Mohawk

A GALIZA e o GALEGO

History GL ↓ 731 episodes

Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...

Author

Mohawk

Category

History

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jan 13, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A represion do galego no franquismo. 24.01.2020

Ponencia de Matías Rguez. Datorre na Universidade de Vigo, sobre a represión da lingua galega desde o franquismo. Procede do YouTube

A nova canción protesta galega 02. Voces Ceibes. 22.01.2020

O inicio da canción protesta moderna en galego encetouno o grupo VOCES CEIBES co seu primeiro e mítico concerto en 1968 na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela... Procede do programa "Naqueles tempos" da RTVG, 2016.

A nova canción protesta galega 01. O concerto de Raimon en Santiago. 22.01.2020

A mediados dos anos 60 do século XX, aínda en pleno franquismo, na cidade provinciana que aínda era Santiago de Compostela, comeza a xurdir un novo movemento musical de canción protesta en galego. O concerto de Raimon en 1967 é considerado o detonante do que veu despois... Procede do programa "Naqueles tempos" da RTVG, 2016.

Galicia e Portugal. Encontros e desencontros 02. A Revolução de abril. 22.01.2020

Nos anos setenta do século XX continúa a se a estreitar a relación cultural e musical entre a Galiza e Portugal: a influencia da revolución do 25 de abril de 1974, a figura do Zeca Afonso, a polémica das normas que deben rexir a lingua galega, etc... Procede do programa "Naqueles tempos" da RTVG, 2016.

Galicia e Portugal. Encontros e desencontros 01. 22.01.2020

Sobre a estreita relación de encontros e reencontros históricos, culturais e musicais entre Portugal e a Galiza. Procede do programa "Naqueles tempos" da RTVG, 2016.

Santiago e a mocidade inconformista dos anos da Transición. 20.01.2020

En plena transición política, Santiago de Compostela, o única Universidade da Galiza, foi un fervedoiro de partidos políticos emerxentes e mobilizacións sociais, que se reflectían tamén na música que se facía e escoitaba na altura, con Luis Emilio Batallán e o seu "Aí vén o maio" ou con Amancio Prada, por exemplo... Procede do programa "Naqueles Tempos" da RTVG 2016.

Xentes de aldea. A nova música folk galega. 20.01.2020

Na década dos 70 do século XX, a maioría dos galegos proviñan (eles ou seus pais) dalgunha aldea. Coincidindo cos últimos anos do Franquismo e os primeiros da Transición, comezan a agromar os primeiros grupos da nova música folklorica galega: uns máis populares, como "A Roda", e outros máis sociais e reivindicativos, como "Fuxan os ventos". Procede do programa "Naqueles tempos" da RTVG. 2016

Sexamos celtas. O auxe da musica celta na Galicia. 19.01.2020

A partir dos últimos anos da década dos 70 ,no século XX, comeza o "boom" da múscia celta na Galiza, con Emilio Cao e a súa arpa, e grupos como "Faíscas do Xiabre" ou "Milladoiro", e o primeiro Festival Intercéltico de Ortigueira en 1978. Procede do programa da RTVG "Naqueles tempos" 2016.

A emigración e as novas escolas dos "americanos" na Galicia. 19.01.2020

Sobre as escolas dos emigrantes galegos (as chamadas escolas dos americanos) que fundaron na Galiza a inicios do século XX, e coas que pretendían contribuir ao seu desenvolvemento material e cultural. Procede do programa "Arredor de nós", da Radio Galega.

Innovacións no agro e a Misión biolóxica de Galicia. 19.01.2020

Sobre as innovacións no agro a principios do século XX na Galiza, e os comezos da "Misión Biológica de Galicia" baixo a dirección de Cruz Gallástegui en 1921. Este centro innovador adicouse a desenvolver material xenético que mellorase as especies vexetais para o cultivo no agro. Hoxe pertence ao "Consejo Superior de Investigaciones Científicas". Procede do programa "Arredor de nós", da Radio Gale...

Os últimos cazadores de baleas galegos. 19.01.2020

Aínda que hoxe é case descoñecido, durante séculos na Galiza cazouse baleas. A importancia desta actividade contribuiu ao crecemento económico e poboacional de toda a súa franxa atlántica, e mesmo hai portos galegos que naceron da actividade baleeira, como o de Burela (Lugo) ou o de Suevos (Punta Langosteira). Procede do programa "Arredor de nós" da Radio Galega.

As industrias conserveiras catalás na costa galega. 18.01.2020

Despois dos inicios coa salga da sardiña, algúns empresarios cataláns instaláronse na costa galega para erguer as primeiras industrias conserveiras. Procede do programa "Arredor de nós", da Radio Galega.

Cataláns na Galiza, e a industria de salga da sardiña. 18.01.2020

A finais do século XVIII e inicios do XIX, capitalistas cataláns comezaron a se asentar na costa galega iniciando a explotación comercial do seu peixe, especialmente coa salga da sardiña, proteina barata para o proletario do levante español. Procede do programa "Arredor de nós", da Radio Galega.

María Soliño e a Inquisición. 18.01.2020

María Soliño foi unha muller do século XVI de Cangas de Morrazo, que após os ataques dos piratas "turcos" foi xulgada pola Inquisición. Procede do progama da Radio Galega "Arredor de nós"

Anselmo López Carreira. As mellores entrevistas 02. 16.01.2020

Recopilación das que, ao meu parecer, son as mellores entrevistas ao historiador Anselmo López Carreira. O historiador é entrevistado por José Manuel Barbosa sobre temáticas diferentes da historia en xeral, e da Galiza en particular.... É francamente interesante. Procede da YouTube. É do ano 2014.

Anselmo López Carreira. As mellores entrevistas 01. 16.01.2020

Recopilación das que, ao meu parecer, son as mellores entrevistas ao historiador Anselmo López Carreira. Esta primeira, sobre a Galiza medieval, é do 2004, do programa "Totum Revolutum" de Radio Allariz.

Anselmo López Carreira. As mellores conferencias 04. 16.01.2020

Recopilación das que, ao meu parecer, son as mellores conferencias (tanto polo seu conteúdo como pola calidade de son do audio) do historiador Anselmo López Carreira. Esta conferencia trata do PRISCILIANISMO durante o REINO SUEVO DA GALIZA, que é o período onde atinxiu o seu maior desenvolvemento. É do ano 2006.

Anselmo López Carreira. As mellores conferencias 03. 14.01.2020

Recopilación das que, ao meu parecer, son as mellores conferencias (tanto polo seu conteúdo como pola calidade de son do audio) do historiador Anselmo López Carreira. Nesta interesantísima e clarificadora conferencia do ano 2009, o historiador fala da BAIXA IDADE MEDIA GALEGA centrándose en dous momentos fulcrais da súa historia: primeiro, na importancia da familia condal dos CASTRO no século XIV,...

Anselmo López Carreira. As mellores conferencias 02. 14.01.2020

Recopilación das que, ao meu parecer, son as mellores conferencias (tanto polo seu conteúdo como pola calidade de son do audio) do historiador Anselmo López Carreira. Nesta interesantísima e rompedora conferencia, o historiador debulla a HISTORIA DO REINO MEDIEVAL GALEGO, analizando cómo a súa (a nosa) realidade histórica foi deturpada, até case facela desaparecer da hstoriografia oficial española...

Anselmo López Carreira. As mellores conferencias 01. 14.01.2020

Recopilación das que, ao meu parecer, son as mellores conferencias (tanto polo seu conteúdo como pola calidade de son do audio) do historiador Anselmo López Carreira. Esta primeira conferencia é do 2010, e trata do REINO SUEVO DA GALIZA a propósito da conmemoración dos 1600 anos da súa fundación (410 D.C.)

A Castela e a España de Menendez Pidal 02. Carlos Barros. 09.01.2020

Segunda parte da conferencia do historiador Carlos Barros na Facultade de Xeografía e Historia da USC, sobre a figura de Menendez Pidal e a súa defensa do protagonismo de Castela na historia de España, especialmente desde a Idade Media.

A Castela e a España de Menendez Pidal 01. Carlos Barros. 09.01.2020

Primeira parte da conferencia do historiador Carlos Barros na Facultade de Xeografía e Historia da USC, sobre a figura de Menendez Pidal e a súa defensa do protagonismo de Castela na historia de España, especialmente desde a Idade Media.

As Irmandades da Fala e a lingua galega. Goretti Sanmartin. 09.01.2020

Conferencia e coloquio da filóloga e escritora Goretti Sanmartin na Libraría Cartabón (Vigo), no 2017, sobre as Irmandades da Fala e a súa interesante proposta lingüística. Procede do YouTube.

Galicia na II Guerra Mundial. A vía de escape galega. 08.01.2020

A pesar de que o réxime franquista era claramente xermanófilo, sobre todo ao inicio do mesmo, a Galiza tamén tivo xente que malia os perigos e dificultades, salvou moitas persoas do horror nazi, como por exemplo, as irmás Touza de de Ribadavia... Procede do programa "Arredor de Nós" da Radio Galega.

Galicia na II Guerra Mundial. Espias en guerra. 07.01.2020

Durante a segunda Guerra Mundial, aínda que claramente xermanófila, a España declarábase formalmente, e a Galiza tornouse un verdadeiro niño de espías dun e doutro bando... Neste programa da Radio Galega "Arredor de nós", analízanse algúns aspectos deste interesante e descoñecido período histórico...

Listen to the A GALIZA e o GALEGO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.