Mohawk

A GALIZA e o GALEGO

History GL ↓ 731 episodes

Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...

Author

Mohawk

Category

History

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jan 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

POEMAS HISTÓRICOS 2 - ROI XORDO e os IRMANDIÑOS por Mendez Ferrin 21.03.2014

Poema histórico do escritor Xose Luis Méndez Ferrin, recitado polo próprio autor no Facho en maio do 2010, esta vez referido á revolta irmandiña.

POEMAS HISTÓRICOS 1 - DUME e O REINO SUEVO por Mendez Ferrin 21.03.2014

Primeiro poema referido á história da Galiza do escritor Xose Luis Méndez Ferrin recitado polo próprio autor no Facho en maio do 2010. Este primeiro poema fai referencia ao Reino Suevo, o primeiro reino galego

IDACIO de CHAVES na história da GALLAECIA 19.03.2014

Conferencia, dentro das "III Jornadas de nuevos investigadores" da Universidade de Vigo no 2014, sobre IDACIO DE CHAVES, que viviu as "invasións" bárbaras do século V, e que foi autor da crónica coñecida polo CRONICÓN DE HIDACIO no que describe o acontecido entre o 379 e o 468, centrándose na Gallaecia.

A CATEDRAL de OURENSE 17.03.2014

Extracto da conferencia da historiadora Carolina Casal Chico sobre a catedral de Ourense o pasado 17-02-2014

O PIÑEIRISMO e o GALEGUISMO CULTURAL por Miguel Barros 12.03.2014

Conferencia de Miguel Barros, no 2009 organizada polo Facho, sobre Ramón Piñeiro e o seu anticomunismo, e como isto, e tamén a súa experiência durante a guerra civil, influiu no galeguismo cultural que promoveu na galiza durante a longa noite de pedra franquista e os tensos inícios da transición

GALIZA, nación sentimental ? 07.03.2014

Conferencia en 2013, na Universidade de Vigo, de Helena Miguelez-Carballeira na que, a propósito do seu libro "Galicia, a sentimental nation", indaga sobre a orixe histórica dos intereseiros estereotipos que se nos presupoñen aos galegos

As ASOCIACIÓNS CULTURAIS no TARDOFRANQUISMO. O 50 aniversario do FACHO 03.03.2014

No 24 de xaneiro do 2014 a Agrupaçom Cultural O FACHO celebrou o seu 50 aniversário da sua fundación (23-11-1963), e o profesor Ricardo Gurriarán du unha conferência sobre a história das diversas asociacións culturais que nasceron ao final da ditadura franquista por toda Galiza

MEMORIA do NACIONALISMO GALEGO 28.02.2014

Documentário do 2009 emitido na TVG sobre a história do nacionalismo galego desde os seus inícios. A obra basease fundamentalmente nos testemuños das 27 persoas entrevistadas, directamente relacionadas coa traxectoria do galeguismo político e co asesoramento do historiador Xusto Beramendi, entre elas, Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Avelino Pousa Antelo, Pilar García Negro, X.L. Méndez Ferrin...

TÓPICOS FALACES da HISTORIA DE ESPAÑA por Francisco Calo Lourido 10.02.2014

O Doutor e Catedrático de Xeografia e Historia, Francisco Calo Lourido deu un conferencia o pasado 04-02-2014, organizada polo Facho, sobre os “Tópicos falaces da Historia de España.”, dando a coñecer o interese ideolóxico dos poderes que conforman o Estado español en manter inumerabeis falacias, como a sua pretendida existencia como identidade política desde o comezo dos tempos, e como isto defor...

A CULTURA CASTREXA do primeiro milenio A.C. 08.02.2014

Conferencia do arqueólogo Francisco Calo Lourido, organizado polo Facho no 2011, sobre a cultura castrexa no noroeste da península ibérica no primeiro milenio A.C.

As RAÍZES CÉLTICAS da GALIZA 07.02.2014

Conferencia do profesor en história Alberte Lago Vilaverde, organizada polo Facho en abril do 2013, sobre as raízes célticas da Galiza, na que mostrou numerosos dados sobre o proprio autor definiu como “ irrefutábel celtismo galego ”.

A POSESIÓN do MONTE GALEGO na Idade Moderna e Contemporánea 25.01.2014

Conferencia da catedrática en historia Ofelia Rey Castelao no 2013 sobre o rexime da posesión do monte na Galiza despois da Idade Média.

HISTORIA de GALICIA entrevista a Anselmo López Carreira 18.01.2014

A propósito da recente publicación do livro "Historia de Galicia" de Anselmo López Carreira, o autor foi entrevistado no Culturgal 2013

HISTÓRIA da GALIZA 2 de 2. Antigo réxime e Idade contemporánea 18.01.2014

Extrato de duas entrevistas, unha sobre a Idade moderna do Reino da Galiza, co Francisco Carballo, e outra sobre a história galega após a invasión napoleónica e a posterior liquidación definitiva do reino galego, con Lourenzo Fernández Prieto.

HISTÓRIA da GALIZA 1 de 2. Celtas galaicos e Reino medieval 17.01.2014

Extrato de duas entrevistas, unha sobre os celtas do mundo castrexo, con André Pena Graña, e outra sobre o reino galego medieval, con Anselmo López Carreira. Tamén acrescento a última parte do turno de preguntas dunha palestras deste último historiador

A PROBLEMATICA GALEGA ACTUAL por Xusto Beramendi 08.01.2014

Conferencia de Xusto Beramendi no 2013, no Instituto de Estudos Miñoranos, sobre os problemas que, segundo o seu ponto de vista, urxe solucionar na actualidade galega.

OS PINTORES de GALICIA 07.01.2014

Áudio dun documentário da TVG sobre a história contemporánea da pintura e os pintores galegos

A CONTRIBUCIÓN do REINO DA GALIZA á DEFENSA das INDIAS (1702) 05.01.2014

Conferencia de Héctor Lago Almeida sobre a contribución do Reino da Galiza á defensa das Indias no século XVIII, dentro das II Xornadas de Novos Investigadores na Universidade de Santiago de Compostela

O REINO DA GALIZA por José Manuel Barbosa 27.12.2013

Extrato dunha palestra do José Manuel Barbosa en 2009 no Campus de Ourense na que fala das orixes e a realidade do reino galego medieval

Agrupacion Cultural AURIENSE homenaxe 26.12.2013

Homenaxe en 2007 conmemorando os 40 anos da fundación da "Agrupación Cultural Auriense", en Ourense. O día de San Martiño do ano 1967 foi inaugurada ao abeiro da Lei de Asociacións de 1964. Antes, outras asociacións tiñan encetado o camiño na procura da normalización cultural e lingüística galega: "O Galo" en Santiago, "O Facho" na Coruña, etc.. Atualmete continua a funcionar como Café Cultural, n...

O bar do Tucho (O´VOLTER) e os ARTISTIÑAS 26.12.2013

Mesa redonda onde se homenaxeou ao bar do Tucho, máis coñecido como O´VOLTER, que desde inicios dos 60 até mediados dos 80 foi un verdadeiro cenobio da intelectualidade e a arte ourensá. Neste recantiño do centro histórico de Ourense reunianse, en torno á figura do Vicente Risco, uns mozos galegos (alcuñados por el mesmo "os artistiñas") que destacaron posteriormente como Quessada, Acisclo Manzano...

VICENTE RISCO e a súa pegada no NACIONALISMO GALEGO 26.12.2013

Serie de entrevistas ao Justo Beramendi, o Xosé Manuel Beiras, etc... sobre a influencia do pensamento de VIcente Risco no nacionalismo galego

Xosé Ramón Fernández-Oxea, BEN-CHO-SEY 19.12.2013

Palestra do Isaac Alonso Estraviz no 2007 sobre a figura do Ben-Cho-Sey, polígrafo e investigador galeguista procedente do Seminario de Estudos Galegos.

Xaquín Lorenzo, o XOCAS 13.12.2013

Entrevista ao José Paz na radio, en 2004, sobre o Xocas, a figura homenaxeada o día das Letras Galegas ese ano.

Xosé Maria Álvarez Blázquez 13.12.2013

Palestra de Manuela Ribeira no 2007 sobre a vida de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor galego, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. Finou en 1985.

Listen to the A GALIZA e o GALEGO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.