libros sobre literatura galega, é autor de obras históricas como "Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. A relevancia do reino galego medieval. Tomo I" ou "Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. Un reino con clase dirixe...
O que é o reino medieval da Galiza para o historiador Hortensio Sobrado 25.07.2024 7:17
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o profesor en historia moderna na Universidade de Santiago de Compostela, Hortensio Sobrado Correa. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2022, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un equipo de investigadores da Universidade de Santiag...
O que é o reino medieval da Galiza para o historiador Francisco Javier Pérez 25.07.2024 15:03
O que é o reino medieval da Galiza para os historiadores galegos? Nesta ocasión responde o profesor titular en historia medieval no Campus de Ourense, Francisco Javier Pérez Rodríguez. Este fragmento de entrevista provén dunha entrevista feita no 2022, e forma parte do proxecto "A historia das historias do Reino de Galicia", desenvolto por un equipo de investigadores da Universidade de Santiago de...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.