Mohawk
A GALIZA e o GALEGO
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A historia da primeira república galega en 1931 24.11.2021 30:07
Audio procedente do documentário realizado por Lois Pérez Leira no 2010, co gallo do 79º aniversario da proclamación da I República Galega, o 27 de xuño de 1931. Un feito descoñecido pola meirande parte da poboación galega. Procede da publicación da You Tube do vídeo intitulado "A República Galega: unha historia non oficial"
Os reis medievais de Oviedo ou León... eran galegos? 24.11.2021 8:13
Sobre a galeguidade dos reis do reino galego na corte de León Fragmento seleccionado da conversa por video-conferencia do historiador Anselmo López Carreira no canal de You Tube "Orgullo Galego", en maio do 2021
GALLAECIA e HISPANIA a orixe dos nomes 24.11.2021 20:01
Sobre a orixe e o posíbel significado dos nomes de Gallaecia e Hispania. Fragmento seleccionado da palestra do historiador Anselmo López Carreira o pasado mes de outubro do 2021, no museu de Pontevedra
A CORTE DE LEÓN do REINO MEDIEVAL GALEGO 23.11.2021 11:31
Hoxe cústanos moito entender cómo é que o reino medieval galego podía ter a súa corte nun lugar fóra da actual Galiza, como podía ser Oviedo ou León. Neste áudio, o historiador Anselmo López Carreira, explica esta aparente paradoxa aos ollos actuais.... Este audio é un fragmento seleccionado da palestra que o conferenciante deu en outubro do 2021, no Museo de Pontevedra.
A EXTENSIÓN TERRITORIAL do REINO MEDIEVAL GALEGO 23.11.2021 40:08
Non debemos imaxinar o territorio do reino medival da Galiza dentro dos limites da comunidade autónoma actual. Tampouco debemos pensar que durante tooooda a Idade Média (> de 1000 anos de historia), o reino da Galiza tivo sempre a mesma extensión xeopolítica.... Para aclaralo, nada mellor que esta selección da palestra impartida polo historiador Anselmo López Carreira no museo de Pontevedra, o pas...
O deseño da revista NÓS. 22.11.2021 1:08:21
O deseñador Pepe Barro trata nesta palestra de diversos aspectos relacionados coas magníficas ilustracións da Revista Nós. A dirección artística desta revista foi asumida, nada mais e nada menos, que polo próprio Castelao. Áudio extraído e editado do vídeo publicado en abril do 2021 en "Los directos de la Región", na You tube
Os primórdios da escrita em galego. Pacto de irmãos 21.11.2021 47:37
Áudio extraído do documentário "Pacto de irmãos" sobre os mais antigos escritos que se conhecem em língua galega, refletindo acerca das origens da nossa língua e da importancia da escrita na conformação da cultura galega-portuguesa que nos chega até a actualidade... Procede de um vídeo do canal da You Tube "Através produtora"
Conversa com Anselmo López Carreira sobre o Reino Medieval de Galicia 20.11.2021 1:23:50
Conversa co historiador Anselmo López Carreira sobre o reino da Galiza durante o medievo o passado 19 de maio do 2021. Este áudio foi extraído e editado do vídeo publicado da You Tube na canle de "Orgullo Galego"
GALLAECIA (GALIZA) e HISPANIA (ESPAÑA). O seu significado na geopolítica medieval. 20.11.2021 59:09
Que se entendia baixo o nome de "Gallaecia" ou "Hispania" ao longo da Idade media?... Eram uns termos meramente territoriais... ou tinham significado político?... Que território abrangíam??... O historiador Anselmo López Carreira tenta responder estas preguntas nas 'VI Xornadas de Onomástica Galega. A onomástica e o Camiño de Santiago', celebradas en outubro do 2021, na Aula Castelao do Museu de P...
O galego estándar. Mesa redonda 2021 24.05.2021 1:56:29
Última sesión e mesa redonda do Simposio da ILG celebrada en febreiro do 2021arredor do galego estándar e a súa normativa. Trátanse distintos aspectos e poblemáticas da norma para o galego estándar actual do ILG-RAG, así como a actual cuestión do binormativismo. Interveñen: Eduardo Maragoto, Xose Luis Regueira e Fernando Ramallo. Modera Xosé Henrique Monteagudo.
Portugués para restaurarmos o galego 24.05.2021 5:11
Palabras en desuso e en perigo de desaparición. Unha cada vez maiore hibridación, disolución e descaracterización na lingua dominante... Na Galiza sabemos ben o que é isto. A nosa lingua está inzada de palabras e expresións nesta situación. O portugués pode ser un poderoso aliado e revulsivo para evitarmos este serio problema socio-lingüístico. O Eduardo Maragato, presidente da AGAL, usando algúns...
CARBALLO/CARVALHO CALERO 02 _ O Carvalho reintegracionista 23.05.2021 23:08
Intervençom de Eduardo Maragoto, presidente da AGAL, no Simpósio sobre Carvalho Calero organizado pola RAG en outubro do 2020, no que fala da sua definitiva evoluçom, a partir de 1975, hacia posturas reintegracionistas para a nossa língua.
CARBALLO/CARVALHO CALERO 01 A gramática elemental do galego 23.05.2021 21:53
Intervención do filólogo Serafín Alonso Pintos no Simposio sobre Carvalho Calero organizado pola Real Academia Galega ,sobre o seu ideario lingüístico. Aqui debulla a importancia e evolución da súa famosa "Gramática elemental del gallego común".
GALEGO ESTÁNDAR e BINORMATIVISMO 23.05.2021 1:06:38
Extracto do simposio da ILG en febreiro do 2021 sobre a norma do galego estándar na súa mesa redonda da súa última sesión. O Eduardo Maragoto, presidente da associaçom AGAL, fala sobre a proposta do binormativismo para o galego, e debate sobre a mesma com Xosé Luis Regueira e Fernando Ramallo, os outros intervintes da mesma. É muuuuito interesante!!
A Pandemia da Gripe Española na Galiza 03.07.2020 51:07
Relato sobre como é que a chamada "Gripe Española" afectou a Galiza. Unha aprendizaxe histórica para a actual situación que sufrimos coa actual pandemia da COVID-19. Procede do programa "Arredor de nós" da Radio Galego.
O galego e o portugues son, ou non son, a mesma lingua?... 10.03.2020 5:58
Parte da entrevista ao Marco Neves en marzo do 2020, na canle de Youtube The Dissenter, na que fala da proximidade linguística entre o galego e o portugués
O proxecto UNIVERSO CANTIGAS. 07.03.2020 15:35
Entrevista ao catedrático Manuel Ferreiro, da Universidade da Coruña, en 2018 no programa "Páginas de português" da RTP, sobre o proxecto UNIVERSO CANTIGAS, no que se dispoñibilizan na internet a edición dixital dun grande número das cantigas medievais da Galiza e Portugal.
Como naceu o galego... e se tornou português além do Minho. 07.03.2020 16:08
Nova entrevista ao professor Fernando Venâncio o pasado 02/03/2020, no programa da RTP "Páginas de português" a propósito do seu livro "Assim nasceu uma língua", na que fala da origem da nossa língua como un galego comúm do que se foi afastando séculos depois sem deixar de ser galego, enquanto evoluía e "namorava" com outras línguas...
O mundo galego-portugués medieval. Unha fronteira inexistente. 09.02.2020 55:04
Conferencia de Francisco Rodríguez Sánchez na semana galega de filosfia do 2019, sobre íntima conexión do mundo galego-portugués medieval apesar das fronteiras levantadas entre ambos reinos. E é que, aínda despois da independencia do reino de Portugal, continuou a existir unha continuidade linguística, cultural, e até política, entre ambos reinos, moito maior do que habitualmente se podería pensar...
Irmandades da Fala e identidades políticas de entreguerras 09.02.2020 47:13
Conferencia de Justo Beramendi no 2017 sobre as Irmandades da Fala e as identidades políticas do período de entreguerras.
O movemento obreiro e as Irmandades da Fala no Ferrol. 28.01.2020 35:56
Palestra de Eliseo Fdez. no 2017, organizado pola Fundaçom Artrábia, sobre o movemento obreiro no Ferrol nos inicios do século XX e a aparición das Irmandades da Fala.
O REINO SUEVO da GALLAECIA. 26.01.2020 34:13
Palestra sobre o reino suevo na Gallaecia por Alexandre Peres e organizado pola Fundaçom Artrabia de Ferrol no 2018.
Anselmo López Carreira. Máis das súas mellores conferencias 03. 24.01.2020 1:16:38
Nesta conferencia do 2014 o historiador Anselmo López Carreira fala a propósito do seu libro de divulgación "Historia de Galicia".
Anselmo López Carreira. Máis das súas mellores conferencias 02. 24.01.2020 1:05:19
Conferencia do historiador Anselmo López Carreira do 2005 sobre o REINO GALEGO DOS SUEVOS, na que reivindica a súa importancia na conformación histórica da Galiza.
Anselmo López Carreira. Máis das súas mellores conferencias 01. 24.01.2020 1:05:42
Outra recopilación das mellores conferencias do historiador Anselmo López Carreira, apesar da mellorábel calidade de son do audio.... Nesta conferencia, unha das primeiras das que temos constancia, do 2004, tenta resumir a HISTORIA MEDIEVAL DE GALICIA, reivindicando a existencia histórica dun REINO GALEGO, ao tempo que nega a existencia dun pretendido reino asturiano.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.