Mohawk
A GALIZA e o GALEGO
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
GALIZA e PORTUGAL nos últimos séculos 13.05.2015 23:39
Reflexións sobre o relacionamento da Galiza e Portugal desde o século XVIII polo filósofo José David Santos Araujo, do Fórum de Amizade Galiza-Portugal, e autor do ensaio "Portugal e Galiza: Encantos e encontros". Extrato dunha entrevista realizada ao autor no 2004 por alunas de Ourense
O VIGO MEDIEVAL IRMANDIÑO face a PEDRO MADRUGA 21.01.2015 1:15:30
Sobre a revolta irmandiña en terras de Vigo e o enfrontamento contra o señor feudal Pedro Madruga. Conferencia do catedrático en historia Carlos Barros en xuño do 2014.
AO REDOR da HISTORIA GALEGA. Anselmo López Carreira 25.10.2014 1:01:19
Extrato editado da entrevista que José Manuel Barbosa fai ao historiador Anselmo López Carreira no 2014, na que desvenda e repasa clarificadoramente os fundamentos da história galega. Os áudios forom extraidos de: https://www.youtube.com/watch?v=RDXIW6MN0K8 https://www.youtube.com/watch?v=_AnrqA7xXEo https://www.youtube.com/watch?v=E6mvq0AtJUY https://www.youtube.co/watch?v=QeWNuCkvNB8 https://www...
ENCROBAS, a ceo aberto 12.09.2014 1:04:35
Documentário de Xosé Boxixa no 2007 sobre o conflito das Encrobas (Cerceda, Coruña) en 1977
BENEDICTO, polo mar da LIBERDADE 28.08.2014 43:49
Conferencia no Ateneo de Santiago en xuño do 2014 a propósito do libro que rememora a traxectoria de Benedicto, cantante, mestre e sindicalista vencellado ao colectivo Voces Ceibes, e que destacou na canción de autor no tardofranquismo e na transición democrática
OS MAQUIS na GALIZA 27.08.2014 1:30:31
Documentário sobre o movimento guerrilleiro antifranquista na Galiza entre 1936 - 1952
A TRANSICIÓN na GALIZA por Carlos Mella Villar 17.08.2014 50:44
Conferencia no 2014 na Universidade de Vigo de Carlos Mella Villar, Presidente da Fundación Castelao, sobre a o ambiente que se respiraba en España e na Galiza no periodo coñecido por Transición democrática.
OS IRMANDIÑOS por Carlos Barros 01.08.2014 41:05
Interesantísima entrevista ao Catedrático en história medieval da Universidade de Santiago de Compostela Carlos Barros, sobre a revolta irmandiña da baixa idade media no excelente programa de rádio "La Linterna de Diógenes", dirixida polo profesor Arkadio.
CARBALLO CALERO. Entrevista 1985. 29.07.2014 1:00:40
Entrevista orixinal realizada a Ricardo Carvalho Calero, galeguista procedente do Seminario de Estudos Galegos e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas. Foi realizada no ano 1985, no Instituto feminino de Lugo, sendo o entrevistador Reimunde Norenha.
O 14-F de 1984. A PRIMEIRA GREVE XERAL da GALIZA DEMOCRÁTICA. 30º ANIVERSARIO 09.07.2014 18:26
Extrato do documentário do FESGAS "1984: tres folgas xerais contra a reconversión" no cual se conmemora o 30º aniversario do primeiro paro nacional da nosa atual historia democrática, no 14 de febreiro de 1984.
CARRILANOS. OS TÚNELES dun TEMPO 09.07.2014 57:35
Áudio do excelente documentário que relata a história dos miles de traballadores (os carrilanos) que traballaron na custosa construción do ferrocarril Puebla de Sanabria-Ourense para comunicar a Galiza coa meseta ao longo de case meio século, desde 1929 - 1957
O REXURDIR TARDOFRANQUISTA do NACIONALISMO GALEGO. DO PIÑEIRISMO ao CONSELLO DA MOCIDADE 09.07.2014 16:41
Ádio dun documentário do FESGAS no que se analisa a evolución do nacionalismo galego desde o golpe militar españolista do 1936 até mediados dos anos sesenta do pasado século
RAMÓN PIÑEIRO e A CULTURA GALEGA EXTERIOR 07.06.2014 56:08
Conferencia de Ramón Villares sobre a figura de Ramón Piñeiro
A VERTEBRACIÓN TERRITORIAL da GALIZA 31.05.2014 16:34
Conferencia de 2009 do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Xavier Ferreira Fernández sobre as peculiaridades da organización territorial na Galiza
A GALIZA QUE PUIDO SER. Repensando a Transición 04.05.2014 1:50:18
Conferencia do histórico Bautista Álvarez, membro fundador da UPG e o BNG, dentro da XXXI Semana Galega de Filosofia en abril do 2014, sobre as outras alternativas que se abriron para Galiza na coñecida como transición democrática española
O PROLETARIADO GALEGO de 1936 a 1960 30.04.2014 16:00
Breve história do proletariado galego desde o estourido da guerra civil até os inícios do tardofranquismo. Enrtevistase ao historiado Uxio Breogán Dieguez. Procede dun documentário do FESGA
PASADOS INCÓMODOS de VÍCTIMAS e VERDUGOS 28.04.2014 1:25:27
Conferencia do historiador Lourenzo Fernández Prieto no 2013, sobre as persoas (víctimas, verdurgos e salvadores) que protagonizaron a nosa guerra civil e a inmediata post-guerra
O CONDADO DE ORTIGUEIRA e A CONDESA TERESA DE ZÚÑIGA 21.04.2014 1:10:33
Conferencia do historiador Carlos Barros no Instituto de Ensino Secundario de Ortigueira, o pasado 14 de marzo de 2014, sobre a vida e morte a lanzadas de Dª Teresa de Zúñiga, Condesa de Santa Marta de Ortigueira a finais do século XV
HISTORIA DE GALICIA conferencia de Anselmo López Carreira 13.04.2014 1:28:07
Conferencia de Anselmo Lopez Carreira no 2014, organizada pola asociación Pomba do Arco, sobre a historia e a historiografia da Galiza, a propósito da presentación do seu último libro
ROSALIA DE CASTRO, a perspectiva GALEGA do MUNDO 11.04.2014 1:44:14
Palestra de Francisco Rodrígurez Sánchez, organizada polo Facho en abril do 2014, sobre a vida e obra de Rosalia de Castro, no contexto social da sua época.
DE VOCES CEIBES a MILLADOIRO 31.03.2014 1:00:14
Presentación do libro, do mesmo título, de Antón Seoane, fundador e componente do mítico grupo Milladoiro, en Ourense en marzo do 2014, sobre o contexto histórico que posibilitou o movimento popular da canción galega entre os anos 1973 e 1978. Inicialmente fala Pepe de Teis.
MARIÑAS DEL VALLE por Pablo Gonzalez Mariñas 28.03.2014 43:04
Conferencia de Pablo gonzalez Mariñas sobre a vida do escritor galeguista Jenaro Mariñas del Valle
GALEGOS nas INDEPENDENCIAS LATINOAMERICANAS 25.03.2014 1:13:55
Conferencia de Carlos Sixirei Paredes no 2013, organizada polo Facho, sobre o papel dos galegos en varios dos procesos independentistas latinoamericanos
XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ polo seu fillo CELSO ÁLVAREZ CÁCCAMO 23.03.2014 1:17:48
Palestra no Facho de Celso Álvarez Cáccamo no 2008, ano en que se homenaxeou, polo día das Letras Galegas, ao seu pai Xosé María Álvarez Blázquez, o cal é unha das figuras máis destacadas da cultura galega, cunha grande actividade que chega dende a literatura (novela, poesía, teatro) até a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista.
POEMAS HISTÓRICOS 3 - MEMORIA HISTÓRICA por Mendez Ferrin 21.03.2014 20:10
Poema histórico do escritor Xose Luis Méndez Ferrin, recitado polo próprio autor no Facho en maio do 2010, esta vez referido a las consecuencias de la guerra civil en Galicia.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.