Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Koniecznie odwiedź stronę podcastu i wesprzyj twórcę: www.ivoox.com
Gdzie słuchać?
Podcasty w aplikacji Replaio Radio Już wkrótcePodcasty trafią do aplikacji już wkrótce. Zainstaluj teraz i jako pierwszy zobacz nowe podejście do podcastów
Odcinki
AROUSA NOTICIAS 19 02 26 19.02.2026 16:39
Detido un home en Cambados nun novo operativo contra o tráfico de droga a mediana escala. A nova pista deportiva do pavillón multiusos de Fexdega estará operativa no prazo máximo de quince días, unha vez que remate a súa instalación, xa iniciada. Cambados acolle o 7 e 8 de marzo a Mostra Internacional da Camelia nunha edición afectada polos temporais O BNG de Sanxenxo solicita ao goberno local que...
AROUSA NOTICIAS 18 02 26 18.02.2026 18:35
O tempo sigue condicionando as celebracións do Entroido, algunhas das citas aguantaron as malas condicións meteorolóxicas pero noutras non quedou máis remedio que aplazalas. A Policía Local da Illa de Arousa investiga os danos rexistrados na noite do luns en catro lonas da carpa do Entroido instalada na praza do Regueiro. Tralo Desfile de Entroido, a avenida de Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía, v...
AROUSA NOTICIAS 17 02 26 17.02.2026 17:31
As celebracións do Entroido previstas para hoxe, Martes de Entroido, e tamén as da fin de semana teñen garantido a ausencia de chuvias. Vilagarcía celebra esta tarde o seu Desfile de Entroido que se agarda multitudinario, con arredor de mil figurantes. A Policía Local recomenda evitar a circulación rodada ao seu paso pola centro da cidade e utilizar as circunvalacións e os aparcamentos disuasorios...
AROUSA NOTICIAS 13 02 26 13.02.2026 18:21
A entrada dunha nova borrasca, bautizada como Oriana, a novena xa no que vai de ano, déixanos unha xornada de alerta laranxa no mar. Tregua o sábado pero novas frontes o domingo traerán máis precipitacións ao longo de toda a semana. Empezan as primeiras citas do Entroido coa vista posta no ceo. A Illa, Meis e Cambados abren os actos na comarca. Operativo contra o narcotráfico a pequena escala desp...
AROUSA NOTICIAS 12 02 26 12.02.2026 16:59
A Consellería do Mar admite que a mortandade do marisco nas rías debido á elevada pluviosidade pode superar o 80% rexistrado no ano 2023. O Centro de Investigacións Mariñas elabora unha metodoloxía común para avaliar posibles mortandades derivadas da diminución da salinidade nas rías. A corporación municipal da Illa celebra o pleno extraordinario solicitado polo PP para que se paralicen as multas...
AROUSA NOTICIAS 11 02 26 11.02.2026 16:40
Nova xornada de temporal, desta volta provocado pola borrasca Nils con alerta laranxa por ventos que poden superar os 80 kms hora e chuvias de máis de 40 litros metro cadrado en doce horas. A Garda Civil abriu unha investigación para tratar de esclarecer as circunstancias que rodean o afundimento do bateeiro Nueva Santa Irene fronte ao porto de Meloxo, no Grove. A Garda Civil, a Policía Nacional e...
AROUSA NOTICIAS 10 02 26 10.02.2026 18:57
Unha nova cadea de borrascas deixaranos de novo unha semana de chuvias e vento. Agora é a quenda da borrasca Nils, que chegou con vientos no demasiado fuertes, pero con precipitaciones muy abundantes de madrugada, ata preto dos 30 litros por metro cadrado nalgunhas zonas da comarca de Pontevedra. En Cuntis, o río Gallo xa desbordou esta mañá nalgúns puntos da localidade e en Caldas tamén se está v...
AROUSA NOTICIAS 06 02 26 06.02.2026 17:16
Pendentes da evolución da borrasca Leonardo. Hoxe mantense a alerta laranxa en todo o litoral por temporal costero nunha xornada na que a comarca de Pontevedra está a ser a máis afectada. O PSOE reclamará á Xunta de Galicia e a Deputación Provincial un plan específico de axudas para que os concellos poidan facer fronte ás numerosas incidencias provocadas pola cadea de temporais. Vilagarcía volve a...
AROUSA NOTICIAS 05 02 26 05.02.2026 16:17
A borrasca Leonardo provoca a suspensión do servizo ferroviario co orixe e destino Vigo de forma indefinida mentres persistan as condicións meteorolóxicas. Centos de persoas das nosas comarcas víronse afectadas por esta medida adoptada por Renfe ante a imposibilidade de garantir a seguridade nas vías nas zonas inundables existentes ao longo do trazado. O PP denuncia "o caos ferroviario" coa provin...
AROUSA NOTICIAS 04 02 26 04.02.2026 14:31
Tráxica xornada en Meis por un accidente mortal rexistrado no supermercado Froiz do Mosteiro. Falece un home de 36 anos, fillo da propietaria e traballador do mesmo, por intoxicación de monóxido de carbono. Unha nova fase da operación Saona aumenta a 17 as persoas detidas polo doble alixo de cocaína descargado dende un submarino na Pobra do Caramiñal. A Consellería do Mar e as confrarías abordan a...
AROUSA NOTICIAS 03 02 26 03.02.2026 19:00
A dragaxe do río Lérez, que afectará á ría de Arousa como punto de verquido dos sedimentos, comeza a súa tramitación. A actuación será licitada ao longo deste ano e a dragaxe propiamente dita comezará "como moi tarde" a principios de 2027. O paro subiu en xaneiero en case todas as nosas comarcas, ainda que de xeito desigual por concellos. O Salnés iniciou o 2026 con 151 persoas máis sen traballo p...
AROUSA NOTICIAS 02 02 26 02.02.2026 19:31
Minutos de silencio por un novo asasinato machista volve a tinguir de loito a provincia. A Illa de Arousa avalía a reparación dos numerosos danos na vía e servizos públicos causados polo lóstrego caído na tarde do pasado venres. Vilagarcía realizará esta semana a reparación da focha que se abriu o pasado venres na avenida Agustín Romero e Sanxenxo inicia a reparación dos desprendementos no Paseo d...
AROUSA NOTICIAS 29 01 26 29.01.2026 18:18
Cinco membros dunha mesma familia de Sanxenxo, tres adultos e dous menores, tiveron que ser trasladados de madrugada aos hospitais Montecelo e Provincial de Pontevedra debido a unha intoxicación por monóxido de carbono. A regularización de persoas estranxeiras, previsto polo Goberno de España, podería traducirse, segundo UPTA, nun incremento de ao redor de 70.000 novas altas no Réxime Especial do...
AROUSA NOTICIAS 28 01 26 28.01.2026 20:43
Vai diminuindo a intensidade da borrasca Joseph á espera dunha nova fronte activa esta tarde noite . Seguimos en alerta laranxa por ondas no mar e en amerela por nevadas, pero, sen embargo, Meteogalicia asegura que a nova borrasca Kristin no afectará a Galicia. Os concellos siguen pendentes da evolución dos cauces do Umia e seus afluentes menores que, en zonas especialmente sensibles como Caldas,...
AROUSA NOTICIAS 27 01 26 27.01.2026 16:21
A borrasca Joseph sigue en Galicia e continuará alomenos ata o xoves deixando chuvia, vento e neve. En canto as incidencias provocadas nas nosas comarcas pola borrasca Joseph nas últimas horas, foron numerosas pero afortunadamente todas leves. Asimesmo, como era previsible, o Umia desbordou en varias zonas de Meis e Ribadumia, sendo de novo un dos puntos críticos a contorna do Club Náutico O Muíño...
AROUSA NOTICIAS 26 01 26 26.01.2026 16:03
Preocupación en Cuntis hai pola subida dos dos cauces dos ríos Gallo e Umia. O desbordamento dun afluente do primeiro, o Regueiro de Calvos, levou a parte da veciñanza da zona a retirar enseres de sus viviendas. O Concello de Pontevedra activou este luns o protocolo de seguridade ante a alerta laranxa por risco de inundacións no río Lérez e a previsión de fortes choivas ao longo da xornada. O sind...
AROUSA NOTICIAS 23 01 26 23.01.2026 22:05
A borrasca Ingrid deixouse notar con forza de madrugada, con tormentas acompañadas de saraiba e fortes ventos que provocaron numerosas incidencias, afortunadamente sen danos persoais. En Fitur, na Feira Internacional de Turismo que se celebra esta semana en Madrid, a delegación do Salnés pecha hoxe a súa intensa axenda promocional mantendo diversas reunións con turoperadores nacionais e internacio...
AROUSA NOTICIAS 22 01 26 22.01.2026 12:37
O primeiro punto informativo da xornada está de novo en Fitur onde esta mañá a Deputación de Pontevedra presentou a a nova campaña turística para 2026, “A túa meta, o teu destino”. Á tarde tócalle a quenda á Mancomunidade que, tralo encontro de onte co mercado chinés, hoxe a partir das 17.30 horas se presenta en Fitur co seu novo material promocional de Experiencias Slow, convidando a descubrir a...
AROUSA NOTICIAS 21 01 26 21.01.2026 19:34
O xeodestino do Salnés busca en Fitur gañar proxección nos mercados turísticos cara a desestacionalización ofertando as "Experiencias Slow" da comarca. Sanxenxo presenta en Fitur o recén inaugurado Centro da Cultura Gastronómica Rías Baixas, ubicado no Pazo de Quintáns. Cambados aplaza en Fitur o irmanamento con Villanueva de Córdoba debido ao loito pola traxedia de Adamuz. A Praza de Abastos de V...
AROUSA NOTICIAS 20 01 26 20.01.2026 18:01
A flota arousa volve a faenar tras unha reunión fructífera coa Secretaria Xeral de Pesca do Goberno de España que flexibiliza os controis europeos. A Mancomunidade do Salnés forma aos primeiros profesionais en enoturismo da comarca a través do Plan Integrado de Emprego. A xestión municipal de residuos en Vilagarcía segue unha evolución positiva e avanza cara o cumprimento do modelo europeo, en bas...
AROUSA NOTICIAS 19 01 26 19.01.2026 18:02
A actualidade ven empañada hoxe pola traxedia ferroviaira de Adamuz, na que xa se contabilizan 39 persoas falecidas e máis de 150 feridas. Concellos e institucións das nosas comarcas sumáronse este mediodía ao minuto de silencio en solidaridade coas victimas convocado pola Federacións Española e Galega de Municipios e Provincias. A flota arousá realiza hoxe un paro de forma conxunta en protesta po...
AROUSA NOTICIAS 16 01 26 16.01.2026 16:07
O sector turístico do Grove non acolle de bo grado a proposta do goberno local sobre a aplicación dunha taxa turística ás persoas visitantes que pernocten nos establecementos da localidade. A intención do Concello é cobrar entre un euro e 2,5 por persoa e día, dependiendo da hospedaxe elexida. O alcalde José Antonio Cacabelos xustificaba a necesidade de alternativas como a taxa turística para fina...
AROUSA NOTICIAS 15 01 26 16.01.2026 15:52
Xornada festiva no municipio de Vilanova de Arousa que celebra hoxe a súa tradicional Romería de San Mauro con oficios relixiosos e degustación dos callos. Vilagarcía proxecta poñer fin á perigosa curva da Rúa Fontecarmoa onde a estreitez do vial forma un funil que provoca dende hai anos unha importante falta de visibilidade na circulación rodada. A Xunta de Galicia e o Concello de Meaño investirá...
AROUSA NOTICIAS 14 01 26 14.01.2026 19:38
A Semana Santa de Paradela pende dun fío despóis de que a confraría organizadora dimitira en bloque hai uns días ante o malestar xerado trala decisión de sustituir á persoa que interpretaba a Xesús. A alcaldesa de Meis convoca á veciñanza de Paradela a unha reunión este sábado para tentar reconducir a situación e que outro grupo de persoas se poña ao fronte. A flota arousá valora iniciar un paro x...
AROUSA NOTICIAS 19 11 25 19.11.2025 21:29
A Subdelegación do Goberno activa dende hoxe o Plan de Vialidade Invernal que garante a circulación con seguridade pola rede de estradas estatais. A lonxa de Tragove está a bater récords históricos de descarga de volandeira nesta campaña de Nadal recén iniciada con máis de 7.000 quilos diarios durante a primeira semana. Novo vestiario para o campo de fútbol da Pelada e a renovación do chan e parte...
Podobne podcasty
Replaio nie jest wydawcą podcastów; nazwy audycji, okładki i audio należą do ich autorów i są rozpowszechniane przez publiczne kanały RSS